quarta-feira, outubro 05, 2011

BENVIDA!!!

Velaquí o caderno dixital da materia Educación e Linguas da Universidade da Coruña.
Esta ferramenta de traballo, que permite adecuares o teu achegamento á materia co teu horario particular, vainos acompañar non só nas cinco semanas iniciais en que teremos sesións que deben contar coa túa presenza física, senón que continuará aínda até finais do primeiro cuadrimestre, pois será un recurso para os membros do grupo permanecermos en contacto ao longo dos próximos meses. Poderemos así tratar e desenvolver os contidos das aulas, poderemos debater sobre calquera tema relacionado coa materia e tamén, por que non?, darnos avisos, recomendar libros, filmes, recitais, concertos...
Abrirei para cada clase, cando menos, unha entrada cun texto ou exercicio e despois de cada aula incluirei tamén entradas para vós reflexionardes sobre as lecturas que fixemos ou os debates que xurdiron. Igualmente haberá entradas para comentardes as lecturas obrigatorias e irdes enriquecendo o voso coñecemento coas opinións e recomendacións das outras persoas do grupo. Por suposto, se desexares abrir unha entrada, non tes máis que suxerilo e así o farei.
A concepción que paira sobre esta caderno é a de ser o proceso de aprendizaxe un camiño para participares, para debateres, para mostrares a túa opinión..., tamén para mudares e para te achegares @s outr@s, para seres, despois desta experiencia, outra persoa.
Benvida, benvido!!!

Sem comentários:

Enviar um comentário