terça-feira, janeiro 31, 2012

Cualificacións

Mañá a primeira hora estarán as cualificacións no taboleiro do Mestrado na Facultade. Para quen non poida pasar por alí, podedes solicitarme a vosa por correo electrónico (goretti@udc.es). Non me parece moi acaído poñelas aquí nin facer comentarios "medio-públicos" sobre elas. Calquera cuestión (erro, confusión, aclaración..., por favor, ao correo electrónico ou no meu gabinete na Facultade de Filoloxía.

Como despedida, envíovos de momento dúas ligazóns para ver se vos gustan (haberá aínda algo máis, xa cando asine as actas e decida pór a data para borrar este estupendo caderno que fixestes):


http://www.youtube.com/watch?v=_Z749ReErEM&feature=player_embedded



http://sermosgaliza.com/?p=784


Unha aperta e que sexades felices,


Goretti

5 comentários:

  1. Gran curta, que da man dunha boa canción nos achega á triste realidade que trae consigo un modo de produción que non dúbida en arrebatar a vida a persoas perseguidas polas súas necesidades e que tampouco amosa reticencia algunha en obter plusvalías da extenuante explotación das forzas produtivas dos nosos irmáns do hemisferio sur. Parece pois, que os dereitos humanos só deben de ser cumpridos no norte dun planeta no que se premia a falta de escrúpulos e no que se está a retroceder nos dereitos gañados a base de loita o pasado século. Todo isto, baixo o pesado xugo dun capital que fai que o número 38 sexa un número maldito.

    ResponderEliminar
  2. Estou completamente dacordo coas palabras do meu compañeiro Simón. Unhas imaxes acompañadas dunha canción que fan recapacitar sobre todo o que temos e o pouco que o valoramos moitas veces.

    Esa rapaza que traballa 6 días á semana, 12 horas cada un deses días... alguna vez pensamos en tódalas horas que ten que traballar para cobrar o que nós gastamos nunca camiseta ou nun pantalón sin reparar nin un intre?

    Unha boa forma de poñer punto e final a este blogue, coma sempre, facéndonos reflexionar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentário foi removido pelo autor.

      Eliminar
    2. Dacordo cos meus compañeiros na exposición das súas opinións, temos que valorar moitísimo máis todo o que temos e pensar que somos uns privilexiados a pesares da situación actual de crise que estamos a vivir.

      Moitas persoas coma esta rapaza teñen que soportar moitas horas de traballo para obter unha recompensa ó mes que nós desaproveitamos para mercar calquer cousa, en moitos casos innecesaria dende o punto de vista da supervivencia humana.

      Persoalmente este tipo de curtas teñen que sacar o mellor de cada un de nós e facer que reflexionemos de verdade sobre o significado das nosas actuacións e eleccións durante o transcurso da nosa vida, pensando non só nas nosas situacións particulares e persoais e procurando que a nosa perspectiva do mundo vaia encamiñada na busca dunha vida mellor para todos/as.

      Eliminar
  3. Unha vez máis, achégasnos un vídeo de rabiosa actualidade. Quen de nós non foi ultimamente ás rebaixas e ao visualizar esta curta decatouse do que antes ollara congratulado a prezos modélicos, agora converteuse nun pesadelo persoal ao ver como a outro ser humano cáelle enriba a lousa da explotación. Se reducen os prezos, en beneficio de isto… cara onde camiñamos?

    Rexeitaríamos ao instante a prenda, pero logo o noso ego fai que a levemos contentos pola rúa. O máis probable é que tamén algún pense: “eu son unha gota minúscula na maraña mundial; se non a merco eu, outros moitos si o farán.

    Hoxe que se fala tanto do termo globalización en “todos“ os contextos e da era das comunicacións, ríome eu de todo isto. Para mostra un botón: “este vídeo apela á conciencia social”. Está claro que non todos somos iguais; a explotación segue vixente e mentres haxa ricos e pobres, as sociedades non avanzan na medida que o progreso require.

    P.D. O artigo da recente premiada Teresa Moure, chamoume a atención a exposición concepto da arte e como é capaz de relacionalo con diversos contextos e situacións, algo que só ela pode facer.

    ResponderEliminar