Aínda que non poidades acudir a todo, é libre a entrada a calquera das actividades programadas, paga a pena coñecer o Paraninfo da Reitoría e será un bo momento para reflexionardes sobre a situación das linguas do mundo a través doutras voces. Haberá tradución inglés/galego. Pasádeo!!!
VIII XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS: LINGUA E ECOLOXÍA
Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña
Días: 30 de novembro e 1 de decembro de 2011
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega
Financia: Secretaría Xeral de Política Lingüística
MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO
9.30 h | Recepción e entrega da documentación |
10.00 h | Acto de inauguración - Reitor da Universidade da Coruña - Secretario xeral de Política Lingüística - Secretario xeral da UDC - Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña - Representante da Real Academia Galega |
10.30 h | CONFERENCIA INAUGURAL “Results of growthism and linguistic and ecological homogenisation in education – whose knowledges are valid?” Conferenciante: Tove Skutnabb-Kangas |
12.30 h | Pausa |
13.00 h | RELATORIO "Memoria, ecoloxía e identidade cultural en Galiza" Conferenciante: María López Sández |
17.00 h | RELATORIO "Do activismo ecolóxico ao activismo lingüístico" Conferenciante: Teresa Moure |
18.30 h | OBRADOIRO "Obradoiro de narracións ecolóxicas" Impartido por: Anxo Moure |
19.45 h | Pausa |
20.00 h | RELATORIO “Educação para o desenvolvimento sustentável e diversidade linguística: que possibilidades?” Conferenciante: Ana Isabel Andrade |
XOVES 1 DE DECEMBRO
10.00 h | RELATORIO “Ecofeminismo: unha nova ollada á realidade rural desde o imaxinario literario galego “ Conferenciante: Isabel Vilalba Seivane | |
11.15 h | RELATORIO "Para sermos lingüisticamente sustentables" Conferenciante: Carme Junyent | |
12.45 h | Pausa | |
13.00 h | OBRADOIRO "Obradoiro de músicas vexetais" Impartido por: Pablo Carpintero | |
17.00 h | MESA REDONDA “Activismo ecolóxico e recuperación cultural” Participantes: - Representante de Patrimoniogalego.net: Manuel Gago - Representante da Fundación Galicia Verde: Mabel Rivera | |
18.30 h | Pausa | |
19.00 h | CONFERENCIA DE CLAUSURA " Creating a balance between English and local languages” Conferenciante: Robert Philipson |
INSCRICIÓN
Gratuíta a través do formulario que se publica na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística (www.udc.es/snl).
O prazo de inscrición remata o venres 25 de novembro de 2011, ás 14:00 h.
Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.
Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
Un ano máis o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzaron a xa a súa oitava edición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Ecoloxía.
ResponderEliminarO encargado de inaugurar estas Xornadas foi José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña desde xaneiro do 2004, reelixido en decembro do 2007; isto supón o seu apoio ano tras ano a estas xornadas. En primeiro lugar doulle a palabra a directora Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, que como ben sabemos é Goretti Sanmartín Rei, a cal fixo unha presentación moi orixinal e peculiar, dando o bo día persoalmente, mencionando o nome, de moitos dos presentes nestas Xornadas. Concluíu con unha frase moi simbolica: “que o galego siga o seu viaxe polo planeta”. O segundo e ter a palabra foi o Secretario xeral da UDC, que fixo unha breve e rápida introdución. A continuación , seguiu o Presidente da Real Academia Galega, o cal nos falou un pouco do termo de Ecoloxía. Dicía que cando era novo a ecoloxía era o estudo do espazo onde unha especie vive loitando pola existencia, e dicir, esa era a visión científica da natureza. Despois nomeou que pasou a se mencionar a palabra hábitat, seguido do conxunto de ideoloxías, suxeitos dotados de dereitos humanos fixéronnos ver a necesidade de protección da natureza, o que conleva a chamada Biodiversidade. Tamén relacionou a Ecoloxía coa lingua, coa cultura…mais ben é certo que as matemáticas son universais, pero a cultura humanística é diversa, e as linguas teñen estas mesmas capacidades, igualdade en dereitos e privilexios. Finalmente, conclúe dicindo que son unas xornadas que prometen moito, que será moi bo xuntoiro, ata fomos testemuñas da confesión de envexa de non pertencer ó grupo. A última persoa, en ter a palabra en este acto inauguración, foi o Secretario Xeral de Política Lingüística
Dicíase que existen grupos que apostan por defender a diversidade, todos estamos dacordo en que debemos loitar pola diversidade, pero el nos dicía que debemos poñernos dacordo en que é o plurilingüísimo e como o imos organizar. Nestas xornadas víronse tres institucións na defensa e promoción do Galego, pero nestas xornadas non so é reflexionar, tamén deixar contribucións de carácter científico. En Galicia sabemos o que é o abandono da lingua materna, temos que reverter esta situación dende a universidade, a organización destas xornadas vai nesta liña.
ResponderEliminarCONFERENCIA INAUGURAL feita por Tove Skutnabb-Kangas, sobre: “Results of growthism and linguistic and ecological homogenisation in education – whose knowledges are valid?”. Esta conferencia tivo tradución simultanea, mediante uns cascos que nos entregaban coa documentación das xornadas; cabe sinalar, que foi una gran labor.
ResponderEliminarEsta conferenciante, xubilada como profesora universitaria, pero que segue a investigar, obtivo unha educación bilingüe, filandés e sueco. Leva máis de 50 anos compromentida polos dereitos lingüísticos de minoría.
Teño que sinalar, que foi moi interesante o tema desta conferencia, pero foi algo difícil para min comprender na súa totalidade, a pesar de ter a un tradutor, porque as veces non entendía ben o que quería dicir. Gustoume que comezase definindo termos tan importantes como:crecemento, homoxenización, globalización, biodiversidade, antropocentrismo, ...
Podo resaltar algunhas citas como:
-"o plurilingüísimo realza a creatividade, e a homoxenización mata a creatividade".
-"as linguas rexionais están relacionadas co atraso, pobreza, inferioridades...".
-"ecolinguismo, acusados por querer conservar as linguas minorizadas".
- http://www.terralingua.org/
Unhas das preguntas que lle fixeron fai referencia a xente que cree na homoxenización, ¿por que estes definen a galegofobia con termos duros? Despois e chegar a comprender a pregunta, xa que ela non falaba español, e tiña unha tradutor para poder facilitarlle a labor, respondeu que era unha pregunta moi xeral, pero que reaccionan así porque queren matar ó mensaxeiro. Puxo o exemplo de si educas a un neno dunha minoría con unha lingua dominante, sen outra alternativa, estas a levar a cabo un xenocidio. o xenocidio causa graves danos físicos e morais para uns membros de grupos minoritarios. EN DEFINITIVA, SE NON EXISTEN ALTERNATIVAS, É XENOCIDIO (Exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos)
Persoalmente tiven a oportunidade de asistir a todas as actividades programadas destas VIII Xornadas sobre lingua e ecoloxía. Polo tanto, gustaríame dar unha valoración moi xeral do ocurrido no primeiro día:
ResponderEliminar1. Tove Skutnabb-Kangas, xa desde o comezo, deu mostra cun conto dunha crítica ao dominio do inglés no mundo actual. Destacar a definición dos termos comentados por Alba, incluíndo tamén a sustentabilidade e a ecoxustiza. Quedaríame coa seguinte frase "Si eres neutral en situacións de inxustiza estás do lado do opresor", é dicir, é necesario actuar para defender a lingua.
2. María López Sández relacionou esa perda da lingua coa perda de recoñecemento e identidade do territorio. Achegou teóricamente a paisaxe e ecoloxía mediante o desenrolo da ecocrítica, unha percepción da paisaxe galega actual e o uso da literatura vencellada á ecoloxía.
3. Teresa Moure destacou que ninguén protexe o que descoñece e, polo tanto, non podemos amar e valorar o que é noso. Polo tanto, debemos fomentar o emprego de prácticas depurativas na lingua para salvar o planeta. Nunca debemos olvidar que a realidade non é obxectiva e pura, cada vez que a construímos temos un acervo común, o lingüístico. Os lingüistas deben estar máis interesados polas linguas da humanidade, non reducindo tanto o seu campo de acción.
4. Anxo Moure relacionou perfectamente a través dos contos a perda do medio ambiente coa lingua. Quédome coa relación perda de árbores, perda do bosque, pouca esperanza do pobo e, finalmente, a consecuente perda da lingua.
5. Ana Isabel Andrade amosa a necesidade de darse conta da pluralidade existente entre as linguas, atendendo ás diversidades. Destacar o exemplo de Goretti cando foi a unha conferencia con outros poñenentes que falaban diversas linguas que non eran inglés e onde se propoñía falar ese idioma únicamente por estar tan globalizado.
No referente o segundo día de exposicións destaco brevemente as aportacións do resto dos poñentes destas Xornadas:
ResponderEliminar1. Isabel Vilalba Seivane denunciou a pouco espazo que ten a biodiversidade no modelo actual, destacou o ecofeminismo en Galicia e a súa comparación con movilizacións noutros lugares, e destacar tamén a figura de autores como Rosalía na importancia de afondar na paisaxe e na terra na nosa literatura, como símbolo de identidade.
2. Carme Junyent defendeu a idea de sustentabilidade, a cal debe levar implícita a responsabilidade de todos por recuperar as linguas que se están a perder. Destacar cómo están o ritmo o que están desaparecendo as linguas na actualidade e o decálogo a seguir para alcanzar un equilibrio no emprego das linguas.
3. Pablo Carpintero demostrou cómo podemos aproveitar moitos dos recursos ambientais (folla de hedra, por exemplo) que temos para xerar sons, ademais de explicarnos cómo facer instrumentos de maneira sinxela con só dedicarlle un pouco de tempo.
4. Na mesa redonda Mabel Rivera ofreceunos unha visión global do que se está a facer na Fundación Galicia Verde, destacando o importante que é aproveitar os nosos recursos para consumir alimentos de calidade. Manuel Gago destacou a enorme importancia de coñecer o que temos, dándolle moito máis valor á cultura que se atopa impregnada no noso territorio.
5. Robert Philipson destacou os factores políticos, económicos e culturais que rompen co equilibrio entre as linguas do mundo, amosando o avance do inglés como lingua dominante co paso do tempo e destacando a súa figura nos sistemas educativos, nas publicacións científicas, nas traduccións...etc.
Na miña opinión estas Xornadas han sido moi interesantes, especialmente as conferencias de Carme Junyet e Robert Philipson, onde puiden comprobar a situación doutras linguas ó marxe do galego. Persoalmente penso que deberían programarse máis actividades deste tipo.
Eloy José Villaverde Caramés
En primeiro lugar, grazas Eloy polos resumes, pois por desgracia non puiden asistir a todas as conferencias. Boa frase esa: "Se eres neutral en situacións de inxustiza, estás ó lado do opresor".
ResponderEliminarEn cánto á conferencia de María Lopez Sandez, dicir que me gustou como enfocou o tema, falando da literatura colonialista e os seus obxectivos e da gran relación que gardan textos como os de Rosalía co concepto que temos de Galiza, concepto bastante romántico que non ten que ver ca paisaxe de hoxe en día, pois onde antes había carballos,soutos, fragas, rios e serras "virxes" agora hai eucaliptais, minicentrais, minas de andalucita e parques eólicos.
Teño que dicir que das conferencias ás que asistín, a que máis me gustou foi a de Teresa Moure. Quedei abraiado tanto co léxico e ca facilidade de palabra que ten, pero sen dúbida o que máis me gustou foi a enerxía e a combatividade do seu discurso, postura que me agrada e comparto. Tamén me gustou que aparecese, aínda que de maneira secundaria, o tema do reintegracionismo, que a pesar de que non concordo con esta postura, paréceme que está chea de prexuizos.
Parabens pola organización destas xornadas. Espero que veñan moitas máis e que poida asistir á totalidade das conferencias na vindeira.