terça-feira, novembro 08, 2011

Unha mostra de actividades que custan pouco... diñeiro e que supoñen participación e compromiso

http://vimeo.com/31535420

22 comentários:

  1. Con enlace e todo para aprender a letra...jeje!!
    A verdade, actividade moi interesante e sobre todo, significativa...gran labor a deste colexio de Cea, que ademais aproveita para promocionar uns dos seus manxares tan típicos de Galicia. Gustoume moito o vídeo.

    ResponderEliminar
  2. Unha iniciativa ben orixinal a deste colexio. A letra é pegadiza, e ata teñen a versión karaoke. Ademáis, non soamente participan os máis cativos, cousa que normalmente fanse como "xogos" para eles.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  3. Moi orixinal e á vez importante, xa que como vemos no vídeo están implicados na actividade rapaces e rapazas de tódalas idades.

    ResponderEliminar
  4. unha boa forma de incentivar o uso do galego ademais de facer unha promoción dun producto propio da zona.
    Miguel fernández garcía

    ResponderEliminar
  5. Bravo polo traballo que leva detras esta actividade.

    ResponderEliminar
  6. moi bó o lipdub,maneira moi orixinal de reivindicar o galego onde como xa dixo algún compañeiro, mostrase que se procura inculcar o galego na socidade dende etapas ben tempranas.
    P.D.: Grande siniestro total!!o rock and roll galego é o que máis presta

    ResponderEliminar
  7. Un exemplo, en toda regra, dun aprendizaxe significativo en beneficio da nosa lingua. Os nenos saen da aula, participan activamente e sobre todo cantan, en galego iso si. É curioso ver como desde os máis cativos até os alumnos da E.S.O. involúcranse conxuntamente para esta iniciativa.

    Na miña opinión, resulta moito máis efectivo que moitas campañas de divulgación ou medidas informativas que pasan, sen pena nin gloria, pola nosa memoria. Con seguridade, estes nenos recordarán con agarimo anos máis tarde como participaron nun proxecto como este a prol do galego.

    ResponderEliminar
  8. Sen dúbida un dos mellores videos de promoción da nósa lingua ou canto menos, o máis emotivo. Paréceme unha iniciativa por parte do mestrado dese centro, realmente digna de admirar.

    É admirable o compromiso de todos eses nenos e nenas, rapaces e rapazas... que como ben dixo Antón, sempre que escoiten esa canción de Siniestro Total viralles á cabeza todo o que significa a lingua galega e os grandes momentos que estou convencido que pasaron grabando o videoclip.

    ResponderEliminar
  9. Muy original esta iniciativa! Un 10 para los organizadores, para los alumnos/cantantes, para los profesores y para todos aquellos que hayan hecho posible esto...
    Creo que es una forma distinta de mantener vivo el gallego y sobre todo muy entretenida para los cahavales. Estoy seguro de que además de estar realizando una gran labor, se lo han pasado en grande cantando y grabando el video.
    Ademas creo que la elección del tema ha sido fantastica. Una cancion mitica, pegadiza y con pegada ante el publico ya que en mi opinion, tanto la versión original de Sweet Home Alabama como la version de Siniestro Total de Miña Terra Galega son dos temazos!!!
    Bravo por el Colegio de Cea y Bravo por "Minha Lingua Galega!!!
    Me ha gustado mucho el video. Me ha entretenido, es divertido y encima se me ha pegado la cancion!!! :D
    Diego Miguélez

    ResponderEliminar
  10. Impresionante! Gustoume moitísimo. Dende logo está claro que a base é o esforzo e o compromiso de todos. Ista se é unha verdadeira actividade e non os magostos...en fin.

    ResponderEliminar
  11. Mentes creativas de Cea, grazas por este gran anaco que nos fixéstedes pasar.
    Só lle atopo un problema, que nos teñamos que enterar na clase destas iniciativas e que non estén máis presentes na rúa. As altas esferas da normalización lingüística poderían dar a coñecer iniciativas como esta de diversas maneiras e sempre en beneficio da nosa lingua, só fai falla que ás persoas con inxenio se lles deixe que desenvolvan o seu traballo e, logo, sacalo á rúa a pasear.

    ResponderEliminar
  12. A verdade é que en canto lin os versos tan orixinais, imaxinei a toda a clase verrando a letra por todo o alto! Pense que realmente é unha forma de traballar a nosa lingua e dame moita pena pensar que no meu colexio non tivemos a oportunidade de facer este tipo de actividades tan divertidas e enriquecedoras para todos.

    ResponderEliminar
  13. ¡Encantoume o vídeo! É un exemplo do que se pode acadar cando se xunta o esforzo de moitos e se encamiña ó redor dun mesmo obxectivo.

    É de obrigado cumplimento, felicitar ós profesores/as (Panadeiros) que fixeron posible esta iniciativa tan emotiva. Máis non queda só neso, tamén penso que derivou nun aprendizaxe moi significativo para tódolos rapaces e rapazas que, como se ve no vídeo, implicáronse de xeito exemplar.

    Para rematar, subliñar a frase que di "pero bótase de menos en outros moitos sitios máis". Facía referencia a que encontramos o galego na literatura, na radio e na televisión... máis debería estar presente en tódolos ámbitos e a todas horas.

    Así e todo, esta e outras iniciativos teñen como obxectivo que os individuos se pregunten a nivel persoal: "que podo facer eu para mellorar a situación do galego?"

    Cantos máis respondan: "Teño que comezar a falalo eu a cotío", mellor será a situación do galego.

    ResponderEliminar
  14. Esta interesante actividade foi subida por Goretti o día 8 de Novembro, mais eu deixando aquí o meu comentario a día 15 de Novembro, podo dicir que este vídeo está a traspasar fronteiras. Eu xa tiña constancia del ao ser emitido pola canle galega, na que ademais do vídeo lle seguían entrevistas aos colaboradores e produtores, dos que orgullosos xa comentaban que incluso colexios americanos os están a chamar para pedirlles permiso para utilizar este vídeo no seu propio colexio.
    Polo demais, é unha iniciativa perfecta para incentivar a nosa lingua, capaz de acaparar máis miradas que calquera outra campaña, como xa o está a facer, e na que o simple esforzo de todos os que nel participan resulta ser o seu custo económico.

    ResponderEliminar
  15. Pareceme unha idea moi orixinal, un video que demostra que coa colaboración de todos se pode chegar a facer cousas así, tan impactantes e á vez transmitindo unha mensaxe moi enriquecedora, promovendo a nosa lingua, a nosa cultura e ademais, un producto tan típico da zona.
    Estou seguro de que os rapaces o pasaron en grande realizando esta actividade, para moitos deles debeu ser moi especial poder participar neste video.
    Por último a música, ¡que temazo escolleron!, das miñas preferidas. Gustoume moito o vídeo

    ResponderEliminar
  16. Encantoume o vídeo, unha idea estupenda!! Moito traballo tanto por parte dos mestres, como os alumnos; e atreveríame a dicir que por parte dos pais tamén. Esto demostra un colexio unido, onde se xuntan nenos dende infantil ata rapaces mozos, e mestres e mestras colaboran para promover a nosa lingua co famoso pan de Cea (moi rico, por certo).

    Pareceume moi interesante, os nenos estarían encantados, aprenden a traballar en grupo dende moi novos, versionando unha das cancións máis coñecidas da historia en galego!! Dándolle desta forma a importancia que se merece.

    Estou segura de que os rapaces ó chegar a casa foi o primeiro que contaron, sentíronse famosos por un día!
    Felicitacións ós mestres, e ós rapaces por suposto, bo traballo!

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  17. Teño a sorte de coñecer a algún dos profesores que tiveron esta idea e pódovos dicir que o vídeo supuxo un gran esforzo, pero conseguiron implicar a tódolos alumnos do centro e incluso aos pais da ANPA.
    Ademais este centro impulsa moitas outras iniciativas de dinamización da lingua galega, mediante accións divertidas que provocan a implicación de todo o alumnado.
    Desde logo, penso que é todo un exemplo para os demais colexios de Galiza, xa que neste caso o esforzo supuxo un recoñecemento (incluso a nivel internacional), ademais de supoñer unha forma de publicitar un producto tan maravilloso como o pan de Cea.

    Adrián Levoso Fernández

    ResponderEliminar
  18. A cerca de incentivar o uso do galego e motivar á xente para que o falase fixéronse moitas cousas, pero creo que é necesario innovar para que a xente vexa que unha lingua tamén evoluciona.

    É importante que, dende os máis nenos ós máis maoires, se fagan iniciativas deste tipo, pois aínda que o estudio dun idioma require abarcar coñecementos de historia e literatura entre outros, tamén se pode facer dun xeito máis distendido, o cal terá seguramente unha boa acollida polos máis xoves.

    Iván Souto Díaz.

    ResponderEliminar
  19. Vídeo moi orixinal que amosa todo o que se pode facer por defender a lingua e promovela ós demais, sen necesidade de precisar de moito diñeiro nin moitos avances en canto a tecnoloxía se refire; o verdadeiramente importante é o interese de profesores e alumnado por transmitir á sociedade a importancia da lingua.

    Penso que deberían existir moitas máis iniciativas deste tipo, desta forma os alumnos poden ter a oportunidade de sentirse máis útiles na loita por unha presenza máis notable do galego no nosos días.

    Ademais considero imprescindible tratar o tema do idioma coas persoas máis xoves, eles serán os que teñan un papel fundamental no futuro, transmitindo eses mesmos valores de identidade e cultura do galego a posteriores xeracións.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  20. Moi bo video!! Gustoume moito ver como nenos e nenas participaron en equipo para sacar adiante este orixinal e divertido proxesto!!!
    Porque falar e cantar en galego tamen é divertido ¡¡¡si señor!!!

    Como dixo o meu compañeiro Martín Otero: "pero bótase de menos en outros moitos sitios máis". hay que seguir loitando para que o galego perdure no tempo como idioma propio que é. Facendo de el a nosa lingua vehicular en tódalos ámbitos.
    Parabéns

    ResponderEliminar
  21. Un trabajo espectacular hasta te invita a cantar. Ahí nos damos cuenta de la variedad de actividades que se pueden realizar simplemente con tener un poco de iniciativa y ganas de trabajar. Aprendizaje significativo!!Totalmente de acuerdo con Antón!
    Se deberían llevar a cabo muchas iniciativas como estas donde los alumnos puedan vivenciar los beneficios su lengua, la lengua gallega.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar
  22. Bastante divertido o vídeo e cunha canción bastante coñecida. Gustoume moito, e a labor para poder facer participe a todos eses alumnos debeu ser bastante dura.

    Moi divertido.

    ResponderEliminar