EXERCICIO DE DEBATE (para a clase práctica)
Se o traedes feito (cando menos, pensado) temos un pouco máis de tempo para o debate e as conclusións.
Supón que es unha lingüista especializada en planificación e en terminoloxía que chega a Glosolandia, un país onde ten que realizar un informe sobre as posibilidades de se manter a lingua propia desa poboación, o glosolandés, un idioma que leva séculos soportando unha forte presión do sombreiranés, lingua con presenza internacional que acabou por se converter na lingua inicial de case o cincuenta por cento da poboación, maioritariamente dos habitantes das cidades e das vilas. O inicio dun proceso de substitución lingüística é evidente no dato que motivou a UNESCO para sufragar os gastos da investigación: as porcentaxes de competencias orais en glosolandés descenden a medida que descende a idade da poboación mentres que as porcentaxes de competencias escritas diminúen conforme aumenta a idade dos/das habitantes de Glosolandia, moitos/as por non recibiren nunca o ensino na súa lingua inicial.
Os teus coñecementos destas dúas linguas son moi rudimentarios, mais do que si tes constancia é de posuíren moitos elementos en común e de ás veces non ser quen de diferenciar claramente se as persoas están a falar nun ou noutro idioma. Ao chegares alí, observas con abraio que o glosolandés ten abondosa literatura, ten presenza no ensino (só como materia de estudo) e na administración (onde aínda non consolidou un modelo culto de referencia) e que mesmo nas institucións e nos medios de comunicación é utilizado, aínda que moito menos que o sombreiranés que é o único idioma en que se dirixe a ti a poboación, o máis habitual nos falantes de menor idade e o maioritario no ámbito oral para as clases medias e altas, sobre todo entre as mulleres das franxas etáreas intermedias, se computarmos desde os 16 aos 65 anos. Para alén de ser o glosolandés a lingua maioritaria de certa actividade cultural (teatro, recitais poéticos, premios e concursos literarios), tamén hai nesta lingua algunha obra científica e ten unha importante presenza na rede. Mais no mundo da música o glosolandés é residual así como no ámbito xurídico e nos ritos relixiosos.
O teu primeiro traballo consiste en estabeleceres unha prelación entre os elementos que xulgas positivos para, nunha proposta de planificación lingüística, o glosolandés ter posibilidades de subsistir. Debes numeralos por orde de relevancia para lle agoirar moitos anos de vida ao glosolandés, guiándote do teu coñecemento lingüístico e do teu sentido común. Tes que procurar acompañar cada unha das escollas cun dato obxectivo que recollas directamente na presentación inicial ou que deduzas pola información de que dispós. Escribe na columna Individual a orde de importancia que atribúes a cada enunciado. A continuación, debateremos a decisión en grupo e formularemos unha proposta colectiva. A partir da desviación entre a puntuación global e a colectiva e os coñecementos que adquirises durante o debate, debes conceder unha puntuación final ao teu exercicio.
CRITERIOS | Indiv. | Grupo | Desviac |
Hai que conseguir que, cando menos, o 50 % d@s glosolandes@s lea literatura en glosolandés. | | | |
Nas baiúcas debe usarse o glosolandés, sobre todo para brincadeiras. | | | |
Cómpre realizar intercambios educativos de centros con diferentes contornos sociolingüísticos. | | | |
Os nomes de paxaros só deben ser coñecidos en glosolandés. | | | |
Cómpre reforzar a presenza na rede en glosolandés. | | | |
Debe premiarse que os nomes das persoas estear en glosolandés. | | | |
É preciso reducir as dubidas sobre o uso do glosolandés en contextos formais. | | | |
Deben facerse campañas coincidentes coas festas máis habituais (magosto, entroido,...). | | | |
Nos ritos funerarios cómpre empregar o glosolandés. | | | |
A neoloxía debe facerse desde o glosolandés. | | | |
No sistema educativo a transmisión de coñecementos debe facerse, maioritariamente, desde o glosolandés. | | | |
Son necesarias campañas que fomenten que @s glosolandeses inicien nesa lingua as súas relacións de parella. | | | |
Cómpre traducir toda a lexislación ao glosolandés. | | | |
Hai que investir en facer xogos de mesa en glosolandés. | | | |
Nas festas populares debe usarse o glosolandés. | | | |
Cómpre difundir a idea de ser útil o glosolandés. | | | |
Os principais manuais universitarios deben estar en glosolandés. | | | |
Cómpre reforzar o prestixio internacional investindo en lectorados de glosolandés. | | | |
Hai que apoiar o teatro en glosolandés. | | | |
Debemos recoller todo o léxico do glosolandés. | | | |
Hai que homenaxear persoeiros que defendesen o glosolandés. | | | |
É preciso realizar unha campaña de mercadotecnia (cadernos, lapis, chapas...) de promoción da lingua. | | | |
Deben transmitirse conceptos (socio)lingüísticos a través de todo o currículo | | |
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarPolo que estou vendo, esta vai a ser unha acitvidade que vai a por en coñecemento multitude de opinións e formas de actuar ante unha problemática como é a do glosolandes. Xa o feito de ter que por unha orde a todos e cada un dos puntos do cadro e unha actividade moi moi complicada.
ResponderEliminarNun intre coñeceremos como de encamiñados iamos cada un de nos na ardua tarefa de manter vivo o glosolandes por moitos anos.
A mellor clase de todas, fíxonos debater, opinar, escoitar, que como ben dixo o xurado, fixémolo moi ben...respectamos a rolda de opinións e xustificacións. Creo que en xeral, fomos un grupo moi cooperativo,salvo a excepción de David e Antonio que se fixeron derrogar un pouco para por de acordo no orde dos criterios; pero cabe sinalar, por outra banda, o gran papel do xurado, parabéns para eles tamén.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarDeixo aquí unha ligazón sobre unha iniciativa de promoción do galego das que falamos nesta clase:o uso do idioma nos ritos funerarios.Aínda que penso que hai moitas outras mellores maneiras de gastar o orzamento adicado a normalización lingüística.
ResponderEliminarhttp://www.laregion.es/noticia/183939/defensa/galego/chega/cemiterios/
Adrián Levoso Fernández
Señalar que estoy de totalmente de acuerdo con las conclusiones realizadas por mis compañeros. Creo que coincido en todas y cada una de las aportaciones que han hecho y mencionar además que me ha gustado desempeñar esta función de observador durante el debate. Es divertido estar a veces del otro lado de la barra y ver que es lo que opinan tus compañeros. Además decir que esta sesión de debate me ha gustado mucho y me ha parecido bastante interesante y productiva, ya que se ha debatido, se han sacado conclusiones de ello y encima ha sido una clase totalmente diferente al resto de las que hemos hecho durante el curso y mucho más entretenida. Como bien dice Alba, para mi la mejor clase de todas.
ResponderEliminarDiego Miguélez Dintén