sexta-feira, novembro 11, 2011

A CRTVG

Como tamén falamos da importancia dos medios de comunicación e, aínda que eu son moi pouco partidaria da tele (moito máis da radio), coido que é moi interesante a reflexión que nos envía Iolanda en formato de vídeo, onde se dá conta do problema que suporía a transformación dunha compañía pública ao servizo do maioría social do país, a través da promoción da súa lingua propia, nunha compañía privada onde só se tivesen en conta os intereses dos mercados. Velaí vai a ligazón:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA

22 comentários:

  1. Escoitei esta noticia xa vai uns días, e a verdade, quitar estes servizos, e como quitarlle a pouca opinión que ten o cidadán.
    Eu penso que xa está todo ben manipulado como para que se manipule todo a vista.
    Qué vai ser o próximo?
    a venta de cremalleiras para que o pobo non fale?

    ResponderEliminar
  2. Para mín a privatización que se quere levar a cabo coas canles autonómicas pareceme unha artimaña para homoxenizar o país, e decir, as canles privadas non van emitir en galego, catalán ou euskera, buscan o negocio, co cal todo é unha estrataxema para disminuir a conciencia de propiedade a unha cultura, e o primeiro paso e ir pouco a pouco quitando a lingua do lugar que lle correspode e limitando a comunicación so verba.
    A parte como dixo un dos intervintes, os servicios públicos non son gastos senón inversión de futuro, e quitar esos servicios e arrincar bocados a democracia, a este ritmo quedaremos son con "cracia", haber o que lle poñen diante diso os mercados.
    Miguel fernández García

    ResponderEliminar
  3. Trátase este dun tema político e moi de actualidade nas últimas datas. Ollando os xornais este días previos, non me queda clara a posición dos partidos neste senso. Se ben parece que se garante a "titularidade pública" da compañía, non así a súa xestión.

    Na miña opinión, estase a abrir a porta cara a privatización das televisións autonómicas cando escoito argumentos como: "Impulsaremos as reformas lexislativas para que as Administracións autonómicas e locais teñan liberdade para adoptar novos modelos de xestión das televisión públicas que permitan a entrada á participación privada", reza a promesa electoral de Rajoy.

    Persoalmente creo que debería manterse un servizo de calidade, con independencia e imparcialidade, pero sobre todo de carácter público en tódolos sentidos. A CRTVG ten un papel relevante na construción da cultura e normalización lingüística de Galicia, coido que niso todos estamos de acordo.

    ResponderEliminar
  4. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  5. Estou de acordo e comparto as oponións dos meus compañeiros, sobre todo co que di Miguel respecto á democracia, que dentro de pouco soamente quedaremos con "cracia" e a ver o que lle poñen diante.
    Pero eu puenso que, ainda que segue a ser polo momento unha televión pública, xa dende hai un tempo estanse a ver pequenos cambios. Sempre foi unha canle que fomentou e seguiu de preto o deporte galego, incluso os deportes máis minoritarios pero de gran tradición dentro da nosa autonomía.
    Non sei se a crise, a falta de diñeiro, ou un cambio de intereses dentro da canle propiciou que algums deses deportes, como é o caso das traiñas (remo de banco fixo), que ten unha gran carga cultural e de tradición galega, perdera moita presenza televisiva ou incluso chegara a desaparecer da programación; como é o caso da Liga Galega de Traiñas, que pasou de ocupar duas horas de programación tódolas mañás dos domingos de verán (retrasmisión de cada unha das probas da liga) a tan só un pequeno resumo de 10 min á tarde-noite do domingo.
    Son cousas coma esta as que me fan pensar que ainda que a CRTVG ten un caracter público, xa en si mesmo houbo cambios que fan que esta canle estea cada día máis lonxe de ser unha canle pública.

    ResponderEliminar
  6. Entendo que os medios públicos, pese a que por definición teñan que ser totalmente imparciais, tendan un pouco ó goberno vixente, mais o que está a acontecer en Galiza xa é excederse: durante o goberno do bipartito se fixeron numerosos programas que impulsaban a cultura galega en todos os seus ámbitos, entre eles "Aberto por reformas", que coa chegada do novo goberno foi eliminado nun acto que eu definiría como de revanchista, así como moitos dos colaboradores da RTVG que foron despedidos ou trasladados. Programas de grande reputación nacional como o Xabarín Club perderon a calidade e o seu prestixio, e así cun longo etcétera. E temo que coa chegada das inminentes privatizacións os poucos espazos públicos galegofalantes se perdan para sempre. O vídeo mostra diversas opinións das que deberiamos de sacar reflexións sobre o modelo de televisión pública e autonómica que desexamos ter.

    ResponderEliminar
  7. Moi interesante este video onde aparecen persoaxes míticos de series galegas de gran éxito, así como actores, e deportitsas de grandísimo nivel.Como din no video, a radio e a televisión galega son unha canle da transmisión da lingua galega que utiliza para tratar temas de interese público que acontecen maioritariamente en Galicia; penso que poder ter unha canle na que se traten novas sobre lugares que coñeces de toda a vida por estar farto de visitalos, fetsas as que acudiche ou na que falan do teu equipo para min é de moi bo agrado..non se limitan a comentar o que din todas as cadenas nacionais e tratan cousas que estas obvian xa que para eles non é de interese, e pos galegos seguramente o sexa

    ResponderEliminar
  8. Non vira este video e aínda que non son moi dado a ver a televisión teño que dicir que durante toda a miña vida, sobre todo na infancia vin a televisión galega. Está a pasar o que pasa con todo últimamente...queren privatizalo todo e eu estou obviamente en contra disto pois vexo que tanto a televisión coma a radio pública é un nexo moi forte entre tódolos cidadáns galegos dos cales, como dí no video, a maior parte de espectadores é xente maior e das zonas rurais. Non penso que esta alternativa para afrontar a crise sea a correcta e creo que desencadeará máis inconvintes ca beneficios pois non se lle pode negar ese dereito ao pobo. Estes medios, como dixeron os meus compañeiros, son un espazo común onde moita xente se identifica e pode conectar con sitios, linguaxe, persoas, maneiras de vivir, etc que recoñece como súas.

    ResponderEliminar
  9. Eu aposto polos medios de comunicación públicos, a privatización vai emperoralos ontidos,e seguramente vai perder obxetividadade (aínda que nos últimos dous anos perdeu bastante).
    Estou de acordo coas ideas que apuntan que é unha cadea cercana, que fala da nosa terra e dos nosos problemas.
    Tamén cumple unha importante función a hora de producir películas e series en Galicia; e a traducir películas do extranxeiro o noso idioma.
    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  10. Estou de acordo con Ángel cando dí que isto vai desencadear máis inconvintes xa que é un dereito de todos nós ter unha televisión pública, coma é un dereito de todos un ensino e sanidade públicos. Pero por desgraza dependendo de que partido político goberne se busca máis a privatización nestes ámbitos. Ahí é onde entramos nós, xa que habería que loitar para que isto non ocurra, neste caso o vídeo é sobre a televisión e radio galega, e é un dereito do pobo, de que sexa pública xa que son un medio de comunicación das inquedanzas, soños, actualidade, etc. do noso pobo.
    Ademáis non só para maiores, senón tamén para nenos, no horario infantil, programas como o Xabarín Club é un medio de transmisión da lingua, xa que non o ven só galegofalantes senón tamén os que non o son.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  11. Non teño moito que engadir, pois estou de acordo con todo o que se di no vídeo.
    A privatización da televisión e radio galegas suporía un paso atrás na continuidade e desenvolvemento da nosa lingua e a nosa cultura, pois como di Teresa Moure en "A batalla das linguas no mundo actual", "o que non sae na televisión non existe ou non é certo", ademáis de que este tipo de medidas favorecen a homoxeneidade da sociedade.

    ResponderEliminar
  12. A televisión pública debe estar vista como un dereito para tódolos cidadáns de Galicia. Concordo moito con Brais en canto á perda de importancia de deportes que tradicionalmente se seguían na CRTVG, non só o remo senon que deportes como o hockei patíns ou outros enraizados na nosa cultura. A miña opinión é que a privatización non é máis que o primeiro paso para quitarnos algo que é noso e que debe seguir sendo así.

    Saúdos a todos!

    ResponderEliminar
  13. Concordo coa liña crítica dos meus compañeiros no relativo a unha privatización do ente público CRTVG así coma doutros canles que se atopen en iguais circunstancias. Penso que a televisión pública fixo moito por Galicia e polo galego e considero que sobre todo nas comunidades con lingua propia non debe de ser unha opción a seguir, xa que o principal afectado sería a nosa lingua. Tamén é moita a importancia que na miña opinión ten a televisión pública galega por achegarnos unha realidade más próxima e coa que nos sentimos máis identificados que a que nos podería achegar calquera canle do estado español.
    En canto ao tema das privatizacións de medios de comunicación amósome totalmente en contra, xa que como di o actor Antonio Durán “Morris”, non todo nesta vida e un negocio, e serían terribles as consecuencias de vender a información e a comunicación ao interese privado, que non se preocuparía por informar, senón por corrompernos con ideas propias do capital.
    Así pois, xunto cos meus compañeiros desexo que isto non ocorra.

    ResponderEliminar
  14. se as Televisións se privatizan, e non se emiten publicidades, ¿como se van financiar?. Esta claro, como ben dixo Antón, que se trata dun tema político, por moito que aquí debatamos vai ser o que diga e queira o partido que este domingo acade máis votos.
    Eu estou totalmente en desacordo con esta medida, estremos en crise, pero non por iso fagan esta BARBARIE.

    ResponderEliminar
  15. Encontrei esto fedellando pola rede, igaul vos interesa a aposta que fai a Xunta pola radio en galego...
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/niega/ayuda/radios/emisoras/emiten/gallego/elpepuespgal/20111119elpgal_13/Tes

    ResponderEliminar
  16. Acabo de ver o seguinte vídeo de Carlos Blanco e non podo expresar a problemática mellor:

    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=HX8z0AbG_fU

    ResponderEliminar
  17. Persoalmente estou dacordo coa liña de opinións expostas polos meus compañeiros, privatizar estes medios supón un retroceso na promoción da lingua como símbolo de identidade e cultura do que é noso.

    Observando as respostas dos meus compañeiros non atopei outro problema que debemos ter en conta: esas persoas que, non sendo de Galicia, aprenden vocabulario a través da radio e televisión galega públicas. Quitar estes medios dificultará en gran medida o aprendizaxe do idioma por parte destas persoas.

    Se queremos que a lingua avance temos que dotar ós non galegofalantes de ferramentas para que poidan acadar as competencias lingüísticas máis básicas, achegándonos desta forma ós demais e axudando á lingua nos seus intentos por manterse forte na sociedade.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  18. despois de ver este video teño varias cousas que comentar.Penso que unha das cousas que fan importantes a unha lingua evidentemente é a sua presencia nos medios de comunicación públicos,xa que potencia a sua difusión de maneira que as persoas sexan libres de escoller a opción de participar e disfrutar desa lingua ou non.
    Como ben xa comenta Ernesto Chao, ou máis coñecido quizais coma Miro Pereira para aqueles que coma min foron fans da serie televisiva "Pratos combinados" que se emitáa sen dubida na TVG un dos maiores valores da cultura galega foi precisamente esta canle, o igual que tamen se fala da CRTVG,porque estes dous son os principais medios de comunicación na miña opinión e conseguiuse que a poboación respondera e acollera de bó grado esta alternativa coa que sen dubida se senten identificado coma ben se mostra na curta, porque veno e sinteno coma algo propio, coma algo noso, algo cercano, e dende logo para min esto debese a lingua galega. privatizar os medios non beneficiará para nada ó galego e só conseguira poñer máis obstaculos para impedir que a lingua galega morra.

    ResponderEliminar
  19. A miña opinión é que a CRTVG é un símbolo de Galicia, onde se fan programas para os galegos. Estou dacordo con que unha privatización suporía por a voz e as imaxes dos galegos nas máns dalguén que se quere podedeixar de facer estes programas por e para os galegos.

    En xeral non son moito de tele, pero visto a programación estatal das televisións, penso que na TVG vese verdadeira televisión, que podera gustar máis ou menos, estar feira con mellor o menor técnica, pero que non pretende enganar a ninguén. en canto a radio, teño claro que cando vou no coche e quero recibir información, a radio galega vaima dar. Galicia en goles é pra mín un programazo que sería impensable nun medio privado, por exemplo.

    En conclusión, dicir que a CRTVG ten un pouco de todo, e calquera galego pode encontrar na súa parrillada programas que concorden co seu gusto, dende as persoas dun pequeno pobo ata as dunha gran cidade, e iso é moi dificil de conseguir.

    ResponderEliminar
  20. Moi boa curta!! Non a vin antes e gustáronme moito os comentarios que se fan nel.
    Sobre todo un que di un home que di que, renegar do galego e como se renegásemos dos nosos pais ou dos nosos ancestros...
    Tamén outro que di que na CRTVG falanse cousdas de nos, do noso entorno... cousas que nos importan, xa que son sucesos que pasan en Galicia.

    Eu non son moito de ver a televisión galega, mais que nada porque na miña casa somos moita xente e a que manda manda, jajaja e decir a miña nai. Pero gústame ver que cando vou tomar algo o bar dun amigo, sempre teñen posta a CRTVG, e a xente maior comentando o que din, e eu con eles.
    Quen non veu algunha vez o programa de Galloso?? Aquel presentador das noticias do Tempo con melenas?? Pratos combinados?? quen non foi socio do Xabarín club??
    Creo que a Televisión pública e un dereito como galegos, como se di no video, e que non podemos perdela xa que é un signo de que a nosa lingua esta viva!! Debería de existir máis presenza de canles en galego, pero bueno!!!
    Con respecto da privatización da CRTVG que comentan os meus compañeiros, estou en pleno acordo con Miguel Fernández, a nosa canle pública a nosa radio son nosos, como tamén o é o noso Idioma.

    ResponderEliminar
  21. Como ben dixeron algúns dos meus compañeiros, isto é máis un tema político que outra cousa. Eu simplemente quero facer fincapé, como ben dixo Ángel en todas aqueles series, debuxos animados, programas de música... que se nolas quitan, levan con elas unha parte de nós, algo có que medramos e có que seguen a medrar os nenos de hoxe en día (actualmente, con tanta canle no TDT xa non tanto).

    En definitiva, SÍ á CRTVG pública.

    ResponderEliminar
  22. Que mais decir despois de ver a reportaxe e as opinios dos compañeiros... O servicio publico CRTVG e TVG son necesarias como todos poidemos apreciar nestes ultimos anos, coma a rapaza que fai refencia a que sigue sendo socia do Xabarín Club. Estes medios son cultura, amosan a nosa identidade, mediante programas, series etc. Moitos dos entrevistados nonson nados en Galicia, co cal encheme de orgullo. Non debemos olvidar os nosos ancestros como di outro entrevistado seria como renegar da nosa nai...

    Tamén a referencia de que os que escoitan o ollan estes medios publicos son xente maior e totalmente certo ainda que creo que nos ultimos tempos mais mozos ven e escoitan radio e TV, non só do rural.

    E canto a privatización estou dacordo con Carlos, no sentido de que e normal que a politica saia según o partido que "mande" en cada momento ainda que debera ser imparcial. Pero se e certo que se van privatizar estes medios de comunicación o tema político sería o pan noso de cada día, como acontece con outras emisoras e canles de TV de caracter estatal.

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar