segunda-feira, dezembro 05, 2011

Conclusións do debate

Conclusión do debate
Sobre debate levado a cabo durante a clase do pasado día 15 de novembro sobre o glosolandés caben destacar dúas partes dentro deste:
Unha primeira parte en que se discutían os termos que consideramos máis importantes e a sua colocación nunha lista nos cinco primeiros postos. Nesta primeira parte apenas houbo debate xa que a maioria dos compañeiros coincidían en colocar os mesmos puntos nos primeiros postos.  O maior debate douse en torno o léxico e sobre a lexislación (que indica que debe ser traducida o glosolandés,) xa que algúns consideraban que estes puntos debían colocarse o principio mais tras debátelo  entre todos chegar a entender correctamente o significado dese punto, tras algún que outro cambio de opinión, chegouse ao consenso de que outros aspectos deberían ser mais importantes.
Nunha segunda parte en que pasamos a analizar os aspectos a considerar nos últimos postos da lista. Nestes postos si atopamos un maior debate xa que entre todos puidemos atopar moitas opción diferentes por parte dos compañeiros. Nestes postos si que puidemos atopar un maior debate en que todos participaban e si que houbo un gran cambio de opinión e un baile nas posicións dos distintos puntos.
Considero que ao final o debate logrou o seu obxetivo, xa que o ainda que o principio os compañeiros comezaron algo cortados, na última parte logramos meternos no papel e de feito logramos entender mellor algún dos puntos e coa participación de todos atopamos varios cambios de opinión mediante argumentos que se propuxeron no mesmo debate

8 comentários:

  1. Señalar que estoy de totalmente de acuerdo con las conclusiones realizadas por mis compañeros. Creo que coincido en todas y cada una de las aportaciones que han hecho y mencionar además que me ha gustado desempeñar esta función de observador durante el debate. Es divertido estar a veces del otro lado de la barra y ver que es lo que opinan tus compañeros. Además decir que esta sesión de debate me ha gustado mucho y me ha parecido bastante interesante y productiva, ya que se ha debatido, se han sacado conclusiones de ello y encima ha sido una clase totalmente diferente al resto de las que hemos hecho durante el curso y mucho más entretenida.

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar
  2. Eu non penso que comezáramos o debate cortados, senón que sen dicir nada,procurámos buscar a participación de todo o grupo. Se sempre falasen os mesmos penso que sería menos productivo, é mellor menos intervencións de diferentes persoas que moitas dunha soa!

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  3. Sempre hai opinións de todo tipo e cada un ten as súas, o bon do debate foi que cada un que expoñía a súa opinión, estivese ou non de acordo coa maioría, aportaba tamén a súa xustificación, o que permitiu levar a cabo un bo debate e ó mesmo tempo aclarar os conceptos que estabamos a tratar.

    Iván Souto Díaz

    ResponderEliminar
  4. Considero que o máis positivo do debate foi que ao iren falando cada quen e expoñendo as súas ideas houbo xente que se deu conta que había puntos moi importantes que, con unha simple explicación do diferente enfoque facían cambiar a orde da listaxe.

    Tamén creo que houbo moito máis debate nos últimos postos xa que existía un certo medo a amosar os nosos erros nos primeiros. Isto, ó meu parecer, é debido a que asociamos os postos máis altos con teren un maior dominio do tema tratado e unha maior sensibilidade e coincienciación coa língua.

    Tulio García de Martín

    ResponderEliminar
  5. Eu cheguei tarde ó debate, á verdade, non sabía o que me ía atopar. Todo o mundo estaba moi participativo, ó principio eu non me percataba de nada, pero a implicación da clase fixo que non tardase moito en coller o fío.
    Todo o mundo deu a súa opinión con sinceridade, ás veces sin ter o respaldo da maioría das opinións, ben distintas nalgúns casos. E pouco a pouco fomos amoldando as nosas opinións para todos xuntos elaborar a listaxe.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  6. Pareceume moi productiva esta actividade, porque ademáis podes coñecer as puntos de vista dos compañeiros respecto o que falamos, por exemplo, a min chamoume moitísimo a atención como houbo compañeiros que rexeitaban a opción de por nos dez primeiros postos o teatro, cando na miña opinión é un gran medio de transmisión duna lingua e para tódalas edades, e aínda así despois de darlles argumentos continuaban rexeitandoa. De todas formas creo que o final participamos todos ben e en parte coa axuda da profesora chegamos a un acordo que tamén era do que se trataba. Foi unha clase moi entretida, e pensó que o final acadouse o obxetivo da actividade.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  7. Esta mesa de debate foi realmente interesante e penso que sacamos bastantes cousas en claro. Estou dacordo coas conclusións recollidas polos meus compañeiros.

    Gostaríame facer fincapé no tema de que en moitos momentos o centro do debate era o galego, non o glosolandés. O certo é que era evidente que moitos dos dados eran extrapolados do galego, pero aínda así, o galego non aparecía por ningures e nos non parabamos de nomealo unha e outra vez.

    En conclusión, unha sesión interesante e unha forma de aprender máis dinámica e participativa que unha clase maxistral.

    ResponderEliminar
  8. A min como observador gustoume moito, incluso ia cambiando despois dos comentarios e explicacións dos meus compañeiros o meu orden na lista de tpo ten. Sen dúbida unha clase moi interesante.


    Estou dacordo con varios compañeiros, o pensar que houbo quizá mais discusión cas ultimas posicions que nas primeiras, que quedaron practicamente definidas por unha amplia maioria.

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar