segunda-feira, dezembro 12, 2011

Sermos Galiza

Existe desde hai uns meses un proxecto para que volva existir un xornal na nosa lingua. É unha iniciativa cidadá a que podedes sumarvos ou, cando menos, consultar os seus obxectivos, a través da rede (páxina web, caderno dixital, facebook, twitter...). Escribín estes días un artigo para promoción deste xornal cuxa ligazón vos deixo para continuar, devagariño, póndolle o ramo aos traballos desta materia. Oxalá cando traballedes como docentes teñades ferramentas como a que está debaixo deste proxecto para formar e informar:   http://sermosgaliza.com/?p=583 .

9 comentários:

  1. Parabéns polo artigo Goretti.

    Antes de nada quero dicir que non fun quen de abrir a ligazón que puxeche sobre a túa nai e a carta da veciña,unha mágoa.

    En canto a que exista ou non un xornal na nósa lingua, é evidente a miña opinión. Todo o que sexa promover o uso do galego é positivo e a presenza de libros, revistas, cómics, xornais...o que sexa, vai axudar a que non se perda o nóso ben máis prezado.

    Por outra banda, o do soño que para resistir como pobo deberiamos eliminar un ano da nosa historia futura e no referendo acordouse o ano 2098 recordoume, como supoño que recordaría a todos, a esa curta que vimos na clase e tanto impacto causou. O 2098 era un ano no que o galego era algo excepcional, unha peza de museo....polo que isto pódese interpretar de dúas formas:

    1.- Eliminando o ano 2098, borrariamos un ano que significa un mal presaxio para a nósa lingua e se iso supón suprimir que o galego se convirta en peza de museo, sería moi positivo.

    2.- Eliminando o ano 2098 acabariamos coa única persoa que quedaba entre nós e falaba galego, o que suporía a morte da nósa lingua.

    Eu entendo a supresión do ano 2098 como esta segunda opción, polo tanto non estaría dacordo coa decisión tomada nese soño. Agardemos que este non se faga realidade tomándoo desde esta, a miña interpretacióne que polo tanto o galego perdure moitísimos anos e medre cada vez máis.

    ResponderEliminar
  2. Certo!!!

    É hora de que os que podedes publicar e facérvos escoitar promovades actos e proxectos deste tipo.
    Eu non teño nome público, nin poder para levar algún texto ata esta altura de publicidade, pero o que sí teño e ganas de que haxa estes proxectos, e ben seguro que saen adiante.
    Serei un seguidor, e sobre todo defensor do galego.

    Ánimo os que vivides máis cerca das posibilidades de facervos escoitar. Abaixo, estaremos moitos apoiando, e ben seguro, que se consegue o propósito.

    Falo de xente de arriba e de abaixo como definindo os que están mais cerca das publicacion, como pode ser a profesora, e logo os que temos mais dificultades, nós de momento, que somos alumnos.
    Non quero mal entendidos!!!

    ResponderEliminar
  3. Moi boa iniciativa despois da inaceptable desaparición de xornais en galego nos últimos anos, e que servían como difusores activos da lingua e a cultura.

    Na páxina web faise a seguinte afirmación: “Daremos voz aos e ás que non a teñen co que iso significa tanto informativamente como de apertura e participación nos nosos medios. A cidadanía será propietaria e protagonista de Sermos Galiza”. Polo tanto non estou de acordo con Gabriel, porque creo que todos podemos participar nesta iniciativa, facendo artigos sobre situacións cotidianas a modo de reivindicación ou, noutros casos, para destacar accións positivas.

    Penso que é moi importante a súa edición impresa semanal, porque todavía hai moita xente que non accede a Internet. Ademais pódese fomentar que as edicións impresas pasen de man en man.

    Un saúdo.

    Adrián Levoso Fernández

    ResponderEliminar
  4. Magnifica iniciativa, debo decir tamén que non puiden seguir a leer por problemas na logazón, unha magoa!.

    Sigo insistindo nas miñas opinions en canto a seguir falando galego, ainda a pesares de ser castelano falante, ganarei en seguridade se leo diariamente un xornal e sigo escoitando e vendo os medios de comunicación en galego.

    Parabens por esta inciativa e como non moita sorte!.

    Pablo Otero Puga.

    ResponderEliminar
  5. Pasoume coma Javier, non fun capaz de ver o enlace, e por outra banda, non te preocupes Gabi, entendéuseche ben, pero como di Adrián, nos tamén podemos facer moitas cousas, apesares de "non ter nome".
    Paréceme moi boa iniciativa, e máis como galego falante que son, que ter xornais en galego, penso que é unha idea que se lle saca beneficio por moitas cousas:
    - Difusión do galego, que se é impreso mellor, como di Adrián, ofrece a posibilidade de pasalo de man en man, e fai que este obxectivo se cumpra con maior facilidade.
    - Familiarizarnos coa escritura en galego, como xa se viu en outros debates, estamos algo "anticuados" na normativa en galego.
    - Poder ler na nosa lingua un xornal.
    - ... e moitas vantaxes máis que podería dicir...

    ResponderEliminar
  6. Persoalmente estou dacordo con este tipo de iniciativas. Todo o que se poida facer por promover o emprego da lingua e a súa difusión paréceme necesario e imprecindíbel.

    Nos tempos que corren penso que a labor que está realizando este proxecto é fundamental, especialmente coa promoción dos seus obxectivos na rede porque de esta forma pódese achegar os máis novos a través das redes sociais. Non olvidemos que este colectivo será o que nun futuro axude a que a lingua se transmita a posteriores xeracións, garantindo así a súa supervivencia.

    Ademais, a presenza dos xornais en galego permitirá que as persoas se familiaricen máis coa lingua, considerando o idioma como algo habitual na sociedade, que nos identifica como pobo e que nos permite amosar unha cultura e rasgos diferentes con respecto a outras linguas.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  7. Necesaria iniciativa que esperemos que si agora se introduza no máis fondo da sociedade galega. Facía falla que por fin, se habilitase un espazo para reflexionar e escoitar, e que mellor lingua que o galego para construíres un logro tan importante.

    Engado tamén o meu desexo de eliminar do calendario o ano 2098, que aínda que non tiña pensado ter que escribir moitas datas con ese ano por cuestións evidentes, pois sería ben triste que a lingua que falo eu todos os días chegase a estar exposta nun museo como unha “reliquia”.

    Por último, inclúo que eu tampouco fun quen de entrar na ligazón.

    ResponderEliminar
  8. Eu nunca entendín coma por exemplo no "Día das Letras Galegas" o xornal da miña localidade, Vigo, escribía os seus titulares en galego. Soamente ese día, e soamente os titulares, escribiase algo en galego. Pareceume sempre un acto algo raro, non entendía porqué ese día tiña que ser diferente a outros. Supoño que pode ser unha iniciativa, pero dende logo a mín non me gusta, pra mín empequenece aínda máis o uso do galego na cidade.

    Con iniciativas coma a de un xornal en galego creo que é como verdadeiramente se promociona unha lingua. Ogallá houbera varios xornais así, de todos os tipos e pensamentos, para que os galegos poideramos optar a elixir en qué idioma queremos ler o xornal. Penso que a diversidade é algo fundamental en todos os aspectos, e este é un máis.

    ResponderEliminar
  9. Na miña opinión, é decisivo garantir a supervivencia de publicacións como Luns a Venres, a edición dixital do Xornal de Galicia ou a difusión neste caso da plataforma que impulsa Sermos Galiza. Isto nos leva tamén á reflexión sobre un espazo onde o “normal” segue a ser o castelán e onde a presenza do galego continúa a ser, máis de 25 anos despois da “oficialidade”, completamente ritual e secundaria.

    De todo é sabido que os medios de comunicación teñen unha especial importancia na normalización dunha lingua, pois gozan dunha gran visibilidade social e acaban por ser un espello da sociedade en que se insiren.

    Así, cando aparece un novo medio en Galicia, sexa do tipo que for, nin se formula que lingua empregar. Pouco importa que o galego siga a ser, alén da lingua propia do noso pobo, a socialmente maioritaria. Esta situación choca, pois, frontalmente coa realidade galega, que non presenta a correspondencia lingüística lóxica que sería de esperar neste ámbito.

    Cando menos, mentres o capital financeiro e humano que os sostén e lles dá vida, non perciba unha demanda social noutra dirección, temos que defender iniciativas como a eiquí presentada. De nós depende.

    ResponderEliminar