segunda-feira, outubro 24, 2011

Todos os días morren linguas...

... e estas noticias publícanse en todos os medios e fálase de procesos de extinción, mais parece que nada se move entre nós.
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/02/04/00031265285202048249612.htm

21 comentários:

  1. Un claro exemplo máis sobre as barbaries dos imperialismos que se sucederon ó longo dos séculos, castigando a lingua tamén para borrar as sinais de identidade.

    Destaca para mín a opinión desta muller sobre os "jarawa", a tribu que aínda vive de maneira tradional, xa que dí que teñen sorte de seguir vivindo na selva. Para moitos de nós iso é impensable, pois temos metido o chip capitalista e ademáis neste caso nos formamos parte do imperio e non concebimos unha vida sen TV, sen coche, sen centros comerciais, sen hospitais... máis para esta xente todo o seu lecer, traballo,saúde e felicidade en xeral obeteñena do seu entorno e dos seus semellantes e prefiren esta vida "sinxela" no material fronte á nosa sociedade "de benestar".

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo co comentario de Iago.
    O outro día vimos na clase que as linguas non só serven para comunicarse cos demais. Se non que tamén son unha forma particular de ver o mundo, as linguas teñen implícito unha serie de coñecementos e experiencias recollidas o longo dos anos que non podemos deixar que se perdan. Un claro exemplo e que estas tribos a penas sufriron os efectos do tsunami debido a que elas guiáronse polos propios mecanismo de alerta da natureza.
    Por último quería apuntar que o impacto que pode ter esta noticia na sociedade, e o mesmo que cando vemos unha noticia dun atentado con “X” mortos no oriente medio; danos algo de pena pero seguimos facendo a nosa vida normal sen apenas inmutarnos.
    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  3. Un esquece a lingua coma esquece a maneira de cultivar, a mellor época para botalas sementes, como se pule a madeira para construir un obxecto de utilidade, a propia pesca ou os nomes das plantas que podería comer e cales lle causarían a morte.

    Ese imperialismo do que se fala e algo xa casi imperceptible máis o paso está en darse conta de tódolos aspectos negativos que trae ó seu carón. Moitos deles poderíanse eliminar non deixando que nos manipulasen pero todo o mundo quere vivir na comodidade e ese é o prezo que pagamos moi a gusto: a comodidade a cambio da perda dunda identidade. Estares en contacto coa nosa orixe, coa nosa lingua entendendo isto como identidade de cada ser human e comparándoo a aspectos relacionados coa supervivencia coma cultivar, pescar ou saber autoabaastecerte é o que debería ser unha constante entre todos nos sin teren medo a que isto significase unha involución do noso pobo.

    Vivir na selva e manter as costumes non é máis ca un exemplo que traducido á nosa cultura significaría simplemente non olvidar de onde vimos e evitar a alienación que se nos está a botar enrriba a cada momento.


    Ángel Montero

    ResponderEliminar
  4. Estou dacordo con Iago sobre a barbarie cometida polas nacións imperialistas, que só se dedicaron a impór o seus costumes e cultura a outras culturas cos seus propios coñecementos, un claro exemplo está no tsunami, como esas tribus sabían o que debían facer. A perda ou fin dunha lingua poderiamolo titular como, un atentado a cultura mundial, xa que se perde un anaco de coñecemento doutra cultura e lingua.
    Tamén quero decir que o imperalismo sigue vixente, a imposición dunha cultura e duns valores por parte dunha nación sigue existindo.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  5. Ao mellor expliqueime mal no meu comentario. Cando falo de que "o imperialismo e xa casi imperceptible" non me refiro a que non exista senon a que moita xente vive sen darse conta do que isto trae consigo, sen percibilo directamente.
    Obviamente existen imperialismos e por desgracia seguirán existinto do que estou tremendamente en contra pois supeditan todo o percorrido da humanidade a uns poucos países, estados, etc...

    ResponderEliminar
  6. A lingua sufre algo parecido ao que sufren os pequenos comercios dentro deste capitalismo e consumismo no que estamos inmersos. O orixinal, xenuíno, artesanal... deixa de ter importancia e pasase a unha producción en serie. A sociedade alimenta iso comprando e dando lugar a desaparición das tendas propias...
    Non pretendo facer unha mala comparación pero todo está relacionado neste mundo de apariencias no que vivimos.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu penso que a extinción dos Bo puido ser consecuencia directa do seu illamento, a modificación so seu entorno e a súa incapacidade para integrarse o coexistir con outras comunidades.
    Na actualidade, a India é o país con mais linguas en perigo de desaparición de todo o mundo, de feito, o Järawa quédanlle tan so 200 falantes, case todos monolingües.

    ResponderEliminar
  8. En miña opinión, as linguas non van desaparecer, porque eles teñen gran importancia para estes falantes, ainda sean máis o menos que outras linguas. As linguas teñen o poder da comunicación, teñen un valor tradicional que pasa de xeración en xeración, dunha maneira ou outra estamos transmitindo unha parte do noso pasado cultural, debemos ter presente que, aínda que agora coas novas tecnoloxías estes días, sempre usamoas estas linguas dunha forma máis coloquial ou máis formal. linguas indenfican nós, somos parte dun grupo, unha rexión, un país e iso é parte dunha cultura que non vai desaparecer.

    ResponderEliminar
  9. Eu penso que se morre un idioma inevitablemente morre unha cultura. Está claro que agora mesmo é impensable comparar o galego cun idioma coma o dos Bo, porque os galegos non estamos aislados como poden estar algunhas tribus no mundo. Penso que o galego pode e ten que evolucionar para manter parte da súa tradición na sociedade. A solución non pasa por encerrarse na idea de manter o idioma intacto tal e como o coñecemos, senon en ser conscientes de que un idioma leva unha cultura detrás súa e se o idioma evoluciona, evoluciona tamén a cultura. Esa a idea que quero plasmar, o galego en evolución para non chegar o galego como lingua morta.

    ResponderEliminar
  10. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  11. Alfabetización, coñecementos, integración social… todo pasa pola lingua, que encarna a identidade nacional, cultural e, a veces, relixiosa, dos individuos. Como podemos ver, unha gran maioría de idiomas corren o risco de desaparecer, dada a súa falta de presenza na administración, a educación ou nos medios informativos.

    Coido que debemos reflexionar, e ter máis empatía.Imos deixar que as linguas se convertan en historia ou nunha peza de colección dun museo?

    A min gústame un mundo amplo, diverso e libre no que se respecte a lingua de cada un por enriba de todo.

    ResponderEliminar
  12. A verdade e que é unha pena que isto ocorra, xa que de seguir así acabaremos sendo maquinas programadas para falar inglés, chinés e español, sen ningún tipo de identidade propia. E poderemos falar entre nós, pero non lograremos entendernos, porque aínda que moitos nos queiran facer ver o contrario, cada cultura é un pequeno mundo con diferentes características, cunhas costumes, hábitos alimenticios...

    Quero dicir tamen, dacordo coas palabras de Álvaro, que o galego está lonxe desta situación de desaparición, porque conta cun gran número de falantes polo momento. Ben é certo que poderían ser máis, pero aínda somos uns cantos os que valoramos a nósa lingua e a nósa cultura como propias.

    ResponderEliminar
  13. Noticia impactante sen dúbida. Coma dixemos o outro día na clase, ademáis de para comunicarnos, as linguas serven para identificarnos e dende o meu punto de vista tamén para diferenciarnos . Coa morte dunha lingua, está a morrer a diversidade e non podemos deixar que ésto ocorra.
    Eu personalmente, e por poñer un exemplo, non son galegofalante, pero procuro cada vez que vou a un caixero, seleccionar o galego como idioma, cando entro nas redes sociais, exactamente o mesmo, etc. Creo que é unha das maneiras que temos hoxe en día de facernos notar, de loitar para que o galego non morra (aínda que como vimos o outro día na clase o galego sexa unha lingua maioritaria)

    Gostariame facer tamén un comentario sobre o video que vimos o outro día na clase de GALICIA NO ANO 2098. Creo que representa de maneira exaxerada a caída en desuso do galego. Asimesmo, ben é certo que cada vez se fala menos en galego e dende o meu punto de vista, e entre outras cousas é pola marcha das persoas ás cidades, onde se misturan todo tipo de culturas, e nas que se utiliza unha lingua estandar para o millor entendemento entre elas.

    Creo pois, que non viría nada mal, non só pra defender a nosa lingua senon tamén para outros aspectos nos que non vou a entrar, ruralizar en certo modo as cidades.

    Antonio Márquez Blanco

    ResponderEliminar
  14. Estou dacordo con moitos dos meus compañeiros en que a perda dunha lingua representa a perda da cultura, identidade e valores dunha sociedade. O que non podemos facer é valorar a repercusión da lingua que morre cando xa desapareceu, senón no momento en que aún gozamos de oportunidades para evitar a súa extinción.

    Pero outra pregunta que se me pasa pola mente é saber cantas linguas desaparecen sen que nós (nin os medios informativos) teñamos coñecemento dela. Neste caso, a lingua Bo é coñecida grazas a estes medios, pero se non chega a aparecer a noticia publicada esta lingua sería unha máis das que se perden sen ter constancia de que existira.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  15. Ben certo é que a morte ou extinción dunha lingua é unha gran perda cultural, como comentaban algúns dos meus compañeiros.
    Por outra parte penso que se os Bo non foron quen de manter a súa lingua viva, foi por ser un grupo moi cerrado e asocial, con moitas dificultades para a comunicación cos outros grupos. Polo cal eles mesmos son os que provocan esta extinción.
    Tamen estou totalmente de acordo co comentario dun compañeiro que fala de que as linguas deben evolucionar, igual que evoluciona todo o que está ó seu redor, xa que o bonito non é conservala lingua tal e como naceu, senon ver como vai medrando, desenrolándose, sufrindo cambios, ó mesmo ritmo que a sociedade avanza e progresa.
    Daniel Barros Martínez

    ResponderEliminar
  16. Conocemos lo importante que es para el ser humano el lenguaje, nos permite expresar nuestras ideas, emociones y sentimientos, cado uno refleja su personalidad y como dice mi compañero Antón representa la identidad nacional, cultural y religiosa de la sociedad.

    Existen muchas causas para el empobrecimiento y desaparición de una lengua, la indiferencia al estudio del idioma, el uso indebido de las nuevas tecnologías (internet, móvil…), la violencia, las guerras, las invasiones, los colonizadores (fuerte influencia cultural), los desastres naturales… que lleva consigo la perdida, como dice Eloy, de la cultura, identidad y valores de una sociedad.

    La desaparición de la lengua bo nos hace reflexionar sobre las políticas lingüísticas que se llevan a cabo y que se deberían implementar para evitar el empobrecimiento y extinción de una lengua y sobre el apoyo que deberían tener los lingüistas para la creación de diccionarios, gramáticas, grabaciones sonoras para lograr conservar la mayor cantidad posible de información.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar
  17. Estou dacordo co feito de que a desaparición desta lingua supuxo una perda do seu xeito de ver o mundo, pero eles son os respondables do seu illamento e falta de difusión.

    Ter unha identidade é importante pero máis ca iso, compartila.

    ResponderEliminar
  18. Nin que decir teño, respecto a que estou totalmente de acordo cos meus compañeiros. A desaparición dunha lingua sempre significa a perda da cultura, coñecemento, identidade dunha poboación, riqueza...

    Pero tamén se tratou un tema co que estou totalmente de acordo. A lingua ten que evolucionar como todo na nosa sociedade. Non pode ser motivo de illamento. Gústame a diversidade, e valoro a riqueza que isto significa, pero tamén hai que loitar polo entendemento e a convivencia.

    ResponderEliminar
  19. Dubido que o galego teña o mesmo final, pero si unha perda de falantes progresiva. Pode que a tendencia sexa que os pais queiran que os seus fillos estuden as materias en inglés (o idioma dominante en occidente que provocará a desaparición de moitas linguas). E este proceso terá un exclusivo pensamento capitalista (estudar inglés para poder optar a un bo traballo), olvidándose da identidade cultural que acompaña a lingua que no futuro será minoritaria se non se toman medidas.

    ResponderEliminar
  20. Eu estou dacordo en que a perda dunha lingua conleva perda de cultura. Non considero que o galego poda sufrir este fin debido a que ten un numero moi grande de falantes como vimos nunha das clases en que nos explicaba o posto en que se encontra o galego en numero de falantes con respecto as demais linguas do planeta. O galego goza de moi boa saúde pero considero que debemos traballar para que así siga sendo.
    Creo que e moi dificil que linguas coma as dos "jarawa" poidan sobrevivir moito tempo debido a que xa eles mesmos se atopan apartados do resto, cunha cultura que pouco a pouco se extinguirá xa que como algún compañeiro mencionou quedan 200 persoas nesa tribu.
    O que considero que debemos facer con esas linguas e documentalas para que no caso de desaparición dos seus falantes poidamos dispoñer dese trociño de cultura.

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar
  21. Estou de acordo co que xa hai tempo dixo alba:"ALBA REGOS MATA disse...
    Pois eu penso que a extinción dos Bo puido ser consecuencia directa do seu illamento, a modificación so seu entorno e a súa incapacidade para integrarse o coexistir con outras comunidades"

    Todos pensamos que a perda dunha lingua e tamen a perda desa cultura e todo o que iso conleva. Pero o que si é certo é que a extinción desa lingua en parte foi producida por eles mesmos, polo seu illamento e pola sua falta de implicación á hora de transmitir de pais a fillos ese idioma.
    Creo que ninguén de nos podemos facer afirmacións sobre por qué ou cales foron as causas de dita extincion xa que non temos coñecemento da su vida, da sua sociedade e das inluencias externas que poderian au no influirlles. O unico que podo dicir é que se unha sociedade, neste caso a tribo, pretendese e estivese concienciada de quereres manter a sua lingua propia faría todo o posibel por que esta fose transmitida e aprendida polas novas xeracións.

    ResponderEliminar