sexta-feira, novembro 18, 2011

Galicia 2098

Quen non ten cabeza ten que andar a estas horas abrindo entradas no caderno dixital!!! Faltaba esta...

19 comentários:

  1. Xa nos esquecíamos desta magnífica curta ao igual que nos esquecemos de que o galego está a morrer cada día, e que se cadra non nos daremos conta até que tan só quede unha persoa que o fale, e deixe de ser persoa para se converter nunha reliquia aos ollos dos castelanfalantes.
    Penso que o máis importante desta curta é que nos traslada a unha situación que de seguir así non queda tan afastada e que nos mentaliza a través dunha situación que a todos nos estremece, malia que no día a día non reparemos nela cando non empregamos a nosa lingua. Penso que imaxinar este triste final para o galego ten que facer que os que queremos a nosa lingua loitemos por non vivirmos un final coma este.
    Tamén quería salientar a situación que está a vivir o protagonista da curta, quen non pode ser comprendido por ninguén, o que lle impide que malia a atopar a algunha persoa que o quixera axudar non poderá por non entender a lingua, o que fai a situación máis devastadora se cabe.
    A solución esta nas nosas mans, falar o galego para evitar unha situación coma esta, que nas grandes urbes xa se está a dar na actualidade, xa que moita xente da cidade cree que esta lingua xa non se fala e miran ás persoas que a falan coma ao protagonista da curta.

    ResponderEliminar
  2. Estou dacordo co que dice claramente o meu compañeiro Simon, resumindo temos que luchar pola NOSA LINGUA, solo nos seremos capaces de que non ocurra unha cousa irreversible como perder o galego. Esta claro que nuns ambitos se debe de luchar máis, levar propostas...sobre todo para incrementalo nas cidades e non ocurra o que lle pasa o protagonista da curta.

    ResponderEliminar
  3. Claro que si, que non nos podemos convertir nunha língua morta, porque seremos pobo morto.
    Se chegamos ao extremo de sermos unha reliquia, pasaremos aos libros de texto de historia; nos acontecerá como o latín, o galego só o estudarán certos lingüistas e historiadores.
    É ese o futuro que queremos para algo tan noso e con tanto valor como é o idioma? Neste intre non só deberiamos reflexionar cara nós mesmos, senón tamén cara o noso círculo social e familiar.
    Creo que a raíz desta situación, do conflicto lingüístico é en parte polo auto-odio, non lle podemos botar a culpa sempre ao de fora sen facer autocrítica.
    Como dixo no seu día Jordi Pujol "Em de fer país", que aplicado ao noso contexto o que deberiamos de facer é querernos máis, loitar polo noso sen desprezar ao resto, valorar o que nos pertence.
    Que nunca chegemos ao museo de historia e menos aínda pola nosa propia culpa. Sexamos responsable e pensemos nos nosos devandeiros e nos que están por chegar. Qué legado lles queremos deixar?

    ResponderEliminar
  4. Porsupostísmo que non podemos deixar morrer esta lingua aquí, iso sería como deixar morrer unha parte de nós, perténcelle a nosa identidade. E nembargante, aínda foi hoxe cando tiven que escoitar nun curso en A Coruña, composto por persoas de uns corenta anos e co tema das eleccións a voltas, que non querían que os seus fillos estudaran as materias no colexio en galego, porque con esa lingua non chegarían a ningures. Aínda me doe a cabeza do fato de barbaridades coas que tivemos que litigar outra compañeira mais eu. Sí, triste a situación na que de doce persoas só duas apoiábamos a nosa lingua, e máis triste todavía é, que se estas persoas facían eses comentarios alí, non quero nin imaxinar as atrocidades que lles estarán a contar aos seus fillos.
    Mais eu só espero, que polo noso ben, esta curtametraxe non se cumpla. Moi triste sería que os galegos do futuro terminen acudindo aos museos para coñecer a lingua de Galicia.

    ResponderEliminar
  5. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  6. A min este curto foi o que máis me impactou, estaba a velo na clase cos pelos de punta e unha sensación de tristura.
    Pacéceme moi directo e agresivo sobre todo para a xente Gagela. É moi duro pensar que iso poida ocorrer coa nosa lingua.

    Cando cheguei a miña casa amoseíllelo a miña mai e quedou coma se nada. Non lle deu a maior importancia ¡non mo podía crer¡

    María Rey Vila

    ResponderEliminar
  7. Creo que o video representa dunha maneira excesivamente drástica a situación do galego no futuro "próximo". Se ben é certo que tódolos días morren linguas tamén o é que que o galego está no posto 160 máis ou menos dentro das 200 linguas que teñen máis de 1.000.000 de habitantes polo que poderiamos decir que se trata dunha lingua maioritaria.
    O problema que eu atopo e que o 85% dos galegofalantes son persoas maiores, e por iso creo que depende de nós, as persoas xóves, que o galego non morra.

    Antonio Márquez Blanco

    ResponderEliminar
  8. ...o que non ten cabeza ten pes...

    Non creo que sexa para nada a situación do galego nun futuro. A verdade, e repetindo o que di María, foi un vídeo moi impactante, pódese dicir que dos máis me chamou a atención. Ver como ese home encerrado, sen que ninguén lle axude a sobrevivir...é o peor, é que ven como está a morrer...
    Para a miña opinión, demasiado exaxerado para comparar co galego!
    esperemos que non pase iso!

    ResponderEliminar
  9. Como ben di Antonio o galego atópase entre as linguas que teñen máis de 1.000.000 de habitantes. Pero a cuestión é canto tempo estaremos nesta situación.

    Persoalmente esta curta é moi interesante, as veces é mellor manifestar o que queremos reivindicandoo dunha forma directa, sen adarnos con rodeos. Esta é unha forma de ver con claridade o que pode pasar nun futuro se non defendemos a lingua, e polo tanto o noso símbolo de identidade e de transmisión cultural.

    O que si que non debemos facer nunca é pensar que isto sucederá nun futuro moi distante, non nos equivoquemos. A defensa da lingua empeza por nós, neste momento, e canto máis tardemos en comprendelo máis dano estaremos a facer ó idioma.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  10. Foi quizais a curta máis agresiva e impactante das que levamos vistas ata o momento. Arrepía a caracterización do galego; illado, marxinado, maltratado, carente dunha man que o saque desa terrible situación.

    Transmite unha agonía extrema, unha imperiosa necesidade de axuda que sufoca bastante. É un sentimento que nos impulsa a facer algo, agora ou nunca.

    Imos deixar que morra así? Está nas nosas mans que non se cumpran as profecías…

    Antón Varela Magariños

    ResponderEliminar
  11. Lendo os comentarios dos meus compañeiros vexo que o obxetivo da curta cumpriuse en todos nós, decatarnos do importante que é loitar pola conservación da nosa lingua, parte imprescindible da nosa cultura, fomentando o uso do galego pola xente nova sobretodo, que somos o futuro da sociedade e de nós depende, xa que áinda por riba somos os que menos o falamos.

    ResponderEliminar
  12. O peor de todo e que dende o meu punto de vista quizais non faga falta esperar ata o 2098 ,se non que como esta situación non de volta e posible que se dea moito antes. Sobretodo entre a xente xove!

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  13. De nós depende que as profecías sobre o galego non cheguen a ser realidade. Este é o momento de reaccionar, eu tamén son das que penso que aínda estamos moi afastados da situación que amosan no vídeo, de todas formas, é ahora cando temos que evitalo, e non darnos conta cando sexa demasiado tarde.

    Os castelofalantes non o podían creer, facían cola para ver algo que crían increíble, considerando "unha obra de arte", "unha reliquia", algo que tiveron o alcance das súas mans os seus antepasados, pero que simplemente non o valoraron.

    Defendamos a nosa lingua, a nosa cultura, e que non teña que desaparecer para empezar a ser valorada.

    É fermoso ter a nosa propia lingua, démoslle a importancia que ten ahora, e non cande sexa demasiado tarde.

    ResponderEliminar
  14. Sorprendeume moito este video!! Por un lado por ver o protagonista Xoan... Un dos meus compañeiros no equipo de baloncesto de Noia jajajja e por outro lado, polo impactante que me resultou, xa que estremeceume pensar que só unha persona continúe a falar a nosa lingua.
    Unha habitación en branco e só unha persoa que encarna a nosa lingua, repetindo reiteradamente se me vas deixar morrer?? buffff

    O galego non é historia, senon que é presente... A sensivilización da xente e o uso en diferentes ámbitos será a salvación para que unha lingua tan fermosa como o é a nosa, perdure no tempo... de ahí que recorde unha frase que se soe utilizar para diferentes cousas: "Non nos damos de conta do que temos ate que o perdemos"...

    ResponderEliminar
  15. A verdade é que é unha curta bastante extrema, pero que realmente se seguimos nesta liña e cunha actitude tan pasota de cara á nosa lingua, remateremos así.

    Temos que ver o galego como algo nóso, ¿de verdade que a alguén lle gostaría que o galego fose "peza de museo"? Eu espero e desexo que non e para iso temos que mantela nós mesmos, ninguén o vai facer por nós.

    ResponderEliminar
  16. A min tamen fui unha curta que me impactou pero tamén creo que o galego está moi lonxe de chegar a este extremo como lles paso a lingua bo que aparece noutra entrada do blog.
    E unha curta moi interesante para que provoque o efecto que nos creou a maioria da clase (que considero que e o obxetivo da curta).
    Como comentei noutra entrada, esta moi ben que busquen o impacto de pensar en que a lingua morre pero hai que traballar en mais aspectos para lograr que esta curta non poida suceder nunca

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar
  17. Esquecíame comentar esta curtametraxe de Edu Lavandeira, que foi a que máis me impactou de tódalas curtas que vimos na asignatura.
    A fin desta curta é precisamente iso, impactar, para que nos deamos conta do perigo que podería ter o galego e chegar a desaparecer se non se fan máis medidas de concienciación para o uso desta lingua.
    Esta nas nosas mans non permitir que isto suceda xamais. Hai que intervir no sistema educativo, para que aumente o número de galego-falantes entre a xente nova, e así pois evitar unha catástrofe.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  18. Decir que este vídeo que vimos en clase me gustó bastante. Se intenta comparar la historia de ese chico ahi encerrado y muriéndose, con la situación actual del gallego. Creo que es un poco extremistra la comparación, pero a la vez creo que ha sido una buena manera para hacerte pensar y reflexionar. En mi caso yo no soy Gallego, soy Asturiano y allí la llingua Asturiana está bastante más muerta que el gallego, por eso no me he sentido tan identificado como seguramente le ha ocurrido al resto de mis compañeros, pero la verdad que es muy impactante y que se puede extrapolar y comparar con cualquier otro idioma. No sólo ocurre con el gallego, sino con muchas más lenguas minoritarias.
    Por último mencionar que me pareció un corto bastante bueno y de bastante calidad... con efectos especiales, buena calidad de imagen...si señor muy bien...
    Un poco angustiosa la escena del chico preguntando repetidamente si le iban a dejar morir allí y así, sin hacer nada...

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar
  19. Xa non me acordaba desta curta vista na sesión teórica!!
    A min o principio pareceume un pouco lenta e extraña, pero iso o que fai é que o impacto que se busca máis adiante seña moito maior. É unha mensaxe directa, agresiva e que di claramente a quen está dirixida. Pódese extrapolar á situación doutras linguas, pero a mensaxe sempre é a mesma.

    Non deixemos morrer a nosa lingua, non perdamos o que nos identifica, a nosa cultura, e o que en definitiva, nos fai ser galegos.

    ResponderEliminar