sábado, dezembro 31, 2011

Feliz 2012!!!

Moi boa entrada de ano para tod@s!!!
Non se nos escapa a ninguén (non imos caer nos tópicos) que este foi un ano pésimo, con moitas dificultades para continuar o proceso de restitución lingüística do galego. A regresión política vai acompañada de importantes ameazas lingüísticas que o goberno actual teiman en converter en realidade. Así, para alén das penurias acumuladas nos últimos anos entre as persoas do colectivo docente -as que xa forman parte del e que as que desexan integrarse para traballar desde o sistema educativo-, vivimos hoxe con anguria a desaparición de postos de traballo vinculados coa normalización lingüística que moitas persoas estaban a desenvolver magnificamente, chegando mesmo a casos esperpénticos (tod@s con Ames).
Porén, hai esperanzas para o 2012. Cumpriuse o obxectivo de Sermos Galiza e poderemos ter en breve unha voz propia no mundo xornalístico, a Universidade da Coruña resiste e consegue ter un reitor comprometido coa universidade pública, Teresa Moure gaña o premio de ensaio Ramón Piñeiro cun traballo sobre a nosa construción persoal e lingüística, houbo persoas que conseguiron defender as súas propostas en numerosos ámbitos (na investigación, por exemplo, ou nas propostas de intervención pública, nas apostas planificadoras, como o moi atractivo texto gañador do Premio Luísa Villalta que agardamos desenvolver o próximo ano) e, a pesar de todos os atrancos que tentan que desapareza a nosa literatura, apareceron libros estupendos, que non caben neste pequeno caixón. Para alén das magníficas novidades en poesía, narrativa e ensaio, quero aconsellar hoxe un libro diferente, dos tan necesarios en galego. Trátase de Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo, da autoría de Carlos Medrano, que xa publicara os primeiros enigmas con anterioridade. Velaquí un entretemento fantástico nestas horas de lecer.

Ficarán moitas cousas por dicir (temos 365 días por diante para o facer) mais deséxovos un ano de ilusións e novos proxectos para partillarmos!!! Por tod@s nós..., por Galiza e pola nosa lingua.

segunda-feira, dezembro 12, 2011

Non á violencia contra as mulleres!!!

Só outra educación poderá combater este sistema de agresións constantes e asasinatos... Tamén está nas vosas mans, nas vosas palabras...

Sermos Galiza

Existe desde hai uns meses un proxecto para que volva existir un xornal na nosa lingua. É unha iniciativa cidadá a que podedes sumarvos ou, cando menos, consultar os seus obxectivos, a través da rede (páxina web, caderno dixital, facebook, twitter...). Escribín estes días un artigo para promoción deste xornal cuxa ligazón vos deixo para continuar, devagariño, póndolle o ramo aos traballos desta materia. Oxalá cando traballedes como docentes teñades ferramentas como a que está debaixo deste proxecto para formar e informar:   http://sermosgaliza.com/?p=583 .

sábado, dezembro 10, 2011

Sobre exames e cualificacións nun martes 13 electoral

Como estades facendo moitos comentarios no caderno dixital, non dou actualizado definitivamente as cualificacións provisionais, que xa non porei, pois fixen cinco listas que tiven que modificar. Direivos a cada persoa o martes o rendemento na materia antes do exame, mais a inmensa maioría xa superastes a materia (moitas cunha altísima participación constante e, por tanto, cunha alta cualificación) e xa o sabedes tamén por cumprirdes os mínimos de lecturas e de comentarios (algunha persoa despistada que participou na aula e non puxo nada –ou moi pouco- no caderno dixital, que bula ben e cumpra).
O exame durará dúas horas xustas. Eu serei puntual e trátase dun requisito que temos que cumprir. Iso tradúcese en que hai persoas (e non son dúas ou tres) que mesmo antes de o faceren teñen nesta materia a máxima cualificación. Non haberá máis tempo, primeiro por terdes máis exames e segundo por ser xustamente o martes a segunda volta das eleccións a reitor (a primeira foi o día 1), onde vos animo a participardes. De tod@s nós depende que a universidade continúe sendo pública, que se comprometa coa diversidade lingüística e que combata as desigualdades. Por se o non sabedes, na primeira volta Xosé Luís Armesto (a cuxo equipo eu apoiei publicamente) levou o maior número de votos, mais non os suficientes como para non ter que ir a unha segunda volta entre a súa candidatura e o segundo máis votado, Luís Castedo. Podedes consultar os programas e coñecer as propostas a través da rede, mais eu non quero que deixedes de votar por non terdes tempo para o facer. As mesas electorais pechan as 19:00 horas. O exame, pois, rematará ás 18:15. O voto é libre e secreto. Votar é un dereito e, ao mesmo tempo, unha responsabilidade.

segunda-feira, dezembro 05, 2011

Conclusións debate

Este comentario es sobre el debate protagonizado por mis compañeros del grupo 2 de prácticas que la profesora ha organizado en clase sobre la situación de Glosolandia y el glosolandés. Comenzar diciendo que la dinámica empezó siendo bastante lineal, donde en un principio simplemente se iban nombrando los criterios más importantes sin argumentar nada ni contradecirse unos a otros, pero una vez avanzado si se convirtió en un verdadero debate. Para mi debería haber más interacción entre mis compañeros y menos con la profesora (aunque la profesora ya se pronunció sobre eso en clase y dijo que intervino de más a propósito por el reducido tiempo del que disponíamos). En líneas generales, la mayor parte de la clase estaba de acuerdo en cuanto a los criterios que debían considerarse más importantes aunque no en el orden (que para mí es normal, es imposible que en un grupo tan grande todos opinen lo mismo en cosas tan concretas como pueden ser el puesto de cada criterio). Lo mismo pasaba con los aspectos de menor relevancia.  Hay tres puntos a destacar por mi parte, además de lo ya citado y son: la tendencia a unificar criterios, la mayor parte de los participantes a modo de justificación integraban algunos criterios en otros relacionados en vez de dedicarse a cada uno por separado; en vez de ceñirnos al contexto del ejercicio, se extrapolaba a la situación real del gallego (de hecho se ha escuchado más veces la palabra gallego que  “glosolandés”), y por último que el tema que mayor discusión ha sido el debate entre los manuales universitarios y el teatro (sobre todo dependiendo de qué entendiéramos por teatro).
A modo de conclusión final, decir que todos han estado de acuerdo en que los aspectos más relevantes están vinculados al sistema educativo seguidos por las medidas destinadas el prestigio de la lengua manteniendo lo que ya se posee y en que los criterios menos importantes son aquellos relacionados con un poco ámbito de acción y los destinados a un rango de población menor o  “diana”.







CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL DE LOS ÍTEMS: (Al principio tras la primera tanda de debates) (TOP TEN – TOP 10)


1-      Sistema Educativo
2-      Utilidad
3-      Dudas/Seguridad
4-      Intercambios Educativos
5-      Traducir la Legislación
6-      Conceptos Sociológicos
7-      Léxico
8-       Intercambios Educativos
9-      Lectura
10-  Manuales Universitarios



CLASIFICACIÓN FINAL DE LOS ÍTEMS: (Tras intenso debate)


1-      Sistema Educativo
2-      Utilidad
3-      La Red (Internet)
4-      Dudas / Seguridad
5-      Conceptos Sociológicos
6-      Lecturas
7-      Teatro
8-      Intercambios Educativos
9-      Manuales Universitarios
10-  -
11-  -
12-  -
13- -
14- -
15- Juegos
16- Magosto, Entroido
17- Baiucas
18- Ritos funerarios
19- Personajes (Homenajes)
20- Parejas
21- Nombres en Glosolandés
22- Nombres de pájaros
23- Mercadotecnia (Campañas)



Durante la sesión de debate, se intentó realizar una clasificación de todos los ítems y aspectos importantes que harían falta para promocionar el Glosolandés. La gente debía realizar una clasificación de todos esos aspectos en función del orden de importancia y relevancia que tenían todos esos aspectos para cada uno de ellos.  La gente tenía  su propia clasificación y en esta clase lo que se intentó fue debatir para conseguir alcanzar una clasificación común a todos.
Al principio la gente comentaba muchos aspectos y criterios pero casi nadie justificaba el porqué lo hacían de esa manera. Cuando la profesora dio un toque de atención, la gente posteriormente comenzó a argumentar y justificar sus aportaciones.
Como observador de la sesión de debate, puedo decir que la gente debatió y discutió pero todo se realizó y se llevó a cabo con gran orden y respeto y además hubo un buen ambiente en el debate (Nadie pisó a nadie, ni se faltó al respeto, la gente dejaba al resto expresar sus ideas respetando el orden…La gente por lo general intentaba levantar la mano para pedir turno y se respetaron las aportaciones de cada uno).
Aunque hubo alumnos que participaron mucho más que otros, todo el mundo participó un poco en el debate e hizo alguna aportación en el supuesto, por lo que bajo mi punto de vista y asumiendo el rol y función que me ha tocado desempeñar en esta sesión, le doy el visto bueno el debate y he de decir que me ha gustado, y que creo que ha estado muy bien.  Creo también que ha sido una experiencia positiva para el grupo ya que casi nunca realizamos sesiones de este tipo.




Despois de atender o debate dos meus compañeiros, penso que a gran maioría basase en aspectos e viviendas personais Vivencias que acontecen o largo da sua experiencia na vida, estudos ou traballo, o que o meu parecer condiciona de sobremaneira o debate, e noon permite ver maís alá, do tema a tratar.
O principio non falan, están un pouco a espectativa, simplemente opinan ata que pouco a pouco van apraecendo as primeriras controversias e comeza realmente o debate, ainda así non chegan a falar todos os participantes, aínda que si é certo que participa finalmente a granmaioría.
Salientar a pouca orden, no turno da palabra. De tódalas formas penso que finalmente todos os que componen o debate,  fican contentos co transcurrir do mesmo.
Finalmente compre salientar que quedan como aspectos maís importantes e por orde;
-         Sistema educativo
-         Utilidade
-         Dúbidas / Seguranzas
-         Rede (reforzo da enseñaa)…

Conclusións do debate

Conclusión do debate
Sobre debate levado a cabo durante a clase do pasado día 15 de novembro sobre o glosolandés caben destacar dúas partes dentro deste:
Unha primeira parte en que se discutían os termos que consideramos máis importantes e a sua colocación nunha lista nos cinco primeiros postos. Nesta primeira parte apenas houbo debate xa que a maioria dos compañeiros coincidían en colocar os mesmos puntos nos primeiros postos.  O maior debate douse en torno o léxico e sobre a lexislación (que indica que debe ser traducida o glosolandés,) xa que algúns consideraban que estes puntos debían colocarse o principio mais tras debátelo  entre todos chegar a entender correctamente o significado dese punto, tras algún que outro cambio de opinión, chegouse ao consenso de que outros aspectos deberían ser mais importantes.
Nunha segunda parte en que pasamos a analizar os aspectos a considerar nos últimos postos da lista. Nestes postos si atopamos un maior debate xa que entre todos puidemos atopar moitas opción diferentes por parte dos compañeiros. Nestes postos si que puidemos atopar un maior debate en que todos participaban e si que houbo un gran cambio de opinión e un baile nas posicións dos distintos puntos.
Considero que ao final o debate logrou o seu obxetivo, xa que o ainda que o principio os compañeiros comezaron algo cortados, na última parte logramos meternos no papel e de feito logramos entender mellor algún dos puntos e coa participación de todos atopamos varios cambios de opinión mediante argumentos que se propuxeron no mesmo debate

domingo, dezembro 04, 2011

Contra a privatización da auga

Porque todas as loitas están relacionadas e o ben colectivo sempre favorece ás maiorías. Por iso debemos implicarnos:


http://www.youtube.com/watch?v=AXz4XPuB_BM

sexta-feira, novembro 18, 2011

Sobre paxaros e convivencia..., recomendado por vós

http://www.youtube.com/watch?v=u5651tdwyXo&feature=player_embedded

Galicia 2098

Quen non ten cabeza ten que andar a estas horas abrindo entradas no caderno dixital!!! Faltaba esta...

Xornadas Lingua e Ecoloxía

Aínda que non poidades acudir a todo, é libre a entrada a calquera das actividades programadas, paga a pena coñecer o Paraninfo da Reitoría e será un bo momento para reflexionardes sobre a situación das linguas do mundo a través doutras voces. Haberá tradución inglés/galego. Pasádeo!!! 


VIII XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS: LINGUA E ECOLOXÍA

Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña

Días: 30 de novembro e 1 de decembro de 2011

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega

Financia: Secretaría Xeral de Política Lingüística


MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO

9.30 h
Recepción e entrega da documentación
10.00 h
Acto de inauguración
-          Reitor da Universidade da Coruña
-          Secretario xeral de Política Lingüística
-          Secretario xeral da UDC
-          Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
-          Representante da Real Academia Galega
10.30 h
CONFERENCIA INAUGURAL
 “Results of growthism and linguistic and ecological homogenisation in education – whose knowledges are valid?”
Conferenciante: Tove Skutnabb-Kangas
12.30 h
Pausa
13.00 h
RELATORIO
"Memoria, ecoloxía e identidade cultural en Galiza"
Conferenciante: María López Sández
17.00 h
RELATORIO
"Do activismo ecolóxico ao activismo lingüístico"
Conferenciante: Teresa Moure
18.30 h
OBRADOIRO
"Obradoiro de narracións ecolóxicas"
Impartido por: Anxo Moure
19.45 h
Pausa
20.00 h
RELATORIO
“Educação para o desenvolvimento sustentável e diversidade linguística: que possibilidades?”
Conferenciante: Ana Isabel Andrade



XOVES 1 DE DECEMBRO
10.00 h
RELATORIO
“Ecofeminismo: unha nova ollada á realidade rural desde o imaxinario literario galego “
Conferenciante: Isabel Vilalba Seivane
11.15 h
RELATORIO
"Para sermos lingüisticamente sustentables"
Conferenciante: Carme Junyent
12.45 h
Pausa
13.00 h
OBRADOIRO
"Obradoiro de músicas vexetais"
Impartido por: Pablo Carpintero

17.00 h
MESA REDONDA
“Activismo ecolóxico e recuperación cultural”
Participantes:
-          Representante de Patrimoniogalego.net: Manuel Gago
-          Representante da Fundación Galicia Verde: Mabel Rivera
18.30 h
Pausa
19.00 h
CONFERENCIA DE CLAUSURA
" Creating a balance between English and local languages”
Conferenciante: Robert Philipson



INSCRICIÓN

Gratuíta a través do formulario que se publica na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística (www.udc.es/snl).

O prazo de inscrición remata o venres 25 de novembro de 2011, ás 14:00 h.

Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.

Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.

quarta-feira, novembro 16, 2011

terça-feira, novembro 15, 2011

sexta-feira, novembro 11, 2011

A CRTVG

Como tamén falamos da importancia dos medios de comunicación e, aínda que eu son moi pouco partidaria da tele (moito máis da radio), coido que é moi interesante a reflexión que nos envía Iolanda en formato de vídeo, onde se dá conta do problema que suporía a transformación dunha compañía pública ao servizo do maioría social do país, a través da promoción da súa lingua propia, nunha compañía privada onde só se tivesen en conta os intereses dos mercados. Velaí vai a ligazón:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA

Da seguranza lingüística

Houbo dúas consideracións que me levaron a procurar este texto que eu mesma escribín hai algún tempo: unha, a eterna polémica sobre se o modelo culto de lingua (para o galego) é artificial ou non, como se esa artificialidade non fose consubstancial a todos os estándares; e dúas, a reflexión sobre a necesidade de posuírmos diferentes rexistros en galego e non termos que nos situar sempre nun nivel vulgar, parecendo que é preciso "pagar" (metaforicamente) un imposto de coloquialidade para que o seu emprego soe a "natural". E isto nun mundo en que xa sabemos que somos construcións, culturais, sociais, en que os seres humanos optamos por nos dotarmos de vontades que superan as limitacións dos impulsos como única forma de relación.
Velaí vai, pois, para quen quixer. O texto pode parecer complicado ao comezo. Non reparedes naquelas cuestións sobre as que non saibades moito e procurade ir á base do asunto, que é o que importa.


Da seguranza lingüística

A seguranza no modelo de lingua que empregamos é unha peza chave no proceso de restauración e de conservación do idioma que foi sistematicamente desprezada, desde o punto de vista educativo, como factor de restitución lingüística, a non ser desde unha perspectiva normativista que só ten conta a ortografía e a morfoloxía e que, ao negar tanto a complexidade como a precisión sintácticas e menosprezar a riqueza léxica agás como fonte de excentricidades, carece de repercusións prácticas de importancia. Esa seguranza encapsulada na cela dunhas normas ten sempre data de caducidade: as oposicións, o exame ou o curso de formación para acrecentar ao currículo. Está demostrado que o feito de a amplísima porcentaxe do funcionariado posuír os títulos dos cursos de iniciación e de perfeccionamento da lingua galega non supuxo un incremento significativo do uso do noso idioma na docencia nin nas diferentes administracións, aínda que si deu lugar a unha maior competencia escrita que tivo algunhas repercusións positivas, pois certo dominio do idioma é un requisito imprescindible para a súa persistencia, mesmo sen a garantir.

O 9 de novembro de 2005 a Secretaría Xeral de Política Lingüística consegue que Galiza pase a ser máis un membro de ALTE (Association of Langage Testers of Europe) e, a partir dese momento, comeza un proceso de modificación da avaliación do coñecemento do galego para se adecuar ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa. A mudanza, a partir do ano 2006, a un novo modelo en que se mide a aprendizaxe en termos de capacitación comunicativa esixiría unha reflexión previa para procurar que non acontecese novamente o mesmo, isto é, que non realicemos cursos e concedamos altísimas cualificacións de competencias que rara vez van ser exercidas. De confluírmos na conveniencia de homologación coa aprendizaxe doutras linguas, esta esixe un estudo particular que permita un achegamento diferente ao coñecemento do idioma desde unha óptica interna, pois nunha fase non excesivamentre curta as persoas que van obter os diplomas acreditativos dos distintos niveis dos Celga (Certificado de coñecemento de lingua galega) son, maioritariamente, galegas e/ou levan anos a residir no noso país. Mágoa que non se optase por conceder algún tempo máis a reparar nas especificidades do caso galego para as incorporar na perspectiva do proceso da aprendizaxe e que se realizase unha ficticia validación dos niveis anteriores á alza para evitar problemas, eliminando a posibilidade de aproveitar a mudanza normativa para apostar por un mellor coñecemento do idioma.

A pesar de lle non concedermos relevancia desde a perspectiva lingüística, os seres humanos procuramos seguranzas cotiás pois nelas achamos satisfaccións e comodidades. Mesmo ás veces desexamos saborear os praceres de coñecer as nosas inseguranzas para establecer os nosos límites, sen nos decatarmos de que continuamos, tamén neste caso, a nos mover no terreo das seguranzas. Se a comodidade for unha calidade en que reside a responsabilidade fundamental no abandono lingüístico actual do galego, só proporcionándomos antídotos antidesleixo –en gran parte, a través da seguranza– poderemos mudar nalgunha medida a situación actual do idioma. E mudar algo é recuperarmos usos abandonados para o galego e estender eses usos a outros espazos. Comodamente, isto é, con seguranza.

De entre os criterios habitualmente esgrimidos a prol dunha lingüística liberdade de mercado aparece unha e outra vez o do mercantilismo. A lingua que máis vantaxes proporcione á cidadanía tenderá a ser a máis usada. Sen acreditarmos nun argumento que eliminaría todo o que non produce réditos inmediatos, si xulgamos que unha vantaxe para o emprego do galego é garantirmos profundas seguranzas intra- e extra-lingüísticas. A responsabilidade da Administración, desde esta perspectiva, é chave para acadarmos espazos en que poidamos tripar sen medo.

A seguranza lingüística no modelo de galego que empregamos é fundamental para obtermos resultados no que respecta á súa transmisión e á súa difusión. Estou convencida de que ese é o aspecto que máis precisa a nosa atención, que máis reclama un tratamento profundo e radical. Profundo, porque de o interpretarmos superficialmente só suporá novas frustracións que dicionarios e vocabularios facilmente poderían remediar. Radical porque implicaría verdadeiros cambios revolucionarios na maneira de as persoas usuarias –ocasionais ou conscientes– do noso idioma enfrontaren a dura tarefa diaria de se manteren nel.

Co obxecto de non nos afastarmos excesivamente no tempo e de contribuírmos desde o aquí e agora a unha reflexión que coadxuve a reparar tanto silencio e tanta reiteración no difícil camiño de (re)converter o galego na lingua propia, na nosa lingua primeira e principal, só cualificaremos de grave a irresponsabilidade de non converter o acordo normativo de xullo de 2003  nunha celebración colectiva. É certo que a adhesión ao consenso normativo non foi unánime mais si tan amplamente maioritaria nos sectores sociais usuarios do galego que permitía, POR FIN!!!!, vestirmos o noso idioma cun traxe de festa desde a segunda feira até o domingo para volvermos pórlle o mesmo traxe a seguinte segunda feira, e así semana tras semana, mes tras mes e primavera tras primavera.

O feito de a Real Academia Galega non axilizar a publicación do novo texto, a decisión de a Administración non o facer visible a través da súa publicación oficial –que non fose obrigatorio facelo non significa que non fose necesario, como o paso do tempo acabou por tornar evidente–, o sarcasmo de os poderes públicos atrasaren a súa inclusión nos documentos e publicacións oficiais, o inaudito de aínda hoxe seren precisos cursos de reciclaxe e o extemporáneo de gran parte da poboación que emprega ocasionalmente o galego reproducir sistematicamente a norma anterior adiaron a eliminación dun problema reiterado e utilizado como escusa para non acoller o galego como lingua usual de comunicación en determinados ámbitos . Nin as mudanzas foron tantas nin era difícil, a partir dun texto que inclúe algún que outro punto feble en que tampouco imos deter a nosa ollada, avanzar un pouco máis e favorecer unha maior homoxeneidade e calidade, canto menos na linguaxe administrativa e formalizada das institucións.

O reducionismo fixo que grazas –substituíble en moitos contextos por graciñas ou por obrigada/obrigado– fose a forma escollida para ridiculizar o resultado final dun proceso que posibilitaba situar na marxe o debate normativo e centrar esforzos na recuperación de ámbitos de usos para o galego. Porque non se trataba de abrir un debate sobre a artificialidade ou non da lingua estándar, sobre a súa maior ou menor aproximación á fala. A lingua estándar é, por definición, unha construción e, nese sentido, tan artificial é a decisión de escollermos dicir como a de incluírmos grazas. As linguas non nacen cun estándar debaixo do brazo e só o seu cultivo continuado pode dotalas das ferramentas precisas para se enfrontaren ás necesidades da vida en cada período histórico. As Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas no ano 1982 son, como todos os estándares lingüísticos, construcións artificiais de que nos dotamos colectivamente.

De aí que calquera crítica que pretenda deslexitimar o consenso normativo acadado no ano 2003 desde o punto de vista estritamente intralingüístico non pode ser máis que cualificada de superficial ao non distinguir claramente dous aspectos ou dúas perspectivas, a natural e a cultural a respecto das linguas.

Conceptos como os de lingua estándar e lingua coloquial, dialecto e lingua, lingua oficial e lingua propia, entre outros, son habitualmente manipulados para perseguir determinados fins. A banalización dos conceptos referidos ás linguas e a falta de rigor das opinións sobre os usos lingüísticos leva hoxe a afirmar que o estándar galego é un modelo de lingua escollido arbitrariamente, unha afirmación tan verdadeira e tan falsa como predicar o mesmo do italiano, do español, do francés ou de tantos outros idiomas. 

No caso galego, a última e interesada confusión ofrécea o documento elaborado polo Club Financeiro de Vigo que ousa afirmar, na páxina 10, que as linguas “se teñen soas e se manteñen, expanden ou esmorecen por razóns absolutamente pragmáticas, derivadas de condicionamentos socio-históricos concretos, alleos a toda consideración ética ou política a posteriori, e, por suposto, a toda vontade consciente de trocalas” e na 13 que “ofrece poucas dúbidas, e a historia así o amosa, que o progreso económico das nacións vai parello ao espallamento da súa lingua”, exemplificando na actualidade co inglés e co español, as únicas linguas que obteñen o título de comúns, mais que, como é ben sabido, só traen riquezas aos EEUU e a España, mais non a Camerún, Etiopía, Malasia ou Paquistán no caso inglés, nin a Ecuador, Paraguai ou Bolivia no caso español.

Xustamente por esta confusión intereseira é difícil persuadir docentes de que o acordo normativo ten, loxicamente, pouco interese intralingüístico e moito extralingüístico. Na realidade a ninguén cun mínimo de coñecementos lingüísticos rigorosos se lle escapa que o desenvolvemento do proceso do acordo normativo e a súa posterior recepción social supoñen un novo exemplo de “espectáculo ortográfico” , presentado con grande esaxeración polo que supón de mudanza de vontades daquelas persoas que deciden (re)converterse para traballar a prol da lingua desde a perspectiva socio-política, mais non polo que supón de novidades e mudanzas intralingüísticas. Tratábase, pois, de inocular a idea de sermos capaces de defender o reintegracionismo desde a norma oficial, como diría Freixeiro Mato, ou de aparcarmos as disputas normativas para avanzar na extensión de ámbitos de usos no idioma, sen desculpas de ningunha caste.

Aquelas persoas que recolleron o acordo só desde a perspectiva intralingüística –como máis unha obriga académica que hai que acatar– continuaron a usar case na súa totalidade o seu modelo anterior sen se decataren de que había unha vontade de construción colectiva que supoñía algo máis e que esixía un esforzo adicional para nos reescribirmos de novo. Esa rendición incondicional só tiña sentido se significaba unha nova etapa para a nosa lingua imaxinada, un correlato desa comunidade imaxinada de Anderson, tamén desde a perspectiva lingüística, unha construción que tan pouco de natural ten e que tan ben define a época Nós e a da Xeración do 16.

Unha decisión planificada con vontade construtiva para dotar dunha maior homoxeneidade e calidade o galego tornaría –rapidamente e desde todas as institucións e persoas preocupadas pola fortuna do noso idioma– en principais a primeira forma do artigo, a contracción ao, mais tamén –aría e, por tanto, aConsellaría  introducir formas antes desbotadas para seren postas en circulación, pois só desa maneira pasarían a existir realmente (a legalidade real e non simplemente a legal é a que conta). Insistimos nesta segunda cuestión, porque de xulgarmos que as normas só supoñen as modificacións obrigadas (formas rematadas en –za, -zo e algunha outra restitución como pau unido ás mudanzas gráficas de aglutinacións ou deglutinacións) e que iso non implica incorporarmos formas agora recoñecidas e lexitimadas (como cuxo, porén ou até) e facermos un esforzo para coidar a sintaxe, incluír infinitivo flexionado e, cando menos, non excluírmos o emprego de futuro de subxuntivo estamos enganando os axentes do proceso e unha parte substancial da poboación, quer por agardaren algo máis, quer por non seren conscientes de se moveren tantas vontades para tan cativo resultado.

Mais esta inauguración dunha nova época esixiría un grao de xenerosidade e un recoñecemento colectivo nun modelo de lingua que moitos dos dirixentes –académicos, políticos e académico-políticos– que nos tocou padecer non esta(ba)n dispostos a consentir. De feito, continuamos a combater a inercia (a comodidade, a inseguranza) anterior e a lembrar que existe un novo momento para a lingua.

Foi complicado o proceso que dotou de certa seguranza lingüística moitas persoas usuarias do galego, tanto por reforzar un modelo culto para aquelas que partían dunha transmisión familiar da nosa lingua como aqueloutro que conseguiu afianzar grupos importantes de individuos que quixeron construírse desde o galego a pesar de teren xa perdido o idioma a(s) xeración(s) anterior(es). O labor esforzado, fundamentalmente, mais non só, de docentes a prol desta reintegración lingüística trataba de rematar co esgazamento deliberado en dúas comunidades lingüísticas do noso país e en demasiadas ocasións foi combatido por unha torpe idea que privilexiaba a lingua do berce fronte a aquela en que cada falante decide libremente instalarse. Agasallar, pois, este sector con doses de seguranza lingüística e de recoñecemento social debe situarse como obxectivo principal do proceso de normalización. Cal é a causa de fuxir destes coidados e de se non situar na marabilla e no orgullo de confluírmos desde diferentes espazos, formacións e tradicións?

Na mesma liña negadora deste necesario recoñecemento colectivo nun modelo de lingua consensuado, entre a aparición de preconceptos sobre o idioma, rara vez reparamos nun cada vez máis estigmatizado e que todos e todas, mesmo moitas persoas defensoras do idioma, estamos contribuíndo a reforzar. Falamos do feito de ser a preocupación pola calidade da lingua algo propio non xa dos especialistas senón dun grupo moi reducido de persoas, algo histéricas, que sempre están descontentas e que se realizan denunciando situacións imposibles de se modificaren.

Teriamos que aplicar aquí o dito de Castelao: “Non vos riades, porque o conto é triste”, tan triste que está detrás dalgunhas exclusións sociais e que converte algunhas persoas en obxectivos deterministas susceptibles de non seren escoitadas xamais. Un discurso lingüístico de calidade é tan estraño dentro do galego que consegue espertar ou unha minoritaria admiración entusiasta ou unha maioritaria descualificación baixo a acusación de elitismo. Todo isto sen reparar en corresponder en moitos momentos e espazos un modelo lingüístico sen palabróns, cunha boa sintaxe e cunha acaída escolla léxica. Calquera persoa agardaría recibir esmerados discursos lingüísticos en distintos contextos en español, francés, inglés ou alemán mais o galego parece ter que pagar obrigatoriamente un imposto de coloquialidade para se identificaren os falantes nel.

É ben certo que noutra situación lingüística poderiamos non só relaxar a nosa percepción sobre a calidade da lingua senón mesmo enfrontármonos a ela. Desde unha situación de ameaza permanente e de inferioridade manifesta non é posible manter ningunha actitude diferente á do purismo, entendido sempre non como reforzo normativo senón como lóxica procura dun modelo de lingua auténtico afastado do español. Como en tantos outros aspectos (lémbrense as tantas veces inútiles páxinas arredor dos criterios para a consideración de lingua ou dialecto dunha determinada variedade lingüística), non ten relevancia aquí o interlingüístico e si o extralingüístico.

Nesta liña acreditamos en que o sinal máis inequívoco de que o camiño non é o correcto é o actual desleixo lingüístico, que transmite en excesivos casos e ocasións a falta de preocupación polo modelo de lingua e pola súa calidade. A inexistencia de rexistros en galego e a uniformidade a que sometemos o idioma ten bastante a ver co que desexamos para el. Situándonos no non esforzo, na acomodación por abaixo (“non vaia ser que pensen que son moi culto”; haberá país onde a cultura e o saber estean menos valorados?, haberá lugar onde sexa mellor o espontáneo e natural, aínda que de cativa calidade, que o construído con esforzo e símbolo de paixón e compromiso?), na falta de preocupación, tomamos partido. Tamén neste sentido houbo magníficas voces a defenderen a premeditación fronte a espontaneidade:



Aínda hai quen defende a espontaneidade –iso que se deu en chamar espontaneidade–  como soa maneira de se expresar sinceramente e coa vivacidade máxima na literatura. Os defensores do espontaneísmo argumentan dicindo: toda premeditación tende a producir un descenso na temperatura emotiva. O estado de ánimo –engaden– defiáñase e vaise cando un se detén de máis cacheando a expresión. Só se pode ser sincero sendo espontáneo. Parécenos que para ser sincero na expresión –fonda e autenticamente sincero– convirá saber o que se sente e saber expresalo. Doutro xeito ficará un nesa vagarosa indecisión que leva a facer uso e abuso do adxectivo “inefable”, ou rematarase dicindo algo distinto do que verdadeiramente se maxina, sente ou pensa (Dieste 1981: 77-78).



Tampouco aquí existe o apoliticismo. Tomamos partido coa falta de compromiso, coa negativa a sermos exemplo de coherencia, coa transmisión de carencia de motivación e esforzo. Tomamos partido con que “total, que máis ten”. E negámonos a lle dedicar un pouco de tempo a mellorarmos a calidade do idioma que empregamos e a sermos a vangarda, a atraer cara a nós e a construír un modelo máis digno, vestido sempre con traxe de festa, con alegría, porque podermos saír co galego aínda á rúa debe ser obxecto de celebración diaria. E para as celebracións preparámonos, coidámonos. Ou asistimos con desgana. Daquela é que pouco representa para nós. Saibámolo, sexamos conscientes diso.

Moito do que se produce hoxe no noso idioma, ofrece un modelo de idioma simple e simplificado, tanto no léxico como na sintaxe, que foxe da subordinación e da construción de parágrafos medios como se o modelo da linguaxe administrativa fose o único existente. De maneira sistemática realízanse escollas léxicas que coinciden co español e que inzan os breves apuntamentos que se inclúen como orientacións de reiteracións inxustificadas. Así, son únicas ou esmagadoramente maioritarias as formas atopar (e non achar), recordar (e non lembrar), buscar (e non procurar), lista (e non listaxe), necesario (e non preciso), levantar (e non erguer), crer (e non xulgar ou acreditar), quedar (e non ficar), para alén do abuso de pero, que nunca admite ser substituído pola tamén conxunción adversativa galega mais e da preferencia por con vós ou con nós no lugar de convosco ou connosco. É tamén significativa a fuxida de formas de escaso uso na lingua oral que a actual normativa escolleu e que ben poderían introducirse para familiarizar o estudantado con elas, como é o caso de porén.  Igualmente, e a pesar de figurar como contido para o Celga 4 o “Uso e equivalencia das formas de infinitivo conxugado” os materiais utilizados prescinden del mesmo en contextos en que todas as gramáticas recomendan (ou prescriben) a súa utilización. Mesmo sen aparecer incluído (tampouco para o Celga 5!!!) o futuro de subxuntivo, sería un matiz desexable a incorporación tamén dalgún futuro de subxuntivo pois, alén de aparecer algún contexto que o está a reclamar, pode moi ben ser útil no “recoñecemento e uso das formas lingüísticas máis axeitadas para cada tipo de discurso e texto (coloquial/formal, oral/escrito, etc.)”, como indican os contidos de Celga 4, preparatorios para a "adecuación das estruturas sintácticas ao contexto e ao tipo de texto (coloquial/formal, oral/escrito, etc." e para o "Recoñecemento dos trazos morfosintácticos diferenciadores das variedades sociais, xeográficas e históricas do galego", incluídos no nivel 5. Se un outro modelo de idioma for posible, o noso compromiso lingüístico será unha realidade transmitida con entusiasmo, en que procuraremos máis ligazóns das habituais no camiño da escrita á oralidade.

quinta-feira, novembro 10, 2011

Para as persoas que quixeren reflexionar sobre o seu modelo de lingua

Calidade da lingua
Goretti Sanmartín Rei (goretti@udc.es)



1.   Cuestións previas


a.      A persoa que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer ou da necesidade de nos dotarmos de discursos e de recuperarmos o significado das palabras.
b.     Do pouco e do moito que vale falar galego. A utilidade de preocuparnos pola súa calidade para o mellorar.
c.     Pode ser útil a formación? E a corrección?
d.     Cómpre recoñecermos as nosas dificultades e os nosos esforzos. Tod@s somos neofalantes


2.   Sobre a calidade da lingua

            
a.      A necesidade da diferenza
b.     Algunhas cuestións de lingua:
b.1.Fai o que che eu digo e procura outra colocación do pronome átono
b.2. Queremos dotar o galego da dignidade que merece. O complemento directo sen preposición a
      b.3. Cómpre empregarmos infinitivo flexionado
      b.4. Se o vós por ben tiverdes volveremos ao futuro de subxuntivo
      b.5. Introducíndomos contidos en parágrafos
      b.6. Coido pertinente recuperarmos o léxico tradicional
      c. Contra a homoxeneización ou a procura dun estilo propio


3.   A falta de referentes


a. A reflexión arredor da nosa responsabilidade como persoas coñecedoras do idioma.
b. Negándonos a separar formas e contidos. Cando os procedementos son ideoloxía.
      c. Construíndonos na lingua. A necesidade de ler.
  


MUDANZAS NORMATIVAS XULLO 2003


CAPÍTULO

CAMBIOS e/ou POSIBILIDADES

RECOMENDACIÓN

2. A acentuación

Elimínase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas, agás se é preciso para evitar anfiboloxías.
Non acentuar (preguntáronlle cando estaría o informe; dixéronlle onde podía buscar a información).
7. Os signos de interrogación e admiración
O seu emprego é só obrigatorio ao final do enunciado. Poderíase tamén utilizalo ao principio.
Usar só ? e ! (Que fas?, Canto traballas!) agás para evitar ambigüidades.
8.4. Grupos -ct- e      -cc- (redución e conservación)
Suprímese sistematicamente a primeira consoante cando precede as vogais i e u, excepto nunhas poucas palabras (40) de uso restrito. Velaí as máis importantes: adicción, adicto, convicción, convicto, dicción, dúctil, edicto, ficción, ficticio, fricción, invicto, micción, pictórico, ricto, succión, veredicto.
Escribir condución, conflito, contradición,(re)construción, dedución,dedutivo, estrutura,
 flutuación, flutuar, indutor, introdutorio, (re)produción, produtivo,restrición,
restritivo, vítima, xurisdición.
8.4. Grupos -ct- e      -cc- (vocalización)

A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor, reitorado, reitoral, reitoría, e seita (mais sectario, sectarismo).
Usar reitoría para o edificio e reitorado para o período de mandato.
8.7. [ks] (grafía -x-)
Admítese exaxerar, exixir... a carón de esaxerar, esixir...

9.1. -ancia, -encia...,
-za, -zo...
Amplíase a relación de voces con -zo, -za: diferenza (indiferenza), espazo (espazar, espazoso), graza (desgraza), licenza, na-cenza (renacenza), novizo, perseveranza, presenza, querenza (benquerenza, malque-renza), sentenza, servizo (servizal) e terzo (terza, terzá, terzar).

9.7. -ble/-bel
Considéranse correctos tanto -ble (pl. -bles) como -bel (pl. -beis).

9.8. -eo, -eu e -ao,     -au
Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en -eu.
Engádense bacallau e pau á relación de palabras en -au.

9.11. -us, -um, -o
Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en -o.

9.14. -án / -á
9.15. -án / -ana.
Acomódanse ao esquema -án / -á (do tipo irmán, irmá; cidadán, cidadá, etc.) as seguintes formas: afgán, afgá; alazán, alazá; alemán, alemá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; catalán, catalá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; musulmán, musulmá; rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá e truán, truá, xunto cos xentilicios galegos con masc. en -án: arousán, arousá; bergantiñán, bergantiñá; compostelán, compostelá...
A terminación -án / -ana fica reservada para caracterizadores pexorativos (burricán, burricana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana etc...).
9.16. -ón / -oa, -ona
A flexión -ón /-oa úsase nos seguintes casos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (e ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.

O esquema -ón /-ona queda reservado para formacións aumentativas (casona...) e para deverbais pexorativos (preguntón, preguntona; faltón, faltona...).
9.18. -dade, -tade
Pasa a -dade: puberdade.

9.20. -aría / -ería
Dáselle preferencia á solución tradicional      -aría, aínda que se admite tamén a solución  -ería.
Usar sempre -aría: cafetaría, consellaría,enxeñaría,
romaría...
Excepcións: batería, galante-ría, galería, mercería.
14. O artigo
14.1.1. Formas
O alomorfo -lo é de uso obrigatorio só despois da preposición por e do adverbio u: vou polo camiño; u-lo neno?

Non utilizalo nunca nestes casos: facer o inventario, levas o perfil, todos os estudantes...
14. O artigo    
14.1.2. Contraccións
O encontro da preposición a co artigo represéntase graficamente como ao, aínda que podería usarse ó como segunda posibilidade.
Usar ao e aos: van ao encontro, os discentes recorren ao dicionario...
15. Pronomes
15.3. Demostrativos
Elimínanse esto, eso e aquelo como formas neutras, ficando como formas invariábeis únicas isto, iso e aquilo.
Usar isto, iso e aquilo.
15.5. Relativos...
Engádese o relativo posesivo cuxo, -a, -os,   -as.
Usalo sen abusar.
16. Numerais
16.1. Cardinais
Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous....

16.3. Multiplicativos
Elimínanse as formas triple e cuádruple, ficando só triplo,-a e cuádruplo,-a.
Usar triplo,-a e cuádruplo,-a.
17. Verbo
17.1. Paradigmas regulares
Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo (andásemos, andásedes...), mantendo a acentuación paroxítona no copretérito, antepretérito e pospretérito: andabamos, andaramos, andariamos.

17. Verbo (Uso do antepretérito e do pretérito de subxun-tivo)
“Recoméndase manter ben discriminados os usos dos dous tempos (-ra como antepretérito de indicativo e -se como pretérito de subxuntivo)”.
Facer ben as distincións: xa marchara o reitor cando chegou o conselleiro fronte a díxolles que marchasen da xuntanza por non respectaren as normas (non marcharan).
17. Verbo
(Futuro de subxun-tivo)
“Dada a súa lexitimidade histórica e a súa rendibilidade en certos rexistros lingüísticos, como por exemplo a linguaxe xurídica, cómpre restaurar o seu uso, sempre dentro dos límites da corrección establecidos pola gramática”.
Utilizalo en oracións condicionais cando o verbo principal vai en presente ou en futuro: se quixeres ter bolsa, aproba todo; cando estudares, dominarás a norma; se quixeren, reunímonos mañá..
18. Adverbios e locucións adverbiais
18.1. De lugar


Engádense á lista alén e aquén.

18.2. De tempo
Aglutínanse acotío, decontado, decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, enseguida.
Elimínase entonces.

18.3. De cantidade e precisión
Aglutínase a locución apenas.
Elimínase alomenos.

18.4. De modo
Aglutínanse as locucións amodo e devagar.

18.7. De dúbida
Aglutínase a locución talvez.

19. Preposicións e lo-cucións prepositivas
Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

20. Conxuncións e locucións conxun-tivas
Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo.


20.3. Adversativas
Engádese no entanto, porén.

20.4. Concesivas
Elimínase anque.

20.7. Consecutivas
Elimínase entonces.

20.10. Temporais
Aglutínase apenas, decontado que, deseguida que.
Engádese até que.

Outros (léxico)
Establécense como únicas formas correctas: estudo (estudar, estudante...); vogal (subst.); frota.
Exemplos: as vogais e as consoantes; o vogal dunha comisión; mais: as cordas vocais, a harmonía vocal...

















Algunhas recomendacións sobre a calidade lingüística


  1. Cómpre evitarmos o emprego de palabras de apoio e marcadores discursivos en español ou con forma españolizada:


*Bueno
Ben (bo, noutros contextos).
*O sea
Ou sexa, isto é
*Hasta, *hastra
Até, ata
*Ahora
Agora
*Según
Segundo
*Sin duda
Sen dúbida
* Entonces
Entón, daquela
* E para elo debería…
E para iso debería...


É preciso, igualmente, potenciarmos os usos das diferenciais: porén, mais,...

  1. Hai que coidar especialmente os usos pronominais:

a)   A colocación do pronome átono non pode ser en posición inicial absoluta nin non xustificada pola presenza de certos pronomes (tod@s...), conxuncións (xa que...) ou adverbios (xa...), entre os que non están as conxunción mais (pero), ou e e.:


*Vos digo que aprobaredes o exame
Dígovos que aprobaredes o exame
*O faremos, estade cert@s de que o faremos.
Farémolo, estade cert@s de que o faremos.
*Se destinarán as axudas necesarias.
Destinaranse as axudas necesarias.
*Se pode oferta-los sistemas operativo Microsoft XP Pro, Microsoft
Vista Business, Microsoft Vista Basic...?
Pódense ofertar os sistemas operativo Microsoft XP Pro, Microsoft
Vista Business, Microsoft Vista Basic...?
Para información técnica *se pode
consultar http://www.pcmcia.org
Para información técnica pódese
consultar http://www.pcmcia.org
O titor *o sabe e non fai nada para solucionalo.
O titor sábeo e non fai nada para solucionalo.
O transporte público é caro e deficiente *pero se potencia o uso do vehículo privado.
O transporte público é caro e deficiente mais poténciase o uso do vehículo privado.
No programa destinado ao alumnado de 0 a 16 anos *se ensinará a detectar e previr episodios violentos.
No programa destinado ao alumnado de 0 a 16 anos ensinarase a detectar e previr episodios violentos.



b)   Debe evitarse tamén que o pronome átono fique como primeiro elemento dunha enumeración, aínda dependendo dun nexo anterior:

Para efectuar a entrega dos libros aos alumnos, os centros deben requirir que os pais, titores ou representantes legais dos alumnos asinen un documento no que:
1À ) Acepten a subvención e se comprometan a cumprir o réxime de incompatibilidade establecido na disposición adicional primeira da orde de convocatoria.
2À ) *Se comprometan a devolver os libros en perfecto estado ao remate do curso escolar e a cumprir as demais condicións da orde de convocatoria.
Para efectuaren a entrega dos libros aos/ás alumnos/as, os centros deben requirir que nais e pais, titores ou representantes legais do alumnado asinen un documento en que conste:
1) Que aceptan a subvención e que se comprometen a cumprir o réxime de incompatibilidade establecido na disposición adicional primeira da orde de convocatoria.
2) Que se comprometen a devolver os libros en perfecto estado ao remate do curso escolar e a cumprir as demais condicións da orde de convocatoria.



c)    Diferentes adverbios (aínda, axiña, bastante, incluso, mesmo, quizais, sempre, só, tamén, xa...), formas negativas (nada, non, ninguén, nunca), pronomes (alguén, ambos/as, calquera, tod@/s...) provocan a anteposición do pronome: Igualmente conxuncións ou locucións conxuntivas (que, se, posto que, xa que...) provocan a anteposición do pronome:

*Todo o alumnado aceptouno de bo grado.
Todo o alumnado o aceptou de bo grao.
*O impreso sempre téñeno que cubrir cun bolígrafo encarnado.
O impreso sempre o teñen que cubrir cun bolígrafo encarnado.
*Nunca inaugurouse un centro escolar co pavillón xa rematado.
Nunca se inaugurou un centro escolar co pavillón xa rematado.
*Hai que afirmar que enténdese prioritaria a motivación.
Hai que afirmar que se entende prioritaria a motivación.


d)   O pronome átono con nexos debe ir situado, preferentemente, entre o nexo e a forma verbal:

O ano 2000 é instituído como o Ano Castelao ao cumprírense 50 anos da morte do escritor e político.
O ano 2000 é instituído como o Ano Castelao ao se cumpriren 50 anos da morte do escritor e político.
Debémonos empeñar en detectar en nós e nas persoas coas que nos relacionamos manifestacións agresivas para ser quen de recoñecelas e de canalizalas positivamente.
Debémonos empeñar en detectar en nós e nas persoas coas que nos relacionamos manifestacións agresivas para ser quen de as recoñecer e de as canalizar positivamente.
Iso de habelos, porque non os hai.
Iso de os haber (se os houber), porque non os hai.



e)   É preciso corrixirmos as habituais confusións de pronomes dativo e acusativo e de uso do dativo singular e plural:

Creo que xa está todo, así que *lles deixo co verdadeiro protagonista
Creo que xa está todo, así que os/as deixo co verdadeiro protagonista
*Saúdalles atentamente
Saúdaos/as atentamente
As persoas docentes que teñen algún cargo académico consideran as accións propostas máis necesarias. As responsabilidades asociadas *o seu rol *fanlle ser máis conscientes das necesidades existentes e da conveniencia de arbitrar medidas paliativas e superadoras das limitacións existentes.
As persoas docentes que teñen algún cargo académico consideran as accións propostas máis necesarias. As responsabilidades asociadas ao seu rol fanas seren máis conscientes das necesidades existentes e da conveniencia de arbitrar medidas paliativas e superadoras das limitacións existentes.
Se a libraría non entrega os libros no centro quedará en posesión dun exemplar e o outro deberá *devolverllo aos pais debidamente cuberto, asinado e selado pola libraría, xunto cos libros de texto.
Se a libraría non entrega os libros no centro quedará en posesión dun exemplar e o outro deberá devolvérllelo aos pais debidamente cuberto, asinado e selado pola libraría, xunto cos libros de texto.



  1. Non debemos utilizar a preposición a co complemento directo (agás no caso de ser este un pronome persoal tónico ou un nome propio, unha situación que permite a escolla de calquera opción: seguíndomos Carballo ou seguíndomos a Carballo):


Unha cidade que xere emprego, que atenda*aos nosos maiores...
Unha cidade que xere emprego, que atenda os nosos maiores...
Dotar *ao ensino público dos recursos básicos.
Dotar o ensino público dos recursos básicos.
Co obxectivo de escoitar *aos alumnos e coñecer a situación...
Co obxectivo de escoitar os alumnos e coñecer a situación...
Rodear *ao círculo.
Rodear o círculo.
Honra *aos que nos deixaron a vida, a terra e a lingua.
Honra os que nos deixaron a vida, a terra e a lingua.
Estes materiais deben ser reutilizables durante catro cursos escolares, substituíndo *aos correspondentes libros de texto.
Estes materiais deben ser reutilizables durante catro cursos escolares, substituíndo os correspondentes libros de texto.
Debe tomar sempre como criterio de referencia as situacións de desemprego e actividade das mulleres e homes recollidas nas estatísticas oficiais, e
favorecer *ao sexo subrepresentado.
Debe tomar sempre como criterio de referencia as situacións de desemprego e actividade das mulleres e homes recollidas nas estatísticas oficiais, e
favorecer o sexo subrepresentado.



  1. É conveniente eliminar o artigo en contextos de relativo con antecedente antes e sen dúbidas de significado:

Fico sorprendido do consciente que é a comunidade educativa da situación na que se atopa o seu *entorno.
Fico sorprendido do consciente que é a comunidade educativa da situación en que se atopa o seu contorno.
O centro inicia as actividades cunha homenaxe na que intervén a escritora máis coñecida da comarca
O centro inicia as actividades cunha homenaxe en que intervén a escritora máis coñecida da comarca
Despois de anos de gobernos nos que a Xunta apoiou a implantación de grandes superficies...
Despois de anos de gobernos en que a Xunta apoiou a implantación de grandes superficies...


  1. Hai que diferenciar con clareza entre antepretérito de indicativo (andara) e pretérito de subxuntivo (andase):

Díxolle que o *avisara cando *estivera feito o informe.
Díxolle que o avisase cando estivese feito o informe.
Neste caso o centro deberá requirir aos pais do alumno para que repoñan os libros ou procedan ao pagamento do seu importe (podendo utilizar o modelo dispoñible en http://www.edu.xunta.es). Se non o *fixera o alumno poderá quedar excluído do programa para os sucesivos cursos escolares.
Neste caso o centro deberá requirir aos pais do/a alumno/a para estes reporen os libros ou procederen ao pagamento do seu importe (para o que poderán utilizar o modelo dispoñible en http://www.edu.xunta.es). Se non o fixese (Se o non fixese / De o non facer) o/a alumno/a poderá quedar excluído do programa para os sucesivos cursos escolares.
Non hai ningún proceso de pacificación coñecido na historia que non *rematara nunha mesa de negociación.
Non hai ningún proceso de pacificación coñecido na historia que non rematase nunha mesa de negociación.


  1. Non debemos abusar de ter + participio cando se trata da expresión simple do pasado:

*Estes días teño feito unha reflexión que vos vou trasladar...
Estes días fixen unha reflexión que vos vou trasladar...
Asuntos tan vitais como a opción sexual gay ou lésbica e o recoñecemento das persoas transexuais *teñen contribuído á formación de mentalidades e relacións máis plurais e libres.
Asuntos tan vitais como a opción sexual gay ou lésbica e o recoñecemento das persoas transexuais contribuíron á formación de mentalidades e relacións máis plurais e libres.
Quero coñecer cales son as accións legais que *ten iniciado o concello para denunciar o feito que, segundo declarou, *se ten realizado á marxe do centro.
Quero coñecer cales son as accións legais que iniciou o concello para denunciar o feito que, segundo declarou, se realizou á marxe do centro.
*Non temos conseguido os obxectivos.
Non conseguimos os obxectivos.
As cousas *teñen cambiado grazas á loita pola liberación sexual.
As cousas mudaron grazas á loita pola liberación sexual.
Ata o de agora *ten publicado dous: PC-Card e ExpressCard.
Ata o de agora publicou dous: PC-Card e ExpressCard.


  1. Non se debe utilizar o infinitivo como verbo principal dunha cláusula:

*Manifestar a nosa oposición á campaña contra o Decreto de promoción da lingua galega no ensino.
Cómpre (queremos) manifestar a nosa oposición á campaña contra o Decreto de promoción da lingua galega no ensino.
*Indicar que o número de persoas que se matricularon é importante.
Queremos indicar que o número de persoas que se matricularon é importante.
* Recoller folleto de matrícula na Secretaría.
Débese recoller o folleto de matrícula na Secretaría.


  1. É recomendable, cando for posible, empregarmos infinitivo flexionado, para lle dar prioridade a estruturas sintácticas máis tradicionais:

Os/as alumnos/as de primaria están fartos de reclamar unha serie de melloras.
Os/as alumnos/as de primaria están fartos de reclamaren unha serie de melloras.
De non facelo así, dámoslles vía libre aos que executan ou incitan estas prácticas violentas para continuar con elas con total impunidade.
De o non facermos así, dámoslles vía libre aos que executan ou incitan estas prácticas violentas para continuaren con elas con total impunidade.
Agora mesmo estamos a traballar neste eido, tentando convencer empresas galegas para que invistan neste proxecto.
Agora mesmo estamos a traballar neste eido, tentando convencer empresas galegas para investiren neste proxecto.
A memoria histórica é sempre social e política. Por iso é tan urxente que recuperemos a nosa.
A memoria histórica é sempre social e política. Por iso é tan urxente recuperarmos a nosa.
Non, estes materiais non se inclúen no programa de gratuidade, por non cumprir o criterio de reutilización durante catro anos.
Non, estes materiais non se inclúen no programa de gratuidade, por non cumpriren o criterio de reutilización durante catro anos.
Non, os centros que renunciaron a participar no programa de gratuidade non poderán acollerse nos cursos citados ata que transcorran catro anos desde a súa implantación.
Non, os centros que renunciaron a participar no programa de gratuidade non poderán acollerse nos cursos citados até transcorreren catro anos desde a súa implantación.
Son moitos os turistas que se desprazan pola xeografía galega co único obxectivo de coñecer a súa gastronomía.
Son moitos os turistas que se desprazan pola xeografía galega co único obxectivo de coñeceren a súa gastronomía.
O prazo para que as librarías entreguen as facturas nos centros remata o 30 de setembro.
O prazo para as librarías entregaren as facturas nos centros remata o 30 de setembro.


  1. Cómpre utilizarmos futuro de subxuntivo, sobre todo en contextos condicionais:

Se queres colaborar con nós, contacta a través do seguinte formulario
Se quixeres colaborar connosco, contacta a través do seguinte formulario
Galiza sairá mellor se se ponderan adecuadamente as variábeis do envellecemento e a dispersión; Cataluña sairá mellor se se contabiliza a inmigración; Madrid, se se computa a concentración urbana; Canarias, se se ten en conta a insulariedade...
Galiza sairá mellor se se ponderaren adecuadamente as variábeis do envellecemento e a dispersión; Cataluña sairá mellor se se contabilizar a inmigración; Madrid, se se computar a concentración urbana; Canarias, se se tiver en conta a insulariedade...
Aprobación, se procede, do orzamento anual.
Aprobación, se proceder, do orzamento anual.
Aqueloutras que a Administración ou o Observatorio de Convivencia lle poidan encomendar.
Aqueloutras que a Administración ou o Observatorio de Convivencia lle puideren encomendar.


  1. Cómpre rexeitarmos como fórmulas únicas as frases curtas sen subordinación e, de maneira especial, hai que reparar na necesidade de adecuar as estruturas sintácticas á puntuación:

Intercambiade o guión coa parella máis próxima. Eles serán quen a interpreten. Teñen que preparar a actuación: poden ensaiar e vós indicádeslles os cambios que vedes necesarios. Eles farán o mesmo con vós. Incorporade as correccións e as novidades ao guión escrito.
Intercambiade o guión coa parella máis próxima para esta o interpretar. Para preparar a súa actuación pode ensaiar e vós indicádeslle os cambios que xulgades precisos. Os membros desoutra parella farán o mesmo convosco de xeito que teredes que incorporar as correccións e as novidades ao guión escrito.
É obvio que non se trata de buscar só saídas máis ou menos importantes para os produtos elaborados baixo os principios que determinan esta fórmula de comercio:
- Garantía de salarios xustos que permiten ter unha vida digna.
- Igualdade home/muller. Igual traballo/igual salario.
- Prohibición da explotación infantil.
 - Organizacións democráticas.
- Beneficios destinados a necesidades comunitarias (saúde, educación, formación etc).
- Respéctase o medio. Produción ecolóxica.
Senón que se trata de construír unha alternativa ao neoliberalismo.

É obvio que non se trata de procurar só saídas máis ou menos importantes para os produtos elaborados baixo os principios que determinan esta fórmula de comercio senón que se tenta construír unha alternativa ao neoliberalismo. Entre as bases que rexen o comercio xusto achamos as seguintes:
- Garantía de salarios xustos que permiten ter unha vida digna.
- Igualdade home/muller. Igual traballo/igual salario.
- Prohibición da explotación infantil.
 - Organizacións democráticas.
- Beneficios destinados a necesidades comunitarias (saúde, educación, formación etc).
- Respéctase o medio. Produción ecolóxica.
Tedes Internet na casa?
En caso de que si, para que o usades?
Tedes Internet na casa?
Caso de responderdes afirmativamente, comentade para que o usades.



11. É fundamental eliminarmos españolismos e deformacións e manter e darlle prioridade ao léxico galego:

Débese buscar o enlace máis acaído para chegar á opción desexada.
Débese procurar a ligazón máis acaída para chegar á opción desexada.
O Departamento de Seguridade contra os Riscos Laborais é un exemplo de coidado do idioma a pesar das dificultades da terminoloxía específica.
O Departamento de Seguranza contra os Riscos Laborais é un exemplo de coidado do idioma a pesar das dificultades da terminoloxía específica.
Para crer nos discursos políticos temos que eliminar a lista de agravios.
Para acreditarmos nos discursos políticos temos que eliminar a listaxe de agravios.
Podedes atopar a documentación relativa ao *proiecto na páxina da Consellería de Innovación e Industria.
Podedes achar a documentación relativa ao proxecto na páxina da Consellaría de Innovación e Industria.
*Sen embargo, *nembargantes
Porén, con todo, no entanto
*alomenos
Polo menos, ao menos, cando menos
O PPT require *alomenos *un interfaz ExpressCard segundo o estándar especificado pola asociación PCMCIA, sen *prexuizo de que *poida ofrecerse interfaces
adicionais PC-Card ou doutro tipo.
O PPT require, polo menos, unha interface ExpressCard segundo o estándar especificado pola asociación PCMCIA, sen prexuízo de se poderen ofrecer interfaces
adicionais PC-Card ou doutro tipo.
Se, por exemplo, queredes xogar un partido de fútbol, debedes recordar a roupa e o calzado.
Se (De), por exemplo, quixerdes (quererdes) xogar un partido de fútbol, debedes lembrar a roupa e o calzado.
Antes de *cumprimentar o formulario acórdate de ler as instrucións.
Antes de cubrir o formulario lembra ler as instrucións.
Presuposto, presupostar
Orzamento, orzar
Si, o alumnado destes cursos poden acollerse a convocatoria de *becas do Ministerio de Educación e Ciencia no prazo que se establecese na orde de convocatoria.
Si, o alumnado destes cursos poden acollerse a convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e Ciencia no prazo que se establecese na orde de convocatoria.
*Mantenimento de monumentos
Mantemento de monumentos
*Encuesta
Enquisa
*Estadística
Estatística
*Rentabilidade
Rendibilidade
*Sostenibilidade
Sustentabilidade, sostibilidade
Os poderes públicos están obrigados a actuar positivamente en favor
dos que quedan ou están en risco de quedaren *ao marxe da sociedade
Os poderes públicos están obrigados a actuaren positivamente en favor
das persoas que quedan ou están en risco de ficaren á marxe da sociedade.
*Ponencia
Relatorio
*Reseñar
Recensionar
*Muestreo
Mostraxe
*Solfeo
Solfexo
Poderán asistir representantes das empresas licitadoras ao proceso
de *evaluación das mostras?
Poderán asistir representantes das empresas licitadoras ao proceso
de avaliación das mostras?
Sobresaínte
Sobresaliente
*Vislumbrar
Albiscar
*Trasvase
Transvasamento
*Ubicación
Localización, situación
No caso de *productos con *licencia comercial esta cláusula debe
interpretarse no sentido de que se *aportarán actualizacións de seguridade.
No caso de produtos con licenza comercial esta cláusula debe
interpretarse no sentido de que se ofrecerán actualizacións de seguranza.
*Retrasar
Atrasar
*Asignatura
Materia, disciplina
*Apostilla
Apostila
O lector de tarxetas intelixentes, debe ir na CPU ou no *tecrado?
Os PPTs non establece a *ubicación ou formato do lector de tarxetas
intelixentes.
O lector de tarxetas intelixentes, debe ir na CPU ou no teclado?
Os PPT non establecen a localización ou o formato do lector de tarxetas
intelixentes.
*Resume
Resumo
*Recopilación
Recompilación
*Poseedor
Posuidor/a
*Postre
Sobremesa
No caso dos ordenadores portátiles, o lector de tarxetas intelixentes pode ocupa-la *ranura *do interfaz ExpressCard?
No caso dos ordenadores portátiles, o lector de tarxetas intelixentes pode ocupar a fenda da interface ExpressCard?
*Disminuír
Dimimuír
*Recabar
Recoller
*Palanca
Panca
*Paradoxa
Paradoxo
Se desexa recibir unha oferta *persoalizada, *pregámoslle *cumprimenten este impreso e envíennolo á dirección que figura ó remate do documento.
Se desexaren recibir unha oferta personalizada, pregámoslles que cubran este impreso e que nolo envíen á dirección que figura ao remate do documento.
Debedes ler *todos os epígrafes.
Debedes ler todas as epígrafes.
*Aunar
Xuntar
*Mezclar
Mesturar
Esta zona da cidade está a caer literalmente a *pedazos.
Esta zona da cidade está a caer literalmente en anacos.
*Icono
Icona, símbolo
*A partires do 2007
A partir do 2007
*Desfrutar
Gozar, beneficiarse
*Entablar
Promover, emprender
*Dicen que en doce minutos *chegarase *de A Coruña a Betanzos.
Din que en doce minutos se chegará da Coruña a Betanzos.
O centro solicitou o 11 de xaneiro un pleno extraordinario para recuperar o *entorno patrimonial das Burgas e velar polas actuacións que o concello está a *desenrolar.
O centro solicitou o 11 de xaneiro un pleno extraordinario para recuperar o contorno patrimonial das Burgas e velar polas actuacións que o concello está a desenvolver.
Estancia (tempo)
Estadía
*Anque non o poñan os documentos, unha verdadeira transformación social debe partir da defensa do valor do feminismo.
Aínda que non o poñan os documentos, unha verdadeira transformación social debe partir da defensa do valor do feminismo.
*Desglosar
Desagregar
O controlador gráfico pode ser integrado en *praca base, dedicado, en tarxeta engadida...?
O controlador gráfico pode ser integrado en placa base, dedicado, en tarxeta engadida...?
*Casilla
Cadro, compartimento
Envía un e-mail co teu password e contestaremos deseguida a túa consulta sobre se mouse é a palabra que debes empregar en galego ou se podemos habilitar rato con esa finalidade.
Envía un correo electrónico co teu contrasinal e contestaremos deseguida a túa consulta sobre se mouse é a palabra que debes empregar en galego ou se podemos habilitar rato con esa finalidade.