Despóis de ler o documento, o que máis me choca é o peso que teñen as familias nas primeiras etapas educativas para a impartición da clase nunca lingua ou outra (sen descoidar ningunha das dúas claro), para pasar en secundaria a unha distribución máis equilibrada entre a lingua castelá, a lingua galega e as linguas extranxeiras.
A min sóanme ben todas agás a segunda. De feito as outras dúas téñollas escoitado moito, sobre todo a miña aboa. Estou de acordo coa opinión de Alberto, pero penso que a distribución das horas cursadas nun idioma ou noutro nas primeiras etapas educativas teñen demasiado peso, e inflúen directamente na competencia do alumnado a favor dunha ou noutra lingua. Polo tanto cando comecen os estudos secundarios as dúas linguas non partiran co mesmo nivel de competencia, senón que unha o fará por riba da outra. Lois Rodríguez Lorenzo
Penso que estas bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo son moi ambiciosas polo que respecta o idioma estranxeiro. Non creo que esteamos preparados para dar unha asignatura nun idioma estranxeiro. Non podemos baixar o nivel da ensinanza (que polo que din as enquisas estamos a cola de Europa) para intentar aumentar o nivel do alumnado nun idioma estranxeiro. Coñezo un caso no que o docente está a dar a asignatura de Coñecemento do medio natural en inglés, e ela mesma recoñece que o nivel de ensenanza-aprendizaxe e menor.
Ademáis de baixar o nivel, a tendecia volve ser a de baixar de novo as horas do galego como lingua vehicular das asignaturas, e tamén baixa o uso do idioma castelán. Está ben e creo que é necesario subir o nivel do idioma estranxeiro dentro dos nenos, pero non pode ser que certas cousas as sepan dicir en inglés e non en castelán. Trátase, penso eu, de ter unha cultura xeral en galego e castelán.
Estou de acordo con Álvaro, no cole que traballo,a partir de terceiro teñen unha hora á semana de Coñecemento do Medio en inglés. Paréceme ben, xa que isto supón que os nenos non aprenden tanta materia, pero aprenden a desenrolarse e estudar neste idioma. Agora, se nos poñemos no caso do galego, éste sae perdendo, en moitos centros as únicas horas nas que falan galego, son as da propia asignatura.
Todos sabemos o problema actual do galego nas escolas, e todos sabemos a solución:implantar máis hoas en galego, xa dende educación infantil.
A pesar de creer que as bases para a elaboración decreto son realmente ambiciosas, creo que son posibles. Varios puntos que eu creo que, a priori, poden ser máis conflictivos son o uso da língua predominante do alumnado en educación infatil e o preguntar a cada familia. Quero explica-lo dicindo que o usar a língua predominante dos alumnos, se calhar, fará que nas grandes urbes maiormente castelanizadas, continue a haber unha grande diferencia no dominio das dúas línguas; facéndose prevalecer o castelán e complicando futuras intencións de plurilingüísmo. O tema familiar creo que fala por si só. Sempre que se involucra ás familias nos temas escolares áchanse moitas confrontacións entre pais e nais que señan intransixentes; tanto por un lado como polo outro.
O punto Nº12 paréceme de vital importancia para poder levar a cabo este proxecto, se non formamos ós docentes cun dominio completo do galego, todo o anterior é completamente inútil e baladí.
Despóis de ler o documento, o que máis me choca é o peso que teñen as familias nas primeiras etapas educativas para a impartición da clase nunca lingua ou outra (sen descoidar ningunha das dúas claro), para pasar en secundaria a unha distribución máis equilibrada entre a lingua castelá, a lingua galega e as linguas extranxeiras.
ResponderEliminarAlberto Paleo Porto
A min sóanme ben todas agás a segunda. De feito as outras dúas téñollas escoitado moito, sobre todo a miña aboa.
ResponderEliminarEstou de acordo coa opinión de Alberto, pero penso que a distribución das horas cursadas nun idioma ou noutro nas primeiras etapas educativas teñen demasiado peso, e inflúen directamente na competencia do alumnado a favor dunha ou noutra lingua. Polo tanto cando comecen os estudos secundarios as dúas linguas non partiran co mesmo nivel de competencia, senón que unha o fará por riba da outra.
Lois Rodríguez Lorenzo
Penso que estas bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo son moi ambiciosas polo que respecta o idioma estranxeiro. Non creo que esteamos preparados para dar unha asignatura nun idioma estranxeiro. Non podemos baixar o nivel da ensinanza (que polo que din as enquisas estamos a cola de Europa) para intentar aumentar o nivel do alumnado nun idioma estranxeiro. Coñezo un caso no que o docente está a dar a asignatura de Coñecemento do medio natural en inglés, e ela mesma recoñece que o nivel de ensenanza-aprendizaxe e menor.
ResponderEliminarAdemáis de baixar o nivel, a tendecia volve ser a de baixar de novo as horas do galego como lingua vehicular das asignaturas, e tamén baixa o uso do idioma castelán. Está ben e creo que é necesario subir o nivel do idioma estranxeiro dentro dos nenos, pero non pode ser que certas cousas as sepan dicir en inglés e non en castelán. Trátase, penso eu, de ter unha cultura xeral en galego e castelán.
Estou de acordo con Álvaro, no cole que traballo,a partir de terceiro teñen unha hora á semana de Coñecemento do Medio en inglés. Paréceme ben, xa que isto supón que os nenos non aprenden tanta materia, pero aprenden a desenrolarse e estudar neste idioma. Agora, se nos poñemos no caso do galego, éste sae perdendo, en moitos centros as únicas horas nas que falan galego, son as da propia asignatura.
ResponderEliminarTodos sabemos o problema actual do galego nas escolas, e todos sabemos a solución:implantar máis hoas en galego, xa dende educación infantil.
Tania Pastrana Núñez
A pesar de creer que as bases para a elaboración decreto son realmente ambiciosas, creo que son posibles.
ResponderEliminarVarios puntos que eu creo que, a priori, poden ser máis conflictivos son o uso da língua predominante do alumnado en educación infatil e o preguntar a cada familia.
Quero explica-lo dicindo que o usar a língua predominante dos alumnos, se calhar, fará que nas grandes urbes maiormente castelanizadas, continue a haber unha grande diferencia no dominio das dúas línguas; facéndose prevalecer o castelán e complicando futuras intencións de plurilingüísmo.
O tema familiar creo que fala por si só. Sempre que se involucra ás familias nos temas escolares áchanse moitas confrontacións entre pais e nais que señan intransixentes; tanto por un lado como polo outro.
O punto Nº12 paréceme de vital importancia para poder levar a cabo este proxecto, se non formamos ós docentes cun dominio completo do galego, todo o anterior é completamente inútil e baladí.