terça-feira, outubro 18, 2011

Historia tráxica con final feliz

Eis a historia das dificultades de sermos diferentes. Velaquí a problemática da diversidade. Observas algún paralelismo coa situación das linguas en perigo???

27 comentários:

  1. Logo de ver este vídeo pódese observar unha gran similitude entre o que se amosa no mesmo e a realidade das linguas en perigo.

    Nun primeiro intre, a rapaza non se sinte integrada polo feito de ser diferente. Deste modo, orixinouse un rexeitamento que se transformou en aceptación co paso do tempo, ata o punto que a nena chegou a ser unha peza imprescindible no día a día dos veciños. Esta diversidade aportou unha maior riqueza na vida destes e tanto é así, que dende o momento que desapareceu, nada voltou a ser coma antes.

    Toda esta historia é algo similar ó que ocorre coas linguas en perigo de todo o mundo, porque como non procuremos fomentar o seu uso, chegará o día no que intentemos botar man delas e xa sexa demasiado tarde.

    ResponderEliminar
  2. Estou moi de acordo co comentario de Javier Sordo. Igual que pasa na sociedade actual, o novo ou o diferente nun principio ten dificultades para ser integrada e vaise introducido de maneira paulatina ata ser aceptada completamente e convertirse nunha parte importante do esquema desa sociedade de tal xeito que unha vez se marcha todo remata por romper.
    Por outra banda creo que é necesario comentar que no video a rapaza marcha unha vez que os veciños xa se acostumaran a ela, cando xa a aceptaran; en contraposición co que soe ocurrir coa lingua,que tende a desaparecer polo rexeitamento dos falantes a utilizala.

    ResponderEliminar
  3. Eu penso coma vos, pero si aporto, na apreciación que fixo Marcos de cara á marcha da rapaza, que non era unha contraposición senón que o interpretei coma que a súa marcha representa a acomodación da lingua na sociedad sendo así algo sen importacia ca cal conviven.

    ResponderEliminar
  4. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  5. Estou de acordo con Marcos cando di que unha lingua tende a desaparecer cando non se usa o falar,o leer ou o escribir, e a rapaza non marcha cando é rexeitada pola xente, senón que marcha cando é totalmente aceptada e formando parte de eles.
    Tamén cabe destacar como no principio do vídeo a xente rexeita á rapaza igual que na sociedade moita xente o fai respecto a unha lingua, coma no caso da lingua galega, no que certos sectores da sociedade a teñen como unha lingua vulgar e prefieren que os seus fillos por exemplo estuden outros idiomas estranxeiros antes que a súa propia lingua.
    No caso do vídeo, por sorte, a xente remata cambiando esa forma de ver e por iso a rapaza é completamente aceptada. Iso debería ocurrir na realidade tamén, que tódalas linguas fosen ben acollidas e que ningunha estives por riba de outra.

    ResponderEliminar
  6. Boas rapaces!
    Concordo con vós na exposición de ideas que fixestes. Mais gustaría de engadir un par de visións metafóricas que se poderían facer en relación ás linguas en perigo.
    E é que cando a nena remata por saír voando poderiamolo interpretar como a fuxida dunha lingua, a súa desaparición por non verse identificada coas persoas que a rodean, e con este fuxida, remataría tamén a diversidade e peculiaridade de este lugar, o principal elemento identificador desta vila.
    Outra visión metafórica que poderiamos ver nesta curta é que cando ao comezo algo nos semella diferente, sexa unha lingua ou o batemento máis rápido do corazón dunha persoa podería equipararse a un ruido, algo molesto, mais cando convivimos coa diferenza durante algún tempo acostumámonos a ela e o ruido remata, o que nos situaría nun lugar máis diverso.

    ResponderEliminar
  7. Boa interpretación Simón,en calquera das dúas visións metafóricas concordo.

    ResponderEliminar
  8. •Na miña opinión,seguindo a liña de anteriores mensaxes,amosa con exactitude a dificultade que atinxe atender ás individualidades, ao atípico, peculiar, especial… Nunha sociedade marcada por certas normas de poder, o diferente soe ser “raro”, sometido a unha serie de prexuízos e imposicións ante unha cultura dominante que remata por relegalo a un discreto segundo plano.
    •Deste xeito, a nena personifica con tino as linguas en perigo, sempre ameazadas e minorizadas no seu propio territorio onde comparten espazo con outras, que non son quen de entendelas e mesmo respectalas.
    •O mesmo que lle acontece á protagonista cando tenden a excluíla da vida pública e relegala ao privado, ao escurecemento dun “cuarto” onde acaba ficando, liberada tras recoñecerse diferente ao resto de individuos cos que debía convivir acotío.
    •É nese momento de merma, perda e ruptura, cando pode apreciarse a riqueza e a cultura que toda lingua representa.

    ResponderEliminar
  9. Logo de ver as diversas opinións dalguns de vós, gostaríame facer fincapé nas seguintes palabras de Antonio: "o diferente soe ser raro". Aí é onde penso que está o principal problema das linguas en perigo, no medo a expresarse na lingua que falan seus avós, seus pais... ese temor ó rexeitamento por ser diferente.

    Eu persoalmente síntome un privilexiado por ter a oportunidade de poder expresarme indistintamente, tanto en galego como en castelán.

    Para concluír, gostaríame facer unha pequena reflexión sobre isto:

    Se temos nunha cesta de mazás (galego) e laranxas (castelán), para que botar ó lixo unha destas froitas, podendo conservalas e incluso ir engadindo máis co paso do tempo. ¿A variedade non é riqueza? Eu penso que si.

    ResponderEliminar
  10. O mesmo símil que facedes entre a protagonista do vídeo e as linguas en perígo poderíase facer entre un alumno con ACNEE e o resto dos seus compañeiros.
    Hai linguas que por determinadas circunstancias precisan un apoio especial, ou simplemente que teñan os mesmos dereitos que as demais linguas.

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  11. Eu concordo con Lara, vexo a fuxida da rapaza como o asentamento da lingua e como que todo o mundo xa se acostumou a convivir con ela.

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  12. Na miña opinión o video relata como se marxina unha lingua minoritaria, como discriminan a esa lingua por ser diferente e como pouco a pouco se vai aceptando esa marxinación, ata que a propia lingua acepta a súa marxinación ( no video, a rapaza cada vez acepta máis o seu corpo), é nese intre cando a lingua marxinada desaparece perdendo toda a riqueza cultural e provocando unha pérdida da identidade do lugar, así como da cultura que acompaña a esa lingua que morre, provocando o empobrecemento cultural da sociedade.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  13. Eu quizais estou máis dacorco coa visión final de Marcos que coa de Alba e Lara; non porque cense q elas estan trabucadas, senon porque o final do video, cando aparecen os créditos, vense pequenos fragmentos das persoas da vila facendo a sua vida trala marcha da nena, e todos semellan tristes, coma que lles falta algo(miran o ceo buscando algo, paran de barrer ou saen a rúa para fixarse e intentar ecoitar algo...)na miña opinión, cando a rapaza sae voando, penso que a súa fuxida quere representar que a lingua desaparece é que polo tanto desaparece unha parte importante das vidas desas persoas, que perderon algo o que xa se afixeran e acaban por notar a súa ausencia; polo resto do video concordo con todos vos

    ResponderEliminar
  14. As veces só fai falla acostumar o oído a algo para esquecernos de que está ahí. Comezamos por non prestarenlle atención pois vivimos acomodados, cegos. Ao final, esta costume rompe co feito de darse conta de que iso xa non está. Podemos falar entón de linguas, pero tamén de persoas, de tolerancia, de dereitos humans,...
    Ángel Montero

    ResponderEliminar
  15. Estou bastante de acordo con moitos de vós. Se ben é certo que ante o descoñecido sempre sóe haber un rexeitamento inicial, é por iso, por falta de coñecemento, falta de costume, pero logo dunha tempada convivindo "co diferente" un se adapta, esquecendo case por completo ese rexeitamento previo, claro que se iso ó que un se acostuma desaparece, parece que logo é cando botamos algo en falla.

    ResponderEliminar
  16. A miña opinión esta máis a favor dos argumentos expostos por Lara e Alba. Primeiro se atendemos o momento no que a rapaza síntese a gusto co seu corpo isto representa o asentamento da lingua na sociedade. E segundo, o título da película remata nas palabras final feliz, polo que non debemos pensar o contrario.

    A nena marcha do pobo porque por fin pode sentirse libre e unha máis do grupo. Outro tema sería que toda a xente faga uso da lingua ou non, pero a lingua foi capaz de asentarse nunha sociedade que non aceptaba con facilidade o que non está de moda, o cambio ou o que só utilizan uns poucos.

    Temos que pensar que unha cousa é o aceptamento da lingua e outra que todo o mundo faga uso dela. O obxectivo fundametal é conseguir o primeiro, porque despois cada un ten a liberdade para escoller. Temos que intentar que o galego sexa unha opción e non unha lingua en perigo. Cando a lingua acade ese valor podemos amosar a moitos a verdadera riqueza que posee o galego e o equivocados que estaban o rexeitala nun principio.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  17. Eu engado a todos estes comentarios, que un debe ser como é, real e propio consigo mesmo. Debe ser aceptado tal e como él acepta o demais.
    Como opinión acercando a posición ó terreo das linguas, e mais a galega, eu creo que dentro do uso, está o asentamento. O esquecemento empeza cando non se utiliza.

    Gabriel Domínguez Dos Santos

    ResponderEliminar
  18. Gosto moito da última frase do compañeiro Gabriel. É importante decatarnos de que por moito de que apoiemos algo, se non damos exemplo e practicamos co que dicimos, o resto será inútil. Creo que moitos de nós deberiamos ser máis reflexivos respecto a este feito.
    En canto ao vídeo, unha entrañable curta que fala das diferenzas na sociedade, e do proceso que soen sufrir de rexeitamento, adaptación e finalmente de dependencia. Creo que é moi axeitada para que a visualicen os máis pequenos, polo doado da súa mensaxe.

    ResponderEliminar
  19. Cando unha lingua minoritaria intenta ir abrindo camiño polo mundo(a rapaza coa bicicleta chegando ao pobo) atópase con moitas desvantaxes (o pobo) por culpa da sociedade , a maior parte das veces porque a sociedade a atopa inútil xa que cren que é un caso perdido (cando din que vai morrer), é mais fácil que todo o mundo se entenda na mesma lingua, sen esforzos. Asi, pouco a pouco a xente do pobo foi abrindo a mente e descubriu que ter unha lingua nova enriquece ós cidadáns, fai que as cousas sexan diferentes á hora de comunicarse e rompe a monotonía coa que vivían. Por iso, cando a lingua morre (poida que superase a desvantaxe do pobo, pero non foi suficiente) e voltan a esa regularidade nas súas vidas e por iso tornan tristes.

    ResponderEliminar
  20. El vídeo permite sacar un paralelismo con las lenguas en peligro, todos somos diferentes, hay gente que vive un proceso constante de integración en la sociedad y muchas veces cuando lo consigue y desaparece, es cuando realmente se valora lo importante que era en la misma. En las lenguas ocurre algo similar, sino se enseña el valor de las mismas y se tratan como un simple conjunto de palabras, como un diccionario, corremos el riesgo de perderlas, de perder la posibilidad de abrir nuestras mentes y conocer nuevas ideas y planteamientos diferentes.
    Dentro del mismo idioma español o castellano hay distintas formas de llamar a las cosas y se manejan reglas diferentes dependiendo de la región, lugar, o país en que nos situemos, en mi caso que soy de Medellín-Colombia, donde se habla el mismo idioma, la utilización de muchas palabras es muy diferente… ocurrirá lo mismo en Galicia, con el gallego, y en otras lenguas, lo que nos permite abrir nuestras mentes y enriquecernos de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido.
    Para finalizar quiero resaltar una frase de Teresa Moure ““el ser humano al aprender nuevas lenguas pasa a habitar mundos distintos”

    ResponderEliminar
  21. Pareceume especialmente interesante a opinión de Iván. Ven dicir que a marcha da rapaza representa a súa morte, a morte da lingua, e eu estou dacordo. Creo que ela representa unha das moitas linguas en perigo, e cada un dos demais persoaxes do video son as linguas que gozan de unha boa saúde.
    Nun mundo que tende a globalización, o especial, o curioso, o chamativo...non interesa. Interesa o total, o todo, o que é "normal". Neste caso falamos do galego, algo que nos toca moi de preto, pero somos os primeiros en trachar de raro algo que vemos moi lonxe e que non entendemos pola súa curiosidade. En definitiva, un idioma de poucos falantes non interesa.

    ResponderEliminar
  22. ¡Hola a todos!
    Ben!! para comezar, decir que estou dacordo con todos vós, xa que a pesar da diversidade das vosas opinións, creo que a historia podese entender de ámbos xeitos, no simil que se fai coa rapaza coas linguas en perigo.
    Pero na curta dise que nadie se daba de conta do que estaba pasando e que a xente non sabía se era alguén que morría ou nacía. De ahí que poidamos pensar que a língua que nun principio se marxinaba, morrera definitivamente, ou que do xeito que se marcha a rapaza, a lingua se expanda, xa que alí, naquel lugar, a xente xa estaba acostumada a ela (este sería o final FELIZ), é certo que ó final parece que a xente está triste, como se perderan algo... de ahí, como di Miguel Fernández, que se perda identidade nese lugar, xa que algo que antes estaba ahi ahora xa non o está.
    Temos que defender a nosa lingua, e estou dacordo con Gabriel Dominguez, xa que co uso está o asentamento, ainda que tamen aposto pola riqueza cultural e o plurilingüismo como di Javier Sordo Ferreiro.
    Un Saudo

    ResponderEliminar
  23. Vin o curto un par de veces e aínda así non sei de que lado decantarme.
    Por una parte estoy dacordo que fala das desigualdades da sociedade máis non penso que sea a sociedade a que marxina á nena senón que ela mesma é a que non se acepta inducindo desa maneira que os demáis a vexan diferente.
    O galego desaparece pouco a pouco porque somos nós, OS GALEGOS, os primeiros que sentímonos diferentes, raros… cando falamos a nosa propia lingua.
    A sociedade formámola cada un de nós, e somos nós os primeiros en ponernos trabas e dificultades.
    Finalmente non sei se cando a nena se marcha é porque vaise tralo asentanto ou polo rechazo mais decándome pola primeira xa que entendo que ela foi capaz de aceptarse tal e como é, e así a xente do pobo aceptouna tamén.

    María Rey

    ResponderEliminar
  24. So engadir dúas cousas, a primeira responder a cuestión de Javier, penso o mesmo que ti, a variedade e a diversidade de coñecementos, neste caso, de linguas, enriquecen o saber das persoas.
    Por outra banda, dicirlle a Eloy (que fixo unha boa aclaración) que os que pensamos o contrario que ti, xa sabemos que o título remata coa palabra de "feliz", pero sen deixarnos influenciar polo título, dámoslle outra perspectiva a este vídeo,e penso que ó desaparecer a rapaza, desaparece unha lingua.

    ResponderEliminar
  25. Para min, a interpretación do vídeo tamén cambia moito polo título.

    Eu primeiramente vexo unha pequena diferente, que é a primeira que se sinte dise modo. Non se acepta así mesma, ata que a xente se acostuma a ela. Unha vez que ten a aceptación dos demáis, empeza a ser feliz, e de un día para outro decide marchar.

    Aquí e donde ben a miña dúbida, a súa marcha parece que entristece ós demáis, eu penso que é porque simplemente a aceptaron, pero naide se preocupou de aprender a ser coma ela, simplemente aprenderon a convivir con ela, pero coa súa marcha é cando a xente se da conta que lles falta algo, nada volve a ser igual. A súa marcha significa a desaparición dise algo diferente, por culpa de non preocuparse naide polo seu coñecemento cando estaban a tempo.

    ¿Final feliz?

    ResponderEliminar
  26. Creo que todas as persoas teñen os seus ideais de vida, rexeranse polos seus propios criterios e, ás veces, a sociedade pensa que os costumes doutra persoa son raras, a importancia deste curta, imos entender que vivimos en sociedade e debemos ser tolerantes para os outros

    ResponderEliminar
  27. Totalmente dacordo con Carmen xa que eu saco a mesma conclusion, na que todos debemos respetarnos en todolos sentidos xa que todos temos o mesmo dereito a elexir o que nos queremos para nos mesmos.
    Destaco tamén a importancia de ser nos mesmos xa que dese modo seremos capaces de lograr a verdadeira felicidade, se nos mesmos e facer o que consideremos convinte en todolos aspectos.

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar