terça-feira, novembro 01, 2011

Análise comparativa dos decretos

http://www.coordinadoraendl.org/doc/NEGOPINA_NOVO.pdf

6 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. A frase que resume a evolución dos decretos o longo dos anos é a seguinte: “mentres o de 1995 citaba claramente o termo “normalización lingüística”, o de 2007 vixente fala de “promoción do galego” e a proposta comentada abandona ambos os termos para falar de “plurilingüismo”.
    Pasamos de normalizar a nosa lingua, de promovela, a poñela a altura do inglés (unha lingua moi importante pero que non é oficial en Galicia); A situación do galego empeorou nos últimos anos, sen embargo cada vez está menos respaldada polos decretos. Non é isto unha contradicción?

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  3. Os tres decretos parecéronme moi similares. Cada vez que lía una liña parecíame que xa a había lido no decreto anterior.

    Expoñerei os puntos que me pareceron máis imporantes por se repetiren nos decretos e algunhas das opinións que obtiben tras leelos.

    Puntos que penso que están en común nos tres decretos ainda que poden ter algunha variación:

    1.A Lingua Propia de Galicia é o galego. Parece que en tódolos decretos o teñen que volver a dicir por si non quedou claro.
    2.Implantación de hábitos lingüísticos a prol do Galego mediante o ensino.
    3.Tódolos Decreos fan referencia á lei de normalización lingüística de 1983 que busca o punto 2.
    4.O Dereito de que tólodos nenos reciban no primerio ensino en lingua materna tendo en conta a lingua ambiental e buscarán ademais o coñecemento tanto oral como escrito da outra lingua oficial de Galicia (no decreto 79/2010 amplíase este tema indicando que se fixo una enquisa para que as familias poideran opinar sobre a ultilización das linguas en Galicia). Paréceme un tema moi complicado meter á familia en temas de programación educativa.
    5.Ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística dos dous idiomas oficiais.
    6.A lingua Galega debe utilizarse nas administracións, entidades públicas e privadas, nos documentos Administrativos da Consellería de Educación, nas súas delegación, nas actas, comunicados, anuncios …
    7.Ofertan cursos de Galgeo para o persoal da Administración. Penso que no decreto 147/1995 ofértano voluntariamente e no 124/2007 é obrigatorio para os funcionarios en prácticas. Se é así eu pensó que é moi boa idea que sexa un requisito obligatorio.
    8.As ensinazas de réxime xeral de educación das persoas adultas busca ter as mesmas horas nas dúa linguas vehiculares (galego e castelá)
    9.Marcan qué asignaturas se deben dar nunha ou noutra lingua (aínda que cada decreto as modifica dependendo de se estamos en primaria, secundaria, bacharelato, ou fp)
    10.A inspección educativa é a encargada de velar polo cumplimento (casi nunca fixo o seu traballo)

    Outros datos relacionados coa materia dada na clase:
    1995 marcaba o mímino que había que dar en Galego 33%. De maneira sistemática o decreto non se cumpriu por falta de inspección
    2004 Plan Xeral de normalización da lingua Galega (ao que se fai referencia a partires de decreto de 2007) aprobado por unanimidade. Como mínimo ten que ser o 50% a lingua galega. Busca que os nenos coñezan dende ben pequeños a lingua Galega.
    2007 Decreto para o uso do Galego. O 50% das materias se teñen que dar en galego. En educación infantil vai ser na lingua materna e un 33% na outra lingua.
    O que buscaba era un reequilibrio das linguas.
    Penso que mira tamén pola educación nas universidades.
    2010 As bases para o decreto do plurilingüismo din que o 33% de cada lingua (castelá, falego e lingua extranxeira) pero foron modificadas no decreto xa que debe haber un equilibrio entre as materias galega e castelá. Se marca por primeira vez cales son as materias que se deben dar en castelá e cales en galego e los go se premiará e se fomentará que se faga una terceira lengua extranxeira.

    María Rey Vila

    ResponderEliminar
  4. Como xa comentamos na clase e como ben comenta Nova Escola Galega estase a producir unha dexeneración evidente no trato do galego por parte dos estamentos públicos e que se pode observar botando unha ollada ao decreto 247/1995 e posteriormente o decreto 79/2010. Como ben di Nova Escola Galega e tamén o meu compañeiro Lois, a diferenza xa é evidente tan só con ler os nomes dos decretos, pasando da Normalización ao Plurilingüismo.
    Penso que o decreto 79/2010 atenta gravemente contra unha lingua minorizada como é o caso do galego, e para iso emprega argumentos como a necesidade de aprender inglés ou as preferencias dos pais dos alumnos, que me parece un xeito ben doado de manipular para obter lexitimidade.
    Ademais, coa axuda dunha terminoloxía pouco inocente, o decreto para o plurilingüismo tenta eliminar da administración o uso do galego, o que é un elemento necesario para a formalización dunha forma culta, na miña opinión. Porén, o que me parece máis grave é a implantación dunha lingua non oficial, e que non se persegue realmente o plurilingüismo, senón o plurilingüismo unicamente en inglés, co que vemos que mesmo no título do decreto xa nos están a mentir.
    Así pois, co paso dos anos as leis fóronse esquecendo da normalización do idioma e mesmo foron en contra do que di a Carta Europea de linguas rexionais e que fora aprobada polo parlamento español. O termo normalización até se elimina dos tradicionais equipos de normalización da lingua galega, para pasaren a chamarse de dinamización da lingua galega.
    Doutra banda, tamén me gustaría comentar como xa fixemos na clase a asociación que se fai con este último decreto da lingua castelá ás ciencias, que a dotan dun maior prestixio fronte ao galego e tamén dunha maioría do estudantado, co que tamén empeorou a situación con respectos ao anteriores decretos, nos que isto non pasaba.
    Así pois, pódese observar claramente que co paso dos anos al leis esquecen a defensa do galego, que é a lingua propia de Galicia, como di o noso Estatuto de Autonomía, co que estamos a perder algo que é da nosa propiedade.

    ResponderEliminar
  5. Galego en decacencia, ainda que segue sendo lingua maioritaria cada vez esta sendo mais minorizada a favor doutras como o castelaa ou o inglés. Isto reflictese nos novo decreto para o plurilinguismo. Penso que isto e debido, principalmente a que dende os cargos públicos e políticos vese ao Galego como una lingua “inútil” para a evolución da sociedade e a única forma de verse ao mesno nivel que o resto de españois e do mundo é comezar a falar nunha lingua estándar e de prestixio, como xa mencionei antes, o castela ou o ingles principalmente. Todo isto que eu comento vese moi ben na frase que comentou Lois arriba: “...A frase que resume a evolución dos decretos o longo dos anos é a seguinte: “mentres o de 1995 citaba claramente o termo “normalización lingüística”, o de 2007 vixente fala de “promoción do galego” e a proposta comentada abandona ambos os termos para falar de “plurilingüismo...”

    ResponderEliminar
  6. A evolución dos decretos atendendo a téminos lingüisticos, pasouse dunha situación onde se procuraba a normalización lingüística, pasando por unha promoción do galego ata chegar a situación actual onde a proposta predominante é o plurilingüismo.
    Como se pode ver, a situación foi cambiando e non se pode decir que a mellor, xa que en vez de normalizar algo tan noso como o é o idioma que temos, os altos cargos políticos, están a potenciar unha terceira lingua como o é, en este caso, o Inglés. Votando, así, abaixo todas as iniciativas e leyes anteriores que impulsaron o uso do galego cara unha normalización lingüística, como o foron a Lei de Normalización Lingüística (1983), onde se apostaba por un uso progresivo do galego, incrementándose co tempo, a Carta Europea de linguas rexionais ou minoritarias, que se aprobou por maioría no Parlamento Español, ou o Pan Xeral de Normlaización da Lingua Galega (2004) onde en Idade Infantil, o nesos tiñan que desarrollar competencias orales e escritas do Galego.
    Esta situación non se debe consentir xa que o novo Decreto atenta e contradice leyes de rango superior, como son a Contitución, o Estatuto de Autonomía e a mencionada anteriormente, Carta Europea.

    Deste xeito estase a relegar do Galego, para que o Inglés, unha lingua extranxeira, que os mercados e a febre por a Globalización mundial que estamos a sufrir, nos impida comunirmos na nosa lingua, como debéramos, co consentimento dos altos cargos políticos.

    Pero claro, falar Inglés, "is fantastic" es way osea... "unha moda"... A min o que realmente me fastidia e que para poder cursar este master de porfesorado... tiñamos que pagar 125€ por obter un título denominado B1, que non é máis que un "papel para envolver chourizos"... sen ter moitos máis coñecementos de Inglés... e que neste Mestrado non vexamos nada de Inglés.

    http://www.youtube.com/watch?v=sUYBKSm9Si4

    Ademáis disto, e recordando o que se dixo unha vez en clase, de que a lingua é un instrumento de poder, e ben é así cando o antigo "Equipo de Normalización Lingüística" agora se lle denomine "Equipo de dinamización Lingüística".
    Bueno con todo isto, non hai que ser moi listo para saber que o galego vese afectado en canto o número de horas dedicadas ó seu uso, e que os profesores non van a ter a fomación necesaria como para impartir unha clase, que non é a de Lingua Extranxeira, en Inglés.

    Para finalizar, decir que cando un profesor sinte seguranza na sua fala e comodidade, como para explicar e facerse entender en Galego, vaino facer, así como o fan os castelán falantes expresándose en castelán mentres que os apuntamentos e os documentos os teñen en Galego, xa que é un requisito dende a Administración. Debemos defender a nosa lingua por riba de todo.

    ResponderEliminar