terça-feira, novembro 08, 2011

Sígueme....

..., unha historia de amor que non ten nada de raro

22 comentários:

  1. bonito conto,ainda que non sei moi ben que conclusión ou que moralexa sacar desta historia, salvo a que xa se di no titulo do conto,que no tema do amor nada e raro e todo é posibel, por moi compricado que pareza; incluso que un elefante se chegue a meter nun caracol, dentro dunha botella, dentro dunha cesta de costura, dentro dun...

    ResponderEliminar
  2. Non hai nada imposible se o que persegues é o que realmente queres.

    ResponderEliminar
  3. Pois mira que a min me lembraba a unha canción infantil... Un conto breve e sinxelo, como teñen que ser, que fala un pouco dos posibles imposibles e da persistencia ante os nosos soños.

    ResponderEliminar
  4. Un conto bonito que me fai pensar que se queres algo de verdade farás o imposibel por conseguilo, aínda que encontres trabas no camiño.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  5. A min o conto suxireme que o imposible só existe naquelas persoas que non cren en si mesmas e nas súas convicións, que todas as cousas que un quere, con esforzo e tesón , máis tarde ou mais cedo chegarase a conseguir.
    Miguel fernández garcía

    ResponderEliminar
  6. Para min a moralexa que se conclúe neste conto é que se se desexa algo hai que esforzarse por conseguilo por moito que pareza imposible ou se pense que se saia do "normal" ou habitual, pois ¿quén establece o que é raro e o que non?¿e en qué se basa para decidilo? iso depende da opinión de cada un, mais o que ocorre é que o habitual é o que se tende a considerar o normal.

    ResponderEliminar
  7. A historia reflicte claramente o popular dito de “a que a segue… a consegue”. Cando sentimos moito amor ou apego por algo, por moi deferente que sexamos, por moitas trabas que nos poñan ou por moitos prexuízos que os demais teñan, con tesón e esforzo todo se pode alcanzar.

    Por moito que a xente desprestixie o galego, mire mal, marxine ou non defenda o noso idioma, se todos loitamos por el, podemos conseguir que perdure e se manteña connosco para sempre.

    ResponderEliminar
  8. Concordo coa opinión de todos os meus compañeiros.

    Gostaríame salientar os distintos intres nos que Goretti facía a pregunta "¿fácil, verdade?", cada vez que o elefante tentaba facer algo que a priori semellaba imposible. Algo semellante ocorre co galego, xa que non só temos que procurar manter o número de falantes, se non que temos que tentar ser cada vez máis e que dunha vez por todas se lle outorgue á nosa lingua o prestixio que merece.

    ResponderEliminar
  9. A miña opinión ía explicala, pero vexo que compañeiros se adiantaron, e certo e que concordo co que finaliza Javier Sordo, no que se intenta dar un parecido de que o galego chegará a ser ou estar donde nos, e os do noso contorno queiran. O esforzo está nas nosas mans, e a facilidade ben seguida do esforzo e adicación a manter a nosa cultura e o noso idioma. Certo tamen, que hai que respetar os demais e convivir con total naturalidade.

    ResponderEliminar
  10. Creo que la idea fundamental que se nos intenta transmitir es la de poner ilusión, fuerza, fé, convicción, ganas y pasión en todo aquello que hagamos...por muy loco o descabellado que parezca...sobre todo cuando se trata del amor o de perseguir un sueño...
    Diego Miguélez

    ResponderEliminar
  11. Penso que o conto ten moitos valores implícitos como comenta Diego...e todos eles son imprescindibles para case que todo. Podemos pensar que algo é imposible, pero tamén o poderiamos pensar de que o ser humán chegara a lúa, de falar un con outro separados por 10000km, de aprobar unha asignatura "imposible" ou de meter o fío pola agulla. Dende o máis complicado o máis sinxelo, calquera cousa é posible se cremos que podemos facela, se cremos nela e nas nosas posibilidades. E se finalmente non podemos, o esforzo non habera sido en vano, iso seguro!

    ResponderEliminar
  12. As verbas máis antigas din que "querer é poder", e velaí un claro exemplo a partires deste conto. "Querer é poder" para todo ou case todo, porque a pesar do conto que nos deixa abraiados, eu sigo dicindo que hai cousas imposibles. En cambio, se me refiro a situación da lingua galega, xa non falo de imposibilidades senón do esforzo que os galegos temos que facer,pois se de algo estou segura é que bastarán con que un, cen, mil... galegos con ganas queiramos, para logralo.

    ResponderEliminar
  13. Para min exemplifica que cando queremos podemos conseguir o que queiramos con esforzo, con persistencia e sen darnos nunca por vencidos.

    Alberto Paleo Porto

    ResponderEliminar
  14. Eu son da opinion de "quen a sigue a consigue", o problema e cando o obxectivo cambia de ser persoal a colectivo, resultando as veces un pouco más compicado chegar o logro. De todos modos tamén creo que nada é imposible e todo pode cumprirse mediante esforzo primeiro persoal e despois colectivo.

    ResponderEliminar
  15. Estou moi dacordo ca maioria dos compañeiros, non sabemos ata onde podemos chegar, ou tamén que non sabemos do que somos capaces de facer, cando queremos algo con toda a nosa forza. Xa que peno que todos consideramos que é moi complicado atopar elefantes ou formiga con esas características, sin olvidarme do compricado, para o pobre elefante...do coidado que ten que ter, para non destrozar o formigueiro ou non romper a botella...

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  16. A miña opinión segue a misma liña dos comentarios expostos polos meus compañeiros. O esforzo por conseguir o que queremos é o que determinará que academos os nosos obxectivos. Esta historia pode resumirse perfectamente no seguinte: "A única batalla que se perde é aquela que se abandona"

    Gustaríame engadir que, se algunha vez, facemos esforzos por conseguir algo e non temos o resultado desexado o camiño non pode ser a renuncia ou o abandono, senón que debemos amosar un sacrificio maior para superar unhas barreiras maiores.

    No caso do galego é o mesmo; se temos intención, motivación e amosamos esforzo por unha maior integración da lingua na sociedade consegueremos que a situación actual sexa outra ben distinta.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  17. Este conto demostra que desexemos o que desexemos sempre hay que loitar, porque intentándoo teremos máis posibilidades de conseguilo.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  18. Esta historia fala dos diferentes papeis que temos sobre as nosas vidas, ás veces non nos gusta, hai que facer, e tamén aprender. Podes ollar a partir de dous puntos, xa que os alumnos saben que comprender e tratar de discriminar contra os outros, tamén fala de respecto polos outros, e desde o punto de afrontar situacións que son complicadas e temos que afrontar

    ResponderEliminar
  19. é un conto de fillos lindos, que nos ensina que debemos sempre ter obxectivos en nós, non só en cuestións relacionadas co amor, pero tamén con respecto a alcanzar o que desexamos: un traballo , lograr un proxecto, convivir con outras persoas, que ás veces intentamos evitar , e a pesar do que temos que facer chegamos ao final

    ResponderEliminar
  20. Gustoume a frase que apuntou Alba Regos no seu comentario!
    Penso que todo o mundo debería loitar polo que quere, iso si, sen respetando os demáis!

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  21. Cuento con gran sentido del humor y con muchas enseñanzas. El elefante es capaz de correr cualquier camino por difícil que este sea en busca de la hormiga, de su amor verdadero y finalmente después de mucho andar, disfrutan juntos de su amor por raro que parezca.
    Es una historia de amor sin prejuicios, con unos protagonistas capaces de superar cualquier tipo de reto, diferencia o barrera (tamaños, colores, culturas, hábitats…). Cuando de verdad queremos algo lo conseguimos, como dice mi compañero Antón por muchas dificultades y barreras que se presentan en el uso del gallego si todos juntos aportamos algo por pequeño que sea, lograremos que este perdure y se valore mas.
    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar