domingo, outubro 23, 2011

Onde fica a xente?

As almas do fental, unha triste realidade: http://www.youtube.com/watch?v=iGrIccsKf8g

18 comentários:

  1. Esta curta plasma unha realidade que, por desgracia, está a suceder en pequenas aldeas.

    Eu identifico este lugar coa aldea onde se criaron meus avós, Baldomar (concello de Begonte, Lugo). É unha aldea cunhas 10 ou 12 casas, das cales só 3 ou 4 están habitadas durante todo o ano. A maioría son de xente que vive fóra e só vai no verán, vacacións... e outros poucos coma meus avós, que van algo máis a miúdo (alternan con bastante frecuencia Baldomar e A Coruña). A fin de contas, o número de habitantes é insignificante e iso non é o máis preocupante, xa que me atrevería a dicir que máis da metade deles superan os 70 anos de idade. Isto faime pensar que o futuro de Baldomar vai por un camiño similar ó do Fental e chegará un momento no que os máis maiores nos vaian deixando e seremos os fillos, netos e familiares máis achegados, os que iremos de cando en vez, pero xa non será o mesmo.

    En definitiva e como ben dí o encabezado, esta é a triste realidade das pequenas aldeas, un mundo rural que cada vez se vai facendo máis e máis pequeno sen apenas decatarnos.

    ResponderEliminar
  2. Fermosa pero triste curta. Xa a vira fai tempo, pero cada vez que a vexo faime reflexionar de novo.

    Esta é a realidade na que nos atopamos trás unha transformación levada a cabo en máis ben pouco tempo. Eu cada vez son menos urbanita pois identificome máis cas vantaxes que pode ter a aldea e para acompañar esta entrada engadovos este documental chamado a nova aldea. Trata sobre diversos proxectos de xente que se foi a vivir para o rural aproveitando as distintas opcións que este ofrece:

    http://www.arbore.org/nova-aldea

    ResponderEliminar
  3. Triste pero é a realidade. Nótase o movemento do rural ao urbán. E como pasa no Fental, outras moitas aldeas van polo mesmo camiño, e como dixo Javier, moitas destas son porque os habitantes que quedan son maiores de 70 anos.
    Eu acórdome de nena cando ía a miña aldea, que tódolos rapaces de alá querían vir pra cidade, mentres eu desexaba que chegara o fin de semana pra ir ó campo.

    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  4. Interesantísima curta, aínda que lamentablemente versa sobre unha situación que é triste para nós, principalmente coas persoas que pertencemos ao rural galego e que nos sentímos identificados con él.
    Coido que é unha situación que cada vez se está vendo con máis forza non só non rural galego senón tamén en motios pobos ou vilas nos que os máis novos non ben futuro pola ausencia de traballo ou por non saberen apreciar os traballos que se desenvolven no rural, que están tan devaluados hoxe en día pola mocidade.
    En referencia á curta considero moi interesante que se aborde a soidade do último poboador dun lugar, que ten que recurrir á creación de espantallos para ter con quen falar ou para lembrar un pasado no que a sua parroquia estaba poboada.
    Tamén quería animar aos compañeiros a que observen o material aportado por Iago, que considero moi interesante e que nos pode dar unhas ideas para conservar unha parte tan fermosa de calquer país como é o rural, tan característico en Galicia.

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente gústame moito o documental aportado por Iago, onde se nos ofrece unha visión contraria ó que moita xente pensa da terra e se intenta amosar as posibilidades de futuro que ten atoparse traballando nese entorno.

    Temos que aprender moito desas persoas que ven con bos ollos o rural, sen estar influenciados pola tendencia actual de que a única de esperanza de futuro é o urbán.

    É moi importante que sexamos conscientes de que a perda do rural representa a perda dos valores culturuais dun pobo, e dentro de cada pobo temos unha variedade dialectal que fai que a nosa lingua a nivel global teña máis riqueza. Coa perda de esos pobos e aldeas faremos que a lingua perda enteros, perxudicando a nosa identidade como colectivo.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  6. É unha verdadeira pena que o éxodo rural siga sin interrumpirse. O rural paulatinamente vaise desangrandose producindo unha necroxis nas aldeas da galiza máis profunda. este proceso provocará a perda de certo coñecemento, sobretodo o léxico propio desa zona, nomes de apeiros agrarios, plantas, animais e etc; chegando a perder tamén antigas lendas propias do lugar, esto provoca unha perda cultural importante.
    A min gustaríame seguir vivindo no rural pero ao final que marca que poidas vivir no rural ou non será o traballo, que finalmente é quen marca os nosos pasos a seguir.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  7. Moi boa a curta, non deixa indiferente, fai reflexionar sobre a situación real da Galicia rural. Por desgraza é o que está a pasar cada vez en máis aldeas, que quedan totalmente deshabitadas xa que os últimos habitantes destes lugares foron persoas moi maiores (como dicía anteriormente Javier, persoas que superan os 70 anos) e logo desta xente, xa non hai persoas que queiran vivir nestas aldeas.
    E como dí Miguel, é unha pena moi grande perder ese coñecemento, lendas, etc. propio de cada aldea ou zona rural, xa que é parte da cultura galega.
    En Galicia deberíase fomentar a vivenda no medio rural, restaurando esas aldeas que están derruidas polo paso do tempo, o traballo no campo xa que é o sustento básico das persoas e parte da economía de Galicia, etc. xa que cada vez hai menos xente que se encarga disto e vai buscar traballo ás cidades, na maioría dos casos porque é máis sinxelo. Pero por desgraza esa é a realidade e como dí tamén Miguel o traballo é o que nos marca onde poidas vivir.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  8. Na miña opinión, a curtametraxe transmite un drama real: a despoboación do medio rural galego e a soidade na que viven os seus escasos e envellecidos habitantes. Trátase por tanto, dun dobre abandono, o que afecta ao rural galego por un lado e polo outro o que sofren os nosos maiores.

    A alma de Galicia é rural, e se desaparecesen as aldeas… vaise con ela unha parte importante da nosa raizame. Ningún político aposta con decisión polo rural, tan só algunha medida ou axuda mínima que non tapa a verdadeira perda que está a suceder.

    A solución? Penso que é complexa.

    Nun primeiro lugar, deberíamos empezar por cambiar os nosos ideais: “a aldea implica avellentamento, inutilidade, vacacións máis que vivenda ao longo do ano…” e pensar en todos os beneficios que nos aporta vivir nun sitio pequeno como é a tranquilidade, a posibilidade de obter os alimentos da nosa propia man, etc.

    Coido que só sobrevivirán aqueles lugares que consigan dinamizarse e ser atractivos para a poboación que xa non quere vivir nas cidades; lugares que estean ben comunicados, dotados de servizos básicos e que ofrezan unha certa calidade de vida.

    ResponderEliminar
  9. Pertenzo a un concello (Cenlle, Ourense) de pouco máis de 1000 habitantes, dos que máis da metade son maiores de 65 anos, que fai 50 anos quintuplicaba a súa poboación e no que en algunhas aldeas se dan situacións semellantes ás do vídeo.
    Pero ante unha situación de crise económica na que vivimos, que mellor que dinamizar o rural como comenta Antón e Iago. As melloras nas comunicacións nas últimas décadas fixeron que o éxodo a cidade non sexa unha obriga para traballar. Polo que eu sempre defenderei a vida no campo, aínda que se teña que traballar na cidade.

    ResponderEliminar
  10. A situación e a realidade é a que se ve no vídeo. Penso que nos tempos actuais é moi dificil vivir nunha aldea. O mundo global está a transoformar a nosa realidade e a nosa historia.

    Eu nacín e vivín sempre nunha gran cidade, e sinceramente custaríame vivir nunha pequena aldea. Por sorte dende a miña visión ninguén me obriga a cambiar isto. Ocorre xusto o contrario coa xente que se criou nunha aldea. Antes ou despois a xente xovén vese na obriga de abandonar o seu pobo por estudios ou traballo. Estou seguro que se por eles fora non cambiarían o seu modo de vida, pero como digo, é moi dificil no mundo actual que a xente permañeza no rural. Ahí penso que está a verdadera problemática. Non sei cal é a solución, porque esta claro que non podemos (nin queremos) cambiar de boas a primeiras o noso sistema. Unha boa solución para manter dalgún xeito vivas estas aldeas e non renegar delas, volver sempre que se poida: nas fines de semana, nas festas, nas vacacións... Está claro que non é o mesmo, pero penso que a situación está a cambiar e nos temos que evolucionar tamén.

    ResponderEliminar
  11. http://www.pueblosabandonados.es/2008/10/galicia-una-fbrica-de-pueblos.html

    votade un ollo, interesante!

    triste e gran curtametraxe a do Fental, como a esa aldea está a sucederlle a moitas máis, pero eu penso que na actualidade, coa crise, moita xente volve para casas antigas ou para o campo, onde poidas ter as túas patacas, as túas leitugas, os teus tomates...autoservicio!
    é a situación que eu vexo no meu pobo, onde eu vivo, cada vez se están a facer máis casas, ou reconstruíndo vellos pazos e caseríos.

    ResponderEliminar
  12. Unha gran verdade a que representa esta curta.
    Estou de acordo con Alba en que hoxe en dia ca crise hay xente, ainda que penso que unha minoría, que busca escapar para as aldeas, buscando a tranquilidade, escapando do consumismo das cidades e intentando autoabastecerse polos seus medios.
    Pero penso que fai uns cantos anos a xente buscou todo o contrario, escaparon do mundo rural deixandoo a un lado e introducíronse de cheo no mundo urbano, ca intención de ter un futuro mellor, pero como se pode ver hoxe en día o futuro está moi gris.
    Recordame moito a miña avoa que vive soa nunha aldea de Ponteareas, metida no medio do monte e onde a súa maior preocupación é coidar dos animais, traballalas terras, etc. Sempre recordarei a meu pai rifando con ela, animandoa a que se viñera vivir para a cidade, porque con 80 anos un non está nin para coidar animais, nin traballar terras. Sin embargo ela testaruda como ela soa, segue alí, facendo a súa vida de sempre e tirando ata que o corpo aguante.
    A pesar de que haxa casos diferentes, no meu caso pareceme moi difícl conseguir que a xente desta idade deixe a súa vida de sempre, a súa casa e os seus costumes para empezar algo "novo".
    Por último decir que me gustou esta curta, sobre todo polo que representa a morte do protagonista mentres está traballando.

    ResponderEliminar
  13. Este vídeo representa la realidad de muchos pueblos que van perdiendo poco a poco habitantes, son muchos los motivos del abandono, entre ellos la emigración del campo a la ciudad, generalmente de gente joven que va en búsqueda de empleo y de una mayor disponibilidad de servicios (educación, cultura, transporte, comunicaciones…) ya que en el campo casi siempre se presenta una carencia de los mismos. Sin embargo en la actualidad es común ver muchas iniciativas para “resucitar las aldeas” como ofrecer casa y trabajo a familias jóvenes para que se establezcan en los pueblos. También en los medios de comunicación he visto gente que hace lo contrario, personas que deciden abandonar la ciudad y vivir en el campo buscando la naturaleza y la tranquilidad.

    Qué bonito e interesante el video que nos recomendó el compañero Iago Saco, invita a reflexionar sobre los aspectos positivos que tiene vivir en el campo, aprovecho para compartir estos dos vídeos de un pueblo (de meus avós), Santafé de Antioquia (Medellín-Colombia), al otro lado del atlántico.

    http://www.youtube.com/watch?v=ARW7IwzaZpU
    http://www.youtube.com/watch?v=JAZq1KuDKJ0

    ResponderEliminar
  14. Pareceume un vídeo emotivo que pode dar moito pe a reflexionar acerca da realidade das aldeas e das cidades.

    Eu vivín temporalmente ámbalas dúas realidades de xeito temporal.

    O mundo rural pareceume sempre o máis natural. A infancia pásase mellor, hai máis libertade e posibilidades de desarrollo, sempre que se den unhas condicións básicas necesarias.

    A realidad urbá, dende o punto de vista do goberno, é moito máis barata. Pensando en materia educativa, sae máis barato aglutinar nun colexio a moitos alumnos que poden ir a pe á clase, que a realidad dos pobos, onde hai 5 nenos por aldea e teñen que facer (seus pais) verdadeiras aventuras para acercalos. Supón máis profesorado, máis infrastructura, etc.
    Sen embargo, a cidade ten algo (sóbralle) que os pobos non teñen en demasía: os servizos. E do sector servizos, que sen o sector primario non existiría, o máis importante é a cantidade de traballo que xenera, outro motivo polo cal a xente acude as cidades.

    Finalmente, o lugar perfecto para min, sería aquel no que vivise nunha casa con finca, pero que tivese polo menos un bo servicio de transportes para utilizar os servicios (a veces, imprescindibles) da cidade.

    Quen se pode permitir algo así?
    O que poda, noraboa.

    ResponderEliminar
  15. Tras ver o corto quedei uns minutos en silencio pensando que me fixera sentir o video, creo que o menos sentín un pouco de tristeza primeiro pensando no protagonista,cando descubrin que a xente que lle falaba era de palla, e segundo sentín tristeza polo feito de que é algo que queramos ou non esta a pasar nos aredores das cidades galegas, a xente marcha xa dende hai moito as cidades e os pobos como todos sabemos van qedando os mais vellos, que parece ser que son os unicos que persiten no intento de continuar co tradicional, co de toda a vida.
    Por outra parte recordoume moito a miña aldea que é moi parecida a esta e a verdade que como sempre vivín na cidade tanto agora como cando era pequena e ia nos veráns,... para mín era o mellor que me pasaba en todo o ano, ir alí a disfrutar da natureza e do que realmente son as cousa bonitas da vida.

    ResponderEliminar
  16. Fermoso pero triste...

    Aseméllaseme moito a miña aldea. É innegable recoñecer que ista é a realidade que ocorre en moitos pobos de Galicia.

    Lémbrome de que cando era máis pequena, morría de ganas por ir o meu pobo sempre que podía. Pero sen máis, fomos crecendo, e chegou un momento que todas as casas veciñas, que anteriormente estaban cheas de xente xoven, empezaron a baleirarse pouco a pouco...

    Eses despertares, co único só dos paxaros e da natureza, non ter máis que abrir a porta e xa coller a bici e ir en busca dos veciños... todos coñecidos... O último que se nos ocurría era pornos diante da tele, ou coa consola, que parece que é a única opción nos rapaces de cidade.

    O criarme nunha aldea, é unha liberdade que sempre tiven claro que quero para os meus fillos.

    ResponderEliminar
  17. Triste historia (máis triste aínda ó saber que reflexa unha realidade) que fai pensar que éste é un dos motivos da perda do uso do galego, xa que todos sabemos que onde máis se fala a nosa lingua é no ámbito rural con respecto ás cidades.

    ResponderEliminar
  18. Eu nacín na aldea, vivo na aldea e teño claro aí seguirei sempre. Eu non me acostumo as cidades, é mais, se estou unha tarde paseando por calquera delas xa me aburro; en cambio a vida na aldea e ben distinta: natureza, liberdade, verbenas... nelas sempre tes algo novo para facer, un motivo polo que reunirse a familia... non sei, pero non a cambio por nada.

    En canto o traballo que tamén comentaban os meus compañeiros, eu creo que dicir que vives na cidade por iso é mais unha escusa ca unha realidade, pois eu vivo nunha aldea no concello de Frades, e me da igual que consiga o traballo en Santiago ou na Coruña, que eu por esa zona estarei. De feito, estudio en Coruña e vivo na aldea, e máis, comprobado teño que me leva tanto tempo chegar desde Frades a Coruña, como ter que cruzala dunha punta a outra, e aínda por encima os atascos cos que te podes chegar a encontrar che reducen a paciencia. Así que, o meu parecer hoxe cos medios e vías de transporte que existen, afastarse da cidade é ben doado.

    Mais nembargante penso, que o éxodo das aldeas está a retroceder, pois a boa alimentación, a saúde, a tranquilidade e os servizos que se ofrecen comezan a non restarlle envexa as cidades, e polo menos por onde eu vivo, moitos son os mozos que están a formar a súa vida na aldea.

    ResponderEliminar