sexta-feira, novembro 04, 2011

Ses

O 11 do 11 de 2011 Ses na Sala Garufa da Coruña. Paga a pena escoitardes esta voz dunha ex alumna da UDC:

http://www.myspace.com/mariaxosesilvar

16 comentários:

  1. A verdade e que non a coñecía. Sempre é de agrado escoitar cancións en galego entre tantas e tantas que soan habitualmente en inglés ou castelán.

    ResponderEliminar
  2. Non sei se coñeciades esta páxina, pero nela vos podedes descargar discos e cancións de moitos artistas do país, iso si, uns máis coñecidos que outros... Unha boa ferramenta para espallar a cultural musical en galego.
    http://aregueifanetlabel.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas pola páxina Carlos, a música é un ben mundial, sempre é ben recibida.

    ResponderEliminar
  4. Pola miña parte conozo a música desta rapaza desde este verán cando escoitei unha entrevista súa na radio e a conseguinte canción en directo que a seguiu. Desde daquela esta artista é unha asidua da miña biblioteca musical, mui boa recomendación.
    e índome un pouco do tema, un 10 para a sala Garufa e as súas múltiples e variadas opcións para disfrutar dunha boa noite.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que é unha boa nova ter noticias de grupos musicais en galego. Danos outras opcións, con máis ou menos aceptación polo gran público, pero non deixan de aumentar a oferta e a diversidade no ámbito musical da nosa lingua. Cada vez é máis complicado poñer escusas por non ter o galego na rede, na literatura ou na propia música.

    Se ben creo que é necesario o seu impulso, as redes sociais ou os blogs como o aportado por Carlos, son unha boa forma de medrar en número de siareiros. Unha vez máis somos cada uno de nós, os encargados de avalar ou non estas e outras iniciativas de similar calado na pervivencia da cultura galega.

    ResponderEliminar
  6. interesante o enlace, a canción non está nada mal e é agradable saber que ainda quedan artistas que cantan en galego este tipo de música, haberá que ir a vela

    ResponderEliminar
  7. Da gusto escoitar falar de grupos con cancións en galego, e máis; se nos estamos referindo a grupos emerxentes a cargo de xente nova con ganas de espallar a nosa cultura. Pois isto quere dicir que esa cultura da que estamos a falar, non se estanca no tempo, senón que está viva, que se moderniza coas novas etapas e por fin, a poboación galega máis esquiva da nosa lingua comezará a darse conta de que falar de lingua galega xa non é un sinónimo de antigo, do pasado ou do meramente tradicional.
    Tamén é de agrado coñecer o enlace que nos deixa Carlos, unha páxina que mostra un amplo abano de posibilidades musicais na lingua galega.

    ResponderEliminar
  8. Está moi ben a música desta rapaza, non a coñecía, pero ten boas letras. Duro traballo o seu, que ten moito que loitar para darse a coñecer posto que lle dan máis importancia os grupos comerciais.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  9. Interesate tema, o da música en galego, pos daquela quero aproveitar para promocionar un grupo dunha amiga miña, aquí vos deixo o enlace dun vídeo seu:
    http://www.youtube.com/watch?v=64CtYpw5RTw

    ResponderEliminar
  10. Moi interesante me parece este enlace, como xa dixeron meus compañeiros. Tamén me parece moi recomendable o enlace que aporta o meu compañeiro Carlos.
    Mais gustaríame engadir para completar as opinións dos meus compañeiros a importancia que ten dende a miña opinión a música como elemento de difusión dunha lingua e dunha cultura, e cecáis dende este punto de vista estamos un paso por detráis doutras culturas do estado español coma o catalán, que teñen cantantes de referencia coma Serrat que empregan o seu idioma nalgunhas cancións, e que implica un gran impulso para o seu idioma. Así pois, considero que tanto a música coma outros elementos da cultura tales coma o cine son uns elementos de gran importancia para a transmisión dun idioma e que son fundamentáis sobre todo para que as novas xeracións se enganchen ao idioma, cousa tan necesaria, coma xa vimos en clase.

    ResponderEliminar
  11. Moi boa actuación! Agrádame moito poder escoitar a unha artista galega, que no só canta en galego senón que fai boa música. Personalmente gústame o estilo xa que a mistura dos sons da guitarra acústica e o saxofón fanme recordar ás jamm session da famosa Terraza-Jazz Café.
    Moito apoio do coro facendo un toque gospel.

    ResponderEliminar
  12. Estaría ben que unha cantante galega, cunha canción tamén en galego, chegara algún día as primeras listas de ventas...nunca se sabe!.

    ResponderEliminar
  13. Xa houbo alguén que chegou a facer e ademais na época franquista, foi un ferrolán Andres do barro con O tren. todo é poñerse, se el o conseguiu, porque non máis, algo falla.

    ResponderEliminar
  14. Por mi parte solo decir que enhorabuena a la cantante. He de reconocer que he escuchado muy poca musica en gallego, por lo que no soy ningun entendido ni mucho menos, pero la verdad que me ha gustado el tema, sobre todo porque me gusta el estilo asi que ya que por aqui no se puede escuchar, voy a decirlo! Un fuerte aplauso para la artista!!

    ResponderEliminar
  15. Dacordo con Simón no emprego da música como medio de difusión da cultura e identidade das linguas. Penso que na época na que nos atopamos isto representa unha das mellores formas de promocionar o galego entre os máis xoves.

    Relacionando este tema co debate que fixemos onte en clase gustaríame resaltar a importancia de artistas con estas idades para difundir a lingua, ampliando as nosas fronteiras con novidades e non quedando únicamente arraigados ás temáticas populares.

    A introducción de novos temas, cancións e interpretacións no galego axudarán moito o desenrolo da lingua a aqueles colectivos máis xoves que únicamente teñen bos ollos o que está de moda na actualidade e que relacionan en moitas ocasións o emprego do idioma minoritario co popular.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  16. La música es parte fundamental de la cultura de todos los pueblos. Quiero destacar una famosa frase de Aldous Huxley “la música expresa lo inexpresable”.

    Esta es una herramienta para abordar la diversidad de lenguas y la importancia de las mismas, por medio de la música podemos describir situaciones, expresar sensaciones, emociones, sentimientos o ideas. Como dicen mis compañeros Simón y Eloy es un medio de difusión de la cultura e identidad de las lenguas, nos permite conocer, valorar y respetar, la diversidad cultural a la que hoy día tenemos acceso.

    Si alguien quiere saber algo más sobre estas cantante: www.mariaxosesilvar.com

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar