terça-feira, novembro 08, 2011

O neno que quixo ser excremento

Eu quero ser nube..., e ti???

20 comentários:

  1. Moi bonito o conto. Supoño que o simil que podemos sacar en relación coa liingua galega é que o rapaz que quería ser excremento represta o galego falante.
    A velentía e o atrevemento dun rapaz que escolleu ser a persoaxe do conto que a priori era o peor, podémola ver como o valor que tiveron os nosos avos o escoller falar a súa linguia materna ainda que ésta fora unha marca de desprestixo, que os encasillase como persoas pouco cultas ou "do monte", como din algúns.
    O principio todos se burlaban de Caramoco ;por aer escollido ser un excremento na represntación da natureza, pero despois, cando a figura se tornou na máis importante e a que maior calificación acadou; todos querían ser seus amigos. Quizais a situacuión do galego se torne coma a do excremento no conto; que os que se burlaban e marxinaban os que falaban galego se den de conta que de que ter unha lingua proipia e poder expresarse nela en calquera contexto é un símbolo de riqueza cultural, de prestixio, de ter un maior coñecemento; en vez de velo coma todo o contrario, como algo desprestixiador e do que mofarse.
    Ah...e eu prefiro ser vento

    ResponderEliminar
  2. Gosto moito do comentario de Iván, a verdade é que non parei a pensar nunha posible comparación ca situación do galego. O certo é que este conto nos ensina que debemos ser respectuosos e achegados ás minorías que estean ou non integradas no noso entorno. Mira por onde ao final o neno calado que nunca chamaba a atención e que era o menos popular conseguiu a máxima cualificación adoptando unha actitude totalmente nova para el. Quizais deba ser esa a actitude que debamos de adoptar moitos de nós de cara ao idioma.
    E eu, por preferir, prefiro a pedra, xa que no meu interior levo o legado da nosa historia e cultura. Pode ser que cada un do resto dos elementos que se nomean poidan ter algunha relación co galego? Ou estou desvariando de máis?

    ResponderEliminar
  3. Concordo coas opinións dos meus compañeiros. A verdade é que Iván estivo moi acertado na miña opinión aoa buscar unha relación deste fermoso conto co galego.
    Espero que nun futuro o neno que empregue o galego como lingua habitual sexa tratado polos seus compñeiros como foi tratado Caramoco, pola súa valentía á hora da escolla no idioma.
    Tamén quixera sinalar o rápido que tornan os puntos de vista da sociedade o que podería deparar un futuro no que o galego fose considerado unha lingua fermosa e imprescindible que debe de ser falada por unha ampla maioría da sociedade. Oxalá chegue ese día...

    ResponderEliminar
  4. Estou moi dacordo cos meus compañeiros, sobretodo ao relacionalo co galego, pois a fin de contas é algo que moita xente aínda o rexeita un pouco.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  5. Eu o que saco como principal conclusión desta historia é que a ignorancia é a nai de tódolos males e que sempre hai que sermos respetuosos, mais aínda có que descoñecemos.
    Se hai que buscar unha relación entre o conto e a lingua galega, pode ser que os nenos que rexeitan o excremento representan á xente que menospreza a nosa lingua.

    Ah! e eu prefiro ser folla.

    ResponderEliminar
  6. Eu se vos son sincera, cando Goretti rematou o conto eu dixenme para min: pero que intención trae este conto? agora que leo as vosas opinións eu dinlle vostas e si é certo que a interpretación que deu Alba é para min se cadra ca que concordo.

    ResponderEliminar
  7. Na miña opinión o conto está moi vinculado a unha perspectiva ecolóxica. O feito de sentir e apreciar os diferentes fenómenos da natureza, que por moi insignificantes que parezan, resultan útiles e necesarios. Todo forma parte dunha cadea, un conglomerado na que cada partícula é imprescindible.

    A personaxe de Kike coido que é fundamental. Non é sinxelo ser diferente ou adoptar unha postura impopular, que todo o mundo rexeita, aparta e marxina. A lección dada pola mestra é unha boa maneira de ensinar a respectar, sexa cal sexa a condición: Se es excremento ou nube, negro ou branco, alto ou baixo e mesmo se falas galego ou castelán.

    ResponderEliminar
  8. penso igual que os meus compañeiros en canto o simil de kike e o excremento coa lingua galega.Vese o galego como algo impopular, que a naide lle gusta a primeira vista,é rexeitado por todolos alumnosque pode que representen os distintos ambitos,quenes creen que este ten un papel aparentemente insignificante,xa ben sexa por razóns ideolóxicas ou de outra indole como ben di Antón,pero unha vez que recapacitan danse de conta do verdadeiro valor que ten,e que aplicado o galego representaría a riqueza lingüistica para a sociedade.
    Caramoco é o millor

    ResponderEliminar
  9. Pouco máis queda que dicir a todo o aportado polos meus compañeiros. Simplemente comentar que estou completamente dacordo coa idea de equiparar a escolla do excremento para a actividade proposta pola mestra e a situación actual do galego e outras linguas en perigo de desaparición. Por desgraza, moitas veces non valoramos algo ata que o perdemos. Gostaríame salientar tamén a actitude da profesora ante a valentía de Caramoco, que grazas e ese reforzo conseguiu integrarse cos seus compañeiros e pasou a ser ese rapaz do que todos queren ser amigos (demostrando que ser diferente non ten por que ser negativo e pode acarrear consecuencias positivas).

    ResponderEliminar
  10. Estoy totalmente de acuerdo con mis compañeros. Creo que todas las interpretaciones que han sacado del cuento asi como las aportaciones que han hecho cada uno de ellos son muy acertadas y me han gustado mucho. A mi parecer creo tambien que en esta historia se intentaba plasmar un aspecto a tener en cuenta como es la tolerancia. La tolerancia entre seres, ya sean humanos o no. Creo que se nos pretende recalcar que es importantisimo no tener prejuicios ni sacar conclusiones adelantadas sobre algo o alguien sin apenas conocerlo. No se puede marginar ni excluir a nada ni a nadie por su apariencia, por su forma de vestir o de hablar, por el color de su piel etc... Creo que estos son algunos de los puntos clave que quiere transmitirnos esta historia.

    Diego Miguélez

    ResponderEliminar
  11. Na vida real pasa coma no conto. Cada un de nos, coma cada personaxa do conto, transmite algo nunha primeira impresión. Tendemos a fixarnos soamente no malo, e a ficar cos defectos da xente para que os prexuizos fagan o resto. No conto, cada personaxa ten un mote que o identifica (caramocos, trenzaslongas, etc...), igual que pasa no mundo real. As veces pensamos que coñecemos a alguén e simplemente nos quedamos nas portas. As veces pensamos que o xabarín é o mellor animal e en realidade ninguén desexa estar no seu lugar, ao revés que pasa co excremento.

    ResponderEliminar
  12. Pois eu o principio estaba coma Lara, o conto gustoume pero non sabería dicir cal era a idea que trataba de transmitir. Pero vendo os comentarios si que é verdade que se pode asociar a distintos valores. Non todo é o que parece, e todo nesta vida ten o seu valor.

    Alberto Paleo Porto

    ResponderEliminar
  13. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  14. Como os primeiros comentarios dos meus compañeiros, penso que é unha boa historia. Onde unha persoa valente quere ser excremento, pero ainda que coincida como dixen cos primeros comentarios, tamén estaría dacordo con Alberto, no aspecto de que non seria capaz de describir a intención real do conto sabendo que acerto o 100%.

    Pero si que empregaría, vellos refráns como, "non é ouro todo o que reluce" (todos querían ser xabarís). Ou tamén "Quen ríe ultimo ríe mellor".

    ResponderEliminar
  15. A pesar de que todos os comentarios teñen a mesma raíz, da gusto lelos e ver que, a pesar das similitudes, cada un esperta en sí un valor distinto.
    A min este conto lévame a pensar que "nada é o que parece", pois nun primeiro instante todos os rapaces querían ser xabarín, polo poder e forza que este representaba, e Caramoco nembargante, decidiu ser excremento, aquilo que todos os compañeiros estaban a rexeitar. Finalmente, o xabarín termínase convertendo no personaxe máis débil e o excremento nun fenómeno perfecto, coa consecuente integración de Caramoco cos seus compañeiros.
    Levada esta situación a termos da lingua galega, observamos que parte da poboación que opta pola lingua castelán faino pensando que esa é a opción máis forte, relacionando ao galego falante con multitude de prexuízos, incluso chegando o punto de rexeitalo como persoa por querer usar a lingua da súa propia terra (observado no vídeo da concursante galega de "Gran Hermano). É dicir, en termos do conto, o castelán sería o xabarín e o galego o excremento. Polo tanto, a moralexa que eu adopto a través do anterior conto, o galego-falante terminarase convertendo o salvador dunha lingua, predicador dunha cultura e enxebrador dunha terra; mentres, que o castelán-falante, se converterá en... eso... unha persoa que fala castelán dentro de Galicia.

    ResponderEliminar
  16. Persoalmente creo que este conto debe facer que reflexionemos sobre a ignorancia e descoñecemento que temos sobre moitas cousas que acontecen o noso arredor.

    Como ben di Antón os fenómenos da natureza poden parecernos insignificantes. Sempre resaltamos a incidencia que teñen, pero non o valoramos realmente como se merece. No conto a maioría dos nenos querían representar o xabarín, ninguén quería ser nube, roca, folla ou vento, aínda coñecendo a importancia que teñen eses elementos na natureza.

    A situación con respecto o galego é a mesma. Temos unha tendencia a ser conscientes de que a lingua pode perderse, valorando o negativo da pérdida e non facer nada por evitalo, considerando insignificante a nosa actuación. Iso é moitísimo peor que descoñecer a situación da nosa lingua no mundo.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  17. Eu lembrando a unha canción do xabarín club direi que a moralexa da historia ben podería ser: "Non todo e o que parece, amigo"

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  18. Que grandes as cancións do xabarín!!
    Vou ó tema, na miña opinión o conto pode ter unha dobre moralexa.
    En primeiro lugar, o rapaz que elixe ser excremento, penso que o excremento pretende reflexar a lingua galega, cando case todo o mundo fala castelán uns poucos decántanse polo galego, unha lingua sen apenas valor e mal concebida por esta maioría.
    En segundo lugar, esta maioría cando realmente se decata do valor que ten o excremento, intenta achegarse máis e coñecer un pouco mellor ó excremento, dándolle o valor e a importancia que lle corresponde.
    En conclusión, penso que o respeto é algo que pretende inculcar este conto, o respeto ó descoñecido e o saber darlle a todalas cousas, por insignificantes que parezan, o valor que se merecen.

    ResponderEliminar
  19. Esta historia fala dos diferentes papeis que temos sobre as nosas vidas, ás veces non nos gusta, hai que facer, e tamén aprender. Podes ollar a partir de dous puntos, xa que os alumnos saben que comprender e tratar de discriminar contra os outros, tamén fala de respecto polos outros, e desde o punto de afrontar situacións que son complicadas e temos que afrontar

    ResponderEliminar
  20. Cuento para reflexionar. Detrás de este llamativo título se encuentra una historia divertida y educativa que ayuda a quien lo lea, niños, jóvenes, adultos… a entender la naturaleza y la importancia de todo lo que la compone.

    Una clase de ciencias naturales para transmitir mensajes educativos. Un día la profesora se va con sus alumnos al bosque a dar la clase, estudiarán la naturaleza y preguntará quién quiere ser jabalí, una roca o un excremento, por supuesto “nadie” quería ser excremento hasta que Caremoco levanto la mano. Esta historia nos enseña que no hay que despreciar nada ni a nadie porque todo en la naturaleza cumple una función, los minerales, el suelo, los animales y las plantas, las personas, todos realizamos una misión en el equilibrio de la vida, incluso el escrmento!. La vida es un ciclo y en ella todo y todos somos necesarios y cumplimos una función. Al igual que las lenguas, no hay lenguas más importantes que otras, todas son importantes a pesar del poco número de hablantes que tenga, todas llevan grandes enseñanzas y valores sociales y culturales.

    “Y el niño que era excremento sintió que se diluía en la tierra, que la enriquecía, que era recibido con alegría por las raíces de las plantas. Que, convertido en alimento, ascedía por los troncos hasta la misma punta de los árboles, que era útil y necesario. Y quique, el niño que quiso ser excremento, aprendió que no hay nada en la vida que no sea parte de ese don que es la vida, que todo, por desagradable que parezca, por prescindible que parezca, forma parte de una cadena en la que cualquier eslabón es importante”.

    Ya son varios los cuentos que hemos leído durante las clases, narraciones breves e imaginarias protagonizadas por personajes fantásticos y con argumentos sencillos y educativos, una herramienta divertida y formativa para transmitir valores y contenidos educativos.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez.

    ResponderEliminar