sábado, dezembro 03, 2011

Buscando linguas

Fantástico vídeo baseado nun texto de Séchu Sende:

http://www.youtube.com/watch?v=XQiqeoKus88&feature=player_embedded

21 comentários:

  1. Persoalmente esta curta sorprendeume. No futuro a maior parte das linguas atoparanse nesta oficina de obxectos perdidos como non sexamos capaces de apreciar o que temos o noso carón.

    Neste vídeo o protagonista tivo sorte: foi capaz de recuperar a súa lingua, a pesar de non ter moitos referentes da mesma, sen ter en conta as variedades dialectiais que presentaba.

    Pero a nosa situación é moi diferente: como perdamos a identidade, cultura e características que presenta o galego non teremos unha oficina para reparar os danos causados. Eso sí, sempre quedará a esperanza de atopar a alguén que teña interese por recuperar o que lle pertence.

    O rapaz da curta recuperou a súa lingua porque tivo interese, gañas por volver ás raíces dos seus antepasados. O que se necesita son persoas como él, que loiten por evitar a perda do galego e que éste acade o estatus que se merece.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  2. En primeiro lugar, dicir que me sorprendeu moito que a iniciativa viñera dun instituto. A pesar de que os equipos de dinamización da lingua galega resulten invisibles nalgunhas comunidades educativas, o labor neste caso é encomiable. Quedei impresionado pola calidade da imaxe, do son, a interpretación dos personaxes e en xeral, polo ben montado que está.

    O feito que máis me deu que pensar, foi o lugar onde perdeu a lingua o mozo. Precisamente un pub, un lugar que podería ter sido a consulta do médico, a oficina do concello e unha morea de contextos onde está mal visto falar galego (e máis se é con seseo ou gheada, como neste caso).

    “Non quero quedar de pailán falando galego” coido que pensou o mozo, un intre antes de coñecer a que sería a súa futura muller. Segundo isto, se troca con tanta facilidade unha costume tan propia como pode ser a súa lingua por unha muller…cambiaría así de doado a súa forma de vestir, o facer as tarefas da casa, deixar de ver o fútbol…? COIDO QUE NON. A lingua dános igual. Iso é o peor de todo.

    Porén, gustaríame quedar coa parte positiva do vídeo: A iniciativa e o desexo de recuperar a lingua por algo tan fermoso como ter unha filla e deste xeito poder transmitirlla. É a chave para a súa supervivencia. Espero que non a volva perder e lle ensine de verdade a valorala, a coidala e a non a deixar tirada por calquera escusa.

    Antón Varela Magariños

    ResponderEliminar
  3. Ao igual que meus compañeiros, fiquei admirado por esta gran produción que aborda a difícil situación do galego dende unha perspectiva ben irónica. É por iso que quero dar os meus parabéns a Séchu Sende, por empregar o humor e a ironía como ferramenta que nos faga reflexionar sobre a lingua galega.
    Ao igual que como xa fixera Nuñez Singala, penso que o elemento máis salientable e a ter en conta é a visión de que estamos a perder a lingua cando non a falamos e asumir a responsabilidade de que isto supón, pois na vida non poderemos acudir a unha oficina de obxectos perdidos.
    Penso que a nosa lingua aínda non entrou nesa oficina, porén pode non ser moito o tempo que lle fique ao galego por ingresar nun lugar de obxectos perdidos do que non poderá volver.
    Tamén concordo con Antón no gran labor do equipo de dinamización da lingua galega, xa que fixo un gran traballo, e tan só se necesita unha idea para cambiar o mundo, e nesta ocasión só unha idea para facernos reflexionar de xeito decisivo sobre a posición do galego e sobre o seu porvir, que esperemos que non sexa o dunha lingua perdida, senón dunha lingua atopada de novo.

    ResponderEliminar
  4. Concordo co meu compañeiro Antón no motivo polo que o protagonista deixa de falar galego, pretender parecer un home máis interesante e distinguido para as mozas. O malo é que este motivo é real, coma tantos outros que provocan que os galegofalantes deixen de falar a súa lingua nai por mor dos prexuízos, ¡malditos prexuízos!
    Teñamos un pouco de personalidade e non perdamos a nosa identidade polo que poidan pensar ou dicir os demáis, pois iso implicaría perder a identidade cultural da nosa terra.

    ResponderEliminar
  5. Estou de acordo co meu compañeiro Eloy, dentro duns anos esa oficina estará chea de linguas perdidas. E os únicos que o podemos evitar somos nós mesmos, non podemos deixar que isto nos ocurra. Xa que estaremos perdendo non só unha lingua senón, como di Alba, a identidade cultural da nosa terra.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  6. Se perdemos a nosa lingua perdemos a nosa identidade, a lingua ademáis dunha fala é un ábaco cheo de cultura, literatura, arte, historia ademáis coma vemos na curta é un refente xeográfico que nos caracteriza... algo que non debéramos perder. O convivir con outras linguas non quere dicir que teñamos que sustituir a nosa, o galego é algo que nos representa e diso non podemos escapar e menos deixar que nos afasten. Debemos ser fieis a ela e non dar gracias porque no la devolvan porque sempre foi nosa o único que queremos é recuperala. Se todos conxuntamente traballamos nelo conseguirémolo, esa rapaza que fai que atende o rapaz non deixa de facernos entre ver, que sí existe un apoio e non é nada máis que o traballo conxunto, un pensamento común para facer crecer a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  7. Isto amosa o desagradecidos que somos por vivir nunha comunidade con lingua propia, o que nos fai ser máis competentes a hora de falar...
    Moitas persoas, perden a súa identidade, a súas raíces sen saber cando, onde nin o por que; pero chega un día, o cal son conscientes do afortunados que eran, e queren recuperar esa identidade perdida que os caracterizaba, os facía diferentes..pero xa é tarde, non se lembran!
    Isto ocórrelle a moita xente, esta oficina de obxectos perdidos cada día vai en aumento (por desgraza).
    Por último,dicir que a curtametraxe foi moi boa idea, pero facendo unha pequena critica, o papel da rapaza podía estar máis logrado...

    ResponderEliminar
  8. Eu xa vira este vídeo que o compartira un compañeiro meu na súa rede social.
    Penso que todos estamos de acordo en que moita xente deixa de falar galego pola sua parella ou porque muda de sitio [pasou con compañeiros que cando viñeron a Coruña para estudar a carreira comezaron a falar en castelán].
    No caso do vídeo, o rapaz, que interpreta a un home casado, acordoulle que falaba outra lingua agora que vai ter un neno. Persoalmente penso que é aínda máis doado aprender algo novo que recuperar algo perdido. Xa que se o perdiches foi por algo.

    Quedo tamén cun detalle gracioso do vídeo. O rapaz perdera una lingua con seseo pero cando lla deron de volta xa pronunciaba a "c" e máis a "z".

    ResponderEliminar
  9. Frase para resaltar!!!: "Isto non ten precio (ter unha lingua propia)" para todo o demáis Mastercard!!!

    Unha curta moi sencilla e que plasma con claridade a situación de xente que non valora como é debido a sua lingua...

    ResponderEliminar
  10. Despois de ver esta curta, iba resaltar a misma frase que Ángel de cando di el;canto custa? e contesta ela; isto non ten precio ter a tua propia lingua.Esta claro que a xente habituase a outros estilos de vida sen darse conta de que están perdendo a sua lingua materna, como neste caso sucede.
    É unha curta breve e sencilla pero na que refleza moitas cousas e a vez faite reflexionar da realidade da situación da nosa lingua e de moitas mais.

    ResponderEliminar
  11. Tamén me quedei co dato de que o "Señor" perdeu a súa lingua nun pub, cando ía coñecer o que sería a súa esposa.
    Supoño que non foi casualidade, senon que xa escolleron este feito porque ocorre con moita frecuencia, xa temos falado en clase dalgunhas campañas que fixeron para coñecer a posibles parexas co galego como primeira lingua.
    Parece ser, que o feito de que vaian ter un fillo fíxolles recordar aquela lingua que falaban ambos diariamente, pero que dalgunha maneira non valoraban o suficiente como para usala cando creeron coñecer alguén especial.

    Oxalá fose tan sencillo recuperar e volver a lembrar a nosa lingua. Neste caso tiveron a facilidade de acurdir a oficina de obxetos perdidos, sen moitas referencias e co intento de "darlle precio" o feito de atopala de novo... Na realidade non é tan sencillo, valorémos o que temos antes de que sexa demasiado tarde.

    ResponderEliminar
  12. Interesante curtametraxe, tardou un pouquiño en ir polo tema da lingua. Gustoume a idea de buscar a lingua nos obxectos perdidos, ogallá fora tan sinxelo, pero desgraciadamente non é así.
    O que debemos e darnos conta da sorte que temos como digo Alba de vivir nunha comunidade con lingua propia!

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  13. Moi boa adaptación do Made in Galiza, eu xa lira fai tempo este libro de mini-contos e cada un deles propón unha reflexión, como non pode ser doutro xeito, este tamén.
    A verdade é que é unha curta moi sinxela pero que chega moi ben, e faise entender aínda mellor: o problema da perda gradual de falantes nun país onde nunca se tivo este problema, nin tan sequera nos peores momentos de represión e centralismo (algo que se cabe fai reflexionar aínda máis, posto que os que nos estamos "oprimindo" somos nós mesmos, desprazando o galego e mesmo desprestixiándoo ás veces).
    Pero o importante é que o protagonista desta curta recuperou a súa lingua grazas á oficina de obxectos perdidos, mais isto é fantasía, e penso que na realidade é moito máis complicado que as persoas que antigamente eran galegofalantes recuperen o idioma. Fai falla moito esforzo, valentía e moita moita forza de vontade para isto, e quen o fai merece de todo o respecto e consideración.
    Mais pola outra banda tamén debemos ter en conta a aquelas persoas que nunca falaron de forma habitual o galego e que nun momento determinado da súa vida o adoptan como o primeiro idioma ou ao nivel do español, eu me considero un deses neofalantes e por iso estou moi orgulloso xa que me custou moito traballo normalizalo (ao viviren nunha cidade e estar en círculos españolfalantes).

    ResponderEliminar
  14. A curtametraxe é moi boa, mais a min o que máis me impresiona é que esta iniciativa naza nun instituto. Cando eu estaba no CPI, nin sequera sabía que existían os equipos de Dinamización da Lingua Galega, quizás tamén era porque esta era a lingua que todos os alumnos usaban e non o encontraban tan necesario; pero neste IES estes importantes equipos sí se fan notar. Considero que se todos os equipos de Dinamización da Lingua Galega se esforzaran e lograran iniciativas tan interesantes como a que mostra o vídeo, a maneira de ver a lingua os nenos castelánfalantes podería mudar, pode que non ata o punto de pasarse a falar galego, pero sí a interesarse por participar nestas actividades, onde mínimo os prexuízos contra o galego terían que desaparecer.
    No que se refire a curta, ao igual que comentaron algúns dos meus compañeiros, tamén me chamou a atención que o lugar onde o rapaz perdeu a súa lingua fose un pub, e máis concreto, o momento no que coñeceu a súa muller. Este xa fora un tema comentado por Goretti nunha das últimas clases que tivéramos con ela “ o cambio de lingua das parellas”, mais eu teño que dicir que non recordo ningún caso parecido. Nembargante, como nomearon anteriormente, si sei de xente que muda de lingua en caso de ir ao médico ou as grandes áreas comerciais, o cal me parece o maior dos disparates en contra da nosa lingua, porque o menos que un galegofalante debe facer é avergoñarse dun mesmo.

    ResponderEliminar
  15. Interesante curta...Unha idea orixinal, unha boa música que dá tensión as esceas e a verdade e que a trama é moi curiosa...Gústame tamén esa equiparación metafórica que se fai da lingua a algo tanxible aínda que resulte un pouco utópico e romántico...Non teñamos que recurrir a isto, e non perdamos a nosa lingua porque esta non e senon a nosa identidade.

    Gostei da curta, estivo entretiva e convida á reflexión.

    Ángel Montero.

    ResponderEliminar
  16. O principio a curta non me gustou nada e de ser sincero. Pero no momento en que recupera a sua lingua ata me emocionei, o rapaz ata lle cambiara a cara a voz, era outro ton. Sen díbida non podo estar maís dacordo cas verbas da encargada da oficina de obxetos perdidos, a nosa lingia nonten precio, e nosa, a nosa identidade, e non deberiamos perdela NUNCA, por todo o que significa.

    Gustoume moito. Parabens!!

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  17. Muy buen corto! Me pareció muy original la idea! El chico que va a buscar su lengua a la oficina de objetos perdidos porque dice que la perdió hace tiempo. Casi no recuerda nada, pero al final la recupera y el chico parece otro!
    Me gustó también lo de las lenguas no tienen precio. Simplemente es algo que hay que cuidar y no perder.
    También cuando la chica le dice que allí tienen muchas lenguas que se van perdiendo. En definitiva un buen corto, que no tardas nada en ver y que es bastante interesante y original!

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar
  18. Interesante curta, polo que intenta transmitir e polo feito de que a realizou un equipo de normalización lingüistica dun centro educativo. Paréceme unha gran idea e ademáis cunha temática moi simbólica e impactante.

    Pero tamén direi que as veces non é que se perda unha língua, senon que é asasinada por outra ou por nós mesmos.

    Non perdamos o que é noso.

    ResponderEliminar
  19. Se todos os equipos de dinamización lingüística dos centros realizasen tarefas como esta o prestixio da nosa lingua sería moito máis elevado.
    Estou de acordo con Alberto en que moitas veces asasinamos a lingua nós mesmos. ¿Por que cambiar de lingua en situacións determinadas como nas que se fala no vídeo?

    Adrián Levoso Fernández

    ResponderEliminar