Había persoas que non coñecían a polémica que houbo tras estas declaracións que deixan ver a persistencia de moitos preconceptos contra o galego: http://www.youtube.com/watch?v=O4iUzyVQTIM
Por sorte ou por desgracia xa coñecía este vídeo e a verdade e que, por moito que me pese dicilo, hai xente que pensa da mesma forma que ela.
Postos a buscar culpables, aquí vexo o principal problema nunha sociedade actual, que segue vendo o galego como "a lingua das aldeas". Segundo di a propia Marta (se non recordo mal o nome desta rapaza coruñesa), os mestres impartían as clases en castelán a pesares de que os libros de texto estaban en galego, polo tanto hai que atribuír parte de culpa a eses profesores. Pero se aínda a maiores ela tiña a "astucia" de mercar os libros en castelán , iso mostra un interés nulo pola súa parte cara a aprendizaxe.
Temos a oportunidade de compartir e coñecer dúas linguas e hai xente que rexeita unha delas por algunha razón que eu descoñezo. O que si teño moi claro e que ninguén é máis ou é menos polo idioma que fale. Todos merecemos un respecto e a lingua non pode ser motivo de menosprezo nos tempos que corren.
No meu caso, ao contrario que o compañeiro Javier, non coñecía o vídeo pero; nembargante, lera neses momentos a polémica nos xornais galegos. Nas imaxes pódese observar a unha rapaza que fala por non aburrirse, un tanto ignorante tras diferir a "gheada" ou o "seseo" como un galego bruto, sen saber que son uns fenómenos característicos da dialectoloxía galega e que; ademais, enriquecen á propia lingua. Por non falar tamén de que presenta uns leves síntomas do trastorno de dobre personalidade, posto que por unha banda rexeita o galego ata pisalo máis ala do chan e; pola outra, dálle pena que a lingua se perda. Ademais, comenta abertamente que é quen de apartar a unha persoa por falar en galego. E como estas, unha interminable lista de atrocidades que chegou a dicir esta rapaza en poucos minutos, das cales quero destacar o momento no que afirmaba que non era habitual que a mocidade falara galego. Eu estudei en dous institutos distintos nos que ninguén falaba o castelán; é dicir, que uns dous mil rapaces falabamos galego.E agora pregúntome, segundo Marta, ¿quen eramos?: -Nacionalistas exaltados -Persoas secundarias ("el gallego es secundario") -Anciáns ("el gallego se asocia a las personas mayores") ...
Eu xa coñecía o vídeo. En un principio, doulle a razón a rapaza nalgunhas cousas, como que por exemplo menciona a que historicamente, falar galego sexa negativo. Que os mestres non impartan as asignaturas en galego, foi e é unha realidade que vivimos todos.
Noutros temas, perde os papeis, no caso de despreciar a amizade de alguen por falar galego.
Respondendo a María, hoxe vimos na aula, perto do final da mesma, que hai prexuizos, e as preguntas respondense co negativo que é aplicar a unha lingua uns ideais, desprecio, etc.
Con Javier comparto o descoñecemento que fai nalgunhas persoas o negarse a aprender un idioma, tendo a oportunidade única de aprender dous. Eu, por sorte, aprendín a convivir con tres linguas, e creo que me fixo mais ben que mal. Evidentemente, as que mellor domino, e o galego e o castelán.
Pois eu sí me acordo deste video, máis que nada por terdes amigos en común con esta rapaza, e xa daquela dera lugar a "discusións". Aínda que a algúns non lles guste, a realidade e que moitos o seguen vendo así, como ben dí Javier, "a lingua das aldeas", tamén coñecida coma a dos pailáns (e conste que eu non o vexo así). Tamén estou dacordo con Marta respecto ao trato que lle dan nas escolas, agora non sei moi ben como están as cousas, pero cando eu era pequena, sí era certo que os libros estaban todos en galego e despois as clases eran en castelán salvo unha ou dúas, e porque o que impartía esas clases era a misma persoa. Se os propios mestres "desprezan" a lingua á hora de ensinar, logo non a utilizaremos. Non acabo de entender que haxa xente que rexeite á algunha persoa polo feito de falar galego, pero por desgracia dasen moitos casos. Concordo con Javi e Gabriel, polo descoñecemento e o non querer aprender unha lingua, se souperan, aínda poderíalles incluso beneficiar á hora de aprenderdes outro por ter moitas palabras en común.
Eu tamén tiven a oportunidade (ou a mala sorte) de ver este vídeo con anterioridade. Eu penso que Marta representa a ese colectivo influenciado polas tendencias actuais das modas negativas, tema que xa viñemos comentando noutros foros.
Ela ve unha sociedade onde o galego vaise perdendo co paso do tempo a causa de que moitos o ven coma unha lingua bruta, non ligada a xuventude, coa que poden identificar negativamente o que somos sen coñecernos... .
Un dos problemas máis graves que atopo nos seus comentarios é ese pouco interés pola aprendizaxe que xa comentou Javier. Isto é a base, porque se o noso interés é inexistente as posibilidades de valorar a lingua como se merece son nulas.
E outra cousa que non me gustou neste vídeo foi esa falta de solidaridade co resto de galegos que permiten que a lingua siga falándose. Unha cousa é que a lingua non che guste e outra moi diferente é criticar os demais por facer uso dela. Se nos fixamos nos derradeiros minutos comprobaremos como a compañeira, despois de escoitar a Marta, fala do galego como acento ou fala, nunca coma lingua.
Podemos falar ou non en galego, pero non desacreditar o seu valor ata o punto de que os demais cheguen a considerar a lingua coma algo inferior. Esa visión do idioma non favorece nada o seu progreso no tempo.
Este caso ten relevancia porque saíu na televisión, pero decir que cousas coma estas teño escoitadas moitas veces, eso si sempre nas urbes galegas, especialmente A Coruña. Outra aspecto foi tildar aos galegofalantes con gheada e seseo como os mais ignorantes, esta afirmación ainda sigue moi en auxe, eso si seguro que lle fai graza e gustalle e non lle da baixón escoitar falar a un andaluz. Estas actitudes son causa dun sistema que a longo dos anos foi permisivo coa deteriorización do galego en todos os estamentos educativos e politicos. Miguel Fernández García
Quero pensar que como parte do "Reality show" isto formaba parte do guión destes personaxes como un reclamo para aumenta-la audiencia, senón eu non me explico moitas das barrabasadas que solta a tal Marta. Certo é que o galego historicamente se viu asociado con algo negativo, como un idioma non culto e que non tiña moita utilidade de cara ao futuro, pero nos tempos que corren acho que a opinión cambiou un chisco. Sen ir máis lonxe, asociar o galego cun idioma de pobo é bastante erróneo: na miña cidade, Ourense, escóitase moitísimo falar galego pola rúa. E tamén dende o meu punto de vista, a opinión que ten a xente nova sobre o idioma non é para nada negativa, outra cousa é que comulguen co exemplo, pero iso xa é outro cantar. Pero qué podemos esperar desta xente, se dende as propias esferas da política se segue a falar de vellos tópicos relacionados co idioma e coa nosa cultura? De todos é coñecido o que para a señora Rosa Díez somos os galegos e as galegas... http://www.publico.es/espana/297725/rosa-diez-zapatero-es-gallego-en-el-sentido-mas-peyorativo-del-termino
¡Hola a todos! En fin... xa coñecía este video, e a primeira vez que o vín quedei sen palabras. Eu son de Noia e falo con gheada e seseo, pero tamen é verdade que o falo dependendo con quen esté a falar nese momento. Non me avergonzo para nada do meu acento e moito menos de ser galego. A nosa lingua e un símbolo de identidade do cal teríamos que estar moi orgullosos. O problema pode que sea como di a protagonista do video que sean os profesores que non se sintes seguros do seu idioma, ou mesmo, polos prexuizos que a xente ten hacia ó seu propio idioma. Pero... se somos nos quen ten esos prexuizos... mal imos!!! Un Saudo
Alporízame a idea que aínda poidan escoitarse comentarios deste tipo. E o peor, estou plenamente convencido que non é a única…
Coido que se trata dunha mostra máis do medo que ten a xente a falar galego. Resumo o vídeo cunha triste frase da protagonista “a mi me cuesta un montón hablar en gallego, no me sale”. Ela amósase capaz de entendelo, “traducilo” como mesmo afirma, pero non se sente competente para falalo de forma activa ou estdalo con facilidade.
Xa máis no noso ámbito, tal e como temos debatido na clase, amosa unha vez máis a mala praxe docente cando afirma que recibiu moi poucas clases, das correspondentes materias que si debería telas. Unha sinal máis da falla do sistema educativo e dos docentes en particular na transmisión e gusto do galego por parte dos nenos.
Reafírmase na súa “galegofobia” polo medo a facer o ridículo… pero digo eu… dos erros apréndese non? Basta con intentalo, pero coido que adoita unha postura moi cómoda. Como o falo mal, pois non o intento… que máis da…. O curioso é que logo laméntase que desapareza o idioma… Ese sentimento de individualidade, é a nosa lacra, se todos predicaremos de seu… outro galo cantaría….
E sen lugar a dúbidas, o tema máis controvertido e que máis debate xerou é o prexuízo entre os novos na fala de galego e a súa arcaica vinculación ao “paleto”. “Le da un bajón” polo simple feito de falar galego ou máis aínda pronunciar con gheada ou seseo. Sen coñecer a persoa… fala galego e xa como que lle tira para atrás…. Seguindo isto, se falara un inglés ou francés xa sería máis interesante a persoa…. NON O ENTENDO.
Espero e desexo que xamais sexa verdade a realidade que describe esta moza.
Este vídeo xa me era coñecido. Dende logo non vou a entrar en xuzgar a rapaza, pero si os mensaxes que deixa. Como dí a compañeira María, no video estase todo a tempo a contradicir nas súas verbas. Por un lado que o galego é de brutos, e por outro que é unha pena que se estea a perder. Como comenta Carlos a rapaza dedicouse a seguir un guión, no que puña que tiña que falar do galego na actualidade, e soltou todas as trapalladas que lle viñan a cabeza. Non son mentiras moitas delas, xa que é o sentimento que temos moitas veces os galegos do noso idioma. Pero si penso que a realidade non é única, e neste vídeo a rapaza supón como universais as súas experiencias. Temos que darnos conta de que o problema da saúde do galego o estamos a crear nos, e máis se cabe nas grandes cidades, onde pensamos que o galego queda para as aldeas e demáis. Como en tódolos ámbitos da vida, deixámonos guiar polos nosos prexuizos para valorar unha persoa sen coñecela de nada. Supoño que no caso do galego hai que cambiar a nosa visión dende a raiz. Algo complicado pero para o que eu estoume a dar conta que hai que actuar XA.
dicir que aquí temos o claro exemplo dos prexuízos que asoballan a nosa lingua...a este energúmena si que lle fai falla elevar o seu compoñente cognitivo.
No vi el vídeo antes, creo que nada justifica hablar “mal” de una persona y sin conocerla menos, ojala fuera un guion como dice Carlos, pero la verdad es que mucha gente que vea este video, siendo o no gallega, diría que “es para comérsela viva, por no decir que es para matarla”…
No nací en Galicia, llevo casi 8 años viviendo en La Coruña, y sí que es verdad, por comentarios que he escuchado y por lo que he leído en relación a la evolución de esta lengua, que se puede afirmar que existen muchos perjuicios en relación a falar en galego, como los que menciona Eloy, “es una lengua bruta”, “no está ligada a la juventud”, “identificamos a alguien negativamente por hablar en gallego”… pero creo que nadie tiene el derecho de expresarse como lo hace esta chica, seguramente mucha gente afirmaría que no tiene solo un problema de “galegofobia” sino también de “falta de valores y educación” algo importante para participar en este programa. Después realizo unas declaraciones ( http://tu.tv/videos/marta-contesta-en-la-gala-tras-ver-el-vi) donde dijo, “no estaba hablando por mí, yo no pienso eso de Galicia, en absoluto…”, “yo en ningún momento quiero decir que Galicia es malo, yo estoy muy orgullosa de ser gallega”, aquí recordé lo que Goretti dijo en clase a una compañera “son muy importantes las formas a la hora de expresarnos”. Estoy totalmente de acuerdo con Eloy, podemos hablar o no en gallego, pero no desacreditar su valor hasta el punto de que los demás lleguen a considerarlo como algo inferior.
A verdade é que non fun quen de velo vídeo enteiro, cos catro primeiros minutos tiven abondo. Para empezar que dicir desta tipiña que di que necesita media hora para traducir unha palabra en galego, vou a gardar un respetuoso silencio sobre este comentario. E para continuar como podes decir que unha persoa que che dou unha primeira impresión tan boa, o perde todo por falar en galego!!??? Non entendo este tipo de prexuizos que ten a xente, me parecen persoas cunha mentalidade irracional e que apenas hay por onde collelas. O meu consello para esta moza é que si sabe onde venden cerebros, se vaya a mercar un de contado!!
Chega un momento no que hai pouco máis que dicir, mais penso que darlle una "tunda" lingüistica nos comentarios son obtén un resultado: saber que case todos estamos dacordo. Como rapaza da miña terra lucense penso que se lle pode dar explicación a alguna das súas afirmacións, con obxectivo de entender o seu contexto. Entre a mocidade da capital lucense e moi raro cruzar as primeiras verbas en galego ainda que as dúas persoas sexan galego-falantes, dígovolo por experiencia, tódolos meus compañeiros dende o colexio a o instituto eran das comarcas lucenses onde se fala galego 24/7. Sen embargo chegan a "capital" e falan castelán... un prexuizo ou educación galega para que che entendan? Penso que hai mistura de razóns.
Se o teu fogar/entorno e castelán-falante e comprensible que a rapaza lle custe estudar en galego, ainda que por veces sexa máis sintético a hora de explicar. O que non te excusa e a súa preguiza para aprenderes a falar galego ben.
Para non extenderme en demasía, só engadir o derradeiro apontamento sobre a perecepción dos mozos e mozas "nacionalistas exhaltados". E ben certo que o que se ve deses mozos xera certo rexeitamento por non saber moitas veces, nin o que defenden e so asumir os preceptos que lles veñen dados. A estratexia por parte desas organizacións cara a mocidade "foiselles das mans" e fabricaron un camiño de afastamento en vez de trataren o galego como algo normal do pobo galego, algo natural, algo que xa e noso dende que pisamos esta terra e que por cousas da sociedade afastámonos del.... deberan buscar a comprensión do problema do galego por afinidade e non por diferenciación.
Cando este vídeo se retransmitiu na televisión levantou moita polémica, e os pais da pobre protagonista (digo pobre porque creo que estaba falando por non estar calada, sin pensar o que decía) fartáronse a intentar disculpala.
Creo que somos un pouco hipócritas cando todos nos sentimos moi ofendidos cando oímos palabras como as de Marta na televisión, e sabemos que día a día, nos encotramos con personas moito máis cercanas que pensan igual, e sí podríamos facer algo para cambiar a súa ignorancia.
Dentro de que dixo barbaridad tras barbaridad, penso que a súa intención nunca foi menospreciar o galego, simplemente son prexuicios que ten, e aínda intentando falar ben dos galegos, dixo estupideces que demostrar o seu descoñecemento da lingua.
Eu penso que toda a polémica que trouxo este vídeo no seu momento serviu para afianzar a imaxe do galego en Galicia, e explícome: todas as tonterías que dixo esta rapaza nun programa de discutida calidade, produciron unha cadea de declaracións opostas as súas opinións promocionando o uso do galego, ao igual que como ben dixo Carlos, as declaracións de Rosa Díez no seu momento.
Pero estas declaracións son excepcións. Penso que segue habendo moitos prexuízos sobre o galego, pero cada vez menos. O problema non creo que sexan prexuízos como o galego "lingua bruta" , senón un pensamento de falta de utilidade, incrementado pola forte demanda de aprendizaxe de outras linguas como o inglés ou o alemán.
Outra mostra das connotacións pexorativas que arrastra o galego como lingua dos brutos e dos ignorantes. Eu creo que en partes sinala una realidade nestes desafortunados comentarios no sentido de que cada vez a xente nova nas cidade fala menos o galego.
Chocoume a parte en que amosa que ela non daba clase en galego a pesares de que os libro de texto estab an en galego agas na lingua galega e en historia (que era impartida pola profe de galego). Esto si que me parece un punto que nos debe preocupar xa que si os educadores apartan o galego da educación volvemos a situacións pasadas de que os profesores impartían as clases en castelan volvendo a considerar o galego idioma dos parvos. Ista situación considero que dende as administracións se debería mirar con lupa, exisindo que esto se cumpla para evitar un retroceso neste aspecto. Outro punto que non me gustou nada e non o comprendo é a crítica hacia o seseo e a gheada dicindo como que e de xente do monte, como illados , esto e como dicir, facendo un simil co castelan, que os madrileños (ej que) ou os andaluces son de sitios illados ou xente bruta.
De esta persoa entendo que fora educada no castelan e que lle coste expresarse en galego pero debemos cambiar estas opinions, facer entender que son 2 idiomas coas mesmas opcións na educación
Aquí creo quedan de manifesto os prexuízos que teñen moitas persoas, ainda que neste caso é unha persoa que se contradí a si mesma e cando xurdíu a polémica incluso saliu outra vez negando todo... en fin, aínda que para min esta persoa non é válida para aportar una opinión crítica vendo os cacaos mentais que ten, pero é certo que moitos dos prexuizos que pon de manifesto os teñen moitas persoas.
Por sorte ou por desgracia xa coñecía este vídeo e a verdade e que, por moito que me pese dicilo, hai xente que pensa da mesma forma que ela.
ResponderEliminarPostos a buscar culpables, aquí vexo o principal problema nunha sociedade actual, que segue vendo o galego como "a lingua das aldeas". Segundo di a propia Marta (se non recordo mal o nome desta rapaza coruñesa), os mestres impartían as clases en castelán a pesares de que os libros de texto estaban en galego, polo tanto hai que atribuír parte de culpa a eses profesores. Pero se aínda a maiores ela tiña a "astucia" de mercar os libros en castelán , iso mostra un interés nulo pola súa parte cara a aprendizaxe.
Temos a oportunidade de compartir e coñecer dúas linguas e hai xente que rexeita unha delas por algunha razón que eu descoñezo. O que si teño moi claro e que ninguén é máis ou é menos polo idioma que fale. Todos merecemos un respecto e a lingua non pode ser motivo de menosprezo nos tempos que corren.
No meu caso, ao contrario que o compañeiro Javier, non coñecía o vídeo pero; nembargante, lera neses momentos a polémica nos xornais galegos.
ResponderEliminarNas imaxes pódese observar a unha rapaza que fala por non aburrirse, un tanto ignorante tras diferir a "gheada" ou o "seseo" como un galego bruto, sen saber que son uns fenómenos característicos da dialectoloxía galega e que; ademais, enriquecen á propia lingua. Por non falar tamén de que presenta uns leves síntomas do trastorno de dobre personalidade, posto que por unha banda rexeita o galego ata pisalo máis ala do chan e; pola outra, dálle pena que a lingua se perda. Ademais, comenta abertamente que é quen de apartar a unha persoa por falar en galego.
E como estas, unha interminable lista de atrocidades que chegou a dicir esta rapaza en poucos minutos, das cales quero destacar o momento no que afirmaba que non era habitual que a mocidade falara galego. Eu estudei en dous institutos distintos nos que ninguén falaba o castelán; é dicir, que uns dous mil rapaces falabamos galego.E agora pregúntome, segundo Marta, ¿quen eramos?:
-Nacionalistas exaltados
-Persoas secundarias ("el gallego es secundario")
-Anciáns ("el gallego se asocia a las personas mayores")
...
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEu xa coñecía o vídeo.
ResponderEliminarEn un principio, doulle a razón a rapaza nalgunhas cousas, como que por exemplo menciona a que historicamente, falar galego sexa negativo. Que os mestres non impartan as asignaturas en galego, foi e é unha realidade que vivimos todos.
Noutros temas, perde os papeis, no caso de despreciar a amizade de alguen por falar galego.
Respondendo a María, hoxe vimos na aula, perto do final da mesma, que hai prexuizos, e as preguntas respondense co negativo que é aplicar a unha lingua uns ideais, desprecio, etc.
Con Javier comparto o descoñecemento que fai nalgunhas persoas o negarse a aprender un idioma, tendo a oportunidade única de aprender dous.
Eu, por sorte, aprendín a convivir con tres linguas, e creo que me fixo mais ben que mal. Evidentemente, as que mellor domino, e o galego e o castelán.
Gabriel Domínguez Dos Santos
Pois eu sí me acordo deste video, máis que nada por terdes amigos en común con esta rapaza, e xa daquela dera lugar a "discusións".
ResponderEliminarAínda que a algúns non lles guste, a realidade e que moitos o seguen vendo así, como ben dí Javier, "a lingua das aldeas", tamén coñecida coma a dos pailáns (e conste que eu non o vexo así).
Tamén estou dacordo con Marta respecto ao trato que lle dan nas escolas, agora non sei moi ben como están as cousas, pero cando eu era pequena, sí era certo que os libros estaban todos en galego e despois as clases eran en castelán salvo unha ou dúas, e porque o que impartía esas clases era a misma persoa. Se os propios mestres "desprezan" a lingua
á hora de ensinar, logo non a utilizaremos.
Non acabo de entender que haxa xente que rexeite á algunha persoa polo feito de falar galego, pero por desgracia dasen moitos casos.
Concordo con Javi e Gabriel, polo descoñecemento e o non querer aprender unha lingua, se souperan, aínda poderíalles incluso beneficiar á hora de aprenderdes outro por ter moitas palabras en común.
Rebeca Suárez Jorge
Eu tamén tiven a oportunidade (ou a mala sorte) de ver este vídeo con anterioridade. Eu penso que Marta representa a ese colectivo influenciado polas tendencias actuais das modas negativas, tema que xa viñemos comentando noutros foros.
ResponderEliminarEla ve unha sociedade onde o galego vaise perdendo co paso do tempo a causa de que moitos o ven coma unha lingua bruta, non ligada a xuventude, coa que poden identificar negativamente o que somos sen coñecernos... .
Un dos problemas máis graves que atopo nos seus comentarios é ese pouco interés pola aprendizaxe que xa comentou Javier. Isto é a base, porque se o noso interés é inexistente as posibilidades de valorar a lingua como se merece son nulas.
E outra cousa que non me gustou neste vídeo foi esa falta de solidaridade co resto de galegos que permiten que a lingua siga falándose. Unha cousa é que a lingua non che guste e outra moi diferente é criticar os demais por facer uso dela. Se nos fixamos nos derradeiros minutos comprobaremos como a compañeira, despois de escoitar a Marta, fala do galego como acento ou fala, nunca coma lingua.
Podemos falar ou non en galego, pero non desacreditar o seu valor ata o punto de que os demais cheguen a considerar a lingua coma algo inferior. Esa visión do idioma non favorece nada o seu progreso no tempo.
Eloy José Villaverde Caramés
Este caso ten relevancia porque saíu na televisión, pero decir que cousas coma estas teño escoitadas moitas veces, eso si sempre nas urbes galegas, especialmente A Coruña. Outra aspecto foi tildar aos galegofalantes con gheada e seseo como os mais ignorantes, esta afirmación ainda sigue moi en auxe, eso si seguro que lle fai graza e gustalle e non lle da baixón escoitar falar a un andaluz. Estas actitudes son causa dun sistema que a longo dos anos foi permisivo coa deteriorización do galego en todos os estamentos educativos e politicos.
ResponderEliminarMiguel Fernández García
Quero pensar que como parte do "Reality show" isto formaba parte do guión destes personaxes como un reclamo para aumenta-la audiencia, senón eu non me explico moitas das barrabasadas que solta a tal Marta. Certo é que o galego historicamente se viu asociado con algo negativo, como un idioma non culto e que non tiña moita utilidade de cara ao futuro, pero nos tempos que corren acho que a opinión cambiou un chisco. Sen ir máis lonxe, asociar o galego cun idioma de pobo é bastante erróneo: na miña cidade, Ourense, escóitase moitísimo falar galego pola rúa. E tamén dende o meu punto de vista, a opinión que ten a xente nova sobre o idioma non é para nada negativa, outra cousa é que comulguen co exemplo, pero iso xa é outro cantar.
ResponderEliminarPero qué podemos esperar desta xente, se dende as propias esferas da política se segue a falar de vellos tópicos relacionados co idioma e coa nosa cultura? De todos é coñecido o que para a señora Rosa Díez somos os galegos e as galegas...
http://www.publico.es/espana/297725/rosa-diez-zapatero-es-gallego-en-el-sentido-mas-peyorativo-del-termino
¡Hola a todos!
ResponderEliminarEn fin... xa coñecía este video, e a primeira vez que o vín quedei sen palabras.
Eu son de Noia e falo con gheada e seseo, pero tamen é verdade que o falo dependendo con quen esté a falar nese momento. Non me avergonzo para nada do meu acento e moito menos de ser galego. A nosa lingua e un símbolo de identidade do cal teríamos que estar moi orgullosos.
O problema pode que sea como di a protagonista do video que sean os profesores que non se sintes seguros do seu idioma, ou mesmo, polos prexuizos que a xente ten hacia ó seu propio idioma. Pero... se somos nos quen ten esos prexuizos... mal imos!!!
Un Saudo
Alporízame a idea que aínda poidan escoitarse comentarios deste tipo. E o peor, estou plenamente convencido que non é a única…
ResponderEliminarCoido que se trata dunha mostra máis do medo que ten a xente a falar galego. Resumo o vídeo cunha triste frase da protagonista “a mi me cuesta un montón hablar en gallego, no me sale”. Ela amósase capaz de entendelo, “traducilo” como mesmo afirma, pero non se sente competente para falalo de forma activa ou estdalo con facilidade.
Xa máis no noso ámbito, tal e como temos debatido na clase, amosa unha vez máis a mala praxe docente cando afirma que recibiu moi poucas clases, das correspondentes materias que si debería telas. Unha sinal máis da falla do sistema educativo e dos docentes en particular na transmisión e gusto do galego por parte dos nenos.
Reafírmase na súa “galegofobia” polo medo a facer o ridículo… pero digo eu… dos erros apréndese non? Basta con intentalo, pero coido que adoita unha postura moi cómoda. Como o falo mal, pois non o intento… que máis da…. O curioso é que logo laméntase que desapareza o idioma… Ese sentimento de individualidade, é a nosa lacra, se todos predicaremos de seu… outro galo cantaría….
E sen lugar a dúbidas, o tema máis controvertido e que máis debate xerou é o prexuízo entre os novos na fala de galego e a súa arcaica vinculación ao “paleto”. “Le da un bajón” polo simple feito de falar galego ou máis aínda pronunciar con gheada ou seseo. Sen coñecer a persoa… fala galego e xa como que lle tira para atrás…. Seguindo isto, se falara un inglés ou francés xa sería máis interesante a persoa…. NON O ENTENDO.
Espero e desexo que xamais sexa verdade a realidade que describe esta moza.
Este vídeo xa me era coñecido. Dende logo non vou a entrar en xuzgar a rapaza, pero si os mensaxes que deixa.
ResponderEliminarComo dí a compañeira María, no video estase todo a tempo a contradicir nas súas verbas. Por un lado que o galego é de brutos, e por outro que é unha pena que se estea a perder. Como comenta Carlos a rapaza dedicouse a seguir un guión, no que puña que tiña que falar do galego na actualidade, e soltou todas as trapalladas que lle viñan a cabeza. Non son mentiras moitas delas, xa que é o sentimento que temos moitas veces os galegos do noso idioma. Pero si penso que a realidade non é única, e neste vídeo a rapaza supón como universais as súas experiencias. Temos que darnos conta de que o problema da saúde do galego o estamos a crear nos, e máis se cabe nas grandes cidades, onde pensamos que o galego queda para as aldeas e demáis.
Como en tódolos ámbitos da vida, deixámonos guiar polos nosos prexuizos para valorar unha persoa sen coñecela de nada. Supoño que no caso do galego hai que cambiar a nosa visión dende a raiz. Algo complicado pero para o que eu estoume a dar conta que hai que actuar XA.
dicir que aquí temos o claro exemplo dos prexuízos que asoballan a nosa lingua...a este energúmena si que lle fai falla elevar o seu compoñente cognitivo.
ResponderEliminarNo vi el vídeo antes, creo que nada justifica hablar “mal” de una persona y sin conocerla menos, ojala fuera un guion como dice Carlos, pero la verdad es que mucha gente que vea este video, siendo o no gallega, diría que “es para comérsela viva, por no decir que es para matarla”…
ResponderEliminarNo nací en Galicia, llevo casi 8 años viviendo en La Coruña, y sí que es verdad, por comentarios que he escuchado y por lo que he leído en relación a la evolución de esta lengua, que se puede afirmar que existen muchos perjuicios en relación a falar en galego, como los que menciona Eloy, “es una lengua bruta”, “no está ligada a la juventud”, “identificamos a alguien negativamente por hablar en gallego”… pero creo que nadie tiene el derecho de expresarse como lo hace esta chica, seguramente mucha gente afirmaría que no tiene solo un problema de “galegofobia” sino también de “falta de valores y educación” algo importante para participar en este programa.
Después realizo unas declaraciones ( http://tu.tv/videos/marta-contesta-en-la-gala-tras-ver-el-vi) donde dijo, “no estaba hablando por mí, yo no pienso eso de Galicia, en absoluto…”, “yo en ningún momento quiero decir que Galicia es malo, yo estoy muy orgullosa de ser gallega”, aquí recordé lo que Goretti dijo en clase a una compañera “son muy importantes las formas a la hora de expresarnos”.
Estoy totalmente de acuerdo con Eloy, podemos hablar o no en gallego, pero no desacreditar su valor hasta el punto de que los demás lleguen a considerarlo como algo inferior.
Elkin Andrés Flórez Domínguez.
A verdade é que non fun quen de velo vídeo enteiro, cos catro primeiros minutos tiven abondo.
ResponderEliminarPara empezar que dicir desta tipiña que di que necesita media hora para traducir unha palabra en galego, vou a gardar un respetuoso silencio sobre este comentario. E para continuar como podes decir que unha persoa que che dou unha primeira impresión tan boa, o perde todo por falar en galego!!???
Non entendo este tipo de prexuizos que ten a xente, me parecen persoas cunha mentalidade irracional e que apenas hay por onde collelas.
O meu consello para esta moza é que si sabe onde venden cerebros, se vaya a mercar un de contado!!
Chega un momento no que hai pouco máis que dicir, mais penso que darlle una "tunda" lingüistica nos comentarios son obtén un resultado: saber que case todos estamos dacordo.
ResponderEliminarComo rapaza da miña terra lucense penso que se lle pode dar explicación a alguna das súas afirmacións, con obxectivo de entender o seu contexto.
Entre a mocidade da capital lucense e moi raro cruzar as primeiras verbas en galego ainda que as dúas persoas sexan galego-falantes, dígovolo por experiencia, tódolos meus compañeiros dende o colexio a o instituto eran das comarcas lucenses onde se fala galego 24/7. Sen embargo chegan a "capital" e falan castelán... un prexuizo ou educación galega para que che entendan? Penso que hai mistura de razóns.
Se o teu fogar/entorno e castelán-falante e comprensible que a rapaza lle custe estudar en galego, ainda que por veces sexa máis sintético a hora de explicar. O que non te excusa e a súa preguiza para aprenderes a falar galego ben.
Para non extenderme en demasía, só engadir o derradeiro apontamento sobre a perecepción dos mozos e mozas "nacionalistas exhaltados". E ben certo que o que se ve deses mozos xera certo rexeitamento por non saber moitas veces, nin o que defenden e so asumir os preceptos que lles veñen dados. A estratexia por parte desas organizacións cara a mocidade "foiselles das mans" e fabricaron un camiño de afastamento en vez de trataren o galego como algo normal do pobo galego, algo natural, algo que xa e noso dende que pisamos esta terra e que por cousas da sociedade afastámonos del.... deberan buscar a comprensión do problema do galego por afinidade e non por diferenciación.
Cando este vídeo se retransmitiu na televisión levantou moita polémica, e os pais da pobre protagonista (digo pobre porque creo que estaba falando por non estar calada, sin pensar o que decía) fartáronse a intentar disculpala.
ResponderEliminarCreo que somos un pouco hipócritas cando todos nos sentimos moi ofendidos cando oímos palabras como as de Marta na televisión, e sabemos que día a día, nos encotramos con personas moito máis cercanas que pensan igual, e sí podríamos facer algo para cambiar a súa ignorancia.
Dentro de que dixo barbaridad tras barbaridad, penso que a súa intención nunca foi menospreciar o galego, simplemente son prexuicios que ten, e aínda intentando falar ben dos galegos, dixo estupideces que demostrar o seu descoñecemento da lingua.
Eu penso que toda a polémica que trouxo este vídeo no seu momento serviu para afianzar a imaxe do galego en Galicia, e explícome: todas as tonterías que dixo esta rapaza nun programa de discutida calidade, produciron unha cadea de declaracións opostas as súas opinións promocionando o uso do galego, ao igual que como ben dixo Carlos, as declaracións de Rosa Díez no seu momento.
ResponderEliminarPero estas declaracións son excepcións. Penso que segue habendo moitos prexuízos sobre o galego, pero cada vez menos. O problema non creo que sexan prexuízos como o galego "lingua bruta" , senón un pensamento de falta de utilidade, incrementado pola forte demanda de aprendizaxe de outras linguas como o inglés ou o alemán.
Outra mostra das connotacións pexorativas que arrastra o galego como lingua dos brutos e dos ignorantes. Eu creo que en partes sinala una realidade nestes desafortunados comentarios no sentido de que cada vez a xente nova nas cidade fala menos o galego.
ResponderEliminarChocoume a parte en que amosa que ela non daba clase en galego a pesares de que os libro de texto estab an en galego agas na lingua galega e en historia (que era impartida pola profe de galego). Esto si que me parece un punto que nos debe preocupar xa que si os educadores apartan o galego da educación volvemos a situacións pasadas de que os profesores impartían as clases en castelan volvendo a considerar o galego idioma dos parvos. Ista situación considero que dende as administracións se debería mirar con lupa, exisindo que esto se cumpla para evitar un retroceso neste aspecto.
Outro punto que non me gustou nada e non o comprendo é a crítica hacia o seseo e a gheada dicindo como que e de xente do monte, como illados , esto e como dicir, facendo un simil co castelan, que os madrileños (ej que) ou os andaluces son de sitios illados ou xente bruta.
De esta persoa entendo que fora educada no castelan e que lle coste expresarse en galego pero debemos cambiar estas opinions, facer entender que son 2 idiomas coas mesmas opcións na educación
Pablo Domínguez García
Aquí creo quedan de manifesto os prexuízos que teñen moitas persoas, ainda que neste caso é unha persoa que se contradí a si mesma e cando xurdíu a polémica incluso saliu outra vez negando todo... en fin, aínda que para min esta persoa non é válida para aportar una opinión crítica vendo os cacaos mentais que ten, pero é certo que moitos dos prexuizos que pon de manifesto os teñen moitas persoas.
ResponderEliminar