quarta-feira, novembro 16, 2011

Un agasallo que nos fixestes

Póñovos esta ligazón que enviastes un de vós e que está estupenda. Vai sobre os (ab)usos do inglés:

http://www.ted.com/talks/lang/es/patricia_ryan_ideas_in_all_languages_not_just_english.html?awesm=on.ted.com_9AQD

20 comentários:

  1. Incrible este monólogo!! Cantas verdades xuntas en tan só 10 minutos!!

    Pareceme realmente formidable a reflexión que a profesora Ryan fai acerca do uso ou abuso da lingua inglesa na sociedade actual.

    En primeiro lugar, gostaríame salientar a parte na que fala de Albert Einstein e a cuestión sería, ¿se a situación que vivimos co inglés actualmente fora a de aquela época, Einstein conseguiría os logros e os avances que conseguiu para a humanidade? Probablemente non, xa que parece ser que non era un gran coñecedor da lingua inglesa. Seguramente, agardaríase a que algún xenio angloparlante (seguramente non tan xenio como Einstein) tivese esas ideas (se cadra ainda estabamos agardando hoxe por elas).

    Por outra banda, sorprendeume a historia do rapaz keniata. Demostra unha vez máis que con empeño e dedicación, ainda sen ter moitos recursos como é o caso, pódense acadar grandes logros. A ilusión de facer un mundo mellor pode máis que o afán "duns poucos" por crear unha sociedade que xire entorno a 2 ou 3 linguas aplastantemente maioritarias.

    ResponderEliminar
  2. Persoalmente estou completamente dacordo con Patricia Ryan na súa exposición sobre a desaparición das linguas e a globalización do inglés no mundo actual.

    Se para acceder ás universidades do Reino Unido e Estados Unidos temos como requisito o coñecemento do inglés estamos limitando por completo non só a diversidade cultural, senón tamén a moitas persoas que poden ser capaces de aportar grandes ideas e avances cara o futuro.

    Chamoume especialmente a atención o caso dos científicos ingleses que estudiaban a xenética dos animais. Neste caso compróbase como o abuso do inglés pode chegar a perxudicar en gran medida os avances científicos. Se o científico alemán non dera coa resposta ninguén sabería o porqué dos resultados obtidos no experimento.

    Outro aspecto que gustaríame destacar é a frecuencia coa que morren as linguas no noso mundo: desparece unha por cada 14 días. Este é un dato alarmante que non podemos deixar pasar por alto.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  3. Para empezar non sei moi ben se tomalo coma un monologo como di Javier, pero sí é certo que dí verdades coma puños.
    Da mesma maneira que me sorprende a frecuencia coa que morren linguas no mundo, tamén me sorprende que mencione que o idioma non é importante cando alguén ten a cura dun cancro ou coñecementos extraordinarios, que o feito de non falardes inglés non lles vai impedir entrar nunha universidade de fala inglesa. Sen embargo se nos remitimos a realidade actual, se se quere entrar nestas universidades o primeiro que fan (sobretodo aos que non teñen o inglés como primeira lingua) é facerlles una proba de nivel do idioma.
    Se ben se dí que non debemos de abusar do inglés, ¿por que se esixe ter un nivel mínimo para conseguir certos empregos? Aínda que por número de falantes, o chinés é o idioma predominante, o inglés sempre será considerado "importante".
    Como ben dixo Eloy, o requerimento de coñecemento do idioma limita a diversidade cultural e a posibilidade de aportar innovacións, pero isto non só ocorre pra entrardes nas universidades de Reino Unido e EEUU, pasa tamen en outras universidades, independientemente que sexas un xenio ou que tes de atrás un traballo de investigación, ¿ou acaso son a única que tivo que ter en posesión un certificado de determinado nivel de inglés para facer este máster?

    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito este vídeo, no cal resumindo, Patricia Ryan fala dun tema sobre o que levo reflexionando un tempo: o perigo da homoxeneidade do mundo, e con iso, da perda de cultura e identidade de moitas das comunidades do mundo. Neste caso favorece esa situación a lingua inglesa. Non paro de ver ó meu redor xente que se apunta á escola de idiomas para obter o título de inglés, viaxes por varios meses a distintos países para aprenderen esa lingua, clases en academias particulares, etc, e non é raro escoitar frases de tipo "saber ben inglés vaille abrir moitas portas no mercado laboral" ou "hoxe en día se non sabes inglés non vas a nigures".
    Penso que está ben aprendelo, é importante, pero non debemos facelo antepoñendo a importancia desa lingua por enriba das demáis.

    ResponderEliminar
  5. Esta intervención deixa moi clara a relación entre os idiomas e o seu uso globalizador. Demostrado queda que os idiomas son un instrumento de poder, usado polas clases dominantes e con obxectivos claramente elitistas influenciando sobre todo nos campos educativos e da investigación.
    Comparto totalmente con Patricia Ryan que a aprendizaxe do inglés na actualidade non é algo complementario, é necesario e incluso esixido en moitos campos, sobre todo no laboral.
    Mais con todo, creo que nos estamos a guiar máis polo corazón que pola cabeza: como xa mencionei noutra entrada creo que é preciso coñecer cantas linguas poidamos, posto que é algo enriquecedor, mais tamén se fai necesario coñecer unha lingua coa que nos poidamos comunicar co resto dos habitantes da terra. Na actualidade, o inglés. A cuestión é saber diferenciar o seu uso e con que obxectivos nos plantexamos aprendela, sen por suposto renunciar ás outras linguas.

    ResponderEliminar
  6. un video moi interesante, comparto as opinions dos meus compañeiros e quedariame cunha frase que di:o noso sistema equipara a intelixencia con saber inglés.Eu estou a favor de saber cantas máis linguas mellor, pero nn estou dacordo en ter unha universal, xa que esta fai estar sempre ligada ao poder e con vantaxes con respecto a outras.
    En canto a coñecemento científico destacar que este se pode escribir en calquera lingua, porque os propios americanos aprenderon alemán para comprender aos cientificos alemáns que fixeron a bomba nuclear, entón o importante son os achados, non en que idioma esten escritos.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  7. Concordo cas opinións dos meus compañeiros. Considero moi importante ó respecto á diversidade, non só nas linguas, e me parece que o mellor comezo para amosar este respecto é defender unha lingua minorizada como a nosa. Ser conscientes da nosa situación debería facernos ser conscientes da dos demáis e viceversa.

    E para furgar un pouco na ferida quero facer a seguinte reflexión. Cando se trata de defender institucionalmente unha lingua coma a nosa, a miúdo se escoitan termos como imposición, pero cando nos "impoñen" o inglés dende fora para continuar os nosos estudos ou "para ter un mellor futuro laboral" aceptamos cos brazos abertos esa situación. Ás veces parece que o famoso auto-odio dos galegos segue presente en certa medida e non valoramos nin o que somos nin o que temos.

    ResponderEliminar
  8. Brillante exposición da Sra. Patricia Ryan na que tocando diferentes paus, da unha visión clara da importancia das linguas como transmisoras de ideas.

    O importante é o que se transmite, non o medio de transmisión. Quere isto dicir que non ten porque ser só unha lingua a cabeza visible (Chámese inglés) que goce de todo o poder, senón que todas elas serven cando permiten a comunicación de ideas, pensamentos ou sentimentos, ofertando unha forma propia de representarmos o mundo.

    Da que pensar ver como moitas cabezas pensantes quédanse polo camiño, polo mero feito de non coñecer o “idioma universal”. Máis que un factor enriquecedor, resulta moitas veces limitante.

    Neste senso, este pensamento lévanos ao recoñecemento de que unha sociedade sería máis xusta na medida en que consiga que a totalidade da poboación teña a instrución abonda como para superar as restricións de poder implícitas na linguaxe. A nosa representación do mundo pode ser transformadora e revolucionaria, ou submisa e alienada.

    ResponderEliminar
  9. respondendo a reflexión do noso amigo Iago, non creo que sexa así, ¿a cantos nos gustou que nos pediran como requisito de entrada para este mestrado o inglés, ou outra lingua?, creo que a maioría non nos gustou, de feito moitos tivémolo que sacar para poder entrar. Eu estaría máis contenta se me din que é preciso ter o galego e non ter que facer outra lingua, pero non foi o caso.
    Pero non por iso, deixo de pensar que o inglés é moi importante, concordo co que di Carlos, é útil e necesario para poder andar polo mundo ou chegar a ser algo. Ben o vimos todos cando tivemos que indagar en revistas científicas ou documentos de interese, ¿en que lingua predominan?.

    ResponderEliminar
  10. Un bo detalle desta exposición xa non so é a defensa do multiculturalismo, senon tamén o feito de que se narra na lingua inglesa, e aínda, por se fose pouco, por una profesora de inglés.

    Que existan linguas máis faladas que outras considero que é un feito lóxico, e que a xente se preocupe por aprender esas linguas que como se di "abren máis portas" o vexo igual de lóxico, xa me gustaría a min falar inglés, alemán ou holandés. O que non se pode permitir é que a apertura desas portas propicie o peche doutras.

    Como en todo, o que temos que buscar é un equilibrio, se eu para a miña formación considero que unha lingua extranxeira non me vai servir de nada... ¿Por qué me esixen un determinado nivel a maiores dos conceptos básicos que aprendín en primaria e secundaria? E mostra disto que comento é este propio Máster... de risa...

    ResponderEliminar
  11. Moi bo video. Esta claro que na actualidade todo o mundo debería saber inglés posto que é a lingua universal na que nos podemos comunicar co resto das persoas que non falan a nosa lingua nai; para viaxar ou para traballar no extranxeiro é algo imprescindible ter un dominio básico do inglés se queres poder sair adiante; pero non se pode chegar o que a señora Ryan comenta no seu monologo. Está moi ben o de poder comunicarte con case calquer persoa falando inglés, pero a sua aprendizaxe non pode supoñer unha perda cultural como é a perda dunha lingua e o que elo conleva (como o exemplo que expón no discurso sobre a xenética e o científico alemán), e tampouco un obstáculo para a educación; a lingua non pode empregarse coma un filtro para recibir educación, como xa apuntaron algúns compañeiros.
    É certo que a situación cambiou, antes se aprendias un idioma novo era pa culturizarte e poder chegar a saber máis, era coma handicap a favor teu; e exprimimos tanto esa idea que agora se non sabes partes con desventaxa e non tes o mesmo dereito a recibir a educación que alguén que si que fala ingés.

    ResponderEliminar
  12. Boas Alba! evidentemente a miña reflexión non iba dirixida a ninguén persoalmente e concordo contigo, pois son consciente de que a moita xente lle pareceu mal ese requerimento.
    Pero a miña reflexión vai por un sector da sociedade galega, que mediante certas organizacións e algún partido político comezaron a empregar este termo de "imposición" para referirse á defensa institucional do galego, pois criticaron que o coñecemento deste fose preciso para presentarse a oposicións ou que os seus fillos non tivesen "liberdade" para escoller en que lingua estudar. Máis a esta xente non lle molesta que seus fillos estuden en inglés.
    Estou dacordo con parte da tua opinión persoal sobre este conflicto. E en cánto ó aprendizaxe de linguas dominantes e estranxeiras, opino que si pode ser importante aprendelas, aprender nunca está de menos sexa o que sexa, pero considero que isto teño que xudgalo eu e non que mo pidan como requerimento para seguir estudando. Iso si me parece imposición, pois estas linguas teñen unha situación totalmente normalizada, é máis, exténdese moito máis alá da súa cultura e o galego non me parece imposición, se non que é normalizar o seu uso no entorno que lle corresponde, pois desgraciadamente nin ahí goza dunhas perspectivas de futuro boas.

    ResponderEliminar
  13. Unha exposición extraordinaria por parte de Patricia Ryan, no que di que esixen moito para poder acceder a unha universidade, ou estudios en EE.UU. Ademáis de que tes que pasar uns examens para poder acceder, e moitos de nos, nos é imposibel xa que por muito que estudiemos aqui o desenrolo dunha conversación nos custaría muito, xa que marchando a un País donde se fala Inlés o aprenderiamos muito mais rápido e nos sería mais facil, pero esa posibilidade no a podemos alcanzar todos, e mestros de moitas asignaturas, xenios que poderían levar proyectos, experimentos... máis lexos non poden pola esixencia de pasar certas probas e examens.Vese moi ben reflexado no caso de Eistein, sendo un xenio,o cal se tivera neses anos a proba que se ten agora seguramente que non chegaba nin a mitade do camiño do que alcanzou. Creo que simplemente co exemplo este ultimo vese reflexado o que di e nos quere faer entender e ver a realidade Patracia Ryan.
    Por outro lado, pareme moi impatante o que di de que cada 15 días desaparece unha lingua... ¿a donde chagaremos?

    ResponderEliminar
  14. Considero que aprender unha lingua nova, sexa cal sexa, e unha forma de crecer en coñecementos.

    No caso do inglés paréceme lóxico que a xente se procupe de estudalo, posto que no contexto de crise no que nos situamos, o dominar o inglés é unha forma de poder optar a un traballo cualificado noutro país.

    Tamén considero que é normal que unha persoa aprenda o idioma no que desexa traballar ou estudar, e se para aprendelo nese país ten que dedicarse previamente a outras actividades cun valor menor a súa cualificación terá que facelo. Porque na actualidade son moitas as persoas cualificadas en busca de traballo no extranxeiro e o coñecemento de idiomas é unha forma de diferenciarse do resto.

    E a mesma situación a aplico en Galicia: as persoas que veñen de fora e aprenden galego sempre terán un grao de diferenciación positivo cos que deciden non interesarse polo idioma.

    Un saúdo

    Adrián Levoso

    ResponderEliminar
  15. Antes de nada quiero mostrarme contrario en cuanto a "Vai sobre os (ab)usos do inglés" para citar al video.
    Pienso que ninguna lengua por si misma es abusiva o causa daño a otras. Cosa diferente es que por motivos burocráticos, intereses políticos y/o económicos haya naciones o régimenes que intenten liquidar lenguas minoritarias.
    Por otro lado no puedo estar más de acuerdo con Patricia Ryan. Además de que es super clara con su exposición. "Hoy más que nunca necesitamos una lengua global pero lo que no podemos hacer con ella es usarla como barrera."
    Como bilingües que somos, o que sois, deberíamos estar a favor del plurilinguismo y ser conscientes de que el aprendizaje de una nueva lengua no hace otra cosa más que enriquecernos.
    Lo delas tasas de los exámenes de inglés u otras lenguas es otro tema que esperemos que pronto se cambie. Ya que claramente se ve que es un negocio que se aprovecha de la situación actual.

    ResponderEliminar
  16. Eu encóntrome un pouco indecisa na miña posición despois de ver este vídeo.

    Referente o título "(ab)usos do inglés", teño que decir que cando o vin xa me posicionei un pouco a defensiva, xa que considero fundamental que exista unha lingua mundial, que en maior ou menos medida sexa coñecida por todos. Por qué o inglés? Se non é a lingua máis maioritaria? Isa cuestión por suposto é máis que discutible.

    "Cuando una lengua muere, no sabemos lo que con ella". Creo que é unha gran verdade, de todas formas, se non hai maneira de que esa persona comunique os seus pensamentos, o seu saber, ca xente que non fale o seu idioma, estamos nas mesmas... Cada cultura cos seus saberes. E iso tampouco pode ser. Creo que é lóxico que de algunha maneira se regule e empecen a pedirse un mínimo nunha lingua que está en crecemento como é o inglés. Non ten porque ser un obstáculo, simplemente é un coñecemento mínimo.

    A pesar de que pareza o contrario, estou moi de acordo con case todo o que di Patricia Ryan, é imposible non reflexionar sobre datos como os de Einstein, o dos outros científicos, a desaparición das linguas...

    "Celebremos la diversidad, utilicémosla para compartir ideas".

    ResponderEliminar
  17. Interesante a exposición da Sra. Patricia Ryan sobre os (abusos)do inglés, e máis interesante aínda é que sexa unha profesora de inglés quen este a divulgar este feito pois; a simple vista, parece algo así como:"tirar pedras sobre o seu propio tellado".

    Estou moi de acordo por loitar pola diversidade, loitar polas diferentes linguas e por todo aquilo co que elas camiñan . Pois, sempre se debe recordar, que coñecer o inglés ademais da lingua propia coma o galego está ben, pero máis fronteiras se abrirán se coñeces tamén o castelán, o euskera, o chinés, o francés ... Así pois, quero dicir que por moito que loiten por vendernos a lingua inglesa coma a chave que abrirá calquera pechadura, non o é, posto que para iso necesitaremos seis mil chaves, tantas como linguas hai na Terra.

    Nembargante, coido que aínda que me pareza contradicir, tamén creo que unha lingua global para todos, iso si sempre téndoa como unha lingua complementaria a propia, fará coma se o mundo tivese un novo lazo de unión.

    ResponderEliminar
  18. Como dice mi compañero Carlos esta intervención de Patricia Ryan nos da una visión clara sobre la relación entre el uso de las lenguas y el poder de las mismas. Sus palabras se hacen más importantes cuando es precisamente una profesora de ingles la que os cuenta los abusos de esta lengua.

    Patricia Ryan comenta que las lenguas desaparecen como consecuencia del terrible impacto que el imperialismo occidental está ocasionando, los sistemas educativos formales (las mejores universidades en lengua inglesa), los medios de comunicación, la televisión (lo que no sale en la televisión no existe o no es cierto), entre otros.

    En su exposición nos transmite el mensaje de que la diversidad lingüística y cultural está desapareciendo a gran velocidad. Hay estudios que nos dicen que si no modificamos los factores que provocan este proceso, entre un 75 y un 90 por ciento de las seis mil lenguas habladas hoy tendrán dejado de hablarse en el año 2100.

    ¿Con qué derecho pretende un ser humano imponer a los otros su lengua? los individuos y los pueblos tienen derecho a conservar la identidad propia a través de su lengua, con la que elabora su cultura, muchas veces la cultura occidental utiliza muchas estrategias para abusar del uso de una lengua en particular (en este caso el ingles) para el beneficio propio, sin tener en cuenta, o más bien, sin importarle las consecuencias para con las otras culturas y lenguas.

    La educación no debe centrarse solo en el carácter económico que prima en la actualidad, sino enriquecerse de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido. Conocemos lo importante que es para el ser humano el lenguaje, nos permite expresar nuestras ideas, emociones y sentimientos, cado uno refleja su personalidad, representa la identidad nacional, cultural y religiosa de la sociedad.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar
  19. Penso que o saber non ocupa lugar, de ai que cada lingua que se aprenda non é nada malo, o contrario pero o que non podemos e olvidarnos da nosa lingua. A que sexa unha "minoria" en contraposición co castelan, arabe ou o inglés esto debe facernos pensar en que debemos loitar con mais forza pero esta a nosa lingua.

    En canto os comentarios dos meus compañeiros como Alga, estou dacordo con ela a mín gustariame que en vez da "criba" de ter o nivel de inglés a "criba" fora por non ter un neivel medio de galego. Ainda que poda entender como o resto de compañeiros da importancia na actualidade do inglés para conseguir traballo o ser mellor de cara a sociedade.

    Eu non deixarei de repetir que me encanta o galego ainda que conoza as miñas carencias...
    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  20. Pareceume un video interesantísimo, onde podemos escoitar unha charla sobre uns dos temas falados nas sesións desta asignatura, como é o problema dunha lingua universal e o perigo da desaparición das linguas.

    Creo que é un discurso que debería facer reflexionar e moito, con exemplos históricos moi axeitados e anécdotas que explican moi ben as ideas principais do monólogo.

    Estou totalmente dacordo e aproveitando isto, quero recordarvos a todos os que accedimos a este mestrado, que para poder matricularnos obrigáronos a posuir unha titulación en lingua inglesa, para que vexamos hasta que punto esta realidade nos afecta a todos nós

    ResponderEliminar