Para vos informardes sobre os debates arredor das propostas de modificación do Decreto 124/2007, podedes ler, entre outros, o Ditame do Consello da Cultura Galega, o da Real Academia Galega e o das universidades. Velaí tedes as ligazóns:
Os comunicados fan unha elaborada crítica do Decreto do Plurilingüismo. Quédome coa seguinte afirmación do Consello da Cultura Galega coa que estou de acordo: "Nas situacións de bilingüismo social asimétrico, a inmersión na lingua minorizada ofrece os mellores resultados en termos de capacitación nas dúas linguas en contacto para os falantes tanto da unha coma da outra". Este órgano propón a utilización maioritaria de galego na escola, tendo en conta o contexto sociolingüístico de cada centro, é dicir, fomentando un maior emprego do galego en contextos castelánfalantes.
Do documento da Real Academia Galega destaco a crítica de que no novo Decreto os alumnos teñen a liberdade de falar en castelán en materias impartidas en galego, en cambio, nas materias en lingua estranxeira deben falar nese idioma, tendo un trato preferente.
O comunicado da Comisión Interuniversitaria non fai máis que facer un chamamento sobre o que a propia universidade xera... a liberdade de cátedra dos docentes ainda que teñan a obriga de dar as clases en galego e promovelo e algo que, polo menos, no tocante a UDC non se leva estrictamente. E tratan de que as autoridades educativas lles resolvan o problema comezando pola adquisición de verdadeira competencia no ensino obrigatorio... ¿por que non un recordatorio nas propias universidades en forma de "regulamento do uso do galego no ensino universitario" ao marxe das obrigas estatutarias con proposicións concretas?
Estou completamente dacordo co que salienta Adrián no seu comentario... é imprescindible a INMERSIÓN para un uso, máis para xerar ese ambiente de inmersión requírese de moitos medios e pactos para facer de Galicia un lugar no que se fale galego (que paradoxa...)
Noutro contexto do galego (imaxinemos falado polo 90% dos galegos) non nos parecería mal nunha conversa dunha asignatura falar en galego e contestar en castelán, e viceversa... ¿e se iso pasase tamén co ingles?
Nese caso xa houberamos descuberto a fórmula do plurilingüismo REAL como o que poden vivir Suizos, Belgas... se fala co que se vive.
Non se pode ver o segundo enlace!!!
ResponderEliminarOs comunicados fan unha elaborada crítica do Decreto do Plurilingüismo.
ResponderEliminarQuédome coa seguinte afirmación do Consello da Cultura Galega coa que estou de acordo:
"Nas situacións de bilingüismo social asimétrico, a inmersión na lingua minorizada ofrece os mellores resultados en termos de capacitación nas dúas linguas en contacto para os falantes tanto da unha coma da outra". Este órgano propón a utilización maioritaria de galego na escola, tendo en conta o contexto sociolingüístico de cada centro, é dicir, fomentando un maior emprego do galego en contextos castelánfalantes.
Do documento da Real Academia Galega destaco a crítica de que no novo Decreto os alumnos teñen a liberdade de falar en castelán en materias impartidas en galego, en cambio, nas materias en lingua estranxeira deben falar nese idioma, tendo un trato preferente.
Un saúdo
Adrián Levoso Fernández
O comunicado da Comisión Interuniversitaria non fai máis que facer un chamamento sobre o que a propia universidade xera... a liberdade de cátedra dos docentes ainda que teñan a obriga de dar as clases en galego e promovelo e algo que, polo menos, no tocante a UDC non se leva estrictamente. E tratan de que as autoridades educativas lles resolvan o problema comezando pola adquisición de verdadeira competencia no ensino obrigatorio... ¿por que non un recordatorio nas propias universidades en forma de "regulamento do uso do galego no ensino universitario" ao marxe das obrigas estatutarias con proposicións concretas?
ResponderEliminarEstou completamente dacordo co que salienta Adrián no seu comentario... é imprescindible a INMERSIÓN para un uso, máis para xerar ese ambiente de inmersión requírese de moitos medios e pactos para facer de Galicia un lugar no que se fale galego (que paradoxa...)