quinta-feira, novembro 10, 2011

Para as persoas que quixeren reflexionar sobre o seu modelo de lingua

Calidade da lingua
Goretti Sanmartín Rei (goretti@udc.es)



1.   Cuestións previas


a.      A persoa que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer ou da necesidade de nos dotarmos de discursos e de recuperarmos o significado das palabras.
b.     Do pouco e do moito que vale falar galego. A utilidade de preocuparnos pola súa calidade para o mellorar.
c.     Pode ser útil a formación? E a corrección?
d.     Cómpre recoñecermos as nosas dificultades e os nosos esforzos. Tod@s somos neofalantes


2.   Sobre a calidade da lingua

            
a.      A necesidade da diferenza
b.     Algunhas cuestións de lingua:
b.1.Fai o que che eu digo e procura outra colocación do pronome átono
b.2. Queremos dotar o galego da dignidade que merece. O complemento directo sen preposición a
      b.3. Cómpre empregarmos infinitivo flexionado
      b.4. Se o vós por ben tiverdes volveremos ao futuro de subxuntivo
      b.5. Introducíndomos contidos en parágrafos
      b.6. Coido pertinente recuperarmos o léxico tradicional
      c. Contra a homoxeneización ou a procura dun estilo propio


3.   A falta de referentes


a. A reflexión arredor da nosa responsabilidade como persoas coñecedoras do idioma.
b. Negándonos a separar formas e contidos. Cando os procedementos son ideoloxía.
      c. Construíndonos na lingua. A necesidade de ler.
  


MUDANZAS NORMATIVAS XULLO 2003


CAPÍTULO

CAMBIOS e/ou POSIBILIDADES

RECOMENDACIÓN

2. A acentuación

Elimínase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas, agás se é preciso para evitar anfiboloxías.
Non acentuar (preguntáronlle cando estaría o informe; dixéronlle onde podía buscar a información).
7. Os signos de interrogación e admiración
O seu emprego é só obrigatorio ao final do enunciado. Poderíase tamén utilizalo ao principio.
Usar só ? e ! (Que fas?, Canto traballas!) agás para evitar ambigüidades.
8.4. Grupos -ct- e      -cc- (redución e conservación)
Suprímese sistematicamente a primeira consoante cando precede as vogais i e u, excepto nunhas poucas palabras (40) de uso restrito. Velaí as máis importantes: adicción, adicto, convicción, convicto, dicción, dúctil, edicto, ficción, ficticio, fricción, invicto, micción, pictórico, ricto, succión, veredicto.
Escribir condución, conflito, contradición,(re)construción, dedución,dedutivo, estrutura,
 flutuación, flutuar, indutor, introdutorio, (re)produción, produtivo,restrición,
restritivo, vítima, xurisdición.
8.4. Grupos -ct- e      -cc- (vocalización)

A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor, reitorado, reitoral, reitoría, e seita (mais sectario, sectarismo).
Usar reitoría para o edificio e reitorado para o período de mandato.
8.7. [ks] (grafía -x-)
Admítese exaxerar, exixir... a carón de esaxerar, esixir...

9.1. -ancia, -encia...,
-za, -zo...
Amplíase a relación de voces con -zo, -za: diferenza (indiferenza), espazo (espazar, espazoso), graza (desgraza), licenza, na-cenza (renacenza), novizo, perseveranza, presenza, querenza (benquerenza, malque-renza), sentenza, servizo (servizal) e terzo (terza, terzá, terzar).

9.7. -ble/-bel
Considéranse correctos tanto -ble (pl. -bles) como -bel (pl. -beis).

9.8. -eo, -eu e -ao,     -au
Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en -eu.
Engádense bacallau e pau á relación de palabras en -au.

9.11. -us, -um, -o
Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en -o.

9.14. -án / -á
9.15. -án / -ana.
Acomódanse ao esquema -án / -á (do tipo irmán, irmá; cidadán, cidadá, etc.) as seguintes formas: afgán, afgá; alazán, alazá; alemán, alemá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; catalán, catalá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; musulmán, musulmá; rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá e truán, truá, xunto cos xentilicios galegos con masc. en -án: arousán, arousá; bergantiñán, bergantiñá; compostelán, compostelá...
A terminación -án / -ana fica reservada para caracterizadores pexorativos (burricán, burricana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana etc...).
9.16. -ón / -oa, -ona
A flexión -ón /-oa úsase nos seguintes casos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (e ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.

O esquema -ón /-ona queda reservado para formacións aumentativas (casona...) e para deverbais pexorativos (preguntón, preguntona; faltón, faltona...).
9.18. -dade, -tade
Pasa a -dade: puberdade.

9.20. -aría / -ería
Dáselle preferencia á solución tradicional      -aría, aínda que se admite tamén a solución  -ería.
Usar sempre -aría: cafetaría, consellaría,enxeñaría,
romaría...
Excepcións: batería, galante-ría, galería, mercería.
14. O artigo
14.1.1. Formas
O alomorfo -lo é de uso obrigatorio só despois da preposición por e do adverbio u: vou polo camiño; u-lo neno?

Non utilizalo nunca nestes casos: facer o inventario, levas o perfil, todos os estudantes...
14. O artigo    
14.1.2. Contraccións
O encontro da preposición a co artigo represéntase graficamente como ao, aínda que podería usarse ó como segunda posibilidade.
Usar ao e aos: van ao encontro, os discentes recorren ao dicionario...
15. Pronomes
15.3. Demostrativos
Elimínanse esto, eso e aquelo como formas neutras, ficando como formas invariábeis únicas isto, iso e aquilo.
Usar isto, iso e aquilo.
15.5. Relativos...
Engádese o relativo posesivo cuxo, -a, -os,   -as.
Usalo sen abusar.
16. Numerais
16.1. Cardinais
Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous....

16.3. Multiplicativos
Elimínanse as formas triple e cuádruple, ficando só triplo,-a e cuádruplo,-a.
Usar triplo,-a e cuádruplo,-a.
17. Verbo
17.1. Paradigmas regulares
Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo (andásemos, andásedes...), mantendo a acentuación paroxítona no copretérito, antepretérito e pospretérito: andabamos, andaramos, andariamos.

17. Verbo (Uso do antepretérito e do pretérito de subxun-tivo)
“Recoméndase manter ben discriminados os usos dos dous tempos (-ra como antepretérito de indicativo e -se como pretérito de subxuntivo)”.
Facer ben as distincións: xa marchara o reitor cando chegou o conselleiro fronte a díxolles que marchasen da xuntanza por non respectaren as normas (non marcharan).
17. Verbo
(Futuro de subxun-tivo)
“Dada a súa lexitimidade histórica e a súa rendibilidade en certos rexistros lingüísticos, como por exemplo a linguaxe xurídica, cómpre restaurar o seu uso, sempre dentro dos límites da corrección establecidos pola gramática”.
Utilizalo en oracións condicionais cando o verbo principal vai en presente ou en futuro: se quixeres ter bolsa, aproba todo; cando estudares, dominarás a norma; se quixeren, reunímonos mañá..
18. Adverbios e locucións adverbiais
18.1. De lugar


Engádense á lista alén e aquén.

18.2. De tempo
Aglutínanse acotío, decontado, decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, enseguida.
Elimínase entonces.

18.3. De cantidade e precisión
Aglutínase a locución apenas.
Elimínase alomenos.

18.4. De modo
Aglutínanse as locucións amodo e devagar.

18.7. De dúbida
Aglutínase a locución talvez.

19. Preposicións e lo-cucións prepositivas
Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

20. Conxuncións e locucións conxun-tivas
Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo.


20.3. Adversativas
Engádese no entanto, porén.

20.4. Concesivas
Elimínase anque.

20.7. Consecutivas
Elimínase entonces.

20.10. Temporais
Aglutínase apenas, decontado que, deseguida que.
Engádese até que.

Outros (léxico)
Establécense como únicas formas correctas: estudo (estudar, estudante...); vogal (subst.); frota.
Exemplos: as vogais e as consoantes; o vogal dunha comisión; mais: as cordas vocais, a harmonía vocal...

















Algunhas recomendacións sobre a calidade lingüística


  1. Cómpre evitarmos o emprego de palabras de apoio e marcadores discursivos en español ou con forma españolizada:


*Bueno
Ben (bo, noutros contextos).
*O sea
Ou sexa, isto é
*Hasta, *hastra
Até, ata
*Ahora
Agora
*Según
Segundo
*Sin duda
Sen dúbida
* Entonces
Entón, daquela
* E para elo debería…
E para iso debería...


É preciso, igualmente, potenciarmos os usos das diferenciais: porén, mais,...

  1. Hai que coidar especialmente os usos pronominais:

a)   A colocación do pronome átono non pode ser en posición inicial absoluta nin non xustificada pola presenza de certos pronomes (tod@s...), conxuncións (xa que...) ou adverbios (xa...), entre os que non están as conxunción mais (pero), ou e e.:


*Vos digo que aprobaredes o exame
Dígovos que aprobaredes o exame
*O faremos, estade cert@s de que o faremos.
Farémolo, estade cert@s de que o faremos.
*Se destinarán as axudas necesarias.
Destinaranse as axudas necesarias.
*Se pode oferta-los sistemas operativo Microsoft XP Pro, Microsoft
Vista Business, Microsoft Vista Basic...?
Pódense ofertar os sistemas operativo Microsoft XP Pro, Microsoft
Vista Business, Microsoft Vista Basic...?
Para información técnica *se pode
consultar http://www.pcmcia.org
Para información técnica pódese
consultar http://www.pcmcia.org
O titor *o sabe e non fai nada para solucionalo.
O titor sábeo e non fai nada para solucionalo.
O transporte público é caro e deficiente *pero se potencia o uso do vehículo privado.
O transporte público é caro e deficiente mais poténciase o uso do vehículo privado.
No programa destinado ao alumnado de 0 a 16 anos *se ensinará a detectar e previr episodios violentos.
No programa destinado ao alumnado de 0 a 16 anos ensinarase a detectar e previr episodios violentos.



b)   Debe evitarse tamén que o pronome átono fique como primeiro elemento dunha enumeración, aínda dependendo dun nexo anterior:

Para efectuar a entrega dos libros aos alumnos, os centros deben requirir que os pais, titores ou representantes legais dos alumnos asinen un documento no que:
1À ) Acepten a subvención e se comprometan a cumprir o réxime de incompatibilidade establecido na disposición adicional primeira da orde de convocatoria.
2À ) *Se comprometan a devolver os libros en perfecto estado ao remate do curso escolar e a cumprir as demais condicións da orde de convocatoria.
Para efectuaren a entrega dos libros aos/ás alumnos/as, os centros deben requirir que nais e pais, titores ou representantes legais do alumnado asinen un documento en que conste:
1) Que aceptan a subvención e que se comprometen a cumprir o réxime de incompatibilidade establecido na disposición adicional primeira da orde de convocatoria.
2) Que se comprometen a devolver os libros en perfecto estado ao remate do curso escolar e a cumprir as demais condicións da orde de convocatoria.



c)    Diferentes adverbios (aínda, axiña, bastante, incluso, mesmo, quizais, sempre, só, tamén, xa...), formas negativas (nada, non, ninguén, nunca), pronomes (alguén, ambos/as, calquera, tod@/s...) provocan a anteposición do pronome: Igualmente conxuncións ou locucións conxuntivas (que, se, posto que, xa que...) provocan a anteposición do pronome:

*Todo o alumnado aceptouno de bo grado.
Todo o alumnado o aceptou de bo grao.
*O impreso sempre téñeno que cubrir cun bolígrafo encarnado.
O impreso sempre o teñen que cubrir cun bolígrafo encarnado.
*Nunca inaugurouse un centro escolar co pavillón xa rematado.
Nunca se inaugurou un centro escolar co pavillón xa rematado.
*Hai que afirmar que enténdese prioritaria a motivación.
Hai que afirmar que se entende prioritaria a motivación.


d)   O pronome átono con nexos debe ir situado, preferentemente, entre o nexo e a forma verbal:

O ano 2000 é instituído como o Ano Castelao ao cumprírense 50 anos da morte do escritor e político.
O ano 2000 é instituído como o Ano Castelao ao se cumpriren 50 anos da morte do escritor e político.
Debémonos empeñar en detectar en nós e nas persoas coas que nos relacionamos manifestacións agresivas para ser quen de recoñecelas e de canalizalas positivamente.
Debémonos empeñar en detectar en nós e nas persoas coas que nos relacionamos manifestacións agresivas para ser quen de as recoñecer e de as canalizar positivamente.
Iso de habelos, porque non os hai.
Iso de os haber (se os houber), porque non os hai.



e)   É preciso corrixirmos as habituais confusións de pronomes dativo e acusativo e de uso do dativo singular e plural:

Creo que xa está todo, así que *lles deixo co verdadeiro protagonista
Creo que xa está todo, así que os/as deixo co verdadeiro protagonista
*Saúdalles atentamente
Saúdaos/as atentamente
As persoas docentes que teñen algún cargo académico consideran as accións propostas máis necesarias. As responsabilidades asociadas *o seu rol *fanlle ser máis conscientes das necesidades existentes e da conveniencia de arbitrar medidas paliativas e superadoras das limitacións existentes.
As persoas docentes que teñen algún cargo académico consideran as accións propostas máis necesarias. As responsabilidades asociadas ao seu rol fanas seren máis conscientes das necesidades existentes e da conveniencia de arbitrar medidas paliativas e superadoras das limitacións existentes.
Se a libraría non entrega os libros no centro quedará en posesión dun exemplar e o outro deberá *devolverllo aos pais debidamente cuberto, asinado e selado pola libraría, xunto cos libros de texto.
Se a libraría non entrega os libros no centro quedará en posesión dun exemplar e o outro deberá devolvérllelo aos pais debidamente cuberto, asinado e selado pola libraría, xunto cos libros de texto.



  1. Non debemos utilizar a preposición a co complemento directo (agás no caso de ser este un pronome persoal tónico ou un nome propio, unha situación que permite a escolla de calquera opción: seguíndomos Carballo ou seguíndomos a Carballo):


Unha cidade que xere emprego, que atenda*aos nosos maiores...
Unha cidade que xere emprego, que atenda os nosos maiores...
Dotar *ao ensino público dos recursos básicos.
Dotar o ensino público dos recursos básicos.
Co obxectivo de escoitar *aos alumnos e coñecer a situación...
Co obxectivo de escoitar os alumnos e coñecer a situación...
Rodear *ao círculo.
Rodear o círculo.
Honra *aos que nos deixaron a vida, a terra e a lingua.
Honra os que nos deixaron a vida, a terra e a lingua.
Estes materiais deben ser reutilizables durante catro cursos escolares, substituíndo *aos correspondentes libros de texto.
Estes materiais deben ser reutilizables durante catro cursos escolares, substituíndo os correspondentes libros de texto.
Debe tomar sempre como criterio de referencia as situacións de desemprego e actividade das mulleres e homes recollidas nas estatísticas oficiais, e
favorecer *ao sexo subrepresentado.
Debe tomar sempre como criterio de referencia as situacións de desemprego e actividade das mulleres e homes recollidas nas estatísticas oficiais, e
favorecer o sexo subrepresentado.



  1. É conveniente eliminar o artigo en contextos de relativo con antecedente antes e sen dúbidas de significado:

Fico sorprendido do consciente que é a comunidade educativa da situación na que se atopa o seu *entorno.
Fico sorprendido do consciente que é a comunidade educativa da situación en que se atopa o seu contorno.
O centro inicia as actividades cunha homenaxe na que intervén a escritora máis coñecida da comarca
O centro inicia as actividades cunha homenaxe en que intervén a escritora máis coñecida da comarca
Despois de anos de gobernos nos que a Xunta apoiou a implantación de grandes superficies...
Despois de anos de gobernos en que a Xunta apoiou a implantación de grandes superficies...


  1. Hai que diferenciar con clareza entre antepretérito de indicativo (andara) e pretérito de subxuntivo (andase):

Díxolle que o *avisara cando *estivera feito o informe.
Díxolle que o avisase cando estivese feito o informe.
Neste caso o centro deberá requirir aos pais do alumno para que repoñan os libros ou procedan ao pagamento do seu importe (podendo utilizar o modelo dispoñible en http://www.edu.xunta.es). Se non o *fixera o alumno poderá quedar excluído do programa para os sucesivos cursos escolares.
Neste caso o centro deberá requirir aos pais do/a alumno/a para estes reporen os libros ou procederen ao pagamento do seu importe (para o que poderán utilizar o modelo dispoñible en http://www.edu.xunta.es). Se non o fixese (Se o non fixese / De o non facer) o/a alumno/a poderá quedar excluído do programa para os sucesivos cursos escolares.
Non hai ningún proceso de pacificación coñecido na historia que non *rematara nunha mesa de negociación.
Non hai ningún proceso de pacificación coñecido na historia que non rematase nunha mesa de negociación.


  1. Non debemos abusar de ter + participio cando se trata da expresión simple do pasado:

*Estes días teño feito unha reflexión que vos vou trasladar...
Estes días fixen unha reflexión que vos vou trasladar...
Asuntos tan vitais como a opción sexual gay ou lésbica e o recoñecemento das persoas transexuais *teñen contribuído á formación de mentalidades e relacións máis plurais e libres.
Asuntos tan vitais como a opción sexual gay ou lésbica e o recoñecemento das persoas transexuais contribuíron á formación de mentalidades e relacións máis plurais e libres.
Quero coñecer cales son as accións legais que *ten iniciado o concello para denunciar o feito que, segundo declarou, *se ten realizado á marxe do centro.
Quero coñecer cales son as accións legais que iniciou o concello para denunciar o feito que, segundo declarou, se realizou á marxe do centro.
*Non temos conseguido os obxectivos.
Non conseguimos os obxectivos.
As cousas *teñen cambiado grazas á loita pola liberación sexual.
As cousas mudaron grazas á loita pola liberación sexual.
Ata o de agora *ten publicado dous: PC-Card e ExpressCard.
Ata o de agora publicou dous: PC-Card e ExpressCard.


  1. Non se debe utilizar o infinitivo como verbo principal dunha cláusula:

*Manifestar a nosa oposición á campaña contra o Decreto de promoción da lingua galega no ensino.
Cómpre (queremos) manifestar a nosa oposición á campaña contra o Decreto de promoción da lingua galega no ensino.
*Indicar que o número de persoas que se matricularon é importante.
Queremos indicar que o número de persoas que se matricularon é importante.
* Recoller folleto de matrícula na Secretaría.
Débese recoller o folleto de matrícula na Secretaría.


  1. É recomendable, cando for posible, empregarmos infinitivo flexionado, para lle dar prioridade a estruturas sintácticas máis tradicionais:

Os/as alumnos/as de primaria están fartos de reclamar unha serie de melloras.
Os/as alumnos/as de primaria están fartos de reclamaren unha serie de melloras.
De non facelo así, dámoslles vía libre aos que executan ou incitan estas prácticas violentas para continuar con elas con total impunidade.
De o non facermos así, dámoslles vía libre aos que executan ou incitan estas prácticas violentas para continuaren con elas con total impunidade.
Agora mesmo estamos a traballar neste eido, tentando convencer empresas galegas para que invistan neste proxecto.
Agora mesmo estamos a traballar neste eido, tentando convencer empresas galegas para investiren neste proxecto.
A memoria histórica é sempre social e política. Por iso é tan urxente que recuperemos a nosa.
A memoria histórica é sempre social e política. Por iso é tan urxente recuperarmos a nosa.
Non, estes materiais non se inclúen no programa de gratuidade, por non cumprir o criterio de reutilización durante catro anos.
Non, estes materiais non se inclúen no programa de gratuidade, por non cumpriren o criterio de reutilización durante catro anos.
Non, os centros que renunciaron a participar no programa de gratuidade non poderán acollerse nos cursos citados ata que transcorran catro anos desde a súa implantación.
Non, os centros que renunciaron a participar no programa de gratuidade non poderán acollerse nos cursos citados até transcorreren catro anos desde a súa implantación.
Son moitos os turistas que se desprazan pola xeografía galega co único obxectivo de coñecer a súa gastronomía.
Son moitos os turistas que se desprazan pola xeografía galega co único obxectivo de coñeceren a súa gastronomía.
O prazo para que as librarías entreguen as facturas nos centros remata o 30 de setembro.
O prazo para as librarías entregaren as facturas nos centros remata o 30 de setembro.


  1. Cómpre utilizarmos futuro de subxuntivo, sobre todo en contextos condicionais:

Se queres colaborar con nós, contacta a través do seguinte formulario
Se quixeres colaborar connosco, contacta a través do seguinte formulario
Galiza sairá mellor se se ponderan adecuadamente as variábeis do envellecemento e a dispersión; Cataluña sairá mellor se se contabiliza a inmigración; Madrid, se se computa a concentración urbana; Canarias, se se ten en conta a insulariedade...
Galiza sairá mellor se se ponderaren adecuadamente as variábeis do envellecemento e a dispersión; Cataluña sairá mellor se se contabilizar a inmigración; Madrid, se se computar a concentración urbana; Canarias, se se tiver en conta a insulariedade...
Aprobación, se procede, do orzamento anual.
Aprobación, se proceder, do orzamento anual.
Aqueloutras que a Administración ou o Observatorio de Convivencia lle poidan encomendar.
Aqueloutras que a Administración ou o Observatorio de Convivencia lle puideren encomendar.


  1. Cómpre rexeitarmos como fórmulas únicas as frases curtas sen subordinación e, de maneira especial, hai que reparar na necesidade de adecuar as estruturas sintácticas á puntuación:

Intercambiade o guión coa parella máis próxima. Eles serán quen a interpreten. Teñen que preparar a actuación: poden ensaiar e vós indicádeslles os cambios que vedes necesarios. Eles farán o mesmo con vós. Incorporade as correccións e as novidades ao guión escrito.
Intercambiade o guión coa parella máis próxima para esta o interpretar. Para preparar a súa actuación pode ensaiar e vós indicádeslle os cambios que xulgades precisos. Os membros desoutra parella farán o mesmo convosco de xeito que teredes que incorporar as correccións e as novidades ao guión escrito.
É obvio que non se trata de buscar só saídas máis ou menos importantes para os produtos elaborados baixo os principios que determinan esta fórmula de comercio:
- Garantía de salarios xustos que permiten ter unha vida digna.
- Igualdade home/muller. Igual traballo/igual salario.
- Prohibición da explotación infantil.
 - Organizacións democráticas.
- Beneficios destinados a necesidades comunitarias (saúde, educación, formación etc).
- Respéctase o medio. Produción ecolóxica.
Senón que se trata de construír unha alternativa ao neoliberalismo.

É obvio que non se trata de procurar só saídas máis ou menos importantes para os produtos elaborados baixo os principios que determinan esta fórmula de comercio senón que se tenta construír unha alternativa ao neoliberalismo. Entre as bases que rexen o comercio xusto achamos as seguintes:
- Garantía de salarios xustos que permiten ter unha vida digna.
- Igualdade home/muller. Igual traballo/igual salario.
- Prohibición da explotación infantil.
 - Organizacións democráticas.
- Beneficios destinados a necesidades comunitarias (saúde, educación, formación etc).
- Respéctase o medio. Produción ecolóxica.
Tedes Internet na casa?
En caso de que si, para que o usades?
Tedes Internet na casa?
Caso de responderdes afirmativamente, comentade para que o usades.



11. É fundamental eliminarmos españolismos e deformacións e manter e darlle prioridade ao léxico galego:

Débese buscar o enlace máis acaído para chegar á opción desexada.
Débese procurar a ligazón máis acaída para chegar á opción desexada.
O Departamento de Seguridade contra os Riscos Laborais é un exemplo de coidado do idioma a pesar das dificultades da terminoloxía específica.
O Departamento de Seguranza contra os Riscos Laborais é un exemplo de coidado do idioma a pesar das dificultades da terminoloxía específica.
Para crer nos discursos políticos temos que eliminar a lista de agravios.
Para acreditarmos nos discursos políticos temos que eliminar a listaxe de agravios.
Podedes atopar a documentación relativa ao *proiecto na páxina da Consellería de Innovación e Industria.
Podedes achar a documentación relativa ao proxecto na páxina da Consellaría de Innovación e Industria.
*Sen embargo, *nembargantes
Porén, con todo, no entanto
*alomenos
Polo menos, ao menos, cando menos
O PPT require *alomenos *un interfaz ExpressCard segundo o estándar especificado pola asociación PCMCIA, sen *prexuizo de que *poida ofrecerse interfaces
adicionais PC-Card ou doutro tipo.
O PPT require, polo menos, unha interface ExpressCard segundo o estándar especificado pola asociación PCMCIA, sen prexuízo de se poderen ofrecer interfaces
adicionais PC-Card ou doutro tipo.
Se, por exemplo, queredes xogar un partido de fútbol, debedes recordar a roupa e o calzado.
Se (De), por exemplo, quixerdes (quererdes) xogar un partido de fútbol, debedes lembrar a roupa e o calzado.
Antes de *cumprimentar o formulario acórdate de ler as instrucións.
Antes de cubrir o formulario lembra ler as instrucións.
Presuposto, presupostar
Orzamento, orzar
Si, o alumnado destes cursos poden acollerse a convocatoria de *becas do Ministerio de Educación e Ciencia no prazo que se establecese na orde de convocatoria.
Si, o alumnado destes cursos poden acollerse a convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e Ciencia no prazo que se establecese na orde de convocatoria.
*Mantenimento de monumentos
Mantemento de monumentos
*Encuesta
Enquisa
*Estadística
Estatística
*Rentabilidade
Rendibilidade
*Sostenibilidade
Sustentabilidade, sostibilidade
Os poderes públicos están obrigados a actuar positivamente en favor
dos que quedan ou están en risco de quedaren *ao marxe da sociedade
Os poderes públicos están obrigados a actuaren positivamente en favor
das persoas que quedan ou están en risco de ficaren á marxe da sociedade.
*Ponencia
Relatorio
*Reseñar
Recensionar
*Muestreo
Mostraxe
*Solfeo
Solfexo
Poderán asistir representantes das empresas licitadoras ao proceso
de *evaluación das mostras?
Poderán asistir representantes das empresas licitadoras ao proceso
de avaliación das mostras?
Sobresaínte
Sobresaliente
*Vislumbrar
Albiscar
*Trasvase
Transvasamento
*Ubicación
Localización, situación
No caso de *productos con *licencia comercial esta cláusula debe
interpretarse no sentido de que se *aportarán actualizacións de seguridade.
No caso de produtos con licenza comercial esta cláusula debe
interpretarse no sentido de que se ofrecerán actualizacións de seguranza.
*Retrasar
Atrasar
*Asignatura
Materia, disciplina
*Apostilla
Apostila
O lector de tarxetas intelixentes, debe ir na CPU ou no *tecrado?
Os PPTs non establece a *ubicación ou formato do lector de tarxetas
intelixentes.
O lector de tarxetas intelixentes, debe ir na CPU ou no teclado?
Os PPT non establecen a localización ou o formato do lector de tarxetas
intelixentes.
*Resume
Resumo
*Recopilación
Recompilación
*Poseedor
Posuidor/a
*Postre
Sobremesa
No caso dos ordenadores portátiles, o lector de tarxetas intelixentes pode ocupa-la *ranura *do interfaz ExpressCard?
No caso dos ordenadores portátiles, o lector de tarxetas intelixentes pode ocupar a fenda da interface ExpressCard?
*Disminuír
Dimimuír
*Recabar
Recoller
*Palanca
Panca
*Paradoxa
Paradoxo
Se desexa recibir unha oferta *persoalizada, *pregámoslle *cumprimenten este impreso e envíennolo á dirección que figura ó remate do documento.
Se desexaren recibir unha oferta personalizada, pregámoslles que cubran este impreso e que nolo envíen á dirección que figura ao remate do documento.
Debedes ler *todos os epígrafes.
Debedes ler todas as epígrafes.
*Aunar
Xuntar
*Mezclar
Mesturar
Esta zona da cidade está a caer literalmente a *pedazos.
Esta zona da cidade está a caer literalmente en anacos.
*Icono
Icona, símbolo
*A partires do 2007
A partir do 2007
*Desfrutar
Gozar, beneficiarse
*Entablar
Promover, emprender
*Dicen que en doce minutos *chegarase *de A Coruña a Betanzos.
Din que en doce minutos se chegará da Coruña a Betanzos.
O centro solicitou o 11 de xaneiro un pleno extraordinario para recuperar o *entorno patrimonial das Burgas e velar polas actuacións que o concello está a *desenrolar.
O centro solicitou o 11 de xaneiro un pleno extraordinario para recuperar o contorno patrimonial das Burgas e velar polas actuacións que o concello está a desenvolver.
Estancia (tempo)
Estadía
*Anque non o poñan os documentos, unha verdadeira transformación social debe partir da defensa do valor do feminismo.
Aínda que non o poñan os documentos, unha verdadeira transformación social debe partir da defensa do valor do feminismo.
*Desglosar
Desagregar
O controlador gráfico pode ser integrado en *praca base, dedicado, en tarxeta engadida...?
O controlador gráfico pode ser integrado en placa base, dedicado, en tarxeta engadida...?
*Casilla
Cadro, compartimento
Envía un e-mail co teu password e contestaremos deseguida a túa consulta sobre se mouse é a palabra que debes empregar en galego ou se podemos habilitar rato con esa finalidade.
Envía un correo electrónico co teu contrasinal e contestaremos deseguida a túa consulta sobre se mouse é a palabra que debes empregar en galego ou se podemos habilitar rato con esa finalidade.


16 comentários:

  1. Agradezo moito estas "actualizacións" sobre a norma de calidade lingüistica. Polo que sí, e necesaria a formación e por suposto a correción.

    Levo tempo a pensar nas razóns polas que parte da nosa xeración, na que me inclúo, afastouse do galego durante a súa época de secundaria.

    Cos cambios dos decretos, as novas normativas que de súpeto puxeron e volveron cambiar... fixeron de nós "incompetentes" na lingua que tantos anos levábamos estudando, non sabíamos por onde saír con tanto cambio, e no meu caso o profesorado tampouco fixo moito por trataren de que nós comprenderamos tales modificacións.

    Os de educación física sabemos a perfección que ninguén practica o que non lle sae ben, se non te sintes competente de xeito case seguro, abandonarás a práctica, e iso pódese aplicar o galego.

    Pasamos de "saber falar a escribir" un día, para o seguinte non entender o que xa era noso...cambiáronos as regras do xogo.

    E tan só unha opinión, sen dúbida, moi persoal. Agora gozo dunha boa saude no meu galego falado grazas os meus compañeiros de tódalas partes da nosa húmida terra, sen embargo ca formación continuada poderei pregarme de novo a calidade normativa.

    ResponderEliminar
  2. Dacordo sen dubidalo có meu compañeiro Dan, a nosa promoción coincidiu con moitos cambios na normativa lingüística e é por iso que moita xente da comunidad galega non se sinte competente á hora da expresión oral da lingua galega.

    Non quero tampouco xustificarme con iso, se queremos falar unha lingua somos libres para facelo e temos as competencias para aprender, e aínda máis estudándoa durante tantos anos coma nós. Pero o certo é que, ben sexa por prexuízo, falta de seguridade ou ausencia no ámbito, o galego sae perdendo.

    ResponderEliminar
  3. Estou dacordo con David, a min tamén me alcanzou o cambio na normativa, e eu tamén me inclúo nesa comunidade que non se sinte competente. Sei falar o galego, pero non é o normativizado, pero aínda así tampouco coñezo a moita xente que o fale ben de todo.
    Con tódolos cambios que se dan na lexislación, das porcentaxes de materias en galego, castelán, e máis recentemente o ínglés ou o alemán, como ben dixo David, o galego vai sair perdendo.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  4. Comparto totalmente a opinión de Dan, mais quero engadir que creo que se lle deu demasiada importancia no seu momento ao cambio da normativa galega, vista dende os sectores máis conservadores como unha galeguización ou mesmo un achegamento ao lusismo (algo que eu non considero erróneo), como se fose algo terrible e daniño para o idioma.
    Porén é certo que todos os idiomas evolucionan, iso significa que están vivos, e entendo que un idioma tan novo normativamente falando como é o galego teña cambios nas súas regras. Os idiomas medran, se adaptan e se consolidan. Mesmo o castelán está continuamente cambiando, ou acaso fai dez anos se recollía como correcta a palabra "muslamen"? Ou a palabra "solo" sen til? E se nos imos a outros idiomas estandarizados como o euskera batúa, a cantidade de cambios e novas regras que non sempre agradan aos seus usuarios (nunca chove a gusto de todos) non cabería nesta entrada.
    Polo tanto considero que é o máis normal do mundo que un idioma se actualice e introduza novas normas, ao que os usuarios deberiamos de ser receptivos e adaptarnos a eles.

    ResponderEliminar
  5. Eu non falo galego habitualmente, e nunca o fixen como primeira lingua. E cada vez me costa máis facelo.
    O verán pasado pasoume unha cousa que me fixo reflexionar, axudando ós meus pais na panadería atendín un cliente, e fíxeno en galego, como habitualmente o fago coa maioría deles; sorprendeume xa que él me respondeu en castelán (non era galego).Supoño que sería pola situación,ó mesmo me pasa cando me falan en galego, eu tamén respondo en galego, saeme instintivamente. Pero no resto das situacións non me sinto segura, con tanta nova normativa xa non sabes como facelo.
    Pareceme ben que un idioma coma o galego sofra cambios e evolucions, pero para xente como min que nin o estuda nin a xente mais próxima o fala, desgraciadamente vaise perdendo.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  6. Eu pola contra, non creo que o cambio de normativa sexa o motivo polo que non nos sintamos seguros falando galego. Quizais si sexa unha mala formación, pero non lle podemos botar as culpas o cambio de normativa.
    Eu particularmente penso que gran parte da culpa tena empezar a dar todos os contidos en castelán practicamente ata a secundaria, os alumnos collen hábitos que a miudo son irreconducibles.

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  7. Persoalmente síntome nunha situación similar á de Tania. Eu emprego como primeira lingua o castelán debido a que no meu entorno familiar todos os meus achegados falan este idioma e nas clases ocorreume o que dixo Lois (a maioría dos contidos en castelán).

    Isto provoca que, cando alguén me fala en galego teña moitas dificultades para expresarme correctamente con él e sinto esa perda da lingua. Tiven un caso nun adestramento onde un neno me falaba en galego e eu pensaba que non lle contestaba correctamente a nivel normativo.

    A pesar disto eu creo que o importante é ter a intención de falalo, outros nin o intentan, contestando directamente en castelán. Erros vamos ter tanto nunha lingua como noutra en moitas ocasións da nosa vida, así que por intentalo nunca se perde nada.

    Agradezo tamén todas estas mudanzas informativas sobre a normativa da lingua, xa que é unha boa maneira de comprobar aquelo que expreso mal e ter a oportunidade de corrixilo no futuro.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  8. Eu xa poden vir as normas que queiran e máis. Leereinas, e tratarei de aprendelas na medida do posible. Por outo lado, tratarei na escrita de facelo o mellor posible, xa que é a forma oficial do noso idioma.
    Pero a miña maneira de falar o galego, négome a cambiala. De esta forma é como eu mais seguro me sinto, e a parte, creo que cada diferenza que exista entre un galego e outro non é mais que un motivo positivo da gran cultura que temos.

    ResponderEliminar
  9. É loxico e necesario que se actualice a normativa linguística dunha lingua, pero como a maioría da xente non se molesta en estar ó día destas modificacións, ademáis da gran cantidade de castelanismos que se cometen na fala por influencia do castelán, é difícil atopar xente que fale ben o galego (polo que discrepo có compañeiro Lois cando comenta que o cambio de normativa non é o motivo polo que non nos sentimos seguros falando galego, xa que na miña opinión si é un dos motivos, aínda que non o principal).

    ResponderEliminar
  10. Eu estou de acordo con algúns dos meus compañeiros en que a normativa das linguas, non só do galego deben evolucionar (se non fose así en España falariase castelán medieval) e penso que todos nós, os galegos, deberiamos coñecela e estudala.

    Aínda así, creo que o máis importante é que a xente que fala galego o empregue como queira, pero que o empregue, e a xente que non o usa nunca, faga un esforzo por facelo.

    Antonio Márquez Blanco

    ResponderEliminar
  11. Quizais o galego cambiou de normativa en exceso, pero non penso que sexa unha escusa para non estudala e tratar de mellorar.

    Non creo que os hábitos sexan irreconducibles como di Lois, senón que dependen da forza de vontade que teña a persoa para mellorar a súa fala, e no caso dos estudantes, da influencia do profesorado.

    Tampouco estou dacordo con Gabriel. Penso que temos que saber distinguir o contexto no que nos atopamos en cada momento. Xa que non é o mesmo como teremos que falar coa familia ou amgos, que en contextos formais como, por exemplo,na escola (tanto o profesor coma o alumno).

    Adrián Levoso Fernández

    ResponderEliminar
  12. Agradezo enormemente que nos publicaras no blog a normativa vixente, xa que con tantos cambios, as dúbidas xorden axiña e as mesturas co castelán están á orde do día.

    Resulta paradoxal que estando a estudar o galego durante toda a nosa vida académica, segamos con tantas incertezas.

    Paréceme por tanto, un documento digno de conservar, podendo recorrer a el para corrixir e mellorar o noso dominio do idioma.

    ResponderEliminar
  13. Eu teño que dicir que penso como Gabi, os que acotío falamos en galego, cada un por ser de onde somos, e dicir, ou das Rías Baixas (bloque occidental),de Ribadeo (bloque oriental, ou no meu caso, de Ordes, que pertenzo o bloque central...cada un de nos falamos diferente, pero non por iso, quero xustificarme. Temos a mesma obriga de aprender a nova normativa que un que non fala o galego.
    Ou sexa, é certo o que di Antón, semella ilóxico estar estudando unha materia tantos anos e non saber escribir e falar correctamente, tamén é certo, que á inmensa maioría nos afectou o cambio da normativa.
    En conclusión, útil, interesante e necesaria entrada no blog.

    ResponderEliminar
  14. Canto ben nos pode facer este documento. Eu son consciente de que emprego gran cantidade de castelanismos na miña fala habitual, quizáis debido a que eu aprendín o galego así. Meus avós fálanme en galego dende pequeno, meus pais o mesmo e o meu entorno de amizades tamén. Por exemplo, cos amigos pasa unha cousa curiosa, xa que dependendo da procedencia dos avós/pais de cada un, empreganse unhas palabras ou outras en determinadas situacións.

    En definitiva, todos temos que ir aprendendo pouquiño a pouco, ir afianzando novas palabras e este documento pode servir de gran axuda.

    ResponderEliminar
  15. Concordo cando algúns dos meus compañeiros din que o rexurdimento da normativa da lingua é necesario,por suposto que así o é, isto para mi é o síntoma que reflexa que a lingua segue viva, e como tal, debe evolucionar. Ademais, teño que dicir, que no instituto no que estudei nos fixeron aprender e usar estes cambios do modelo da lingua, sobre todo, a nivel escrito polo motivo de comezar a prepararse da mellor maneira para o exame da selectividade.

    Nembargante, considero que a nivel escrito si conseguín mudar a unha nova normativa, mais a nivel oral, falo o galego que sempre falei posto que no meu contorno familiar case ningún membro é aínda consciente de que estes cambios existen. Mais, iso si, cando ven a TVG din: “mira que galego máis raro falan”.

    ResponderEliminar
  16. Polo que acabo de comprobar, falo moi mal o galego se me ateño á normativa... pero polo menos o falo (non todo o que debería)

    ResponderEliminar