quarta-feira, novembro 23, 2011

Carlos Blanco, magnífico!!!!

Unha recomendación de Lara e de Sara, que agradecemos:
 

22 comentários:

  1. A Real Academia Galega define a cultura como "conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan as sociedades humanas organizadas, particularmente as máis avanzadas", é algo que nos caracteriza e nos define, entón como podemos prescindir diso? Con ben dixo Carlos Blanco, non me apetece.

    A CRTVG forma parte da nosa cultura, logo é algo "noso". A importancia dos seus programas, como pode ser o "Xabarín Clube", creo que non se pode discutir, se ben ten influencia directa sobre un sector da nosa sociedade no que o galego non é moi utilizado; pero gracias a ésto, moitos nenos castelán falantes comezaron a utilizar o Galego. De ahí que Carlos Blanco diga que é o programa que mellor simboliza o sentido e a utilidade absoluta desta televisión.



    Outra das cousas que comentou Carlos Blanco foi que "o idioma tamén se foi facendo na televisión"; creo que unha das mellores maneiras, nestes tempos, de que unha lingua se siga mantendo viva é se ten presencia nos medios de comunicación, porque non so a asociaremos a falar cos abos ou a falar na casa, se non que estaremos a escoitar as noticias, a ver o fútbol ou a ver programas infantís en galego. Ademáis da importancia que ten a defensa e aceptación de aspectos tan característicos e que provocaron debate na nosa aula, como poden ser a gheada e o seseo

    A pesar das moitas eivas, que sen dúbida habelas hailas, creo, ó igual que Carlos, que pesan moito máis os acertos dunha televisión en Galego.

    Iván Souto Díaz.

    ResponderEliminar
  2. Eu xa vira este video porque leva unhas semanas percorrendo os facebook dalgunha xente e mirárao por curiosidade.
    Quédome co que dixo dos programas de televisión como Mareas Vivas que reivindicaba o uso da gheada e o seseo, pois a min marcoume en certa maneira porque a serie a facían no pobo dos meus avós, en Laxe, e sobretodo, como seguro que moitos dos meus compañeiros, co Xabarín Club, pois en certa maneira víamos televisión en galego por ese programa no que aparecía falando un xabarín dando noticias, onde víamos debuxos antes de ir a escola, e como dixo Carlos Blanco, todos nos buscabamos o día do noso cumpleanos.
    Tamén lle vou dar razón no tema dos telexornais, pois non sempre contan o que teñen que contar, danlle máis importancia a unhas cousas só por seres membro do goberno, deixando de lado aos sucesos verdadeiramente importantes como poden ser os incendios.
    Non vou dicir que vexo moito televisión en galego nestes días, pero sí aposto por ela.

    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  3. "Podemos prescindir de tantas cousas, pero ó mellor non queremos" Este fragmento do expresado no vídeo por Carlos Blanco reflicte a necesidade de darlle importancia o que é noso, os medios de comunicación, as festas, a lingua e toda manifestación cultural coa que nos identifiquemos. Temos que ter intención, esforzo e actitude para defender o que queremos que permanezca no día de mañá.

    Persoalmente penso, na liña de Carlos Blanco, que a influencia da CRTVG na nosa sociedade é fundamental para transmitir toda esa cultura ó público en xeral (moito máis valorados estes medios se contamos coa escasez de recursos económicos que posuía para o seu desenrolo). Ademais, grazas a programas como o Xabarín Club lógrase o achegamento ás idades máis xoves, algo importantísimo se temos en conta que esas serán as xeracións que terán que manter vivo o galego co paso do tempo. Considero fundamental este tipo de programacións para que o galego siga tendo recoñecemento no futuro.

    No que referente á manipulación da información exposta polos medios penso que é un problema que nós como cidadáns debemos remediar canto antes, temos o dereito de recibir en todo momento información de calidade sobre o que acontece o noso arredor, para iso pagamos. Ninguén pode determinar o que se debe ou non informar ó resto das persoas.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  4. Que mítico o xabarín club, teño que admitir que era fan numero un, ¿quen non recorda "Somos do clube da galega
    por fuciños, por cacheiras
    somos do clube da galega
    oink,oink,oink
    oink,oink,oink"???
    ou a Gayosoo???
    Temos cultura propia, feita sen darnos conta, e non podemos deixar que desapareza, como ben di Carlos Blanco "unha cultura non se percibe sen uns medios audiovisuais propios FORTES, INDEPENDENTES E LIBRES",
    A min tampouco me presta deixar de "JASTAR" en cultura...e deixar de saber o que pasa en Caldas ou na Estrada, particularmente na miña casa, de toda a vida, vese o telexornal da TVG...non me gustaría ter que cambiar esa costume.
    ¿Quen non recorda o gran éxito de Mareas Vivas?, (mellor serie de ficción e mellor actor, ademais de candidaturas noutras categorías dos Premios AGAPI 2000)onde grazas a ela podemos dicir que os prexuízos da jeada e o seseo diminuíron.
    "O idioma foise facendo tamén na galega",
    LOITEMOS POLOS MEDIOS PÚBLICOS BEN FEITOS E ÚTILES.

    ResponderEliminar
  5. Poder podemos prescindir de multitude de cousas, postos a allada ata podemos prescindir do aire que respiramos, pero como se chegamos a ese punto pode que na contemos, digo, na contamos seguro; o caso e que non queremos. E fago esta relación porque: ¿que é un galego sen o seu propio medio de expresión? Para min,lonxe de ser nada.

    A CRTVG fixo e fai que Galicia se entere das súas actividades, dos seus problemas... de calquera movemento a través dos seus propios telexornais. Fixo e fai que os nenos e nenas podan ver os mellores debuxos animados en galego, a través do Xabarín Clube. Fixo e fai que podamos coñecer a nosa cultura máis tradicional, os nosos bailes, as nosas cantigas… todo en galego a través de diversos programas entre os que se encontra o infinito Luar. E non só iso, na actualidade podemos falar da creación de importantes películas “Tras as luces” ou “Engurras” seleccionadas en importantes festivais, de series tan elocuentes como “Padres Casares” das que xa comezan a emerxer as primeiras copias, dun programa que está a traspasar fronteiras como Land Rober ou de personaxes tan simpáticos como “ As Cantareiras de Ardebullo”. E que ninguén se lle ocorra dicir que a xente nova non ve esta canle, porque senón as prazas dos pobos non se encherían cando aparecen nomeados nos carteis estes personaxes, sendo os mozos e mozas galegos os que ocupan as primeiras filas ou cando as asociacións xuvenís organizan actividades como ver a gravación dalgún destes programas e faltan asentos de autobús.

    Porén e por moito máis, eu tamén reivindico “OS MEDIOS FORTES, INDEPENDENTES E LIBRES”.

    ResponderEliminar
  6. Concordo cos meus compañeiros cando afirman o papel que xogaron moitos dos programas da TVG na aprendizaxe do galego. Moitos de nós vivimos rodeados dun mundo castelanizado, polo que ver de cando en vez o Supermartes, o Xabarín,Pratos Combinados ou que dicir dos míticos comentaristas dos partidos da galega que tanto nos axudaron a familiarizarnos con palabras dun contexto moi castelanizado como é o deporte, e en particular o fútbol (luva, caneo,padiola, curruncho…)

    Mención especial merece Cifras e Letras, un programa do serán que funciona como un instrumento xenial para o coñecemento e a normalización lingüística do galego. Corríxenos castelanismos, malas formas e ensínanos de forma lúdica palabras novidosas sen decatarnos.

    Agradezo e reivindico polo tanto, a presenza de informativos locais, series diferentes, programas de humor e unha morea de contidos que nos fan e fixeron mergullarnos no noso.

    Son un máis dos que non lles apetece prescindir de todo isto.

    ResponderEliminar
  7. comparto cos meus compañeiros a idea de que a televisión galega e de caracter público fixo moito pola saúde do galego,ademais de certos programas e series importantes, pero ainda actualmente existen series galegas que se basan en historias que pasan en galicia, por exemplo unha serie que está actualmente de moda Matalobos, que nos unha versión sobre o narcotrafico en galicia, que outra canle emite unha serie que teña que ver con galicia, xa non só e falar dunha tele pública que axude ao galego senón dunha tele que nos arraigue a cultura de galicia.A min interesame o que pasa en galicia e por iso vexo a tvg ainda que estea manipulada polo poder politico.

    ResponderEliminar
  8. Eu persoalmente tamén aposto polos medios públicos BEN FEITOS e gustoume moito este discurso de Carlos Blanco.

    Creo que é imposible non identificarse con eses rapaces que chegaban da escola e tomaban sempre a merenda co Club Xabarín, ou non tan pequenos seguindo Mareas Vivas, Pratos combinados, Padre Casares, Súper Martes, venres na casa dos avós vendo Luar... "Imposible facer máis con menos".

    Tampoco quero prescindir de gastar en todo isto. Necesitamos series, programas, informativos, debuxos... que de algunha maneira sexan un vínculo máis ca nosa lingua e ca nosa cultura.

    ResponderEliminar
  9. Que podo decir eu que non dixeran antes os meus compañeiros. En particular penso que Carlos Blanco expón perfectamente o pensamento de moitos, moitísimos Galegos que crecimos co esta canle pública, cantas palabras aprendín grazas a TVG... parafuso, estornela… E se eu aprendín isto, moitos outros nenos aprenderián a falar e cantas cousas maís.

    Tamén recordo programas feitos con cariño, pero lexos de onde chegan agora falando técnicamente. Series impensables fai anos, como Mareas vivas, e tantas outras. Programas que estiveron ahí durante moito tempo, Supermartes, Luar... En todos eles sempre aparecia alguén falando castelán, agora non recordo a nadie que fale castelán…eso quere decir algo, verdad?.

    A radio galega e a TVG, non deberían desaparecer polo que significa e pola gran influencia que exerce hoxe en día.

    Tamé é certo, e Carlos Blanco tamén fai referencia que se ben ai que facer unha TV seria e ven feita non podemos permitir tanto politiqueo nunha canle pública, asi como que sempre gañen cartos os mesmos, pero eiquí non quero entrar…

    ResponderEliminar
  10. Impresionantes as verbas de Carlos Blanco, como sempre... Moitas grazas ás compañeiras por facilitarnos este video, paréceme un material moi importante para a súa divulgación,xa que non se pode definir mellor a situación dos medios audiovisuais galegos e reivindicar mellor a súa necesidade.

    A verdade eu non son de ver moito a TV, máis tamén son dos que lembro con nostalxía daquelas merendas vendo o xabarín club e as ceas vendo Pratos combinados ou Mareas vivas. E aínda hoxe se fan moi bos programas na TVG, polos cales perdo aínda uns minutos de vez en cando fronte ó televisor, como Ben Falado ou Cos pés na terra. Tamén para min foi importantísima a aportación dos documentais emitidos pola TVG "historias de Galicia" dando a coñecer un pouquiño da nosa historia tan esquecida por nós mesmos. En cánto á RG tamén pasei no seu momento tempo e tempo escoitando o Galicia por diante con entrevistas moi interesantes e temas de actualidade.

    Con toda esta aportación que me fixo a CRTVG e supoño que a todos nós, según quen a aproveitou... espero que polo noso ben siga cara adiante e mellorando dia a dia, pois como di Carlos Blanco, tamén fai falla correxir certos aspectos.

    ResponderEliminar
  11. Cantas verdades dí este home! Pra min Carlos Blanco é unha das figuras máis salientables da nosa terra e por suposto, está cheo de razón en todo o que di no vídeo acerca da CRTVG.

    Despois de todo o dito polos meus compañeiros, non queda moito máis que engadir. Simplemente apoiar as súas ideas e dicir, que min tampouco me da a gana de prescindir da televisión pública en galego.

    A miña experiencia persoal é a de medrar có Xabarín Clube, ese carné verde que todos tiñamos gardado como se fose ouro e amosábamos á xente con orgullo.

    Qué dicir tamén de Pratos Combinados. Sorprendeume que Carlos non nomeara esta gran serie no seu discurso, xa que para min foi unha das mellores series que se emitiron nesta canle, sen deixar de lado Mareas Vivas, Padre Casares... Pero a miña debilidade sempre foi o gran Miro Pereira, ese home medio parvo que me facía chorar da risa e se metía en problemas día sí e día tamén con Antón Santos; e sempre rematando coa mítica frase: "Balbina, isto non é o que parece".

    En definitiva, unha canle que deixou e seguirá deixando grandes momentos televisivos.

    ResponderEliminar
  12. Sí.
    Incrible Carlos Blanco que nunca mellor dito deu no branco...
    Río ao escoitar o de "pratos combinados" pois eu tamén medrei con esta serie sendo inevitable que me entrase fame sempre que a vía...Bon, o caso e que sexan pratos combinados, sexa o xabarín, mareas vivas ou mesmo calquera filme dobrado ao galego coma podería ser terminator coa súa gran frase "a rañala raparigo", todos eles están ahí, nas nosas memorias, medramos con eles e o que esta claro e que non se pode tirar pola borda o traballo de tantos anos. Que aomellor hai traballadores da tvg que non a rascan ou que está ahi sen razón, seguro que sí, pero como os hai na televisión nacional, toda chea de tertulianos palimocos que non saben canto é dous máis dous. Ahí si podería entrar, a televisión autonómica e necesaria igual que o son a cultura: o cine en galego, a literatura, o teatro, mesmo a danza que tamén fala unha lingua que pode ter como nai o galego...máis o que non precisamos é a telebasura que se emite en moitos canais nacionais como telecinco ou antena tres entre outras,...

    Estou moi dacordo con Carlos aínda que todo este movemento me está comezando a preocupar un pouco...Teremos que loitar por reivindicar o noso comezando pola lingua e seguindo por todo aquilo que nos fai medrar, sen deixar que os partidos políticos de risa gobernen as nosas ideas...

    ResponderEliminar
  13. Chapó! non podo dicir moito máis, salvo que estou de acordo en todo o que di. ¿Por qué temos que prescindir dos medios de comunicación públicos galegos, e con iso, de parte da nosa cultura?
    E teño que engadir, que de pequena o meu programa favorito era o Xabarín Club, ¿qué nen@ de Galicia non veu Doraemon, Songoku, Shailor Moon e moitas outras series de debuxos animados en galego?, ¿e qué nen@ da clase non se sabía de memoria as cancións do inicio e do peche do programa?, moi poucos, por non dicir ningún.

    ResponderEliminar
  14. É moi triste que se teña que chegar ao punto no que alguén se plantexe se é necesario ou non... Como ben di el, hay tantas cousas que non son verdaderamente necesarias e precisas... Pero ben que seguimos tirando delas... E máis triste é, cando eu afirmo e corroboro o que no video se di... Na televisión sobra moita xente, moita trangallada, e hai demasiado enchufado. A min que me digan o que realmente pasa, sen tabúes, porque é o que realmente interesa, e non a cor das bragas de Belén Esteban e demáis impresentables...

    ¿Que neno non sabía de memoria as cancións do Xabarín Club? Eu aínda vou máis alá e pregunto... ¿Quen de nos a día de hoxe non é capaz de recordar algunha desas cancións? Eu penso que todos somos capaces.

    ResponderEliminar
  15. "mamá, cómprame la tartaruga" [ese podía ter sido eu tranquilamente]
    vese clarísimo a influencia que ten la tv e radio na poboación. podese discutir o que é ou non é preciso e non acabaríamos nunca. agora ben, C. Blanco ten sobre todo razón cando dí que o xavarín e demáis programas forman parte de nos.
    Eu de neno non vivín aquí, nin fun socio do xavarín, mais habían debuxos que se non os vía na galega pra min non tiñan gracia. [sí, falo de SHIN CHAN]

    ResponderEliminar
  16. PD. alguén me pode axudar a contactar con Goreti? xa que na web do master non encontro ningún docente co nombre de Goreti Sannartin e quero compartir este video con ela [e mais con todos] que vai da perdida la lingua: http://www.youtube.com/watch?v=XQiqeoKus88&feature=player_embedded

    ResponderEliminar
  17. Cantas verdades!!!! buffff púxoseme a pel de galiña... Increible!!!

    Dende a expresión onde di que se pode prescindir de moitas cousas pero que non lle apetece. a NADIE lle debería de apetecer!!! Pasando por cando se emociona entre risas do enterro de Pucho Boedo, cantante de "Los Tamara".
    Pero o que máis me gustou foi cando falou do Xabarín Club... Programa, que di, que foi o programa que mais simbolizou o sentido e a utilidade da TVG, que que con enganchouse a moitiiiiisim0os nenos e nenas, que con el empezamos a falar en galego... Penso que que se debería de incentivar de novo, para que os nenos de oxe en dia medren con cousas nosas...da nosa terra.... Non con Dora la exploradora, Bob Esponja, etc.
    Cando di que o Idioma foise facendo tamen grazas a televisión, que fomos aprendendo nos mesmos a facelo e a normalizalo... Estou dacordo cando di que non se puido facer máis con menos!! E eso que non via moito a Galega.
    Chover a esmadrasar!!! nunca o escoitara!! xD

    Eu tamen aposto por uns medios propios, fortes, independentes e libres sen presions potilicas, que nos informen das nosas cousas tal e como son e como acontecen.

    Moitas verdades en tan só un pouco máis de seis minutos. Moi bo video!!!

    ResponderEliminar
  18. Concordo cos meus compañeiros. A CRTVG fixo moito por achegar o galego a moitos xoves que, coma min, vivimos nun ambiente moi castelanizado.
    O xabarín club, as retrasmisións deportivas e series coma Pratos Combinados ou Mareas Vivas foron, mantendo as clases na escola por descontado, os maiores momentos de contacto coa língua galega pola miña beira.
    Creo que é preciso resaltar que non no meu caso no só é importante ver os debuxos animados senón que os aportes musicais foron os que fixeron á xente coma min achegarmos a grupos coma Herdeiros da Crus.
    Vídeo moi denso para ser de tan curta duración.

    Tulio García de Martín.

    ResponderEliminar
  19. Impactante e da que pensar. Eu cria para min mesmo que case non veía nin coñecía o canle da galega na televisión, pero despois de ver isto, deime de conta de que non é verdade, todas as cousas que nomea Carlos Blanco vinas, seguinas e fixenme socio incluso (por suposto que era socio de Xabarín Club, e hasta tiña un cd coas cancions do Xabarín).

    E tamén creo que ten toda a razón reivindicando a manipulación dos medios de comunicación e a necesidade destes coa liberdade de expresión como santo e seña.

    Realmente, un video interesante.

    P.D: Carlos Blanco vai o ximnasio no cal traballaba en Santiago de Compostela ata que comecei este master. Casualidades.

    ResponderEliminar
  20. Non dou engadido nada, é Carlos Blanco! Un grande.
    Xa vin o vídeo antes na rede.

    ResponderEliminar