sexta-feira, novembro 18, 2011

Sobre paxaros e convivencia..., recomendado por vós

http://www.youtube.com/watch?v=u5651tdwyXo&feature=player_embedded

21 comentários:

  1. Un bo video para ver claramente a dificultade que ten una convivencia, tamen observase un gran conflicto debido as diferenzas entre uns e outros, que iso é o que na realidade sucede. A cuestión é que os páxaros desplumados no se quedarán con brazos cruzados. Ainda que hoxe en día cada persoa e un mundo e sempre hainos os que teñen que sentirse superiores e marcar o seu territorio.

    ResponderEliminar
  2. Divertida curta. Supoñe que qerra exeplificar a marxinación que sofre o diferente.
    Exemplo que podemos levar o terreo das linguas onde o galegofalante sería o paxaro grande e os demáis paxaros serían aqueles que rexeitan os falantes en galego e os toman por "paletos" ou "montunos".
    Por desgracia na vida real é dificl que a cousa acabe coma no video, facendo ver a estupidez desta xente, descubirndoos antes todos coma persoas parvas de todo,con prexuizos sen fundamentos, e que se burlan do que non coñecen e do que non saben, simplemente porque son de fora, falan ooutra lingua ou teñen outa relixión; xente que se burla dos que falan galego alegando razóns tan estúpidas coma que o fan porque non lles gusta como soa,ou porque lles parece unha lingua de vellos...

    ResponderEliminar
  3. :) Pareceume un vídeo moi divertido e ilustrativo.

    Apto para moitas edades. Penso que estes vídeos viñan moi ben para a concienciación nas escolas, sobre todo con nenos máis pequenos para que dende esas edades ya aprendan a non despreciarse uns os outros.

    Penso que capta moi ben a esencia da marxinación, das diferenzas e gústame moito que o paxaro que é diferente non amosa triste, senón todo o contrario. Penso que fala tamñen da superación dese paxaro, da confianza que ten en sí mesmo e que non lle importa o que pensen os paxaros pequeniños.

    gustoume moito.

    María Rey Vila

    ResponderEliminar
  4. Neste vídeo, parto dun primeiro feito claro: se nin os propios paxaros da mesma especie se respectan entre si, como entenderán ao diferente? Ese respecto ao igual é o primeiro punto. É moi difícil chegar a un consenso común se non entendemos o precepto roussoniano “a liberdade dun remata onde empeza a do outro”.

    Xa cando no ambiente encóntranse a un paxaro diferente, neste caso unha ameaza, alíanse para burlarse, desprazar e mesmo eliminar ao intruso como todos vemos. Se xa lles costa aceptárense entre eles, "para colmo un novo e estraño" pensarían.

    Persoalmente espero que, como no final do vídeo: “o que ri último, ri mellor”. Os que se mofan dos galegofalantes algún día, decataranse do erro que cometeron e espero que nese intre agochen a cabeza e se escondan espidos, avergonzados coma os pequenos paxariños.

    ResponderEliminar
  5. ¿Por que non pensar que a situación do galego teña un final como a do paxaro grande?
    Esta claro, como di Iván que a xente segue tendo prexuízos con respecto ao idioma, pero nós, como futuros educadores temos unha enorme responsabilidade para cambiar esta situación.
    E se xa foron resoltos grandes conflictos asociados aos prexuízos como o Apartheid en Sudáfrica, non vexo porque non podemos eliminar os prexuízos e simplificacións asociadas ao galego.

    Adrián Levoso Fernández

    ResponderEliminar
  6. Curta moi interesante que reflicte a importancia que lle damos todos o feito de ser diferentes, sen ter en conta que o problema parte dunha falta de respeto xeral entre os integrantes dun mesmo colectivo.

    Temos unha triste tendencia a non respetar os demais, ós que coñecemos, ós que temos o noso carón; mellor non falar dos que non forman parte do noso entorno.

    Persoalmente non estou dacordo con Antón en desexar que outros agochen a cabeza por mofarse dos galegofalantes nalgún momento da súa vida. Está claro que non é prato de bon gusto, pero non debemos facer o mesmo para perxudicar a outros, iso evita achegarnos a ese respeto desexado entre as persoas.

    Debemos amosar máis intelixencia e seriedade, eles cometeron o error de despreciar o noso, non vamos nós a darlle a volta tortilla. Xa se darán eles conta por sí mesmos dos erros cometidos.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  7. Despois de todos estes comentarios aportados a esta orixinal e divertida curtametraxe so se me ocorre dicir unha famosa frase:
    "Hemos aprendido a volar como los pájaros, a nadar como los peces; pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir como hermanos"(Martin Luther King).

    ResponderEliminar
  8. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  9. Tras esta divertida curtametraxe só me ven a mente a palabra "respeto". Se o ser humano e tan intelixente como cre ser, esta termo debería formar parte da vida de cada un dos individuos. Máis a realidade di que isto non está a suceder así, discriminamos ou facemos mofa de todo aquilo que non nos gusta, as razas, os estereotipos, as clases socias...ata das linguas se chega a facer burla; sen darnos conta que iso é o que nos fai que os seres humanos nos diferenciemos dos animais.

    Porén, espero que un día, sexamos o suficientemente avispados como para non bromear coas linguas, sobre todo coa nosa, coa galega, porque con ela sabemos quen somos e a onde vamos.

    ResponderEliminar
  10. Coincido cos comentarios dos meus compañeiros. En concreto, quédome coa reflexión que fixo Antón, que considero que é moi acertada. Os paxaros pequenos non se respetaban uns os outros, cómo van a ser capaces de saber valorar o diferente?
    Pola contra, o paxaro grande en todo o momento está a rir, sen preocuparse do que pensan os outros da súa persoa, de feito, nunca se toma a mal as burlas dos demáis, pensa que é un xogo.

    A comparativa que podemos facer co paxaro grande e o galego, e os paxaros pequenos e as outras linguas maioritarias, é máis que evidente. E coma sempre acabamos falando do mesmo... respeto, convivencia, valorar o diferente, riqueza cultural....

    ResponderEliminar
  11. É unha boa curta para amosar o respeto, coma din os meus compañeiros é comparable coas linguas. Cando están tódolos páxaros xuntos e chega o que está a rir, desprézano, non o queren con eles, coma no caso de que a un lugar cunha lingua propia e un gran número de falantes (os paxariños son moitos, mais o que chega de último máis grande é so un) chegue outra lingua con menos falantes e é rexeitada no lugar de respetala.
    Respecto o que di Antón, non estou de acordó con el, senón como di Eloy se queremos respeto amosa tamén respeto por outra lingua no lugar de mofarte dela.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  12. Vexo que se creou unha especie de debate sobre si algún día os que desprezan o galego se darán conta do seu erroe entón os galegofalantes se riran ou deixarán de rir. É cuestión de respecto a todo o mundo. Cando isto ocorra, non fará falla mofarse de ninguén, aqueles que cometeron o erro terán suficiente vergoña e iso servirá para darse conta e rectificar. Rectificar é de sabios e o que temos que facer é apoiar a diversidade e convencer á xente que non o ve ben, das grandes ventaxas que nos ofrece.

    Na variedade está o gusto. Se todos fosemos iguais o mundo sería moi aburrido.

    ResponderEliminar
  13. Como dixo Benito Juarez "Entre as persoas, como entre os países, o respeto o dereito axeno é a paz"
    Penso que a idea desta frase ben se podería aplicar as linguas; o respeto as linguas alleas é a paz.

    Lois Rodriguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  14. Divertida curta que eu xa vira noutra ocasión, e que como xa sinalaron algúns dos meus compañeiros, a palabra clave e a de "respeto", e sobretodo respeto polo que é diferente, que por desgraza escasea demasiado na sociedade de hoxe en día.

    ResponderEliminar
  15. Totalmente dacordo con María, video moi sinxelo á par que explícito. Dicen que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois un video máis que cen mil.

    A convivencia, algo ao que estamos acostumados desde pequenos, pero que non deixa nunca de ser complicado. Son moitos os factores que influen nela, pero todos poden ser anulados cun único verbo... RESPETO.

    ResponderEliminar
  16. Video que invita a reflexionar. Estoy de acuerdo con María Rey esta “corta” puede servirnos como herramienta educativa para debatir en las escuelas lo importante de la convivencia, el respeto, y sobre todo en nuestro caso, la diversidad lingüística, el que una lengua como el ingles sea de las más utilizadas no significa que las demás tengan menos importancia, todos, pájaros pequeños y grandes, lenguas mayoritarias y otras con menos hablantes tienen gran importancia porque son el reflejo de su cultura.

    La vida da muchas vueltas, como dice el video “el que ríe el último ríe mejor”, quien ahora está arriba puede estar abajo después, pues al final el tiempo pone las cosas en su sitio y lo que realmente importa es el resultado final, por eso hay que seguir poco a poco transmitiendo la importancia de la diversidad lingüística.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar
  17. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  18. Boísima a curta e moi imprescindible nos días que vivimos.
    Como ben dixeron os meus compañeiros pode facer referencia as diferencias entre linguas, representando o paxaro grande a unha lingua maioritaria e os mais pequenos as minoritarias.
    Resulta moi gracioso ao miralo con debuxos pero no fondo da cuestión acontece na nosa vida cotiá.
    Os pequenos paxaros do video vivían felices no seu cable ata que chegou o grande e tiveron que facerlle un sitio. O que non pensaban os pequenos é que serían eles na sua terra os que se tivesen que adaptar o novo, e cando se deron conta de que non o querían foi demasiado tarde, o novo xa lles gañara o seu terreo e eles quedaron en "bragas", descoidaron o seu e pasaron a un segundo plano.
    É moi dificil adaptarse as novas cousas e que as cousas se adapten a nos, polo que debemos facer un esforzo continuo para ter unha diversidade lingüística moi rica.

    ResponderEliminar
  19. Moi bo video que xa coñecia con anterioridade, pero que ao velo agora é unha clara mostra do que ocorre na sociedade Galega, e penso que na maioria, á hora de aceptar o novo ou descoñecido. Se o encadramos dentro da lingua Galega, podemos pensar que esta é o paxaro que chega só xunto o resto, tentando facerse un oco para poder convivir entre a lingua Castelá.¿Poderia ser esa a similutude non?. Pola contra..o video comeza vendo xa os paxariños (lingua castela) posandose no cable, pero non coñecemos se o paxaro grande (lingua Galega) xa ocupaba ese cable antes de chegaren os outros é tan só quixo ser cordial e respetuoso e facerlle un oco os pequenos para tratar de convivir e levarse ben; obtendo como resposta una mofa e un desplazamento do seu propio lugar de orixe. ¿tamen poderia ser esa a historia que se reflicte no video non? AHI O DEIXO.

    ResponderEliminar
  20. Como todos coincidimos as palabras claves desta curtametraxe, serían respeto, disriminación, marxinación...que cada un leva o seu pensamento, neste caso a lingua galega, castelán ou extraxeira (inglés). Eu falaría tamén como outros compañeiros da sociedade que se pode ver reflexada perfectamente neste video.

    Todos estaremos acertados de ver un tema diferente, actual neste video, lingua, sociedad, etc. A forma deste video fainos ver con outros ollos e pensamentos (na miña opinión) o estar nun formato de debuxo, moi divertido, para quizá facer unha pequena "burla" a situación actual do pais. Pero o maís curioso e como todos opinamos sen que na "curta" non se exprese ninguna verba, eso é para mín o importante e o que fai deste video algo grande.

    O meu resumen, "quen rie último rie mellor"...

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  21. Recordo que este vídeo estaba incluido coma extra nalgunha largometraxe de Pixar, e o vira cando era máis pequeno. E non paraba de rir...

    Pero agora que fago unha reflexión crítica sobre a súa temática, pon de manifiesto problemáticas de convivencia, de marxinación e prexuizos. A verdade é que me deu que pensar, revisarei algúnas das curtas que vin no seu día cando era pequeno, seguro que levo máis dunha sorpresa...

    ResponderEliminar