terça-feira, novembro 15, 2011

O conto dos silencios

Porque, para nos comunicarmos, tamén é importante escoitar.

11 comentários:

  1. O conto fálanos de unha realidade ben certa. A soedade e o abandonar os máis débiles cando non precisamos deles. Logo a hora a verdade ou ante un problema queremos que sigan ou estexan presentes. O minoritario tamén ten pablabra e hai que contar con él para o bo e para o malo.
    Nestes temas, de desigualdade, non vale só coas opinións, senon con realidades e feitos.
    Moitos de nós, por non dicir todos, vamos impartir unha asignatura nos centros de ensino, a cal e vista pola sociedade como unha materia minoritaria, e non digamos xa dos que pensamos impartila en galego.
    Hai que loitar con feitos, para gañarse un posto na sociedade coa lingua galega, sempre partindo do respecto e do diálogo.

    ResponderEliminar
  2. Na miña opinión este conto amosa a tendencia da sociedade a valorar as primeiras impresións, sen coñecer en profundidade todo o que poden esconder as persoas no seu interior. O neno é discriminado por non ser como os demais, desenrolando así na súa propia persoa un sentimento de medo, preocupación e rexeitamento á sociedade.

    Esa costume que temos de dar o lombo ás persoas que presentan unhas características que non son as do noso agrado crea un mundo inxusto, onde a desigualdade e as imposicións do que consideramos habitual están por enriba de todo. O neno é culpable polo feito de ser diferente.

    Aquí pódese facer unha comparativa co uso da lingua. Nunha poboación caracterizada fundamentalmente pola música (castelán) aquela persoa que é diferente (galego) é considerada como inexistente, tendo esta persoa unha inseguridade sobre o que pode significar a súa presenza no mundo, se verdadeiramente fai o correcto. É triste, pero na nosa realidade o galego corre o perigo de desaparecer por adoptar este significado, especialmente na xuventude.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  3. SILENCIO. Coido que se trata dun mal endémico nesta sociedade. Se non sabemos estar en silencio, non sabemos escoitar… se non sabemos escoitar… non sabemos respectar… faise así unha cadea que escenifica claramente o sentido deste conto.

    O silencio obríganos a reflexionar, a atender o que non queremos oír e finalmente nos axuda a escoitar a palabra do outro cando ten algo para compartir. Pois, facer silencio é un acto de respecto e un exercicio valentía que representa o protagonista.

    O neno, xordo, invisible, andaba pola sombra, sempre de noite… agochándose das notas musicais que monopolizaban as canles de comunicación da vila. “Ninguén lle falaba, total, para que?”

    Quen podería valorar a este neno? A alcaldesa, de interesante nome: Harmonía, fermosa palabra que dáme que pensar. Harmonía ven sendo a unión e a combinación de sons simultáneos, pero tamén diferentes, nun mesmo acorde. Non se trata dunha guerra ou marxinación dun idioma sobre outro; senón de escoitar o distinto, as cousas que nos pode aportar…e por suposto, o ideal de “non facer nunca o que non che gustaría que che fixesen”

    Antón Varela Magariños

    ResponderEliminar
  4. MOitas veces non temos en consideración cousas tan sinxelas, como neste caso, o silencio; e deixámonos levar polos que desprezan o diferente. Gran conto para desenrolar a imaxinación e a PERSONALIDADES.

    ResponderEliminar
  5. Goretti leunos que os Quintiáns deixaban ao seu azar o neno xordo, como se el non existise; mentres que el de este modo, se refuxiaba en si mesmo, sendo esta a súa única protección. Máis, se pensamos ben a situación, nós non estamos tan lonxe diso.

    Ben que na actualidade desexamos e estamos a integrar a discapacitados, optamos pola igualdade pero ¿é isto de todo certo? eu penso que non. Na actualidade intentamos esta integración a nivel laboral, pero ¿e a nivel social? ¿quen se encarga diso? se é ver pasar pola rúa a unha persoa con Síndrome de Down e quedar dez mirándoo, entrar un mozo en cadeira de rodas nun pub e sucederá outro tanto, e aínda que non se está a provocar esta situación con malas intencións, as persoas non estamos ensinadas a integralos de maneira instantánea nun mundo ao que todos vimos por igual.

    De este modo, estaremos a conseguir o menosprezo que chegou a sentir Lupo (o neno xordo), porque aínda que a poboación está a mudar a súa forma de pensar, din que as miradas poden chegar valer máis que mil palabras, e esas, sentilas é moi sinxelo.

    ResponderEliminar
  6. A historia que nos conta , fala das discriminacións por ser diferentes nas primeiras impresións, a sociedade mira para outro lado, como se fora raro, o mesmo para coas linguas, cando non coñecemos as linguas, pensamos que no serán positivas, entón non intentamos falar delas. O neno do conto, tiña medo a súa sociedade ,ninguén quería falar con el ¿para que? Estes son os prexuízos que teñe a sociedade, as relacións son con os mesmos, a veces por medo o por ignorancia hacía outros. O castelán se establece na sociedade, pero existe moitos ámbitos nos que é importante falar e galego, e por lo tanto cambia as tornas, agora quién é raro

    ResponderEliminar
  7. Ó meu parecer son dous os puntos a tratarse no conto. En primer lugar é a discriminación. Discriminación ó diferente, ó raro, ó que non estamos afeitos a ver ou escoitar. Iso pasa e pasou sempre. O tempo vai pasando e afacemonos pero sempre aparecen ou chegan a nos personas, pensamentos ou cousas novas e sempre hai prexuizos ou ainda máis, o rexeitamos.
    O segundo punto, é o silencio. Axudándose da metáfora musical o autor quérenos dicir que o silencio é imprecindible tamén para nos comunicar.
    Para acabar; falando de silencio; gustaríame citar unha frase que ó longo do tempo evolucinóu e foi usada por moitas culturas pero que ten o seu origen en Pitágoras e é algo así como "se as tuas palabras non melloran o SILENCIO, non te pronuncies"

    ResponderEliminar
  8. Dende logo gran conto que ten un un fondo no que se amosa o problema da discriminación, neste caso enmascarado tras a metafora das notas musicais, a miña opinión en concordanteen liñas xerais ca dos meus compañeiros, a sociedade actual valora á xente polas primeiras impresións, é prexuizosa, ten medo o descoñecido ou o novo, porque total, ¿para qué?, se asi xa está ben, pero coma no conto unha vez que o neno xordo foi aceptado, a melodia das notas polas canles sonaba moito mellor incorporando silencios.
    Quedome tamén ca frase mencionada por M. Xavier de Pitágoras, moi boa

    ResponderEliminar
  9. O propio título do conto dío todo. O silencio é esencial nas nosas vidas. O silencio é unha das pezas claves da música, o silencio é o que temos que gardar cando alguén nos está a falar, o silencio fainos escoitar sons marabillosos, o silencio aporta tranquilidade, o silencio...

    ... que sería de nós sen o silencio?

    ResponderEliminar
  10. Un conto bastante impactante, que fai reflexionar.

    Todo e todos somos importantes, nunca se debe rexeitar algo que é diferente ou que se saia da norma. Todo enriquece e de todo se aprende.

    Nunca nos temos que deixar levar polos prexuizos nin polas primeiras impresións.

    ResponderEliminar