quarta-feira, outubro 26, 2011

En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega

45 comentários:

  1. Déixovos aquí este vídeo porque amosa o que falamos o luns en clase, fala Belén Regueira, onde confesa que é neofalante dende fai quince anos...é moi interesante...eu quédome coa frase que di: "É O COÑECEMENTO O QUE NOS FAI LIBRE, SO QUEN SABE PODE ESCOLLER..."

    http://vimeo.com/17854182

    ResponderEliminar
  2. Parécenme interesantes estas viñetas de Kiko Da Silva.

    http://www.coordinadoraendl.org/orgullo/textos/KikoDaSilva.php

    ResponderEliminar
  3. Despois de ler o libro de Manuel Nuñez Singala, o cal me pareceu un libro moi interesante e moi sinxelo de ler, onde o autor conecta moi de preto co lector, no que trata a cruda realidade da situación galega, en canto ós prexuizos que a xente ten hacia o galego, dinme de conta de varias cousas.
    - Que os galegos somos moi educados e facemos o que a maioría fai.
    - Que o galego sona ben.
    - Que a Nosa lingua ten moita historia.
    - E que o galego non é imposto, senon que o que se impuxo foi o castelán.
    Sorprendeme que falando cos meus pais, ainda pensen que falar galego non é bo, e é unha cousa que me repatea, xa que cos seus netos (meus sobriños), están facendo o mesmo que fixeron conmigo e cos meus irmáns (Falarlles en castelán). Eu claro... discuto con eles, xa que para eles a única asignatura que debería de ser en galego é Lingua Galega... Pero claro, todo é unha contradicción xa que para eles o galego foi prohibido... e eu preguntolles... pero entón acabará por desaparecer a Nosa lingua, non??... A contestación que me dan é: Iso nunca, porque ainda que estibera prohibido, no mercado, na casa, na aldea, en case tódolos sitios se falaba galego, menos na escola...

    No libro sorprendeume que datos obxetivos din que o 75% dos galegos son galego falantes, pero esta situación invírtese cando entra en xogo un castelán falante, e mirando todas as posibles combinacións de conversas, ó final gaña aplastantemente as conversas a prol do castelán que as feitas en galego... Se todos os galegos entenden o galego... ¿Por que cambiamos de lingua? Eu inclúome dentro desta xente que cambia de lingua... E decindo a verdad non sei moi ben por qué. Cousa que de seguro me fará pensar cada vez que fale cun castelán falante...

    Digo que me dín de conta que o galego sona ben... ¡Claro que sona ben! é unha lingua romance, que procede do Latín, con moita sonoridade e moi agradable ó oído, como moitas outras, pero con unha chea de dialectos, característicos de cada zona de Galicia, pero que realmente son propios do galego. Que conste que eu falo con gheada e con seseo, e costame falar o galego normativo, non me sae!! Pero non podemos renunciar as nosas raíces, cada un é como é.
    O Galego ten moita historia. Na idade media era a lingua que falaban todos os galegos sen preocupacións e en todos os sitios.¿Por qué non o facemos agora nós?¿Por imposición do castelán? vaia tontería... Creo que ser plurilingüe é ser algo máis!!!ter coñecemento, como se dí no libro, non ocupa lugar senon que o crea!!!
    E claro que o galego non é unha imposición, senon que é a nosa lingua, sempre o foi e o será... Temos que deixar de quixarnos (Como a gaivota chorona)e deixar atrás os prexuízos, defendendo algo moi noso...

    Gustáronme moito os exemplos que utiliza Singala para explicarnos as cousas...

    Ángel González Hermida

    ResponderEliminar
  4. Quero comezar por expresar os meus parabéns a Manuel Nuñez Singala por esta obra de fácil lectura, se cadra é o libro que máis agradable me resultou ler de cantos lin. Coido que o se principal acerto foi a de facernos xogar, e mesturar os xogos ou as historias coa súa mensaxe, o que fai que voen as páxinas neste libro como voaría unha chorona por ceo galego.
    Ademais, teño que dicir xa de antemán que no meu caso o libro cumpriu o se obxectivo fundamental, que foi o de crear en min unha opinión propia, lonxe dos dogmas así coma dos prexuízos e as simplificacións.

    Tamén considero que é importante salientar, como ben dixo meu compañeiro Ángel o feito de que o saber non ocupa lugar, senón todo o contrario, xa que fai que aprender outras linguas nos resulte máis doado e nos aporta unha maior riqueza intelectual.
    Concordo así mesmo co autor na maioría de razoamentos que emprega, mais coido que outros prexuízos non están tan estendidos ou polo menos no meu caso persoal.
    Por outra banda, seméllame moi interesante o feito de que vote por terra outros prexuízos tan clásicos coma que non falamos galego porque non serve para nada ou coma que non os sabemos falar ben, cousa certa pero tan certa coma que castelán tampouco o falamos tan ben coma cremos e que no me caso persoal nunca me parara a pensalo.
    Outro punto que me pareceu interesante para reflexionar é a maior naturalidade que ten o galego na nosa boca fronte ao castelán por cuestións fonéticas, o que na miña opinión é un argumento maxistral aínda que sexa de sentido común, xa que nos faría ver que estamos máis capacitados para falar ben galego que para falar ben o español.
    Para rematar, gustaríame sinalar a importancia que ten que ao mellor falemos galego neste blog ou na clase, xa que isto pode empurrar (nun sentido positivo da palabra) a máis persoas a falalo tal e como lle pasou á filla do autor. Así pois, desexo que sexamos quen de derribar os prexuízos que ai co galego e compitamos en igualdade con outras linguas, iso sería grazas a obras coma esta de Nuñez Singala.
    En galego, por que non?

    ResponderEliminar
  5. Gustoume o libro. De verdade.

    O principio, co xogo dos cadrados, do diñeiro e mais das imaxes, etc, engana na lectura engancando o lector, e dando lección de plurilingüismo.
    (Por certo, acertei todos os xogos menos o dos cadrados, porque sabía que tiña truco, e non teño a cabeza para estes trotes hoxe)
    Concordo coas opinions do autor en referencia, a que é certo que os galegos pecamos de educados, e engado en desacordo, que os datos, parécenme excesivos nalgún caso. Non todo é matemática pura.
    Por outra parte, a facilidade de aprender outro idioma, discrepo co autor. Eu sei falar galego, español e portugués por convivir e ter familia nos lugares xeográficos, pero a hora de aprender outra, non fago os esforzos suficientes. (O autor nomea aspectos como que non somos respetuosos os ingleses, franceses e españois coas demais linguas).

    Por certo, traducín o texto da páxina 63 ben, sen meter as palabras clave explicadas na 64. Fallei no termo "revenido", que puxen "duro". A frase "Mi novia te me va a enseñar a cocinar.

    Engado que o último capitulo ainda lle ando buscando as cóxegas.

    Debemos entre todos, acabar e derrotar os prexuízos da lingua galega.

    ResponderEliminar
  6. A verdade que un libro que tranquilamente se podería recomendar na secundaria, para dar a coñecer eses prexuizos existentes. un texto verdadeiramente que te fai pensar e te ensina que as cousas non son sempre o que parecen. sobretodo é especialmente esclarecedor cos exemplos que se poñen para dar respostas aos principais prexuizos que existen coa lingua galega. para min unha frase importante foi a que traduce de David Crytal, se existe unha lingua universal e todos o falaran, David califica isto como o maior desastre intelectual que o planeta coñeza en toda a súa historia.

    ResponderEliminar
  7. En Galego por que non? Pareceume un libro incríbel.

    0 principio non tiña ganas de leelo xa que pensaba que sería un pouco unha “parrafada” sobre as necesidades que ten o galego nestes momentos, que sería demasiado literario e quizáis moi reivindicativo, que o autor buscaría de calquera das maneiras que nos puxéramos no seu punto de vista respecto desde tema sen deixarnos a liberdade de pensar.

    Ei de confesar que comezei con mal pé, xa que Manuel no primeiro capítulo xa me fixo rir pensando nos Pre Xuízos, que era o que eu tiña ó encararme con este libro.
    Penso que este libro é moi educativo, faite mirar debaixo das pedras onde nunca pensabas atopar nada.

    Na su forma física parece moi sinxelo, pois é todo como un xogo que a todos nos gusta e que sempre somos capaces de resolver, mais no seu interior garda moita complexidade, moitos novos pensamentos (para min) que eu nin siquera houbera ficado neles se non mos poñen delante.

    O libro enganchoume dende o primeiro momento, cando tiña que resolver o xogo do cadrado. Eu vin 23 cadrados e non podía esperar a saber a resposta e tiña que pasala páxina ¡era moita a intriga e o descoñecemeto¡ Non sei moi ben como describi-lo que sentín, estaba xogando e de repente vinme cunha realidade diferente fronte as narices. Foi xenial. E só con uns ¡simples xogos¡. Fíxome pensar moito, e dimne conta de que somos “moi curtos de miras” en case tódolos aspectos da nosa vida, estamos aferrados a certas cousas e somos incapaces de “abrila mente”. Un explemplo clarísimo foi cando fixen a lista das linguas que me soaban ben e as que mal e coincidín en 6 de 8. Despois de leelo capítulo deume vergoña, eu non tiña a menor idea de que pensara iso. Non mo podía crer xa que eu, ainda que non falo galego, meu pai e outros falimiares alleos a min si, e estou acostumada o idioma, polo tanto ¿non me debería de soar ben?... non sei, supoño que será un dos prexuízos que teño eu de cara o galego, mais pensaba que non era así.

    Por outro lado deime conta co capítulo 5 (porque non damos falado ben galego) de que cando escoito falar o meu pai (galego falante pero que a min fálame en castelán) moitas veces soan as frases un pouco raras, incluso as veces discutimos de se está a falar ben e por iso decateime *Como curiosidade: de que eu (falante española) utilizo moitos termos en gagelo que pensaba que eran castelán como por exemplo : reseso ou raxo xa que na miña casa están moi presentes o falares meu pai.

    Para finalizar o meu comentario sobre o libro direi que os últimos capítulos fórmonme coma un repaso do temario que dimos na clase, xa que falaban da necesidade de axudar as linguas minoritarias para polas o nivel das maioritarias. Eso non quere dicir que teñamos que desvalorizalas outras senón poder utilizalas todas. Cantas máis linguas sepamos máis poderemos comunicarnos. Tamén nun dos capítulos fíxose a práctica que fixemos nós o primer día da clase, situar o galego na línea das linguas minoritarias e as maioritarias. Como xa o había feito non tiven dúbida mais o primer día na clase pensei que o galgelo estaría moito máis lonxe nesa línea.

    En resume: o libro paréceme moi bo, é sinxelo de comprender e abarca moitos temas imporantes, non só sobre as linguas, senón sobre a forma que os humanos temos de actuar. é un libro apto para todas as idades e pendo que chega moi ben á xente.

    Convídovos a todos a que o lexades :)

    *Cousas con as que estou en desacordo:
    Non pensó que os galego nos centremos nos nosos aspectos negativos máis que nos positivos, pensó que cada un de nós ve a realidade dunha maneira e que valoramos de diferente forma o que é negativo e o que non. Porque ten que ser algo negativo que interpretemos que a gaivota chora? Non pode ser que ó mellor vexamos outro aspecto dela?.
    Non penso PARA NADA que a xente quixera ter una soa lingua para podermos comunicar mellor. Penso que a maior parte da xente entende que cantas máis linguas haxa e canta maís diverisdade o mundo será mais rico e cada un de nós máis felices.

    ResponderEliminar
  8. Olvidóuseme asinar o comentario anterior que é meu.

    María Rey Vila.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  9. O libro é sinxelo e rápido de ler, incluíndo xogos que conectan ao lector coa situación actual do galego, polo que o recomendo a calquera persoa, sexa castelán ou galegofalante. A continuación destaco os contidos que máis me chamaron a atención:

    - Unha lingua é sempre unha riqueza, especialmente pola cultura que representa.
    -A conexión existente entre o desprezo das linguas e o racismo: o diferente tende a ser considerado malo. Describindo o claro exemplo de falar de "galego cerrado" en sentido despectivo.
    - "O saber crea lugar", nunca aprender unha lingua é perdelo tempo.
    - "A uniformidade non é unha tendencia natural senón só un artificio que se mantén só durante algún tempo". Esta frase de Ferro Ruibal (do que recomendo o seu programa da tvg Ben Falado) representa a idea da imposibilidade dun idioma único, por razóns evidentes de sociolingüística: o contexto sociocultural sempre vai provocar que o idioma varíe.
    - "Para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal". Esta frase fíxome reflexionar sobre situacións nas que unha persoa castelánfalante trata de falar galego cometendo incorreccións e nós criticamos ese feito en lugar de fomentar esa actitude.
    - A lingua útil é aquela que permite desenvolvernos no noso contorno (porque como se di no texto, o inglés nas tribus do Amazonas moi útil non é).

    A continuación, quero facer unha reflexión persoal que fixen despois de ler o libro sobre o meu uso do galego:
    Son galegofalante, pero con certos amigos que falan en castelán, falo en castelán de forma espontánea. Non penso que sexa por unha razón de respeto pola outra persoa, xa que me entendería igual en galego, senón que este caso, moi frecuente na poboación débese a influencia do contexto castelánfalante do contexto educativo dos colexios das cidades (no meu caso Ourense). E a raíz de ler este libro vou a tratar de falar en galego en todálas situacións, para tratar de crear como se di no capítulo 8, dunha nova rede de galegofalantes.

    Por último, describo unha situación que representa prexuízos presentes todavía no galego: un día fun cunha familiar ao médico e esta foi a primeira vez que a escoitar falar en español.

    Un saúdo
    Adrián Levoso

    ResponderEliminar
  10. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  11. Como comentou algún dos meus compañerios, a tarde que comecei a ler o libro pensei que ía ser algo insufrible que tiña que ler fora como fora. Propúxenme lelo no plazo de 3-4 días, sen agobios e para que fora máis fácil de levar. Ademáis tiña os precedentes dos textos de T. Moure y B. Silva, que eran interesantes pero as veces algo tediosos. En fin, que un par de horas despois xa tiña o libro lido e relido. A súa fácil lectura e forma de Singala de conectar co lector fixo que non puidera deixar de ler ata rematar. Quería coñecer máis datos e facer algunha das adiviñanzas que se propoñen.

    O xogo dos cuadrados e das liñas é unha imaxe que me ven agora a cabeza en canto penso en simplificacións e prexuizos. É certo iso que se di que unha imaxe vale máis que mil palabras. Tamén a adiviñanza dos amigos que pagan no restaurante ou a eminencia que ven ó hospital de Vigo para visitar traballar no caso de seu fillo. Sen dúbida teña todavía días despois todo isto presente. Tamén datos coma o de que o 75% da xente fala galego de maneira cotiá (incríble!), ou o da súa filla que empezou a falar galego e despois moita máis xente fabalabao tamén.

    Todo isto fíxome pensar en que somos títeres nas mans de non sei quen. Somos moi moldeables, é sinxelo que nós, como individuos que formamos a sociedade, actuemos da mesma maneria uns cós outros. É incrible e a vez é triste, pensar que somos únicos pero que en realidade, en moitas cousas, somos iguais, predecibles, prexuizosos... Aínda que prefiro quedarme co bo do libro, que creo que pasou por mín de maneira que me fixo crecer máis como persoa crítica coa miña contorna, que fixo que me plantexara eu e mailos meus coñecidos porqué o galego "soa mal", porqué "falo mal" o galego, etc.

    Como dí o compañeiro Miguel, ista é unha lectura moi recomendable na secundaria, xa que estás a traballar varias vertentes importantes para o alumnado: o fomento da lectura, o fomento da mente crítica, o coñecemento da historia do idioma galego, etc.

    Penso que non poden ser máis os meus parabéns ó autor. O único pero é que as veces facía comparacións demasiado exaseradas, o que creo que non é un bo argumento para defeder nada, pero que as veces é necesario para abrirnos os ollos, como me pasaou a mín neste caso. Polo tanto, non sei se é unha crítica boa ou mala. Está claro que as veces se non nos poñen ó límite non reaccionamos.

    ResponderEliminar
  12. En primeiro lugar, pareceume un libro moi sinxelo, apto para calquera tipo de lectores e en certa maneira interactivo, xa que ten unha dinámica interesante á hora de demostrar as súas premisas mediante pequenos xogos de lóxica. Creo que é moi recomendable.

    Concretando un pouco, encantoume que o libro comece facendo unha reflexión sobre a necesidade de profundizar nas nosas opinións e pensamentos, pois penso que vivimos nunha sociedade que cada vez tende máis cara a superficialidade e o egocentrismo, cousa que ás veces nos impide ver as cousas como son, fainos establecer prexuizos e somos incapaces de defendernos con argumentos sólidos.

    Quero destacar as seguintes citas recollidas ó longo do libro:
    - "Nunca o saber, o coñecer, sexa o que sexa, será unha perda de tempo. por iso reivindicar a ignorancia da lingua galega é algo patético".
    - "Para falar unha lingua, primeiro hai que falala mal"(Alvarez Iglesias, 2003).
    - "Os españois, ingleses e franceses foron educados á marxe do plurilingüismo, na crenza de que a propia ingua era xa abondo para comunicarse e que a adquisición doutra supoñía un esforzo inútil e innecesario".
    - "Resulta desenmascarador que aqueles que claman contra a imposición e enchen o peito con palabras como liberdade, bilingüismo e harmonía só se deixen oír nos casos en que o galego comeza a asomarse á igualdade co español".
    - "O que fan os pobos que se respectan é traducir o mundo á súa lingua, non traducirse eles mesmos a outro idioma. Isto último é un suicidio".
    - "Unha lingua é o patrimonio dun pobo, é parte dos seus sinais de identidade. E, en cuestións de identidade, as estatísticas non teñen nada que dicir, nada que ver" (Tusón, 1990)
    - "O argumento de que o galego non o fala ninguén adoitan empregalo os que opinan que xa se fala demasiado".

    Sen máis, convido a todos á lectura deste libro, pois podo resumilo en: sinxelo, práctico, entretido, interesante e que invita á reflexión.

    ResponderEliminar
  13. Eu creo que os que non coñecen o galego, é porque teñen prexuízos como dise o autor do libro, xa que aprender unha lingua supón un investimento de tempo , que moitos non queren facer , aínda o saber ocupa lugar y por iso costa facelo.
    Estou acordo en que estudantes do outros países , só por afán do coñecemento, queren abordar o estudio desta lingua implícanse nos estudios desta lingua, a nivel fonético,e morfosintáctico.
    Por outro lado, creo necesario, que o sistema educativo asegure a competencia nas dúas linguas, introducindo aspectos non coñecidos para os rapaces que están na escola, e poder mostrar atención por esta lingua. Hai que dicir , que cantos mais linguas saibamos, alimenta nosa curiosidade, a intelixencia e nosa maneira de mirar o mundo
    O autor recolle nun capítulo que ¿o galego é unha lingua minoritaria?
    O galego esta nesto contorno, e facemos nosa vida nesa zona, e sempre vemos o escoitamos falar en galego.
    Se existira unha lingua para toda a humanidade, non existira as diferenzas entre os continentes, entón o ser humano aburriríanse, non abría as esencias das persoas que habitan o planeta,
    Creo que o galego, debe permanecer, y progresar, fomentando o galego nas escolas entre profesores e estudantes, que son o futuro inmediato

    ResponderEliminar
  14. Primeiro gustaríame decir, que me gustou moito o libro, e fácil de leer; é un libro interactivo, e iso fai a lectura moi divertida e amena.
    O libro fai unha visión completa e global sobre a nosa lingua e os principais fenómenos que a rodean de modo práctico e sinxelo, pero favorecendo a reflexión.
    ende un punto de vista estatístico, o galego é a língua máis falada en Galicia, sen embargo cando alguén nos fala en castelán, por suposta "educación" cambiamos á súa língua. Isto non quere dicir que a persoa non nos entenda en galego, senón que consideramos que é axeitado falar nunha língua común, nunca cambiando a outra persoa ao galego. (Teño que recoñecer que a min as veces pásame esto, sentinme identificado neste punto).
    Para finalizar e a modo de conclusión estou de acordo que o mais importante é derrubar os muros que se crearon tras centros de anos de discriminación. Como? Falando galego, ¿por que non?

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  15. En Galego por que non?? boa pregunta

    Libro moi recomendable tanto para nos como para alumnos da ESO ou bacharelato, como ben dixeron os meus compañeiros.

    Gustei moito dos xogos os cales a día de hoxe aínda os propoño a algunha das miñas amizades...

    Penso que o libro cumpre varios obxectivos moi importantes, un a nivel de valores, máis human, e o outro máis didáctico. É un libro que sen dubida, incita á reflexión e ao autoanálise, cousa moi importante antes de opinar ou xulgar algo...Pois saber porque pensamos como pensamos, porque temos as sensacións que temos, que é o que nos bloquea, o que nos tolea, o que non nos gusta, antes de dicir algo debemos de coñecernos a nos mesmos e sempre partir dunha certa relatividade. Isto é quizais estar aberto a...e non expoñer ideas totalitarias que non contemplen outras posibilidades. Penso que existen prexuízos sí, pero penso tamén que máis ca prexuízos existe descoñecemento e inseguridade na propia lingua, cousa que a miudo non posúen aqueles criados no campo, como é o meu caso...Quizais como docentes, que ao fin e ao cabo, ese é o noso obxectivo, debemos procurar dalgunha maneira que os alumnos comecen a familiarizarse coa lingua, máis buscando formas máis modernas e non repetindo sempre o mesmo, incluso faceendoos conscientes do que é a lingua, a súa situación, a lingua na cultura, nos xogos,...

    Non podería estar máis de acordo en que aprender e algo maravilloso e nace do interese por coñecer novas cousas. Quen non aprende é por que non quere pois nestes día, está na man de calquera, ainda que hai que recoñecer que sufrimos unha saturación de información que non creo sea moi positiva, máis iso é outro tema...

    Bon, non sei se me liei moito. O libro gustoume moito e podeselle sacar moito xugo...

    Ángel Montero

    ResponderEliminar
  16. Antes de nada, hei de dicir que o libro gostoume moitísimo.
    É un libro sinxelo de ler, no que o autor é capaz de amosar de maneira exemplificada a concepción (moitas veces errónea) que ten a xente da lingua galega e todo o que rodea a mesma.

    A continuación, darei o meu punto de vista sobre aspectos que trata Manuel Núñez Singala, e que eu considero fundamentais do libro:

    Coincido con él en que no mundo ten que haber moitas linguas, non podemos caer no engano de que se soamente houbese unha universal sería máis cómoda a comunicación. Se ésto fose de esta maneira como él ben di, o mundo sería más aburrido e controlable.

    Tamén penso que os españois temos máis dificultade a hora de aprender outras linguas, xa que vivimos ao marxe do plurilinguismo (sempre temos todo subtitulado ao español,polo que é máis sinxelo acomodarse)pero iso non quere dicir que aprender non supoña un esforzo, o cal considero que todo o mundo debería facer.

    Estou completamente de acordo co autor cando di que para que o galego recupere usos, o castelán ten que perdelos. Non sei se comprendín moi ben ésta frase, pero si se refire a número de falantes, creo que o castelán xa ten de abondo;o problema dariase se para que o castelán recuperase usos, o galego tivese que perdelos.

    Hei de dicir tamén, que me gostou moito a historia que conta o autor no capítulo 8 da súa filla, na que explica cómo ela sempre falaba castelán por vergoña, xa que todo o seu contorno, exceptuándo os seus pais, falaban dita lingua, e como finalmente foi valente e descubriu que moita xente que éla pensaba que era castelán falante, tamén utilizaba o galego na súa vida habitual. Creo que ésta é a realidade de moitos galegofaltantes.

    Para concluír, quedaríame tamén ca frase de que "a lingua máis útil é a que nos permite desenvolvernos no noso contorno" (sen menosprezar por suposto o resto das linguas)

    En definitiva, recoméndolle este libro a todos aqueles que escolleron a outra opción na lectura obrigatoria, xa que leva leelo moi pouquiño tempo e é moi interesante.

    Antonio Márquez Blanco

    ResponderEliminar
  17. Gustoume moito este libro, fixóseme moi entretido e moi sinxelo. De feito os xogos como os dos cadrados ou os dos nove puntos acerca das simplificación e prexuízos fan que nos deamos conta de que temos que aprender a ver máis aló do que estamos acostumados; que aínda que pensemos que non temos presuízos, non é certo, porque todo o mundo os ten, e con estes xogos se exemplica de que isto é así, e que debemos de cambialo.
    No capítulo dous o autor fala de qué linguas soan ben e qué linguas soan peor, e isto tamén son prexuízos, ou o de ter unha soa lingua no mundo. Con estos capítulos es as actividades que propón ven a dicir que todos temos prexuízos, que ningunha lingua é millor que outra e por iso, ¿cal sería a adecuada como lingua única no mundo? todas, todas e cada unha das lingua existentes no planeta poderían ser adecuadas ,por iso non podemos simplificar a unha soa, xa que cada lingua propia dunha zona é parte da súa cultura e hai que coidalas.
    Nos seguintes capítulos xa centrándose máis no galego, e na pouca consideración que teñen moitos galegos acerca da nosa lingua, e que non a falan se hai alguén que fale castelán diante por ser de mala eduación, pero logo explica as posibilidades que habería se falase esa persoa en galego, porque ó millor animaría a máis xente a falalo (como o exemplo que pon da súa filla). Isto é totalmente certo, xa que é o que pasa na nosa sociedade. Tamén de que moita xente non o fala porque di que non o fala ben, cando na realidade como di o autor, non falan ben o castelán. Nós mesmos, por non dicir o 100% cando falamos en castelán non usamos tempos compostos (como en galego non existen) e usamos palabras (como raxo que en castelán sería lomo) e outtros moitos exemplos disto.

    Como conclusión deste pequeniño resumo cabe destacar a cantidade de prexuízos que a sociedade ten do galego, por iso non o usan ou din que non lles gusta pero sin saber explicar o porque diso, e nós como persoas que formamos parte desta sociedade temos a responsabilidade de intentar cambiar isto, axudar a abri-los ollos desas persoas con tantos prexuízos que non lles permite ver máis aló, para que a nosa lingua non chegue nunca a desaparecer senón que vaia gañando cada vez máis falantes.
    Este libro debería ser obrigatorio na secundaria, xa que é moi sinxelo de ler e é un medio para que os rapaces e as rapazas desa idade reflexionen acerca da situación da lingua, e o millor así algún deles que non sexa galego-falante se anime e comece a falar galego, e así ir aumentando o número de falantes.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  18. Para comezar, decir que concordo ca maioría dos meus compañeiros/as en que este libro é bo de ler. O talento de Manuel Nuñez Singala mantén conectado ó lector en todo momento, a través de pequenos trucos como as preguntas, os xogos, as adiviñanzas... facendo partícipe ó lector e á vez transmitindo a súa mensaxe que, ó meu parecer non ten desperdicio.
    Unha das frases que di: " os galegos somos un pobo moi duro con nós mesmos, resaltamos o negativo e non vemos o positivo" A min gustoume, aínda que sexa xeneralizando e partindo da base de que cada quen é un mundo, penso que pola miña curta experiencia, coñecin a bastantes persoas que son como describe o autor.
    Outra frase que me gustou moito e que xa destacaron algúns dos meus compañeiros é : "o saber non ocupa lugar, creao". Gran cita chea de razón. E se nos imos ó tema lingüístico, mellor saber duas, tres, catro ou cinco linguas que nos permitan ir a outros lugares e poder sociabilizarnos ca poboación de alí, por non mencionar a cantidade de coñecementos que nos poden aportar; que saber unha ou duas linguas e encerrarnos nesas fronteiras que nos crea este feito, que nos limita as posibilidades de aprender máis,de coñecer novas culturas.
    Destacaría tamen moitos dos exemplos que emprega o autor para explicar mellor a súa mensaxe. Cando fala dos prexuizos da xente sobre o galego, que falar galego é de "mala educación", ou que o galego soa mal. Moitos dos casos que emprega para aclarar estes feitos parécenme moi reais e cotias. Fixéronme pensar e darme conta de que ás veces non vemos máis alá, e que parece que estamos no mundo por estar, polo cal penso que o autor consigueu o seu obxetivo.
    Para rematar engado outra frase que destacaría desta agradable lectura: "Pareceme perfecto que os galegos aprendamos unha segunda ou terceira lingua, o que non me parece boa idea é que renunciemos á nosa". Ten toda a razón Manuel Nuñez Singala, xa que ademais de que debemos aprender máis linguas, non podemos abandonar á nosa lingua, xa que é unha das nosas señas de identidade, da nosa cultura. Hai que olvidalos prexuizos e os pensamentos estúpidos que existen en torno á lingua galega.
    Pouco máis que dar a noraboa ó autor e recomendar este libro a todo o mundo, pero especialmente para xóvenes de E.S.O e bacharelato, xa que a esta idade atópanse nun bo momento para reflexionar e autocuestionarse certos temas como a lingua, os valores, a liberdade, etc. E esto é o que provoca este libro de Manuel Nuñez Singala.
    Daniel Barros Martínez

    ResponderEliminar
  19. Na miña opinión este libro é unha boa ferramenta para amosar ós demais a situación do galego e as nosas actitudes fronte o idioma, empregando para alcanzar tal obxectivo unha serie de actividades e exemplos que permiten o lector comprender as cousas de maneira sinxela, sen andar con rodeos.

    Gústame moito que Singala se centre principalmente nos rapaces ó crear esta obra, este colectivo capaz de rematar coa idea do galego como algo antigo, minoritario, rural...etc. É lóxico pensar que este grupo é o que terá nun futuro a responsabilidade de manter a lingua coas seguintes xeracións.

    Aqueles aspectos que máis salientaría da obra serían:
    - Como os prexuízos poden provocar escaparnos da realidade, penso que este problema é moi común nas persoas galegas que non falan a lingua (Por exemplo, a consideración do galego como lingua bruta, que soa mal; ou pensar que falar galego con alguen que o entende pero non o fala é de mala educación)
    - A similitude existente entre a figura e fondo das imaxes expostas coas nosas opinións acerca do uso do galego.
    - A consideración do galego como lingua imposta cando a intención non é outra que recuperala e acadar os usos dos que previamente gozaba.
    - Como en ocasións as intuicións que teñamos nas nosas decisións poden levarnos a erros. No meu caso o problema de non falar o galego habitualmente reside aquí, na educación recibida nunha sociedade onde atópase máis a influencia do castelán que do galego.

    Hai outros puntos recollidos na obra onde non estou dacordo:
    - A consideración xeral da poboación galega por pensar que co inglés como lingua única nos entenderíamos todos mellor. Eu non creo que a maioría de persoas pensemos desta maneira, senón que, seguindo os argumentos expostos por María, penso que aceptamos a diversidade como algo rico a nivel cultural.
    - Pensar de primeiras que o galego non o fala ninguén. Agradezco as explicacións do autor sobre a cantidade de falantes existentes, pero penso que a maioría de nós temos claro que a presenza do galego como lingua habitual é máis ou menos forte dependendo do lugar no que nos atopemos. Eu son de Ferrol e sei que, tanto no meu lugar de nacemento como en Coruña podemos pensar que hai máis xente que fale castelán que galego, pero hai que contar que hai moitos máis lugares da nosa comunidade onde o galego é a lingua predominante.

    Para finalizar, gustaríame recomendar a lectura deste libro non só ós máis novos, senón a tódalas persoas de diferentes idades. No meu caso o libro foi de gran utilidade para espertar un maior interese polo idioma que temos.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  20. Primeiro de todo e creo que moi importante dicilo ou mais ben repetilo, este libro foi para a miña opinión o que debería ser un exemplo de bo libro, tanto pola súa fácil comprensión coma pola forma orixinal de transmitir do autor.
    Comeza o libro coma nos comezamos a asignatura, coa figura da gaivota chorona; pareceme abraiante saber e ler que nas demais linguas veñen a chamala da forma contraria, que di esto de nos, que somo únicos pero igual de válidos que todos os demais coas suas respectivas linguas.
    Continuamos o libro coa sensación de comenzar unha partida dun xogo, no que o autor cunha serie de preguntas vainos descubir o porque da simplificación da nosa linga galega e vainos abrir o ollos ante a realidade que vive a nosa lingua, que as veces parece que non queremos ver as cousas tal e coma son na realidade, e emitimos xuízos previos(prexuízos) que a o fin son obstáculos e limitacións que nos fan ver as cousas da maneira que non é. Como por exemplo cando falamos de que a lingua galega soa mal,eu a verdade é que non me identifico con este tipo de expresións,aínda que creo que máis ben pode referirse ao tema da fonética, que non soa igual o Galego de Pontevedra que o de Lugo, ou o de A Coruña que o de Ourense.
    Non penso que a xuventude de hoxe en día non fala galego porque sexa mal soante, penso que non a falan por teñen candaseu un prexuízo feito hacia a lingua galega que está equivocado.

    ResponderEliminar
  21. Gústoume moito que o autor fixeranos comprender o feito de que o aprender non ocupa lugar, e así como é importante aprender máis idiomas que o primiero que temos o nacer, pero sempre sen renunciar a nosa verdadeira lingua e aprender dela e con ela xunto coas demais que decidamos engadir a nosa vida.
    No tema de falar galego cando hai alguén que non o fala, creo que o importante está primeiro no respeto que debes ter coa persoa que te esta a falar, o educado está en intentar responder a esa persoa facilitandolle sempre a comunicación, é dicir que eu podo ser non galego falante pero sei o idioma e se unha persoa falame en galego , debo facer o esforzo de contestarlle no que me pide poque sei o idioma e quero ser algún día unha verdadeira galego falante.
    Era da opinión de que o non ser galego falante, falaba mellor canstelán que galego, pero tivén que esperar 25 anos e ler o libro de Singala para darme conta de que falo peor castelán. A miña compañeira de piso é Valenciana, estivemos "xogando" a repetir as palabras do libro, o xogo das enes velares e alveolares (camión,unha...),e tal e coma o di Singala, ela tocaba coa lingua na parte superior da boca e eu non, o porque, está claro, ¡eu son da terra!
    Creo que o problema da imposición do galego, e por motivos que veñen de moi arriba e que por desgracia non están nas nosas mans,aínda que o sistema educativo impoña que a metade das asignaturas deben darse no idioma galego, se non existe unha supervisión interna que faga que eso se cumpla, por exemplo na miña escola cando estaba en 4º da ESO o libro de matemáticas era en galego pero a profesora falábanos en castelán, entón ¿de que sirve a imposición da lingua se non se leva a cabo?. De todas formas tampouco creo que "impoñer" dito literal, sexa a maneira de que os xóvenes de hoxe comencen a falar galego, aínda que co exemplo da filla de Sinagala parece que si que pode ser unha boa forma de comenzar a falar o idioma dunha forma habitual, pouco a pouco, "saíndo do armario".
    Despois de ler o libro, cando cheguei a miña casa, conteille ou meus pais un pouco do libro e pregunteilles que en que posto crían que se atopaba o idioma galego entre as cinco mil linguas que se falaban no mundo, a miña nai dixo antes dos primeiros 500, cousa rara porque miña nai viviu a època dos séculos escuros no que o galego estaba "prohibido" falalo e non o daban no colexo e tivo que aprendelo nun curso que fixo hai 5 anos por propio interese, e meu pai dixo que nos últimos 2500, cousa rara tamén porque meu pai e de pobo e galego falante. Eu pusen no cadrado o posto mil e pico, que fixen cando vin que era no 136, darme co libro na cabeza.
    Para rematar aconsellei o libro xa a unhas cantas persoas, a miña nai xa o quería ler o mesmo día que o contei.
    Foi unha experiencia moi positiva para min co noso idioma, axudoume a ter moitos máis recursos e moitas máis opiniones a hora de elixir ser galego falante porque non o era pero vou tratar de remedialo e penso que pode ser unha lectura moi recomendada nos colexos da nosa comunidade autónoma para que xa o lean os máis xóvenes e tomen esa decisión moito antes.

    ResponderEliminar
  22. Xa pouco queda por dicir desta letura que os meus camaradas gustaron de disecionar punto por punto.

    Nembargantes, tratarei de achegar a experiencia persoal acadada co libro. É que o señor N.Singala, facendo un exercicio de humildade, dí que o mérito do libro non é seu, senón que se trata dunha recompilación de moitos retazos, con e sen autor, e con pouco de orixinal, dí...

    Nesta época na que vivimos non imperan as formas protocolarias. Non obstante, eu espiritualmente quítome o sombreiro e finco un xeonllo no chan, ante unha obra que che ensina a voar só sen encadearte as súas liñas.

    Parece que o mesmo Sócrates adoutrinou ó maese Singala na arte da maiéutica, insinounos a sacar as nosas propias ideas á luz xerando unha opinión e un coñecemento propio sobre a temática do galego.

    Penso que o principal deste texto é o seu enfoque: sen darlle voltas ás cousas, o autor vai direto ós exemplos que fan deste libro algo moi vivo, no que se mantén un diálogo constante co escritor.

    Entre as liñas do texto atópanse solucións á problemática do galego. Como xa debateramos na clase o derradeiro día, trátase de crear un sistema educativo que asegure a competencia nas dúas linguas oficiais.

    A raíz diso sae todo o demáis. Ó igual que os compañeiros, penso que ler este libro de forma "obrigatoria" na secundaria ou mesmo facer traballo co el na propia asignatura de galego (lecturas semanais), faría que as xeracións de cativas e cativos puideran comprender a pouquichiños todo o que se dí do galego, os prexuizos que teñen asumidos coma todos nós. Intervindo así nunha época crucial, onde os pensamentos van e veñen e as ideas cambian, un enfoque como o de Singala faría que pensasen por si mesmos, baseados en argumentos que obtiveron a través da reflexión entre liñas.

    Na corrente de pensamento dos meus camaradas, fágome defensor da cita "o saber crea lugar". Penso, sen dúbida, que o podemos incorporar ós nosos axiomas.

    Os que estamos no deporte e a educación, dámonos conta de que unhas cousas son base doutras e a suma do conxunto é maior que a suma de cada unha das partes do sistema de aprendizaxe. Trátase de seren competentes e isto acádase ca suma de todo o aprendido, aplicado a unha problemática que xorde e revela a competencia desenvolvida.

    Iso mesmo é o traballo do sistema educativo con todo, e neste caso concreto co galego.

    ResponderEliminar
  23. Creo que este libro vota por terra as maiores excusas que se coñecen para non usa-lo galego.

    Prácticamente estou dacordo con case toda-las premisas que propón e os argumentos para desmonta-los prexuizos máis coñecidos polos galegos. A verdade é que o libro é fácil de ler, de feito o collín con ganas e nunha tarde o acabei.

    Os xogos ó inicio de cada capítulo faino máis dinámico ainda que algún xa era moi coñecido ou (polo menos en min) non conseguía o obxetivo que buscaba ou o efecto que desexa, aínda que sí eran un bó apoyo para introducir ás ideas principais de cada capítulo.

    A parte que máis me impresionou foi o capítulo dous "En galego, por que non? Porque é unha lingua bruta, que soa mal", neste capítulo desmonta o estereotipo máis xeral e famoso da língua galega e parécenme interesantísimas as anécdotas históricas (e iso que odio a historia).

    A verdade é que o libro gustoume, e xa teño unha amiga para deixa-llo esta ponte de decembro, jeje.

    ResponderEliminar
  24. Despois de ler o libro de Nuñez Singala teño que dicir que me gustou moito, e unha obra de facil lectura e amena, coas ideas claras e sinxelas, tocando o tema da simplificación comezando co xogo dos cadrados o autor vainos amosando a visión propia que ten él e fainos ver a nosa tamén, que coma no meu caso as veces non nos damos de conta de que pode ser equivocada, ou cando fala dos prexuizos da lingua galega, tamen me sorprendeu alguns dos contidos que presentou coa o de que o galegoesta entre as 400 (agora non lembro concretamente o posto que dicia no libro) linguas mais faladas,se ben todos os que lemos este libro damosnos conta o igual que dixo a profesora de que moitas das cousas que nel aparecen reflexaronse nas clases, xa no mesmo comezo co exemplo da gaivota chorona que nos amosa a propia vision que temos de nos os galegos, laiadores por costume en canto ó tema da lingua.Tamén se fala sobrea minorización do galegono cal se pode leer como o escritor exeplificou e explicou o meu parecer moi acertadamente o declie do uso e da concienciación do pobo coa sua propia lingua, poñendo de manifesto unha sinxela pregunta, ¿porque pensas que fals peor galego que castelán? e é ben certo que ainda que suponse que o galego normativo é o correcto aqueles que falan galego con seseo ou gheada ou demais fenomenos lingüisticos non deixan de falalo correctamente, comparandoo co ingles de de Australia, Estados Unidos ou Gran Bretaña, tamen nos da unja visión xeral dos prexuizos que temos contra as linguas e de porque "preferimos" as occidentais ás orientais.
    concluo dicindo, boa recomendación por parte de Goreti e unha noraboa para Nuñez Singala

    ResponderEliminar
  25. É un libro que fai pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes cara ela. A través de exemplificacións útiles para combater os prexuízos lingüísticos e as ideas simplificadas, que afectan ó noso idioma e ós seus falantes. Pareceume un libro ameno que, ademais de facerche pensar, fai que pases un tempo mergullado na realidade lingüística de Galicia para que entendamos que a diversidade cultural e lingüística é un ben que non podemos, nin debemos, desperdiciar. Teño que mostrar o meu desacordo en que o galego sexa unha lingua bruta, que soa mal. Xa sei que hai xente que pensa así, exemplo que vimos na clase onde algúns dicían que o seseo e a gheada non lles gustaban, pero como penso eu, para gustos colores.
    Por outra banda, non penso que falar galego sexa de mala educación, sempre que esa persoa o entenda. Pero si é certo, que sei de moitos casos, de xente que fala as dúas linguas con facilidade, e se lle falan en galego responde en galego, e se lle falan en castelán responde en castelán. Podemos pensar que é unha persoa sen unha lingua predominante, sen personalidade,…pero eu non, creo que iso é riqueza lingüística.
    Para finalizar, quero destacar o que nos di Núñez Singala “paréceme perfecto que os galegos aprendamos unha segunda ou terceira ou cuarta lingua, o que non me parece unha boa idea é que renunciemos á nosa .” É un libro que recomendo sen dubida, fácil de comprender, entretido, curto, para todo tipo de idades…

    ResponderEliminar
  26. "En galego, por que non?" ou tamén podería ser "manual do bon galego".

    É un libro de lectura moi sinxela e que, mediante xogos ou metáforas, te enfronta con situacións que se atopan a diario na nosa sociedade. Sí que é certo que tempo atrás o galego foi unha lingua pisoteada e que sufriu discriminacións, pero temos que quitarnos ese estigma e mirarnos con outros ollos.

    Creo que este libro nos pode servir de gran axuda para facelo, pois en cada un dos capítulos podemos concluír que as afirmacións polas que non deberiamos falar o galego non teñen fundamentación algunha, simplemente están baseadas nos prexuízos do pasado ou en ideas erróneas que extrapolamos da conciencia global; aínda que nós pensemos que o que pensen os demáis non nos afecta, como dí o autor, mais sí é certo que ten peso na construcción do noso pensamento.

    Éste libro invítate a reflexionar e a construír unha opinión sen simplificacións e, sobre todo, sen prexuízos, sobre a nosa lingua. O galego non é unha lingua superior a outra, pero tampouco é inferior, é iso, unha lingua, pero que como lingua nosa, nos representa.

    ResponderEliminar
  27. Sen dúbida un dos libros que transmite unha mensaxe máis directa de todos os que lin ata agora na miña vida. É un libro sinxelo, fácil de ler, pero que pode facer cambiar a forma de pensar e actuar de moitas persoas. Para min debería ser unha lectura obrigatoria que tódolos alumnos deberían facer na escola, xa que como dixen anteriormente, pode provocar un cambio na forma de pensar daqueles rapaces que están ensimismados con que falar castelán é o bon e o galego só queda para os avós e a xente das aldeas.

    Non vou volver a contar todo canto dí no libro, porque despois de ler os comentarios dos meus compañeiros, pouco máis podería engadir. Simplemente me gostaría salientar o caso da filla de Singala. Ahí queda patente que moitas veces non falamos galego por algunha estrana razón. A min tenme pasado o caso de coñecer a alguén e que esa persoa de primeiras che fale en castelán (eu habitualmente procuro contestar na lingua na que me falan primeiramente) e iniciar unha conversa en castelán; despois dun anaco cruzarse no camiño un coñecido meu, comezar a falar entre nós en galego e logo de irse, dicirme aquel co que falaba ó principio: "non sabía que falabas galego, eu sempre falo galego na casa e cos amigos, pero aquí non(neste caso nun traballo de cara ó publico). En casos coma este demóstranse os prexuízos cara a nosa lingua e a vergoña a non falalo, simplemente polo qué dirán. Temos que esquezernos diso dunha vez por todas e non ter medo a falar a nosa lingua, que ben fermosa é. Ó fin e ó cabo, o que quería dicir con isto, é que a filla de Singala é un exemplo a seguir por tódolos rapaces e rapazas novos e non tan novos.

    Para rematar, gustaríame destacar algunhas citas do libro que me pareceron importantes, espero non repetirme coas dos meus compañeiros:

    -Só os pobos que se respectan a si mesmos permanecen e progresan, dos que non o fan... non temos noticias porque desaparecen.

    -Se unha lingua non se usa, morre.

    -Dicir que unha lingua soa ben ou mal é simplemente un prexuizo. Un prexuizo moi antigo, equiparable ó racismo.

    -Para moitas persoas o diferente tende a considerarse malo.

    -O saber non ocupa lugar. Reivindicar a ingnorancia da lingua galega é algo patético.

    -As linguas non só resultan unha riqueza por elas mesmas, senón especialmente pola cultura que representan.

    -Para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal.

    -En realidade a maior parte dos galegos falamos un galego mellor do que pensamos e un español peor do que nos parece.

    -Non creo que haxa ningún galegofalante que non saiba falar español, e si hai unha certa cantidade de falantes de español incapaces de expresarse en galego. Esa é a desigualdade que cómpre corrixir.

    Sen máis, gostaríame rematar có que dí ó final do libro, literalmente: " É NECESARIO QUE NOS PAREMOS A REFLEXIONAR E QUE ELABOREMOS UNHA OPINIÓN O MÁIS FUNDAMENTADA POSIBLE, SEN SIMPLIFICACIÓNS E SEN PREXUIZOS, UNHA OPINIÓN PROPIA".

    PD: Os xogos eran ben sinxelos.

    ResponderEliminar
  28. En primeiro lugar, un libro que é moi sinxelo de ler, a verdade e que me esperaba algo máis reivindicativo, o cal igual se volvía algo máis pesado pra ler.
    O tema de tratalo todo con contos e xogos, fai que sexa unha lectura que pode contentar a calqueira idade, e, como ben dixo Javier, podería ser lectura obligatoria na escola.
    Hei de dicir que ó principio o tema do xogo dos cadrados lioume un pouco, e de seguro que a moitos máis que dixeron que había unha cantidad cando en realidade era outra e, sobretodo, alomenos pasoume a min no xogo da carreira, no que adiantaba ao segundo no que logo de leelo quedeime pensando se en verdade é posíbel se se equivocara ou o fixera a drede.

    Síntome bastante identificada co conto da filla de Singala, pois pra que enganarnos, eu fora da casa sempre falei en castelán, todo o mundo o falaba. Unha vez comezada a universidade vin que a xente falaba galego sen trabas ningunhas, e a pesardes dos prexuizos que ten moita xente (e quizáis que a xente me critique polo que vou dicir), pero considero un pouco "falta de respeto" contestar en castelán cando me están a falar galego, e viceversa.

    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  29. Concordo cas opinións que din que era un libro de fácil lectura. Amenizando cada capítulo con un xogo, un texto con trampa, ou unha historia fictia ou real.

    Conclusións que sacamos coa súa lectura? Pois supoño que moitas, de feito eu fun acompañando a lectura con pequenas anotacións pensando na hora de escribir aquí un comentario, e creo que sería moi moi longo, si teño que comentar cada cousa que me chamou a atención. Aínda así, o resumo que podo facer é moi sinxelo, considero que un libro así foi quitando un por un os típicos "prexuizos" ou "escusas" que pon moita xente pa desculparse e non falar galego. Creo que da razóns máis que suficientes para que ninguén de nós volva botar man de esas frases feitas que inventaron uns cantos para simplemente non recoñecer de manera directa que NON FALAN GALEGO PORQUE SE AVERGOÑAN.
    Creo que nas asignaturas da escola la que se imparte galego, terían que ter como obxetivo principal o crear un sentimento de apego co galego, facer caer as falsas afirmación cas que moitos se escudan para non falar galego, e facer que os alumnos valoren a nosa cultura e o noso idioma. Creo que amosando vídeos como se colgaron neste blog, lecturas coma as que estamos comentando ese obxetivo está máis que superado.

    "Para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal"
    "VONTADE, nada hai tan difícil de aprender como aquilo que non nos interesa."
    "O diferente tende a considerarse malo."
    "Saír do armario lingüístico."
    "A maior parte dos galegos falamos un galego moito mellor do que pensamos, e un español moito peor do que nos parece"
    "Só os pobos que se respectan a si mesmos permanecen e progresan, dos que non o fan... non temos noticias porque desaparecen."
    "O saber non ocupa lugar, o saber CREA lugar,"

    Estas e moitas máis frases que fan reflexionar a calquera.

    ResponderEliminar
  30. Recén veño de rematar de ler o libro de Manuel Núñez Singala e no que primeiro penso é que se trata dunha obra moi recomendable para que a xente xove en etapas educativas iniciais coñeza, moi sinxela de ler e que se fai moi moi levadeira. Parécenme moi interesantes algunhas das iniciativas que ten o autor por exemplo no que toca ós prexuizos onde propón retos coma o xogo dos cadrados ou o dos puntos. Estas actividades axudan sen duda a que "En Galego, ¿por que non?" sexa un libro moi atractivo e que non pare de sorprendernos.

    Outra cousa que me chamou moito á atención deste libro e que me fixo pensar e reflexionar un pouco máis acerca do que significaría a desaparición paulatina da nosa lingua foi a actividade de traducir ó castelán aquela frase en galego (capítulo 5): "A miña moza váicheme aprender a cociñar, Estou farto de ir a comer fóra. O que non sei e se darei feito a receita do raxo con pan reseso". Sen ningunha dúbida que a traducción ó castelán non diría con toda exactitude o mesmo que no galego e estaríamos perdendo matices culturais e históricos que durante siglos foron construíndo os nosos antepasados. Moita xente é da opinión de que "o importante é que a xente se entenda" pero penso que non por eso debemos pisar algo que nos pertenece e que é única e exclusivamente noso.

    Por último gustaríame recalcar a riqueza fonética que demostramos os galegos empregando a nosa lingua e que Núñez Singala tamén comenta neste libro. No meu caso tardo tan só uns intres en identificar unha persoa galegofalante habitual cando ésta emprega palabras tan identificativas como poden ser as que se pronuncian con enes "velares" (unha, xabarín, etc).

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  31. Pareceume un libro interesante e levadeiro de ler, pois a cantidade de exercicios que propón faino moi entretido, e fai que se entenda todo de forma máis doada.

    Fíxome recapacitar sobre varias cousas, entre elas a idea de que os galegos somos un pobo moi duro con nós mesmos, sendo incapaces de ver as cousas boas. Realmente nunca pensara niso.
    Reflexionei tamén sobre o tema de que a moitos nos soan mellor unas linguas que outras, e non me parara a pensar que é provocado polo prexuízo de rexeitar o que é diferente ou alleo a nós.

    Outro dato que me sorprendeu, foi o feito de que en Galicia falen galego o 75% da poboación, e por temas como a equivocada frase de “falarlle a alguén galego se esa persoa non o fala é de mala educación”, se fale galego soamente nun 32% dos casos, é incrible.

    Gustoume a frase “nunca aprender foi una perda de tempo, e moito menos aprender una lingua”, deberíamos facer máis caso desta afirmación, ademáis de esta outra “o saber crea lugar”, moi importante. Continuando có mesmo tema, outra frase a destacar é a de “para falar una lingua ben, primeiro hai que falala mal” de Ana Iglesias. Ademáis diso, o momento en que o autor fala da complexidade global das linguas indicando que é moi similar, por medio das palabras de Moreno Cabrera, pensei que seguramente bastante xente se sorprendería e negaría dita afirmación.

    Pero quizáis o que máis me sorprendeu foron os exemplos sobre a fonética, que explicaban as diferenzas de pronuncia dalgunhas palabras entre o galego e o castelán. Eu pensaba que máis ou menos as pronunciábamos igual, non me decatara da diferenza, e moito menos no das enes velares e alveolares (o feito de que non hai enes finais velares en castelán).

    Un dos últimos capítulos do libro que comeza preguntando se o galego é una lingua minoritaria, e que a mayoría así o pensan, acordoume o aprendido na segunda clase da asignatura sobre a situación sociolingüística da lingua galega.

    Tamén reflexionei sobre ata qué punto nos inflúen os prexuízos, ben instalados no fondo do noso pensamento debido á educación que recibimos dende hai séculos, que nos traizoan moitas das veces sen que nos decatemos, aínda que tentemos evitalo.

    En definitiva, esta lectura fíxome ver moitas cousas das que nunca me decatara simplemente porque non me parara a pensar nelas, probablemente polo que comenta Núñez Singala de que a maioría das veces tendemos ás simplificacións.

    ResponderEliminar
  32. Moi bó libro, sinxelo de comprender e que se o comezar a ler cando te queres dar de conta xa o rematache, grazas a que o autor crea una ligazón co lector a través dos xogos co cal a súa vez nos transmite a súa mensaxe dunha maneira máis clara e exemplificada.
    Nesta obra trátanse a realidade que vivimos os galegos, a nosa forma de ser, o tópico que temos asignado, a nosa visión da vida, etc. o cal nos fai reflexionar no nosa forma de ver as cousas, e se de verdade cumplimos coa fama que temos.
    Estou bastante de acordó coa opinión que Manuel Núñez Singala expresa no seu libro e coma moitos dos meus compañeiros gustaríame resaltar os que máis me chamaron a atención o ler( non m espallarei moito posto que case todos suliñamos as mesmas):
    O saber non ocupa lugar, dende logo, completamente de acordó; é máis, da pé a que aprendas ainda máis cousas. Se tí aprendes una nova língua podes visitar os países nos que comunicarte nese novo idioma e aprender das suas xentes, a súa cultura, o seu estilo de vida, os seus costumes, etc. polo que como di Manuel Núñez: “O saber crea lugar”.
    "Para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal". Moita xente quizás lle gustaría falar máis en galego en pos do castelán, pero non o fai porque cree ter unha menor competencia na língua galega, polo que expresase en castelán con maior frecuencia. Se algún día queremos chegar a ser galegofalantes, falando “ben” o galego, primeiro temos que falalo mal e aprender, un idioma non se aprende de supeto, e menos se o pretendemos falar con total corrección.Outros datos que me chamaron a atención, coma a mayoría dos meus compañeiros foron ese 75% de galegofalante, ou o influenciados que estamos polas correntes occidentais cando o autor fala das línguas que soan ben e as que soan mal e o de que os galegos pensamos que da simplificación a una única lingua na que poder expresarnos todos (inglés) nos entenderíamos mellor. Non estou dacordo nesto último xa que, coma él mesmo dí: “Pareceme perfecto que os galegos aprendamos unha segunda ou terceira lingua, o que non me parece boa idea é que renunciemos á nosa", e creo que esa é a visión de moitos de nos; aprender o inglés coma signo de cultura e coñecemento, non coma “idioma universal” e signo de simplificación.
    Creo q este libro deberiao ler todo o mundo, non só na ESO, como suxire algún compañeiro, ainda que está claro que nesa etapa é onde tera máis influencia, xa que a esa persoa lle queda toda a vida por diante para tirar abaixo os prexuizos e aprobeitar que este libro lle abriu os ollos coma a moitos de nós.

    ResponderEliminar
  33. Góstame moito a forma que te o libro de ensinar situacións que poder surxir na nosa vida cotiá de unha forma moi sinxela pero treméndamente directa e impactante. Do mesmo xeito serve como impulso para deixar atrás as teimas e prexuízos do pasado. Temos que darnos de conta de que a nosa lingua é tan válida coma outra calquera e que a nosa identidade propia é o que nos fai diferentes. Quero deixar este enlace que é do blogue dun grupo musical galego chamado Ataque escampe, que ten boas cancións críticas sobre a situación de Galicia; citando na canción “a cabana no tío Tom” a Rosalía de Castro coa frase “Galegos de Alabama, tratade ben os galegos”. Espero que alguén o mire e que sexa do seu agrado.
    “Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que chamamos Galicia”
    Álvaro Cunqueiro.

    ResponderEliminar
  34. Eu tamén creo que este libro sería interesante para os rapaces de secundaria e Bachillerato. Fainos comprender que as cousas non son o que parecen e que non hay que ser tan crítico, senón averiguar e preocuparse sen ter prexuízos previos.
    Moi doado de ler, entretido e con exemplos moi significativos, que nos fan ver as cousos doutra maneira.
    Fala das costumes dos galegos, ás nosas persoalidades... pero, co que máis me sinto identificada, é co medo que sentimos alguns galegos ó falar galego cando non é a nosa primeira lingua; non medo, pero inseguridade por saber se o estamos a facer ben. Por iso destaco esta frase: "Para falar unha lingua ben, primeiro hay que falala mal" e ten toda a razón.
    Só é cuestión de práctica, canto máis o falemos máis forte se fará.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  35. Quizás serei unha das últimas persoas en facer o comentario deste libro e sendo sincera, direi tamén que, en parte, me gusta deixar as cousas para a última hora, pois teño comprobado que o empeño que lles poño é ben superior. Isto pode ser difícil de comprender, ao igual que eu tampouco entendía como, cando ía comezar a ler o libro, tras pasar unha visual rápida as páxinas, vin que estas estaban cheas de cadros ou debuxos que non tiñan que ver para min nada ca reivindicación da lingua galega, como pensaba que esta seria a súa idea; de feito, volvín a mirar o título por si acaso me confundira de libro.

    Mais ao final, non estaba tan equivocada, o libro non mostra reivindicacións de que se fale a lingua galega, senón que fai pensar o por qué non todos o falamos. E para iso utiliza uns exemplos que eu catalogaría de “impensables” para min: unha historia na que será necesario facer cálculos, figuras nas que se amosan distintos cadros, exercicios de tradución… é dicir, todo aquilo co que non te pensabas atopar. Nembargante, é isto o que fai que o libro sexa sorprendente, divertido, distinto, enriquecedor... e iso rematou converténdose nun “gustoume moito”.

    Eu concordo tamén co autor en que hai xente que non é capaz de explicar a razón de por que o galego non lles gusta. Pero ocorre que, as veces, as situacións parecen non ser tan sinxelas, porque aínda que non se queiras, o ambiente que te rodea fai que os prexuízos saian a flote. Así mo axudou a comprender Nuñez Singala a través da historia que máis me chamou a atención do libro, a que se encontra no epílogo, pois considerándome unha gran feminista, cometín o error de resolver a historia nun primeiro momento dicindo que “Antón era padrasto” e nun segundo sen saber por onde tirar, ata tropezar coa solución de que a “eminencia” era a nai.

    Nembargante, a pesar de que o pasado se opuxo a nosa lingua, con ganas e coa existencia de libros coma este que deberían ser de lectura obrigatoria para toda a poboación galega, estou convencida de que a podemos rescatar do precipicio no que nunca se debeu encontrar.

    ResponderEliminar
  36. Creo que todos estamos de acordo en que o libro é de fácil lectura e fainos pensar moito en tódolos prexuízos que moita xente ten co galego, asique non vou increpar máis niso.
    O que máis me impresionou é cómo Singala lle pode dar a volta á tortilla. Les os títulos de cada capítulo e xa queres saber cómo o vai a explicar para arroxar todas esas teorías fóra da borda.

    A verdade non me sentín identificada con eses titulos, nunca crin que o galego sexa unha lingua bruta ou que é de mala educación falar galego cando un galego fala castelán. Eu falo castelán e cando alguén que sempre fala galego cambia de idioma pola miña culpa sempre digo que fale galego que non son tan tonta como para non entendelo. Polo que en case todo momento estiven de acordo co autor.

    Tampouco creo que non se fale galego pola excusa de que non o damos falado ben, como di Ana Iglesias en "Falar Galego: No veo por qué", Para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal. E isto lémbrame moito a cando estiven vivindo fóra e non tiña nin idea de inglés...o primeiro mes non falaba nada porque non sabía cómo facelo, logo dixenme a min mesma "ou o falo ou estou calada un ano enteiro, se non me entenden, que fagan por entender" E logo de un ano, podo falar inglés. Creo que o mesmo exemplo é aplicable a toda esa xente que non se atreve a falar galego porque o pode facer mal, o caso é intentalo, aprender un idioma supón sempre un investimento de tempo e esforzo.

    Respondendo ó anterior comentario de María, eu creo que a xente que non é capaz de explicar a razón de por qué o galego non lles gusta, simplemente é porque así llo fixeron ver dende pequenos. Hai unhas palabras de Moreno Cabrera no libro que gostei moito de ler: "O sistema educativo que tivemos os españois durante moitos anos volveu as costas ao recoñecemento e aceptación da diversidade lingüística do noso propio país; ainda hoxe hai moito que amañar nese aspecto"

    ResponderEliminar
  37. Gostei moitísimo deste libro pola súa sinxeleza á hora de presentar os contidos e co doado de entender o que Manuel Nuñez nos quería transmistir en cada capítulo.
    Tras comezar a lelo decateime dos moitos paralelismos que Goretti utilizou na clase para explicar certos aspectos, como o da gaivota chorona, ou o lugar que o galego ocupa respecto ao conxunto total das línguas do mundo.
    Mais con todo, había moitas cousas que descoñecía e me sorprenderon gratamente: sobre todo ese recurso literario que utiliza o autor e que son as metáforas, explicando diversas adiviñas e xogos cas que explicar e intentar de eliminar os diferentes prexuízos que a nivel social existen e perduran co galego.
    E verdadeiramente fiquei sorprendido posto que pequei de inxenuo na maioría deles dos que non tiña coñecemento, o que máis me impactou foi o derradeiro sobre como temos asumidos certos roles para traballos en homes e mulleres, no conto da "eminencia" médica, que resulta ser a nai do fillo accidentado. Outros, como o dos cadrados dentro dos cadrados xa sabía a resposta, mais non a reflexión que se pretendía extrapolar ao respecto do idioma e que considerei brillante e oportuna.
    Quero engadir a modo de reflexión que este libro non está dirixido unicamente para aquelas persoas que non usen o galego ou que teñan conceptos erróneos ou malos, senón tamén para aqueles usuarios que o utilizan diariamente ou que están en proceso de normalizalo como é o meu caso. Neste respecto fíxome reflexionar moito a historia da filla do autor que comezou a falar galego no seu entorno e ao final o número de persoas que o escoitaban e/ou falaban incrementou exponencialmente, acho que é unha das mellores ilustracións para decatarnos do poder que podemos execer a nivel individual para influenciar ao entorno e poder chegar a niveis aceptables de normalización do galego.
    Un libro que recomendo encarecidamente a todas as esferas da sociedade, sen preuxízos, de calquera signo político e clase social, e que sen dúbida aporta algo moi sinxelo pero valioso en cada un dos capítulos que nos demostran por qué si podemos usar o galego ante cada un dos argumentos máis típicos que podemos escoitar nos nosos días.

    ResponderEliminar
  38. Esta obra levanos a pensar, reflexionar e convida a tentar responder as cuestións que ainda que nos plantexamos non nos atrevemos a contestar.
    No primeiro capitulo non estou dacordo co autor debido a que non asocio unha linuga con unha imaxe concreta debido a si me soa ou non me soa ben.
    Na segunda parte quedome con " a lingua e unha riqueza, non un estorbo" e cantas mais linguas coñezamos, teremos moitas mais facilidades e coñecementos para desenvolvernos noutras linguas.
    No terceiro capitulo eu si que lle dou importancia a linuga no que me responden e intento adaptarme a esa lingua aínda que case sempre me acabo a desenvolver en galego debido a que e a lingua que falo en moita maior medida.
    No cuarto capitulo destaco a frase "pareceme perfecto que os galegos aprendamos unha segunda, terceira ou cuarta lingua, o que non me parece boa idea e que renunciemos a nosa" xa que considero que debemos valorar isto e todas a linguas son iguales e cantas mais linguas sepamos ou coñezamos mais cultura e sabiduría teremos.
    Finalmente e ainda que discrepo en certas cousas con Signala considero unha gran lectura e que debería ser un libro de lectura obrigatoria durante a ESO

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar
  39. Unha vez lido o libro, o primeiro que teño que destacar é a sinxelo que se fai ler este libro e dar as miñas felicitacións o seu autor por ese uso de xogos para facer mais comprensible e levadeira a lectura.

    Por outra banda, penso que é un libro que todo galego deberia de ler para reflexionar sobre o uso do Galego e a necesidade deste dentro da nosa propia cultura.

    A máis disto, teño que deixar constancia de varias frases do libro que compren ser recordadas e sobre as que se debe relfeixonar:

    -"dicir que un lingua soa ben ou soa mal é simplemente un prexuizo equiparable ao racismo.Non nos gusta o diferente, o raro, e polo tanto tendemos a asociarlle calidades negativas".

    -"galego cerrado, catalan cerrado,etc..son expresion creadas polo poder central sobre a periferia. Como se di enton "español cerrado"? A resposta é "buen castellano". Repara na diferenza"

    - o saber non só non ocupa, senon que crea lugar.

    - Aprender un idioma supón sempre un investimento de tempo e esforzo e, como nos recorda Ana Iglesias, "para falar unha lingua ben, primeiro hai que falala mal".

    - "Por outra banda, non creo que haxa ningún galegofalante que non saiba falar español, e si hai unha certa cantidade de falantes de español incapaces de expresarse en galego. Esa é a desigualdade que compre corrixir".

    ResponderEliminar
  40. Tan só uns intres que rematei o libro e xa estou debatindo e discutindo na miña cabeziña, a miña postura lingüística. Un bó libro pra pensar, pra abrir a mente. E é que a dicir verdade, non sei porque non falei galego nunca, ó mellor porque non o necesitei, era máis cómodo falar castelán, o meu hábitat castelán-falante… unha xuntanza de circunstancias que me fixeron non falar a cotío (tan só cos meus avós paternos) a lingua que nos fai tan diferentes, tan especiais. Porque, unha cousa teño que dicir, por tódolos sitios que viaxei sempre dixen que son galego. E nunca pasamos desapercibidos, que o saibades. Sempre a xentiña doutros países falábanme doutros galegos aventureiros que xa habían pasado por alí moi orgullosos (coma eu) de pertencer a esta terra que tan bó plantar da. Recordo nun albergue polaco no medio de Kracovia, no que unha recepcionista (de moi bó ver) díxome aquilo de: “Galician? WOW! Original people”. Ou que? somos orixinais! Senón a mirar todas as camisetas do Rey Centolo.
    O Capítulo 2 “sobre simplificación e prexuízos” informanos da falsa ou non axeitada realidade que vemos. Ademais disto, fainos o recorrido máis sinxelo mediante xogos, metáforas, historias… moi orixinal e intelixente. Un dos que maís me gustou foi no que fala de maneira crítica que aprender galego é unha perda de tempo. Porque se o miramos así, as nosas raíces e a nosa cultura tamén o son. Tamén chamoume a atención cando fala das nosas peculiaridades de lingua, como o noso “n” alveolar, na variedade fica o gusto, se todos falásemos igual o mundo sería un aburrimento. Estou orgulloso de ter o Galego como lingua propia, e non terme criado só co castelán. O autor defende moi ben o plurilinguísmo, sen despreciar nin infravalorar outos idiomas aínda que sexan linguas minoritarias. Estou totamlente dacordo con él. E é que se botamos unha ollada ós nosos vecinos Europeos, en países cómo Bélxica existen 3 linguas oficiais e o Inglés está a un grandísimo nivel, o cal demostra que Galego-Castelán e outro idioma máis non son para nada incompatibeis.
    Por último quería destacar a espontánea e alegre forma que ten o autor de rematar o libro, preguntando “¿Non o fala ninguén?” e afirmando que tres cuartas partes da poboación galega o fala… gústame que non acabe apenado e disgustado, forzando e recriminando o uso do galego, e polo contrario deixa a batuta nas nosas máns, anímanos. E é que o galego non ten que ser imposto, xa é noso e non deberíamos perdelo. Estariamos perdendo cultura e identidade.

    David Pérez Martínez

    ResponderEliminar
  41. Que sorpresa me he llevado tras la lectura de este libro! Si soy sincero, he de decir que ya cuándo supe la noticia de que teníamos que leer un libro obligatoriamente para superar la materia, ya me dió pereza...(ya que teníamos otras muchas cosas para leer y tareas que realizar para ésta y para las otras asignaturas) pero es que cuando lo cogi en fotocopiadora y comprobé que libro en cuestión era mucho más extenso que cualquiera de todos los otros documentos que habíamos tenido que leer, ya casi me dió una depresión... Jeje Mi satisfacción llegó cuando una vez que comencé a leerlo vi que avanzaba a una velocidad muy superior que leyendo los otros textos...Era mucho más grande y al final tardé mucho menos en leerlo! Increíble...
    Y eso fue debido a que al revés que los otros documentos, este texto de Manuel Nuñez Singala me encantó! Me resultó mucho más divertido que los otros textos, mucho más ameno, mucho más fácil de leer y además mucho más productivo que los otros documentos, ya que el autor consigue en este caso llegar más fácil al lector y atraparlo en su lectura, frente a los otros libros que a mi parecer y como ya comenté se me hicieron un poco más pesados y redundantes. Se aportaban tantos datos y se quería decir tanto que al final eran un poco más liosos. Además se hacía mucha mayor mención a aspectos legislativos, que en mi caso se me hacen mucho más cotosos de leer... Aquí también se aportan datos pero de una manera muy distinta (con actividades, juegos...),que enganchan al lector a continuar leyendo mientras se le siguen contando cosas y se le sigue haciendo reflexionar. En mi opinión mucho mejor.
    Hubo un o de esos juegos al que quiero hacer especial mención. El juego de los trazos en los cuadrados. No me lo podía creer... tube que realizarlo varias veces y comprobar la solución varias veces también..¡Increíble! me pareció buenísimo. Me reía en casa sólo porque mira que lo había intentado y no lo conseguía...jajajaja pero no es solo que me haya parecido divertido, es que encima me ha hecho reflexionar muchísimo. Como bien dijo mi compañera María, creo que es increíble lo "cerrados de mente" que podemos llegar a ser los humanos..
    Otro aspecto que quería resaltar es otro de los motivos por los que este libro me ha gustado. Me parece que en este caso, Singala, no se expresa de una manera tan extremista y radical como ocurre en el texto del multilingüismo de Teresa Moure y en el otro de Bieto Silva de la lengua y la escuela. En este caso creo que el autor consigue expresar muchas de sus ideas, te hace reflexionar, y te transmite muchos datos pero no de una manera tan extremistra. Se habla de aspectos muy parecidos en todos los libros pero no tienen nada que ver. Creo que este es infinitamente mejor en todos y cada uno de los aspectos (transmisión de los datos, terminología utilizada, claridad y expresiones...)
    Se vuelve a hacer meción a la apuesta por el Plurilingüismo, a la defensa del gallego...aspectos que tanto en los otros libros como en clase hemos estado tratando durante todo el curso y ante los cuales, como ya he dicho en todos mis otros comentarios, soy totalmente partidario y el primer defonsor.
    En resumen. El mejor texto que tenido que leer este año para esta asignatura. Además con diferencia. Por mi parte sólo decir que es totalmente recomendable para todas las edades y para todo aquel que le guste difrutar de una buena lectura. Mis Felicitaciones a Manuel.

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar
  42. Se lendo un simple libro nos damos conta de que temos prexuizos respecto a lingua cós que non contábamos, aquí temos unha mostra de como inflúe sobre nos a sociedad, e como o castelán imponse na nosa terra.

    Fálase dunha falsa "educación" por cambiar de falar galego a castelán con xente que nos fala castelán, pero temos que ser coñecedores de se a persoa á que nos referimos entende o galego ou non. Ou se cando estamos un grupo de amig@s reunid@s a totalidade da xente entende o idioma que estamos a empregar, porque eu traballo en Cataluña, e paréceme unha falta de respeto cando estamos un grupo de xente, en diante de nos, falan entre eles en Catalán, ao meu parecer é unha falta de respeto se o receptor, sexa directo ou non, non entende a lingua.

    Respecto a imposición do Castelán en deterioro do uso da Lingua Galega, está máis que claro, o Galego era, e moi tristemente aínda a día de hoxe, considerado como un idioma pouco útil deixándoo relegado a un segundo plano. Pero a culpa de iso, a temos tamén nos por permitilo, por non loitar polo que é realmente noso e que nunca nos poderán robar, a lingua!

    ResponderEliminar
  43. Do autor: gran maestro, sabe utilizar o exemplo, moi ilustrativo e ameno. Non só ensina sobre un tema senón que explica tódolos por que.

    Do que di:

    - Interesantísimo o feito de que " O saber CREA lugar"

    - A manipulación que podemos chegar a sufrir se non nos detemos a pensar e reflexionar detidamente. Unha persoa que che fai pensar é un ben moi valioso, noraboa a este autor pola súa persoa.

    - "Hai inxenuos que pensan que un idioma único e universal sería posible" Pensábao e xa non o penso. Prexuizo extinguido. Por certo, paréceme moi intelixente o feito de citar a un inglés dicindo "Se isto chega a pasar será o maior desastre intelectual que o planeta coñeza en toda a súa historia" (no caso de que todos falásemos inglés)

    - "A lingua máis útil e con maiores posibilidades é a que nos permite desenvolvernos no noso contorno". Non como a veces penso: A que máis falante teña. Se eu actuase segundo esta frase, falaría o 75% do tempo en galego, tal e coma el citou no seu exemplo (dando por sentado que un non fala galego, aínda que o entende). O lóxico polo tanto é falar galego. Agora vénseme á cabeza a frase: En galego, por que non? É unha pregunta fundamental á que da resposta de xeito maxistral.

    Para min este libro desequilibrou a balanza en favor do galego dun xeito tan ameno, divertido e argumentado que agora penso que falar galego é o máis lóxico.

    ResponderEliminar
  44. Despois de leer o libro a principios deste mes pensei que seria unha boa idea, esperar a leer os comentarios dos meus compañeiros para saber si coma o meu caso Manuel N Singala conseguía o que realmente pretende con esta lectura, crear unha opinión personal sen ningún tipo de prexuizos. E sobretodo como podemos percibir as figuras e como non debemos deixar escapar o fondo...

    Coincido cos meus compañeiros en moitos puntos; libro de lectura sinxela e rápida, divertida e interactiva debido os continuos xogos, estadísticas, ejemplos traduccions etc...

    Non estou dacordo co autor en varias cousas, a xente que ven a estudiar a Stgo. durante un cuatrimestre ven a aprender, non está obrigada a vir, digo isto facendo a referencia a unha frase de Manuel Núñez, cando algo non ten interés e moi difícil aprendelo...Cada persoa é un mundo diferente con actitud e traballo todo remata por conseguirse.

    Bueno agora escomeza o meu resumen, penso en primeiro lugar que sí seria un libro moi recomendado para secundaria. É unha forma a lo menos para min de escribir un libro, e non podo negar que me sorprender gratamente. Pareceme curiosa a historia da gaviota chorona e a suas traduccions a outras linguas creo que o autor non esta desafortunado na comparación. Os xogos curiosos e divertidos ru practiqueinos ca miña familia castelano falantes e sen dubida causaron grata impresión, resultado ganei confianza para falar mais o galego.

    Aprendin igualmente que para falar correctamente unha lingua tamén debemos falar mal, e dos errores do que temía que aprender, así que si non falo nunca aprenderei a falar correctamente pero igualmente como di Signala, todos os galegos pensamos que ganamos mal e finalmente todos nos entedemos e sabemos traducir como no xogo do final do libro.

    Para rematar dar as gracias a Goretti por conseguires o igual que Manuel Núñez, ter unha opinión persoal o libre sobre a situación e futuro da lingua galega.

    Pablo Otero Puga.

    ResponderEliminar
  45. teño que recoñecer que ao principio fíxome gracia cando na introdución lín o de que "de feito se les este libro é porque tes interes". Se ben o libro era de lectura obrigatoria, ao final disfrutei moito do mesmo. Moitos dos tópicos dos que fala, nos xa os tiñamos coñecidos e máis sabíamos que non eran verdade. Pero a lectura de este libro amosanos claramente porque non o son.
    E interesante tamén a forma en que o autor che presenta cada un dos contidos. Usando símiles ou comparativas faise moito máis sinxelo o entendemento do que él nos está a contar. Por outro lado ao meu parecer o autor equivócase nalgún dos símiles.
    Un dos capítulos pra min máis interesantes é o da imposición da lingua. O autor quere facernos ver que as cousas son dunha forma ou da outra según o punto de vista dende onde o mires. Iso e moi certo. Concordo con que a lingua galega foi unha linmgua grande e non minoritaria coma o é hoxe e que sufriu a imposición do castelán en tempos pasados. Pero si poñemos o exemplo do neno ao que lle quitaron a sua videoconsola e máis o seu pixama e él usa a forza para recuperalo... Ese no é o mellor exemplo de recuperar algo. Hai que ser valiente e ter as nosas ideas moi claras á hora de recuperar algo. Pero obrigando no é a forma de facelo. Tamén se fala de que para recuperar parte de un eido, outro terá que cedelo. Sigo dicindo que non sempre ten que haber un perdeder. Nunha comunidad bilingüe hay que aprender a compartir.
    Moi dacordo co resto dos contidos do libro. Hai moitas cousas que só se poden vivenciar se se está mergullado na cultura e pra iso hai que polo menos entender a lingua, polo que non é ninguna perdida de tempo aprender o Galego ainda que só se fale en Galicia.

    M. Xavier Benenaula Reibán

    ResponderEliminar