Mirade esta campaña dos servizos linguïsticos universitarios cataláns. Son tamén pequenas pílulas de planificación lingüística, nste caso. Veredes que a podedes entender en catalán cun chisco de esforzo e que podedes (premendo na parte dereita e activando os subtítulos) tamén realizar o seguimento a través da escrita nun bo número de linguas, incluíndo o galego.
http://www.intercat.cat/piula/gl.html
Interesante campaña publicitaria que afonda nas ideas traballadas na clase. Quedo co interese de Mario por descubrir novas linguas, nun caso ben semellante ao do rapaz chinés Yu Ming que vimos nunha curta anterior.
ResponderEliminarEn canto ao vídeo de Robinson Crustó, cabe comentar a actitude arrogante e de cerrazón do protagonista por non querer aprender a lingua do seu novo entorno, o que lle rematou por pasar factura. Ademais lémbrame á práctica dos imperios invasores de non teren en conta as costumes, o idioma ou outros elementos da cultura do país invadido.
O vídeo ademais, segue na liña de autores coma Nuñez Singala que defenden a idea de que o saber non ocupa lugar, e que cantas máis linguas coñezamos máis coñecemento teremos e cousas máis diversas poderemos ver na mesma realidade.
Penso ademais que sería moi interesante a reprodución destes vídeos nunha canle televisiva, xa que na miña opinión achegan unha visión da realidade rica,diversa centrada na idea de conseguir as linguas para sempre, idea interesantísima na miña opinión.
Totalmente penso o mesmo que nos di o noso amigo Simón, e respondendo as preguntas que nos plántea debaixo dos vídeos, respondo que se eu fose Mario, antes de irme a ese novo lugar aprender unha nova lingua, aprendería o básico para poder explicarme e expresarme, para que así a xente vexa que teño interese en aprender esa lingua.
ResponderEliminarPor outra banda, a primeira expresión que ensinaría a un estudante que debe viaxar o meu lugar de orixe, sería algo para saudar e tratar coa xente, e ademais unha breve explicación da súa situación, que non sabe a lingua.
Eu só quero salientar unha frase importante que aparece no video de robinson crutó:
ResponderEliminartoda lingua por minoritaria que sexa, é un ben útil e enriquecedor.
por eso loitemos para que todos os nenos poidan aprender o galego. Con actividades coma estas podese ensinar a valarar os nenos a lingua.
Miguel Fernández García
Estes pequenos fragmentos de video creo que poderían chegar de maneira significativa a tódolos nenos e nenas en idade escolar, xa que dunha forma amena expresan a situación dunha lingua que non debe perderse e da importancia desta en tódolos ámbitos da vida.
ResponderEliminarA min o video de Mario tamén me recordou, como ben dixo Simón, ó pobre de Yao, que despois de aprender a lingua propia dun pais se veu sorprendido polo seu escaso número de falantes.
Sin máis, dicir que é unha idea estupenda para promover a lingua e como todas, pareceríame perfecto que se difundiran este tipo de mensaxes na nosa sociedade. Penso que concienciaría un pouco máis a aquelas persoas que rexeitan o plurilingüismo.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarComo din os compañeiros, ista é unha idea simpática para facer ver os cativos e non tan cativos a problemática existente cos idiomas minoritarios. Penso que é importante saber o valor cultural que ten ter unha lingua propia. É coma se tiveramos unha obra de arte e quixéramos desfacernos dela. Incomprensible.
ResponderEliminarCon respecto ás opinións dos meus compañeiros, só decir que estou dacordo con todas elas e paréceme moi interesante unha idea que aporta Simón, aparte de facer videos deste tipo, dalos a coñecer na tele ou, porque non, nas tan presente redes socias (Facebook, Tuenti, Twitter, etc) para que a xente se conciencie e non abandone este ben tan preciado que temos como é o galego.
ResponderEliminarEn canto ó video, os debuxos parécense bastante (por non decir que son iguais) ós que Aleix Saló deu a coñecer coa súa historia (para min boísima) sobre a burbulla inmobiliaria en forma de vídeo e que tamén están presentes no seu cómic titulado Españistán (moi recomendado). Recordando o enlace que puxen o outro día nunha das entradas do blog sobre unhas viñetas que publicaba Kiko Da Silva, por qué non encargarlles a esta xente inxeniosa algo parecido ó que fixeron en Cataluña? de seguro que se lle ía sacar un bo partido.
Quédome para comezar, cunha frase do primeiro vídeo: “o catalán é un pasaporte que non caduca”. É totalmente certo, porén, calquera idioma necesita ser exercitado para non perder fluidez e poder falalo con seguranza.
ResponderEliminarAlgo similar acontece cando viaxamos a un país angloparlante e queremos practicar o noso inglés. Resulta que atopamos un montón de españois. A situación incomódame… Que faría para mellorar o meu inglés? Insistir, insistir e insistir. A falar apréndese falando. É o piar da aprendizaxe individual e o sustento dunha lingua.
Por outra banda, o outro vídeo amosa de forma radical e fantasiosa os “perigos” de mostrarse remiso a absorber unha nova cultura, unha nova forma de vida ou neste caso unha nova lingua.
Eu só quero deixar aquí unha pregunta,
ResponderEliminarDeberíamos reflexionar do porqué de ter que facer este tipo de publicidade sobre unha lingua?
xa como dixeron os meus compañeiros parece importante resaltar o valor que se lle da á lingua nas duas curtas dende situación diferentes;na primeira como xa se destacou antes poderiase resumir a sua intención coa frase de que a lingua é un pasaporte que non caduca,e coñecela, entendela, falala...é unha garantía.
ResponderEliminarAquí temos outro exemplo de medidas que tentan concienciar á xente da importacia do uso da súa lingua a través de exemplos (que na miña opinión son unha forma útil de concienciar xa que é doado de enteder para a xente).
ResponderEliminarComo xa comentou Miguel, quédome coa frase "toda lingua por minoritaria que sexa, é un ben útil e enriquecedor".
Como dí a miña compañeira Alba Regos, e respondendo ás preguntas que están debaixo dos vídeos o primeiro que debería ensinarse a alguén que vai a estucar noutra lingua é como saudar e presentarse, e respecto a outra pregunta de que faríamos se quixese aprender catalán quizá fose as zonas rurais xa que os grandes núcleos de población hoxe en día están habitados por xentes de diversas partes do mundo, sito é o que lle pasa a Mario no vídeo, ata que o final si coñece a Laura qu si fala catalán.
ResponderEliminarRespectp á pregunta de Lara, eu penso que se non tivesemos esta situación tan mala da lingua hoxe en día, e tivese o recoñecemento que debera e a usásemos todos non sería necesaria esta publicidade, pero por desgraza hoxe en día non está mal facer unha promoción coma ista, xa que son dous vídeos moi curtos, fáciles de entender e que chegan a todo o mundo.
Alba Rumbo Rigal
Persoalmente estou dacordo coas opinións manifestadas polos meus compañeiros no que respecta ó interesante que sería a reproducción destes vídeos en canles televisivas e a súa expansión no mundo das redes sociais.
ResponderEliminarQuédome coa pregunta que fai Antón onde se cuestiona cómo se pode mellorar nunha lingua: insistindo. Esa insistencia ven determinada pola nosa motivación e esforzo cara o aprendizaxe.
Se Robinson Crustó tivera unha actitude diferente cando escoita o idioma falado por un colectivo que non é o seu seguramente podería evitar o que lle pasou. A intención e motivación pola diversidade cultural debe ser a nosa sinal de identidade, non a actitude contraria manifestada pola maioría.
Eloy José Villaverde Caramés
Comezo respondendo a cuestión que nos deixou Lara no blog, é moi sinxela; se a situación da lingua fose distinta (falada, valorada, querida...), estes vídeos non serían necesarios. Porén, o temor a perder algo tan extraordinario como unha lingua fai que a imaxinación das persoas voe e consiga lograr vídeos tan interesantes coma estes. Xa que, como ben nos indica o vídeo de Robinson Crustó e incluso algún dos meus compañeiros destacaron "toda lingua por minoritaria que sexa é un ben útil e enriquecedor”.
ResponderEliminarPolo demais, tamén me inclinaría pola reprodución de vídeos similares en canles de televisión referíndonos a nosa lingua, pois son fragmentos que invitan a calquera a reflexionar sobre o galego sen sentir unha presión ou un lema que diga “faláo”, para aqueles individuos máis escépticos que rexeitan todo aquilo que se lles pode chegar a inculcar.
Muy interesantes las reflexiones y opiniones de mis compañeros, con todo lo que hemos debatido y trabajado a lo largo de la asignatura sobre las políticas lingüísticas que se llevan a cabo y que se deberían implementar, está claro, como comentan ellos, que campañas como estas son un herramienta ideal para enriquecer el deseo de aprender y conocer lenguas distintas.
ResponderEliminarEl multilingüismo es uno de los aspectos más importantes a tratar en la actualidad, pues afecta a la vida social, cultural y profesional de muchos ciudadanos y a las actividades económicas y políticas de muchos países, esta campaña está diseñada en forma estratégica y demuestra que con interés e implicación se pueden crear y llevar a cabo muchas ideas para la dinamización, en nuestro caso, de la lengua galega.
Elkin Andrés Flórez Domínguez
Eu penso que os cataláns están un pasiño por encima de nos no tema da reivindicación da sua lingua, de todas formas soño con chegar o seu nivel de compromiso. Ainda así e a mensaxe das curtas e a mesma. Por un lado como Mario quere aprender varias linguas/idiomas co que encontra problemas co alguna delas...Galego. E no caso de Robinson como a sua arrogancia de non querer adaptarse a un novo pais conclue co dito; "a letra con sangre entra"
ResponderEliminarPablo Otero Puga