sexta-feira, outubro 14, 2011

Historia dos bonobos con lentes

25 comentários:

  1. Interesante conto, axeitado para nenos e non tan nenos, que suxire un interesante pensamento acerca da paz e da igualdade entre persoas, así cómo dos seus dereitos.

    Todos somos iguais pero ó mesmo tempo diferentes, ó lixo as diferencias que discriminan.

    Un saúdo xentiña!

    ResponderEliminar
  2. David eu creo ademais que o conto por outro lado da unha visión crítica do que é a nosa sociedade facemos o que nos din e non reflexionamos sobre o que somos nin o que temos ata que faiamos. Por exemplo, cando chegaron os bonobos cas lentes había que facer o que dous ou tres marcanban ata que iso faiou e logo si tivemos que reflexionar sobre o que eramos e o que fixemos. Si isto o transladamos as linguas vemos un claro exemplo disto. ¿ Porque o inglés é a lingua "universal" se non é a máis falada?

    ResponderEliminar
  3. Gran exemplificación da desexada igualdade entre as persoas, dos seus pensamentos, dos roles que desempeñan no seu entorno e dos privilexios de algúns...

    Dacordo con David en que é un relato moi axeitado para público de tódalas idades, moi recomendable dende o meu punto de vista sobre todo para os máis pequenos.

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  4. Hola a todos!

    Eu penso que o conto pode ser mirado con diferentes ollos, e con diferentes perspectivas. Sen mais, eu quedeime co detalle, de que os que fan cambiar a unha sociedade, son aqueles que descobren un mundo diferente o seu, aportando detalles, e facendoo de unha maneira, na maioria dos casos, positiva. Certo é, que hai tendencias e modas negativas. Neste conto, o que pasa, e que separa o grupo.

    Non estou con Lara, con respecto a que facemos o que nos din, xa que un é libre de escoller o que quere facer, levar posto, etc. A un ofrencenlle cousas, se as colle, e porque quere. Tamén é certo, e supoño que Lara refirese nesta liña, que seguimos un patrón de "modas temporais" e se non as sigues, eres o sinalado coa man.


    En relación a Lara de novo coa sua pregunta da lingua inglesa, eu creo que é porque a nación "mais potente", EE.UU. e a que tranforma a sociedade global na liña de que o inglés sexa o idioma universal. Non é lóxico, pero está sometido na sociedade.

    Gabriel Domínguez Dos Santos

    ResponderEliminar
  5. Claro é Gabri que EE.UU. é a nación "máis potente" pero si considero que a posicionaria no persoaxe dos bonobos que traen as lentes.

    ResponderEliminar
  6. Estou dacordo en que o que máis e o que menos se deixa levar en maior ou menor medida polas "modas", pero cada un ten que verse capaz de decidir o que realmente quere sin temer a posibles repercusións ou ó que dirán.

    Por outra banda, gostaríame saber que pensades acerca do seguinte:

    O número de nativos de fala inglesa é duns 375.000 millóns, namentres o da española ascende a 400.000 millóns. A miña pregunta é, ¿por que gran parte dos hispanofalantes coñecen en maior ou menor medida a lingua inglesa e no caso contrario non é así?

    ResponderEliminar
  7. Na miña opinión o conto reflexa uns valores tradicionais por parte dos bonobos, onde as diferenzas entre xénero son moi evidentes. Por outro lado, está o poder exercido por uns cantos, caso dos bonobos con lentes, isto pódese comparar có que sucede na actualidade, como uns poucos dominan a nivel politico-económico, ao mesm tempo que provocan que unhas linguas teñan máis rango que outras. Por outra banda tamen podemos compara o feito polas bonobas como un levantamento dunha sociedade sobre as desigualdade e provocando un cambio no poder, levando esas sociedade a unha convivencia mellor e sen desigualdades.
    Con respecto a lingua non é mais que a loita por superar as desigualdades impostas polas sociedades dominantes que intentan impoñer unha lingua sobre outra, sin ser superior nin universal. Todas as linguas agachan un saber que se perderia se desaparecen.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  8. Fermoso conto que nos deixa unha moralexa moi importante sobre a necesidade das sociedades das apariencias, dos auto-odios, dos prexuízos e do medo aos novos cambios. Da evasión da realidade, da discriminación por razóns de xénero. E finalmente do progreso por parte daqueles que non queren seguir nunha sociedade que non lles entende nin lles representa.
    Respondendo á pregunta de Javier, dende a miña perspectiva podo dicir que o inglés é o idioma dominante porque é o idioma do país dominante. Isto ven moi a conto do que falamos sobre as características dos idiomas, e de como se poden utilizar como ferramentas de poder. Os antigos imperios sempre priorizaron o establecemento das súas costumes, normas e idioma naqueles pobos que conquistaban. Sinxelamente, iso é o que está a acontecer na actualidade co imperio americano.

    ResponderEliminar
  9. Creo que o conto ademais pretende facer, como ben dixeron David e Adrián, unha crítica a desigualdade entre homes e mulleres, representando a negativa a que as muleres se culturicen(cando as bonobas queren aprender as palabras e quitan o pano da cabeza e os bonobos rinse delas)e demostrando que teñen a mesma capacidade que os homes, o aprender ser que as ensinasen; que as mulleres eran as encargadas de coidar os fillos e a casa, facer a comida(recoller os casulos, froitos e demais) e manifestar que son unha parte igual de importante para a sociedade, xa que coa marcha das bonobas os bonobos non sabían facer o máis básico, querendo algún voltar onda elas.
    Respecto a visión que se ten do conto de cara a critica das modas quería suliñar que está claro que todo o mundo as segue, ainda que sexa por imposición; e o que temos que facer é parar a pensar e non creer todo o que nos din e escoller o que creer, de ahi que estea de acordo con Javi no seu ultimo comentario.
    Penso que é una moi boa pregunta Javi, e que poderíamos argumentar que se podería deber a que os países de fala inglesa son una maior pontencia que os de fala hispana; pero esta tamnpouco semella a resposta, xa que o mandarín duplica a numero de falantes de fala inglesa e os países que o falan son una potencia moi parexa a estes.

    ResponderEliminar
  10. Comparto a mesma opinión que Iván respecto á desigualdade entre homes e mulleres, neste caso representado polos bonobos e as bonobas. Claro que tamén vexo un sentimento de superioridade por parte dos bonobos que volven sabendo algo novo que os demáis non coñecen, e éstes queren ser coma eles.Pero despois da marcha das bonobas, e vendo que non son capaces de facer as tarefas máis básicas da vida, deciden deixar de lado esa moda "pasaxeira" para voltar á vida de antes.
    O que está claro respecto ás modas, e aquí coincido con Iván, é que nos veñen impostas, pero, ¿quén as impón?

    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  11. de acordo con Iván e Rebeca no tema da desigualdade e respondendo á pregunta de quen impón as modas, está claro que os que teñen o poder económico e político, de ahí que o idioma dominante sexa o inglés e non outro. Isto está claro que non debería de ser así, pero por desgracia si é, xa que ese poder político-económico o manexan uns poucos e non a gran maioría da sociedade que é a quen se lle impoñen esas modas.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  12. Con respecto o tema principal do conto eu estou dacordo con moitos de vós; a historia amosa unha denuncia contra as desigualdades, marcadas pola pertenza dun sexo ou outro.

    Pero eu tamén observo esas desigualdades no momento onde os bonobos escollen aqueles que teñen que viaxar para mellorar a súa cultura. Se non estou equivocado escollen ós máis guapos e isto é tamén e outra maneira de discriminar á sociedade, onde temos a costume de valorar moitas veces ás persoas sen coñecelas en profundidade.

    Se no caso das linguas fóramos capaces de abrir un pouco máis os ollos e comprobar a riqueza e variedade que ofrecen cada unha das linguas que existen no noso mundo, independentemente da cantidade de falantes que teña, podemos mellorar moito máis non só a nivel persoal, senón tamén como colectivo. Hai que ter unha visión máis profunda de todo isto, para que sexamos capaces de comprender todo o que se está a perder e actuar en consecuencia.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  13. Pareceume unha historia que enfronta claramente a resistencia ao tradicional, demostrando como os roles neste caso machistas, “impostos pola comunidade bonoba”, poden trocar e espertar ese desexo intrínseco do sexo feminino por evolucionar e mellorar as súas condicións de vida.

    Deste xeito, este relato promove o rexeitamento daqueles valores anquilosados, propios dunha sociedade estática, arcaica e pouco tolerante nos que se limita a posibilidade de progresar e aprender por razón de xénero.

    Perséguese por tanto, a defensa dunha colectividade paritaria na que “o saber non ocupa lugar”, senón que CREA LUGAR.

    ResponderEliminar
  14. Un conto con moitas mensaxes internas ben interesantes. Penso que trata temas importantes como a discriminación, a imposición ou simplemente a idiotez. Representa en moitos dos casos a nosa sociedade, tan fácil de manexar para aqueles que nos gobernan. De todos é sabido que as masas son fáciles de manexar, soamente fai falla un líder carismático que diga qué facer, cómo facelo e cándo facelo. Por iso cumpre pararse a pensar as veces naquelo que facemos, aqueles camiños que eliximos, xa que moitas veces non desenrrolamos a nosa parte crítica e simplemente nos deixamos ir. Por elo, a educación é unha parte vital, xa que con ela podemos facer que a mocidade medre nun ambiente crítico e constructivo, como fixeron as bonobas. Existen cousas difíciles contra as loitar, pero non hai imposibles, e se realmente vemos unha inxustiza, porqué mirar cara outro lado?

    ResponderEliminar
  15. Totalmente de acordo co comentario de Álvaro. Cando lin o conto o primeiro que me veu á cabeza é o mundo consumista no que vivimos...se hai que facer isto, a xente o fai; se hai que mercar o outro, a xente o merca...e todos aqueles que se saen da norma son uns "raritos".
    Profundizando un pouco máis, reflexa unha crítica á desigualdante existente entre homes e mulleres, sendo estas últimas rexeitadas cando tentan ser iguais que os bonobos con gafas. Por sorte, as bonobas percatanse a tempo e deciden separse do grupo, creando a sua "propia cultura" mais sinxela para poder seren felices. Ó final, dase a entender que o mundo no que viven as bonobas resulta máis confortable que o mundo que os bonobos querían impoñer.
    Non credes que nun mundo con menos imposicións e sobre todo menos consumismo viviriamos mais tranquilos?

    ResponderEliminar
  16. Síntome máis idententificado co comentario de Alvaro. Paréce unha exemplificación de sociedade que se da en moitos paises, onde uns poucos controlan ós demáis e estes simplemente déixanse levar, non aceptando todo aquelo que salga da norma ou dos cánones establecidos, sen cuestionar nada nin pensar ou decidir por eles mesmos.

    ResponderEliminar
  17. ¡Hola a todos!
    Baixo o meu punto de vista este conto trata varios temas, cada un deles non menos interesante ó anterior. Desde o Machismo, Plurilingüismo, a Estética ou Moda, a Tradición e os Cambios nunha sociedade.
    Estou moi dacordo con Iván Lobelle con respecto a desigualdade entre homes e mulleres, xa que as bonobas non lles deixaban culturizarse, xa que elas eran as responsables do coidado dos meniños, podendo así expandir un aprendizaxe que ó parecer era so pos bonobos. Además estou dacordo con Miguel Fernández, en canto ó referente do poder exercido por uns cantos, pero levado á lingua, sería a utilización da lingua como instrumento de poder e neste caso volvería a ser cuestión de xénero.
    Pero tamén vexo un tema no conto que non se aborda en ningún comentario, e é a Emigración.
    Por todos é sabido que no pasado moitos familiares tiberon que coller as maletas para buscarse a vida, e deste xeito aprender novas costumes, novas falas, novas culturas... E eu pregúntome, pudo isto cambiar a cosmovisión da sociedade galega??
    Un Saudo

    ResponderEliminar
  18. En línea con lo que exponen David, Ivan, Adrián, Rebeca y otros compañeros, creo que este cuento es una herramienta de sensibilización que ayuda a reflexionar sobre la discriminación, en este caso incidiendo en la importancia de compartir las tareas para lograr una convivencia más justa entre los “bonobos” y las “bonobas”.

    Este tipo de cuentos sirven para que los niños y jóvenes reflexionen sobre situaciones en las que no hay un trato igualitario entre hombres y mujeres, sin duda un medio importante para transmitir valores ligados a la igualdad de género, a las lenguas y a otros temas de interés general, de esta forma es como mejor llegan los mensajes a los niños y jóvenes.

    Puntualizando el comentario de rebeca, creo que las modas y la forma de compórtanos muchas veces nos las impone la sociedad y nosotros mismos somos los que nos dejamos “programar” siguiendo y adoptando comportamientos e ideas que en este mundo globalizado se consideran como “normales”.

    ResponderEliminar
  19. Un conto ó meu parecer moi adecuado para os tempos que corren onde a discriminación non só de xénero está a ser vista todos os días.
    Penso igual que un compañeiro que di que é un bo conto para nenos e non tan nenos xa que a mensaxe que transmite posúe uns valores de igualdade que todos deberíamos ter inculcados. Fai que vexamos que inconcientemente tendemos a facer o que todos os demáis fan, ou ben que estamos educados para facer o que todos os demáis fan.
    En resumo, un bo conto.
    Saudos

    ResponderEliminar
  20. De acordo totalmente cos meus compañeiros. De todas formas, ningún comentou un detalle que a min pareceume moi significativo...

    Cando chegaron os bonobos coas súas lentes, todos querían ser coma eles, eran os que marcaban as tendencias, e todos quedaron abraiados con eles. Por outra parte, ós protagonistas estaban encantados chamando a atención dos demáis... Pero qué pasou? Que co paso do tempo, todos acabaron sendo iguais, o raro era aquel que non levaba as gafas, e aquel que non decía isas palabras, polo tanto xa non había diversidade... Eses bonobos que se creían especiais quedaron estancados, non aproveitaron o seu momento para seguir evolucionando, mais as mulleres aproveitaron a pesar da súa discriminación para seguir avanzando, igual non tiveron ese recoñecemento rápido e fácil, pero acabaron vivindo mellor ca todos eles.

    Un bo conto que en poucas liñas nos fai reflexionar sobre discriminación, estética, moda, tradición, cambios...

    ResponderEliminar
  21. Despois de ler todos estes comentarios, creo que xa está todo dito, solo engadir que neste mundo que vivimos, a xente carece de personalidade, deixase levar polas modas, polo actual. Ser dunha forma estandarizada para non poder ser discriminado.
    Por outra banda, falando do tema do machismo ou a discriminación, creo que ese é un tema que na actualidade, e afortunadamente está a cambiar. Respondendo a pregunta que expón Diana, creo que si ten razón, claro que viviriamos mais tranquilos, pero é difícil de imaxinar.

    ResponderEliminar
  22. Estou dacordo con meus compañeiros, que és unha bonita historia, que poder facer vir aos nenos diferentes puntos
    A historia non ven a dicir, que coas linguas temos un control sobre os demais, entón eles teñen privilexios e os outros non. Non é unha cuestión de linguas é cuestión da sociedade en que vivimos e como iso provoca comportamentos nas persoas, os dominantes que intentan impoñer unha lingua sobre outra, establecemento das súas costumes, normas etc.

    ResponderEliminar
  23. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  24. Creo que este conto oculta un complexo de inferioridade que pode ser extrapolado a moitas situación da vida cotiá.
    Os temas aquí tratados son, sobretodo, as diferencias de sexo e a língua.
    Creo que é unha boa crítica hacía esas persoas que por calquera condición; sexo, raza, etnia, relixión... presupoñen e dogmatizan a prevalecencia e superioridade de certos aspectos. Con isto quero dicir que se impoñen moreas de cousas coa afirmación que son mellores cando a realidade é que soamente son distintas. Ninguna língua e ningunha persoa é mellor que a outra; só a avaricia, a envidia e a prepotencia dar lugar a estas creenzas.

    ResponderEliminar