quarta-feira, dezembro 07, 2011

La musique!!!

Un agasallo distinto antes do exame:
http://www.youtube.com/watch?v=eMo2p70b4KA

25 comentários:

  1. Fermosísima canción que penso que é a forma máis axeitada de rematala materia…con arte e con cultura. Penso que unhas das cousas máis salientables da arte en xeral e da música en particular é a súa capacidade para facernos chegar mensaxes, mensaxes que de non ser polo ritmo, a harmonía, a espontaneidade, ou a fermosura dunha voz feminina non chegarían de xeito tan doado.
    Penso ademais, que é moi importante o feito de que gran parte dos contidos da materia empregasen a cultura como vehículo de transmisión xa que así a mensaxe chegou de xeito máis marcado e interesante.
    En canto á canción, pouco queda que dicir, mais que nos lembra as cousas realmente importantes da vida, das que a veces nos esquecemos pola alienación á que sempre nos somete a sociedade actual.

    ResponderEliminar
  2. moy bonita canción, e consideroa aínda mais fermosa polo ambiente en que se situa en feferencia a sua letra. Actuación, na rúa, para o pobo, facendo unha crítica hacia o que tamos perdendo, o importante da vida, xa que nos centramos no ter (ter mais) en lugar das cousas realmente importantes como son as amizades, os bos momentos...
    Estou de acordo con simón en canto a importancia de emprego da cultura como vehículo de transmisión por ser muy importante para realizar aprendizaxes significativos

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar
  3. Por qué analizar todo tanto?
    Disfrutádea e escribide un ME GUSTA coma no Facebook. Moi boa performance.

    ResponderEliminar
  4. http://www.youtube.com/watch?v=JmcA9LIIXWw&feature=related

    ResponderEliminar
  5. Boa letra, bo ritmo e gran sentimento. Por todo o dito antes, só decir GÚSTAME con MAUÍSCULAS.

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito esta canción polo seu ton diferente, chea de paixón, liberdade, rebeldía e felicidade. A letra, unida á voz resgada da cantante, amosa con naturalidade a fuxida das hipocrisías e os prexuízos que rodean a nosa sociedade.

    Trata de achegarnos ao seu mundo, moitas veces incomprendido, cheo de palabras bonitas que non conducen a nada. Amósase iso si, feliz por ser como é, lonxe dos clixés vixentes e das conveccións impostas.

    É polo tanto, unha boa forma de ensinarnos a non darlle tanta importancia ao material, ao luxo, ao que dirán. A felicidade está en gozares das pequenas cousas que conforman a nosa realidade diaria, esquecéndonos do que opinen os demais.

    ResponderEliminar
  7. Ten razón Tulio, só dicir, gústame...que razón ten a letra...moi boa canción.

    ResponderEliminar
  8. GÚSTAME.(Tulio, estou contigo) Nada que engadir, unha letra que nos fai reflexionar.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  9. Igual cos meus compañeiros gústame moito esta canción. Persoalmente levar este tipo de iniciativas, achegando a música á rúa, teñen que facerse máis frecuentemente.

    Penso que é unha boa maneira de dar por finalizada a materia, amosando un deses elementos dos que podemos facer uso para a transmisión de mensaxes, ideas e cultura ós demais.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  10. Penso que hai moitos grupos que transmiten a súa música na rúa e non por iso son menos bos que aqueles que venden millóns de discos. Hai grandes grupos, coma este do vídeo, que fan moi boas letras cun ritmo pegadizo e moi animado.

    Simplemente, e seguindo ós meus compañeiros, teño que dicir: GÚSTAME!

    ResponderEliminar
  11. Eu aplico a de "Gosto", que cheguei de Portugal fai un par de días e fiquei namorado dese país.
    A canción fermosa musicalmente falando, e crítica en canto a letra, isto si é poesía.
    Unha mágoa que non sempre se lles dea a oportunidade de promocionarse a estes artistas da rúa, con todo o que nos poden aportar.

    ResponderEliminar
  12. A min tamén me gusta, unha pena que a música que nos fai pensar non se escape da rúa.

    ResponderEliminar
  13. Boa maneira de pechar o blog, con música e escollendo unha fermosa canción :)

    ResponderEliminar
  14. Bonita e pegadiza, facéndome pensar o moito que se pode facer con moi pouco se hai vontade.

    ResponderEliminar
  15. Fermosa, con moita frescura e naturalidade e unha letra sinxela e profunda, boa maneira de expresar un sentemento e de facer unha crítica ao sistema actual...Con esas cousas e coas que nos temos que quedar...Un pracer estar nesta asignatura e un saúdo moi grande antes de que isto remate, un ata logo!!

    ResponderEliminar
  16. Teño que reoñecer que vin e escoitei varias veces este video primeiro pola canción e música e despois para leer os subtitulos. Gustoume moito polos dous motivos. Pero sobretodo porqueo que eu vexa vacias veces un video nesta plaforma e por que realmente e do meu agrado.

    Tamén non podo estar maís dacrdo co meu compañeiro e unha boa forma de rematar esta asignatura con arte e cultura.

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  17. Encantoume a canción!! moi boa maneira de despedila asignatura como din os meus compañeiros.
    A mensaxe moi boa, criticando esa mentalidade egoísta e individualista da sociedade actual e falandonos do que realmente importa na vida!! Estas actuacións na rúa por parte destes artistas fai que o improvisado público, que é o pobo que se atopa alí presente, desconete da súa rutina para pararse a pensar na mensaxe que se transmite, é unha boa maneira de facernos reflexionar sobre moitas cousas.
    A voz da rapaza é fermosa, e moi orixinal o acompañamento a modo de trompeta. A música tamén moi boa, polo cal, non lle poño unha pega ó vídeo, gustoume de verdade e merece a pena compartilo cos demais. Gracias e un saúdo.

    Daniel Barros Martínez

    ResponderEliminar
  18. Non é o meu estilo de música favorito pero teño que recoñecer que a canción é moi boa, e os cambios de rexistro de voz moi bos (ainda que se lle escape algún galo polo medio, jeje).

    Recomendareilla a máis xente

    ResponderEliminar
  19. Estoy con Tulio. Porque tener que decir siempre tantas cosas y comentarlo todo... Hay cosas que no necesitan eso. Hay cosas como cuando por ejemplo un espectaculo muy bueno, un concierto que te gusta mucho, o un gran evento en el que te gusta una actuación como ocurre en este caso y no te hace faltar decir nada... Simplemente gritas, saltas, apludes o silbas o lo que primero te salga de dentro... A veces una mirada vale mas que mil palabras, o eso dicen... Tambien creo que a veces con un gesto, una actuación, una canción... también ocurre en este caso. Simplemente me gusta! muy buena!

    Diego Miguélez

    ResponderEliminar
  20. Estoy con Tulio. ¿Porqué tener que analizar y comentar siempre todo? A veces hay cosas que no necesitan eso. Cuando por ejemplo ves un concierto de un grupo que te gusta mucho, un partido por el que tienes mucha expectación, o cualquier cosa que te haga salir un verdadero sentimiento de dentro como por ejemplo unos aplauden, otros gritan, otros silban, saltan... da =, se trata de ver que es algo natural que sale de dentro! En este caso creo que ocurre esto! Dicen que una mirada vale mas que mil palabras...y creo que lo mismo puede ocurrir con un gesto, con una actuación o con una canción! Creo que con decir me gusta es mas que suficiente! Muy buena!
    Además concuerdo con Simón. Me parece una gran forma de rematar la materia... Bravo! ;)

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar
  21. O análise é bo facelo, porque se hai análise hai crítica, e se hai crítica hai tema.

    Por outra parte, fála a letra da educación, da liberdade, da hipocresía... de que lle vai ir contra o sistema, pero utiliza o sistema para publicar os seus pensamentos. Equivócase? Eu creo que non, se non que non encontra maneira de facerse escoitar e cae no sistema do bucle do que naide da saido, e o que sae, acaba mal.

    Remate da asignatura si, pero remate da defensa da cultura, da identidade e do galego NUNCA!!

    ResponderEliminar
  22. Dende aquí facer unha reivindicación pola música na rúa. Deixo un enlace de música na rúa, con tradición similar a nosa e que tiven a oportunidade de coñecer.
    http://www.youtube.com/watch?v=PEq9Qhx1bGI&feature=related

    ResponderEliminar