quarta-feira, novembro 16, 2011

A rede continúa...

Un novo documental, Fronteiras, que xulgades interesante difundir, sobre a falta de coincidencia entre fronteiras político-administrativas e lingüísticas:

http://video.google.es/videoplay?docid=8384521364641041210#

7 comentários:

  1. Moi interesante o documental! A verdade que o das fronteiras é unha cuestión complicada e que se pode abordar dende diversos eidos(histórico, cultural, político...), pero dende a miña opinión as delimitacións dos territorios das actuais comunidades autónomas non se correponde ca súa influencia cultural polo que para min é un erro, pois non só pasa en Galiza.

    Por outra banda engadir que tamén nalgúns concellos do val do Jálama (Cáceres) existe esta mesma problemática, xa que alí tamén se fala unha variedade dialectal moi semellante ó galego.

    Moi bo o apunte da señora de Ibias que falaba en galega cando foi para A Coruña e alí ríanse dela por ese feito. "Fixate ti! os propios galegos se burlaban de min por falar en galego!".

    ResponderEliminar
  2. O documental reflicte tanto a convivencia cultural coma as polémicas que xorden desta situación de encrucillada de camiños que viven diversas rexións limítrofes a Galicia. Así como no Bierzo e nas Portelas, o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflito prodúcese en Asturias, onde a Academia da Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego. Onde remata o galego e onde comeza o asturiano?

    As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia…

    Persoalmente quedo cunha cousa moi certa: Na realidade non existen as liñas que aparecen nos mapas. O mundo non cambia de branco a negro ao cruzar unha raia, senón que hai amplas bandas de transición, que deben ser contempladas con naturalidade, defendendo o dereito dos seus habitantes a facer uso da súa liberdade.

    Tal e como dicía Castelao: «Ás palabras, como os paxaros, voan sobre as fronteiras políticas».

    ResponderEliminar
  3. Cando vin este documental non puiden evitar facerme a seguinte cuestión: De verdade a delimitación do territorio ten que marcar tan significativamente o emprego dunha lingua sobre outra?

    Persoalmente eu creo que isto non debe ser así. Estou dacordo coas persoas que falaban nas bodegas de Ibias ó final do vídeo, especialmente coa súa conclusión final: "Aquí ves a tomar uns viños, a pasalo ben, a tocar a gaita e non hai máis polémica", indepentemente de se eres galego ou asturiano.

    Non nos olvidemos de que a supervivencia das linguas está no respeto que teñamos hacia elas non só os propios falantes, senón tamén os demais. Senón aprendemos a convivir aceptando as nosas diferencias como algo enriquecedor nunca seremos capaces de sobrepasar unhas fronteiras que, co paso do tempo, dificultan cada vez máis o correcto desenrolo do idioma.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  4. Galiza irredenta: é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que na actualidade se atopan fóra das fronteiras de Galicia, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Vencellados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galicia, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación na propia Galicia.
    Creo que a problemática con Asturias é basicamente política. As polémicas entre partidos políticos e institucións galegas e asturianas teñen un fronte, a posibilidade de que a xunta de Galicia tutele a educación no galego-asturiano no occidente de Asturias, entendendo aquel como dialecto do galego, e os propósitos interpretados como anexionistas do nacionalismo galego. No vídeo vese cando falan dese afán expansionista, pero non creo que en ningún momento o BNG quixera colonizar o occidente asturiano. Entre o occidente de Asturias e Galicia hai una proximidade cultural ou lingüística, similar o que poida existir con outros municipios, é moi complicado trazar una liña imaxinaria, dividir e obrigar ou implantar una lingua cerrada, creo que cada un é libre de elixir que falar.
    Penso que é un tema moi compricado de tratar, e que depende de diversos ámbitos, como ben dixo Iago.

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente recomendei este documental posto que eu vivín dende sempre esta situación de anormalidade co idioma ao seren parte da miña familia de León e ter a moitos no Bierzo.
    Como comentaron varios compañeiros e compañeiras o problema é maiormente político, posto que está máis que claro que a xente desa comarca en concreto fala o galego (ca súa variante dialectal) con plena normalidade, mais non dispoñen de certos dereitos dos que si deberían de gozar como galegofalantes, como un ensino optativo do idioma nas escolas (que pouco a pouco estase a implantar), a plena difusión da RTVGA (só nalgúns pobos limítrofes se collía a sinal decentemente, mais agora ca TDT non sei moi ben como está a situación), poder presentar papeis administrativos no idioma, non formar parte da vida cultural en galego... en fin, moitos dereitos dos que se ven privados por non recoñecer a súa C.A. o seu idioma. E penso que, tras ver este documental, a situación na franxa Navia-Eu é máis complicada aínda novamente por cuestións políticas, algo que verdadeiramente me parece vergoñento.
    Se tomasemos exemplo doutros países que teñen este tema máis que superado, como Suíza e os idiomas cantonais, francés, italiano e alemán, e nos deixasemos de reindivicacións territoriais, abrazasemos a multiculturalidade e a diversidade lingüística, canto progresariamos como sociedade.
    Se un dos nosos maiores ilustrados escritores en galego, Frei Martín Sarmiento, era natural do Bierzo, como non van formar parte a súa xente da nosa historia?

    ResponderEliminar
  6. Despois de ver este documental, eu quédome coa frase do presidente da Real Academia Galega "hai xente que confunde división territorial con división cultural, e iso é un disparate”, cando comentaba a carta que lles enviaron da Academia da Llingua Asturiana acusándolles de entrometerse noutras culturas.
    O galego é propio de Galicia, e é lóxico que se influencien del a xente dos territorios limítrofes, pois convivien inevitablemente con ela, e vexo unha tontería que non se recoñeza como tal e se lle queira poñer outro nome e dicir que iso non é galego, claro que sí, é galego falado por xente que vive fora das fronteiras de Galicia. E isto é algo que ocorre en tódalas fronteiras do mundo onde ó territorio se lle atribúe unha lingua, polo que non lle vexo sentido tanta polémica e polo que, como di o meu compañeiro Eloy, tamén estou deacordo coa conclusión das persoas que dicían na bodega de Ibias: "aquí ves a tomar uns viños, a pasalo ben, a tocar a gaita e non hai máis polémica".
    Vive, deixa vivir, e que cada un fale como queira, sempre que o faga dende o respeto.

    ResponderEliminar
  7. O documental está cheo de opinións, e a verdade, vou falar das que me tocan a min na médula porque son da Mezquita, como moitos sabedes ben, gustame dar publicidade da miña terra. Para os que non o saiban, fai límite administrativo con Portugal, coa Freguesía de Muimenta, da Cámara Municipal de Vinhais, e logo, fai límite con Hermisende(os dous homes que saen no documental), Lubian e Villanueva de la Sierra. Estes tres Concellos, pertencen administrativamente a Zamora, pero cuando miña mai estudiaba, viñan ata de Pías e Porto o colexio da Mezquita. Neses Concellos, sintense galegos, e os meus amigos de ahí, a min, fálanme en galego, e dicen que queren pertencer a Galicia. O que si non entendo, e o home de Hermisende, que renega de Galicia, quen é. Eu teño familia que vive en Castromil Castellano (si un pobo separado por un político pero unido de por sí, que aprobeitan a división administrativa para celebrar as cousas duas veces, ajajaa) e alí falan todos en galego.
    O galego de esa zona, e unha auténtica fonte para os linguistas, da que hai poucos estudos. Cada pobo dos concellos de Lubián, Vilanova (que é como lle chamamos alí) e Hermisende, falan un galego diferente, e de feito, eu distingo por como falan de que pueblo son.
    Alí convivimos todos en harmonía e paz, defendendo o propio e respetando o xeneral imposto polo centrismo político. Os concellos e a xuventude organizamos cousas en común, e a separación dos portugueses-castellanos-galegos de alí, non pensamos a que lugar ou rexion pertencemos, senon que apoiamos a singularidade que somos.
    Esta última opinión ben a ensina o señor do bigote, dicindo con moito humor e razón: "Non hay xente mais tonta que a castellana, cago na puta, aunque sean estudiados.Nos aiqui sin ir a escuela dominamos tres idiomas,cago na puta (cago na puta (e o me cagoendios galego no Ayuntamiento de Hermisende)), e podemolos falar." O outro respondelle: " Si, porque se nos preguntan como se escribe..."

    Concordo coa opinión de Antón, e respondo que as zonas de transición, son as menos radicais con eses temas, polo menos donde eu vivo. Lubián de feito, coa iniciativa do seu alcalde e apoiado cos veciños, e un Concello no que o galego e o seu idioma preferente apoiado con iniciativas como o festival de verán (5 ou 6 de agosto), Folk nas Portelas, donde asistiron xa grupos galegos de primeiro nivel como por exemplo Luar na Lubre e Milladoiro.

    ResponderEliminar