É sorprendente a visualización deste vídeo do ensino hai uns trinta anos. Ten moi pouco que ver coa situación actual do mesmo. Explícome: •En primeiro lugar debo destacar o esforzo que supoñía para estes rapaces desenvolver roles de adultos, faenas domésticas e tarefas escolares. Algo case impensable nos nenos actuais, onde estas premisas están fóra do seu entorno vital, partindo dunha sociedade onde o esforzo e a motivación están case esquecidas polo despregue de medios de todo tipo cos que contan. •Xa no ámbito da actividade física, vemos como nos propios recreos manteñen xogos populares e tradicionais do seu entorno, moitos deles xa extinguidos nos patios dos centros educativos actuais por móbiles ou consolas de última xeración. •Sorpréndeme a situación de inferioridade da lingua galega nas aulas. A diferenza de hoxe en día, os nenos acostumados a súa lingua materna (o galego), vense obrigados a estudar as materias en castelá. •Por outra banda, chama a atención a falta de medios cos que contan tanto as familias como os propios centros educativos. Impensable naquela época contar coas ferramentas dixitais que tan de moda están nesta década. •Obsérvase, como son as propias alumnas as que queren deixar atrás o rural, buscando profesións afastadas da agricultura e do estereotipo da muller galega daquel intre. •Para rematar, gustaríame enxalzar o carácter dos alumnos. A súa atención e comportamento nas aulas, despois de horas de traballo nas casas e quilómetros camiño adiante, semella plena. Apréciase en todo momento valores como a responsabilidade, respecto e unión familiar na pescuda dun futuro mellor.
Incrible este vídeo. Parece mentira que en tan poucos anos a forma de vida cambiase tanto, xa que por moito que meus pais e meus avós me conten como eran os tempos de antes, impresiona moito máis velo en imaxes.
Despois de ler as conclusións do meu compañeiro acerca do vídeo, as cales me parecen plenamente acertadas, gostaríame salientar as seguintes:
A lingua na escola era íntegramente o castelán. Isto reflicte os prexuízos do galego nesa época e o trato desta, como a lingua que se empregaba nas aldeas para o facer diario cos animais, nas tarefas domésticas... Entón o que se tentaba dende as propias casas era inculcar a eses nenos o castelán como lingua "correcta", como a lingua que tiñan que falar para seren respectados. Hoxe en día, aínda que por sorte son os que menos, segue habendo xente que pensa desa forma e iso debería cambiar. Ninguén é máis nin menos por falar a lingua que queira, sempre cun trato de respecto e favorecendo o entendemento entre ambas partes.
O galego era a lingua que todos falaban con naturalidade, namentres pola contra sorprendeume que fose o castelán a lingua empregada en cánticos para os meniños, en xogos tradicionais (cos nenos por un lado e as nenas polo outro, algo que ocorre moitas veces hoxe en día)...
A verdade é que pouco máis podo engadir que non teñan dito os meus compañeiros. Este pequeno fragmento sobre a situación do sistema educativo no rural galego é moi esclarecedor e podemos decatarnos de todo o que avanzamos dende fai 30 anos: para empezar, o galego xa non sofre o mesmo grao de discriminación nas aulas nin o mesmo status, e por suposto como anotou Antonio o rol da muller tampouco é o que podemos observar no vídeo, practicamente relegada ás tarefas domésticas xa dende idades moi novas. Por suposto tamén as mesmas actividades que acontecen nas aulas e no recreo difiren coa realidade actual, tanto nos xogos como nos contidos didácticos. Concordo plenamente con Javier en que o feito de que todo o relacionado co colexio fose impartido en español é algo que estamos recollendo nos nosos días, un legado nada positivo para o propio idioma e a nosa cultura. Esa herdanza deu como resultado que moitas desas alumnas e alumnos do vídeo desenvolveran unha visión negativa do idioma galego e que a transmitiran do mesmo xeito ás novas xeracións. Un claro exemplo da influencia que poden exercer os idiomas e a súa instrumentalización como ferramentas de poder.
Penso que non podo engadir moito máis ó que xa dixestes, concordo con vos no dito e tamén me sorprendo como trocou a situación. Fai moi pouco falabamos galego cunha fluidez moito maior e cunha maior seguridade que coa que nos expresabamos en castelán, tal como comenta unha mestra no vídeo; e agora inverteuse esta situación, reprimíndonos as veces o falar en galego porque non temos esa confianza,tal como comentou Goretti na clase. Tamén me chamou a atención como a vos o desexo dos nenos de marchar do rural e deixar os traballos do campo para exercer outros oficios máis propias de zonas máis "urbanas", xa que as poucas escola ou centros sanitarios que había naqueles tempos estaban como é lóxico nos pobos con maior número de habitantes
Persoalmente, se facemos unha comparación entre o pasado e o presente temos que reflexionar sobre o seguinte, diferenciando o positivo do negativo:
Nun primer intre debemos de valorar os grandes avances tecnolóxicos que temos nas nosas aulas actuais, os cales nos axudan a comprender mellor os contidos impartidos. O problema o temos nos, por ese valor que lle damos ás oportunidades que temos, porque estou completamente seguro que se eses nenos tiveran as mesmas posibilidades aproveitarían mil veces mellor a súa oportunidade de aprender.
Noutra banda estamos nunha sociedade cada vez máis sedentarista, acostumada a pasar a maior parte do tempo cos videoxogos, estar no ordenador ou mandar mensaxes pola Blackberry. Estes nenos disfrutan xogando entre eles usando o corpo como medio de interacción, algo que na nosa sociedade se interpreta como un esforzo enorme, como algo inútil tendo as ferramentas que posuímos na actualidade.
E, para rematar, o uso da lingua. Estes nenos falaban o galego, como ben dice Iván, cunha seguridade e confianza que na actualidade moita xente non ten. Antes estes nenos falaban o galego porque esta era a lingua falada no fogar, pero agora esa situación non é a habitual.
Creo que case todo esta dito polos meus compañeiros, só remarcar unha cousa importante, a seguridade na que falan esos cativos non é mais que a costume de falalo continuamente, aquel que non se sinte seguro nunha lingua é por falta de práctica, descoñecemento ou temor a ser menos. Isto en canto a lingua. Só quero facer un apunte en canto ao comportamento dos nenos na escola, é impresionante a atención e o educados que se amosan, eso si, os medios utilizados para conseguir ese comportamento non os comparto e espero que nunca volvan. Co cal digo o fin esta ben pero os medios son dunha brutalidade que nin os animais. Miguel Fernández García
Sorpréndeme o comportamento dos nenos, máis aínda vendo como están as cousas cos rapaces de hoxe, pero como ben dí Miguel, tamén hai que ter en conta os métodos que empregaban, e que sinceramente espero que non haxa que volver a eles. Ao que agora lle chaman explotación infantil, antes era a forma de poderdes vivir, e aínda que isto fora de hai un pouco máis de trinta anos, nalgunhas aldeas, os nenos seguen a axudar no campo (claro que en menor medida,por suposto) Rebeca Suárez Jorge
Penso que dende a época do vídeo ata a actualidade a maioría dos aspectos da nosa vida cotiá foron bos cambios. Como sinalaba o compañeiro Eloy hay cousas positivas e negativas. As que antes eran negativas, como a imposición dunha lingua (o castelán), ou a muller como ama da casa, foron cambiando ata o de agora. É certo que esta evolución foi acompañada da aparición de novos aspectos negativos que vemos hoxe en día (sedentarismo, etc.), pero cunha visión global penso que foi unha evolución e non unha involución. Supoño, e espero, que no futuro entre todos sexamos capaces de trocar os actuais aspectos negativos da nosa sociedade. Pero tamén sei que a perfección non existe, por iso o importante é ter a capacidade crítica para saber cando estamos a facer algo mal, ou cando algo non debería ser como é.
Hoy en día, “crecer” no es lo que mismo que hace 30 años. Las experiencias que viven los niños y jóvenes relacionadas con la educación, la familia, el empleo y la salud son muy diferentes debido a los avances tecnológicos, como comenta el compañero Eloy, y al desarrollo económico que se dio durante este tiempo.
Como vimos en el vídeo los niños trabajaban desde pequeños, estaban directamente implicados en las tareas del hogar, ahora vemos que esta situación no es igual, se empieza a trabajar a edades mayores, las personas tienen hijos más tarde y como dice Carlos la imagen de las mujeres como única encargada de las tareas del hogar ha cambiado. En general en la actualidad hay más oportunidades, pero también surgen más riegos en relación con el alcohol, la droga y el tabaco entre otros…
Hoy tenemos más contacto con el resto del mundo, deberíamos de aprovechar esta oportunidad para conocer culturas diferentes, comprender nuevas lenguas y ver las cosas desde varios puntos de vista.
O vídeo mostra á perfección as historias que me contan os meus avós sobre a vida que eles levaron. Só falaban castelán na escola ou cando o doutor viña ás casas, pero polo que eu sei, nunca creron que o castelán fora mellor lingua co galego e por iso non deixaron de falarlla ás seguintes xeracións. Por outra banda, gustei moito de ver ós rapaces nos recreos xogando a xogos tradicionais, todos xuntos. Hoxe en día, como xa foi mencionado, pasan o tempo xogando coas maquiniñas. É unha pena que en só 30 anos se esqueceran moitos destes xogos tradicionais.
Quería puntualizar unha cousa que se mencionou con anterioridade. Eloy dixo que debemos valorar os avances tecnolóxicos que temos nas aulas pero, baixo o meu punto de vista, o que está a pasar actualmente é que temos un incrible exceso de información de fácil accesibilidade o que fai prácticamente imposible dixerila; accédese ó documento, lese (ou copiar-pegar) e traballo feito. Non sei ata qué punto pode ser bo para a educación.
Despois de ler os comentarios dos meus compañeiros, penso que é difícil aportar algunha opinón máis acertada sobre o que vemos no documental, polo que únicamente direi que o que máis me sorprendeu foi a data na que se fixo, no 1979, hai só 30 anos, ¡está ahí ó lado!, polo que podemos comprobar o gran avance, por sorte, que se produciu sobretodo na sociedade do ámbito rural en moi pouco tempo.
Non queda moito máis que destacar deste vídeo tras os comentarios aportados polos meus compañeiros. Máis, eu pola miña parte direi que este vídeo xa non se está a referir nin a meus avós, nin a meus pais, senón ao ano no que naceu meu irmán. Con isto quero dicir que a pesar do sorprendente que nos parece, xa lles había gustar a meus pais ir a escola en autobús e non polos camiños enterroados propios de calquera aldea galega, cunhas roupas que polo que soen contar da época, tiñan máis remendos que trazos bos e cunhas loitas continuas cos pais de:"por favor déixame ir a escola", "por favor déixame aprender a ler". Pero, para máis sorpresa, a felicidade coa que cho contan e envidiosa; xa lles gustaría aos nenos de hoxe en día poder valorar esas cousas como eles o facían.
Ver este vídeo, fai reflexionar sobre a sorte que temos pos vivir na época que vivimos, e non ter que pasar por toda esa represión, e sobre todo, por ese esforzo. pódese ver como preguntan, cantos ó chegar a casa teñen que traballar e vemos como todos levantan a man. Hoxe en día, moitos de nos, estamos aquí grazas o noso pais, ou grazas as axudas e prestación económicas que recibimos, naqueles tempos moita xente gustaríalle estudar e non o podía facer. Reflexionemos sobre elo.
Aínda que o video estea grabado fai non tantos anos, pódese observar claramente o "retraso" por dicilo dalgunha maneira comparado cas miles de cousas que agora temos e tamén tiñan nas cidades naquela época (ainda que menos modernas); sen ir máis lonxe, o exemplo que amosa o video da rapaza cociñando na lareira,ou outro coma o de que os máis pequenos teñan que traballar no campo para poder sacar adiante os irmáns non podendo así cumprir coas suas obrigas de estudante. Dicir non, máis ben reincidir na data da grabación do vídeo e quédome pensando na miña casa, que foi na mesma época na que miña irmá empezaba o colexo e nas diferencias entre como era no rural e como na cidade.
Impresionante poder ver a realidade de por aquel entonces. Destacaría varios detalles:
-A madurez que lles exisían dende tan pequeños ós rapaces. Axudaban na casa como un máis, era unha obligación para eles. E xa non falar daquelas familias que lles faltaba a nai ou o pai, porque os irmáns maiores tiñan que exercer o seu papel de inmediato. -O comportamento na clase, moito máis respetuoso que o de hoxe en día. Os nenos tíñanlle un respeto o mestre que hoxe xa non existe. -"Non teñan donde facer os deberes. Cando acababan os seus labores, a familia xa está reunida na cociña e no resto da casa fai demasiado frío" Impresiona...
Creo que nos temos que quedar con que esto aconteceu só fai 30 anos, que por sorte houbo moitos avances, sobre todo o que o galego se refire. Moitas veces somos moi pesimistas, pero este vídeo deixa claro que vamos por bo camiño, posiblemente nos quede moito traballo que facer, pero esta situación era impensable para eses pequenos que asistían a escola e non falaban por non dominar o castelán e non atreverse a falar a súa lingua nai, aquela que todos falaban e coñecían perfectamente, pero ninguén lles deixaba usar.
Increible o vídeo. Como dín meus compañeiros, destaca a gran diferencia que hai no sistema eduactivo de ágora co de hai trinta anos. Pero non so no sistema educativo, senón a vida en sí mesma, cómo eses rapaces na escola eran nenos e nenas, pero o chegar as súas casas tornábanse adultos, homes e mulleres que no lugar de facelos deberes ou incluso xogar despois da escola, tiñan que traballar ben no campo, cos animais, na casa, coidando os máis pequenos,etc. madurando a pasos axigantados. Por exemplo xa con quince anos eran mulleres, e mesmo a rapaza que ten once anos traballa na casa, coida dos seus irmáns como se fose a súa nai e vai a escola. Hoxe en día a maioría dos rapaces teñen todo feito, e aínda así moitos se queixan cando os pais lles mandan recoller o seu cuarto ou facela cama por exemplo. Tamén cabe destacar a consideración que fai unha das mestras "acerca do bilingüismo e da problemática de que a maioría dos alumnos estén acostumados a falar galego por ser do medio rural e que deixan o castelán para contadas ocasións" , hai que ter en conta que isto fai trinta anos e se viña dun periodo de represión da lingua galega, menos mal que foron xurdindo decretos para regular o galego e se foi cambiando esa mentalidade retrograda de que é un problema falar galego...pero aínda queda camiño por recorrer.
Video moi interesante para valorar o que temos hoxe en dia. Este video fixome reflexionar e valorar todo o que tiven cando estaba na educación primaria e todo o que tiña. Neste sentido quedome cunha frase da profesora que di que os rapaces ainda non tiñan nin tempo físico para pader realizar os seus deberes o ter que traballar na casa cando saen da escola. Estou completamente dacordo con alba na cosideración da mestra en torno o tema do biingüismo polo mor da represión da epoca. Agora debemos seguir traballando para conseguir que o galego sega coa saúde coa que goza.
É sorprendente a visualización deste vídeo do ensino hai uns trinta anos. Ten moi pouco que ver coa situación actual do mesmo. Explícome:
ResponderEliminar•En primeiro lugar debo destacar o esforzo que supoñía para estes rapaces desenvolver roles de adultos, faenas domésticas e tarefas escolares. Algo case impensable nos nenos actuais, onde estas premisas están fóra do seu entorno vital, partindo dunha sociedade onde o esforzo e a motivación están case esquecidas polo despregue de medios de todo tipo cos que contan.
•Xa no ámbito da actividade física, vemos como nos propios recreos manteñen xogos populares e tradicionais do seu entorno, moitos deles xa extinguidos nos patios dos centros educativos actuais por móbiles ou consolas de última xeración.
•Sorpréndeme a situación de inferioridade da lingua galega nas aulas. A diferenza de hoxe en día, os nenos acostumados a súa lingua materna (o galego), vense obrigados a estudar as materias en castelá.
•Por outra banda, chama a atención a falta de medios cos que contan tanto as familias como os propios centros educativos. Impensable naquela época contar coas ferramentas dixitais que tan de moda están nesta década.
•Obsérvase, como son as propias alumnas as que queren deixar atrás o rural, buscando profesións afastadas da agricultura e do estereotipo da muller galega daquel intre.
•Para rematar, gustaríame enxalzar o carácter dos alumnos. A súa atención e comportamento nas aulas, despois de horas de traballo nas casas e quilómetros camiño adiante, semella plena. Apréciase en todo momento valores como a responsabilidade, respecto e unión familiar na pescuda dun futuro mellor.
Incrible este vídeo. Parece mentira que en tan poucos anos a forma de vida cambiase tanto, xa que por moito que meus pais e meus avós me conten como eran os tempos de antes, impresiona moito máis velo en imaxes.
ResponderEliminarDespois de ler as conclusións do meu compañeiro acerca do vídeo, as cales me parecen plenamente acertadas, gostaríame salientar as seguintes:
A lingua na escola era íntegramente o castelán. Isto reflicte os prexuízos do galego nesa época e o trato desta, como a lingua que se empregaba nas aldeas para o facer diario cos animais, nas tarefas domésticas... Entón o que se tentaba dende as propias casas era inculcar a eses nenos o castelán como lingua "correcta", como a lingua que tiñan que falar para seren respectados. Hoxe en día, aínda que por sorte son os que menos, segue habendo xente que pensa desa forma e iso debería cambiar. Ninguén é máis nin menos por falar a lingua que queira, sempre cun trato de respecto e favorecendo o entendemento entre ambas partes.
O galego era a lingua que todos falaban con naturalidade, namentres pola contra sorprendeume que fose o castelán a lingua empregada en cánticos para os meniños, en xogos tradicionais (cos nenos por un lado e as nenas polo outro, algo que ocorre moitas veces hoxe en día)...
A verdade é que pouco máis podo engadir que non teñan dito os meus compañeiros. Este pequeno fragmento sobre a situación do sistema educativo no rural galego é moi esclarecedor e podemos decatarnos de todo o que avanzamos dende fai 30 anos: para empezar, o galego xa non sofre o mesmo grao de discriminación nas aulas nin o mesmo status, e por suposto como anotou Antonio o rol da muller tampouco é o que podemos observar no vídeo, practicamente relegada ás tarefas domésticas xa dende idades moi novas. Por suposto tamén as mesmas actividades que acontecen nas aulas e no recreo difiren coa realidade actual, tanto nos xogos como nos contidos didácticos. Concordo plenamente con Javier en que o feito de que todo o relacionado co colexio fose impartido en español é algo que estamos recollendo nos nosos días, un legado nada positivo para o propio idioma e a nosa cultura. Esa herdanza deu como resultado que moitas desas alumnas e alumnos do vídeo desenvolveran unha visión negativa do idioma galego e que a transmitiran do mesmo xeito ás novas xeracións.
ResponderEliminarUn claro exemplo da influencia que poden exercer os idiomas e a súa instrumentalización como ferramentas de poder.
Penso que non podo engadir moito máis ó que xa dixestes, concordo con vos no dito e tamén me sorprendo como trocou a situación. Fai moi pouco falabamos galego cunha fluidez moito maior e cunha maior seguridade que coa que nos expresabamos en castelán, tal como comenta unha mestra no vídeo; e agora inverteuse esta situación, reprimíndonos as veces o falar en galego porque non temos esa confianza,tal como comentou Goretti na clase. Tamén me chamou a atención como a vos o desexo dos nenos de marchar do rural e deixar os traballos do campo para exercer outros oficios máis propias de zonas máis "urbanas", xa que as poucas escola ou centros sanitarios que había naqueles tempos estaban como é lóxico nos pobos con maior número de habitantes
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarPersoalmente, se facemos unha comparación entre o pasado e o presente temos que reflexionar sobre o seguinte, diferenciando o positivo do negativo:
ResponderEliminarNun primer intre debemos de valorar os grandes avances tecnolóxicos que temos nas nosas aulas actuais, os cales nos axudan a comprender mellor os contidos impartidos. O problema o temos nos, por ese valor que lle damos ás oportunidades que temos, porque estou completamente seguro que se eses nenos tiveran as mesmas posibilidades aproveitarían mil veces mellor a súa oportunidade de aprender.
Noutra banda estamos nunha sociedade cada vez máis sedentarista, acostumada a pasar a maior parte do tempo cos videoxogos, estar no ordenador ou mandar mensaxes pola Blackberry. Estes nenos disfrutan xogando entre eles usando o corpo como medio de interacción, algo que na nosa sociedade se interpreta como un esforzo enorme, como algo inútil tendo as ferramentas que posuímos na actualidade.
E, para rematar, o uso da lingua. Estes nenos falaban o galego, como ben dice Iván, cunha seguridade e confianza que na actualidade moita xente non ten. Antes estes nenos falaban o galego porque esta era a lingua falada no fogar, pero agora esa situación non é a habitual.
Eloy José Villaverde Caramés
Creo que case todo esta dito polos meus compañeiros, só remarcar unha cousa importante, a seguridade na que falan esos cativos non é mais que a costume de falalo continuamente, aquel que non se sinte seguro nunha lingua é por falta de práctica, descoñecemento ou temor a ser menos. Isto en canto a lingua.
ResponderEliminarSó quero facer un apunte en canto ao comportamento dos nenos na escola, é impresionante a atención e o educados que se amosan, eso si, os medios utilizados para conseguir ese comportamento non os comparto e espero que nunca volvan. Co cal digo o fin esta ben pero os medios son dunha brutalidade que nin os animais.
Miguel Fernández García
Sorpréndeme o comportamento dos nenos, máis aínda vendo como están as cousas cos rapaces de hoxe, pero como ben dí Miguel, tamén hai que ter en conta os métodos que empregaban, e que sinceramente espero que non haxa que volver a eles.
ResponderEliminarAo que agora lle chaman explotación infantil, antes era a forma de poderdes vivir, e aínda que isto fora de hai un pouco máis de trinta anos, nalgunhas aldeas, os nenos seguen a axudar no campo (claro que en menor medida,por suposto)
Rebeca Suárez Jorge
Penso que dende a época do vídeo ata a actualidade a maioría dos aspectos da nosa vida cotiá foron bos cambios.
ResponderEliminarComo sinalaba o compañeiro Eloy hay cousas positivas e negativas. As que antes eran negativas, como a imposición dunha lingua (o castelán), ou a muller como ama da casa, foron cambiando ata o de agora. É certo que esta evolución foi acompañada da aparición de novos aspectos negativos que vemos hoxe en día (sedentarismo, etc.), pero cunha visión global penso que foi unha evolución e non unha involución. Supoño, e espero, que no futuro entre todos sexamos capaces de trocar os actuais aspectos negativos da nosa sociedade. Pero tamén sei que a perfección non existe, por iso o importante é ter a capacidade crítica para saber cando estamos a facer algo mal, ou cando algo non debería ser como é.
Hoy en día, “crecer” no es lo que mismo que hace 30 años. Las experiencias que viven los niños y jóvenes relacionadas con la educación, la familia, el empleo y la salud son muy diferentes debido a los avances tecnológicos, como comenta el compañero Eloy, y al desarrollo económico que se dio durante este tiempo.
ResponderEliminarComo vimos en el vídeo los niños trabajaban desde pequeños, estaban directamente implicados en las tareas del hogar, ahora vemos que esta situación no es igual, se empieza a trabajar a edades mayores, las personas tienen hijos más tarde y como dice Carlos la imagen de las mujeres como única encargada de las tareas del hogar ha cambiado. En general en la actualidad hay más oportunidades, pero también surgen más riegos en relación con el alcohol, la droga y el tabaco entre otros…
Hoy tenemos más contacto con el resto del mundo, deberíamos de aprovechar esta oportunidad para conocer culturas diferentes, comprender nuevas lenguas y ver las cosas desde varios puntos de vista.
O vídeo mostra á perfección as historias que me contan os meus avós sobre a vida que eles levaron.
ResponderEliminarSó falaban castelán na escola ou cando o doutor viña ás casas, pero polo que eu sei, nunca creron que o castelán fora mellor lingua co galego e por iso non deixaron de falarlla ás seguintes xeracións.
Por outra banda, gustei moito de ver ós rapaces nos recreos xogando a xogos tradicionais, todos xuntos. Hoxe en día, como xa foi mencionado, pasan o tempo xogando coas maquiniñas. É unha pena que en só 30 anos se esqueceran moitos destes xogos tradicionais.
Quería puntualizar unha cousa que se mencionou con anterioridade. Eloy dixo que debemos valorar os avances tecnolóxicos que temos nas aulas pero, baixo o meu punto de vista, o que está a pasar actualmente é que temos un incrible exceso de información de fácil accesibilidade o que fai prácticamente imposible dixerila; accédese ó documento, lese (ou copiar-pegar) e traballo feito. Non sei ata qué punto pode ser bo para a educación.
Diana Varela
Despois de ler os comentarios dos meus compañeiros, penso que é difícil aportar algunha opinón máis acertada sobre o que vemos no documental, polo que únicamente direi que o que máis me sorprendeu foi a data na que se fixo, no 1979, hai só 30 anos, ¡está ahí ó lado!, polo que podemos comprobar o gran avance, por sorte, que se produciu sobretodo na sociedade do ámbito rural en moi pouco tempo.
ResponderEliminarNon queda moito máis que destacar deste vídeo tras os comentarios aportados polos meus compañeiros.
ResponderEliminarMáis, eu pola miña parte direi que este vídeo xa non se está a referir nin a meus avós, nin a meus pais, senón ao ano no que naceu meu irmán. Con isto quero dicir que a pesar do sorprendente que nos parece, xa lles había gustar a meus pais ir a escola en autobús e non polos camiños enterroados propios de calquera aldea galega, cunhas roupas que polo que soen contar da época, tiñan máis remendos que trazos bos e cunhas loitas continuas cos pais de:"por favor déixame ir a escola", "por favor déixame aprender a ler". Pero, para máis sorpresa, a felicidade coa que cho contan e envidiosa; xa lles gustaría aos nenos de hoxe en día poder valorar esas cousas como eles o facían.
Ver este vídeo, fai reflexionar sobre a sorte que temos pos vivir na época que vivimos, e non ter que pasar por toda esa represión, e sobre todo, por ese esforzo. pódese ver como preguntan, cantos ó chegar a casa teñen que traballar e vemos como todos levantan a man. Hoxe en día, moitos de nos, estamos aquí grazas o noso pais, ou grazas as axudas e prestación económicas que recibimos, naqueles tempos moita xente gustaríalle estudar e non o podía facer. Reflexionemos sobre elo.
ResponderEliminarAínda que o video estea grabado fai non tantos anos, pódese observar claramente o "retraso" por dicilo dalgunha maneira comparado cas miles de cousas que agora temos e tamén tiñan nas cidades naquela época (ainda que menos modernas); sen ir máis lonxe, o exemplo que amosa o video da rapaza cociñando na lareira,ou outro coma o de que os máis pequenos teñan que traballar no campo para poder sacar adiante os irmáns non podendo así cumprir coas suas obrigas de estudante.
ResponderEliminarDicir non, máis ben reincidir na data da grabación do vídeo e quédome pensando na miña casa, que foi na mesma época na que miña irmá empezaba o colexo e nas diferencias entre como era no rural e como na cidade.
Impresionante poder ver a realidade de por aquel entonces.
ResponderEliminarDestacaría varios detalles:
-A madurez que lles exisían dende tan pequeños ós rapaces. Axudaban na casa como un máis, era unha obligación para eles. E xa non falar daquelas familias que lles faltaba a nai ou o pai, porque os irmáns maiores tiñan que exercer o seu papel de inmediato.
-O comportamento na clase, moito máis respetuoso que o de hoxe en día. Os nenos tíñanlle un respeto o mestre que hoxe xa non existe.
-"Non teñan donde facer os deberes. Cando acababan os seus labores, a familia xa está reunida na cociña e no resto da casa fai demasiado frío" Impresiona...
Creo que nos temos que quedar con que esto aconteceu só fai 30 anos, que por sorte houbo moitos avances, sobre todo o que o galego se refire. Moitas veces somos moi pesimistas, pero este vídeo deixa claro que vamos por bo camiño, posiblemente nos quede moito traballo que facer, pero esta situación era impensable para eses pequenos que asistían a escola e non falaban por non dominar o castelán e non atreverse a falar a súa lingua nai, aquela que todos falaban e coñecían perfectamente, pero ninguén lles deixaba usar.
Increible o vídeo. Como dín meus compañeiros, destaca a gran diferencia que hai no sistema eduactivo de ágora co de hai trinta anos. Pero non so no sistema educativo, senón a vida en sí mesma, cómo eses rapaces na escola eran nenos e nenas, pero o chegar as súas casas tornábanse adultos, homes e mulleres que no lugar de facelos deberes ou incluso xogar despois da escola, tiñan que traballar ben no campo, cos animais, na casa, coidando os máis pequenos,etc. madurando a pasos axigantados. Por exemplo xa con quince anos eran mulleres, e mesmo a rapaza que ten once anos traballa na casa, coida dos seus irmáns como se fose a súa nai e vai a escola. Hoxe en día a maioría dos rapaces teñen todo feito, e aínda así moitos se queixan cando os pais lles mandan recoller o seu cuarto ou facela cama por exemplo.
ResponderEliminarTamén cabe destacar a consideración que fai unha das mestras "acerca do bilingüismo e da problemática de que a maioría dos alumnos estén acostumados a falar galego por ser do medio rural e que deixan o castelán para contadas ocasións" , hai que ter en conta que isto fai trinta anos e se viña dun periodo de represión da lingua galega, menos mal que foron xurdindo decretos para regular o galego e se foi cambiando esa mentalidade retrograda de que é un problema falar galego...pero aínda queda camiño por recorrer.
Alba Rumbo Rigal
Video moi interesante para valorar o que temos hoxe en dia. Este video fixome reflexionar e valorar todo o que tiven cando estaba na educación primaria e todo o que tiña. Neste sentido quedome cunha frase da profesora que di que os rapaces ainda non tiñan nin tempo físico para pader realizar os seus deberes o ter que traballar na casa cando saen da escola.
ResponderEliminarEstou completamente dacordo con alba na cosideración da mestra en torno o tema do biingüismo polo mor da represión da epoca.
Agora debemos seguir traballando para conseguir que o galego sega coa saúde coa que goza.
Pablo Domínguez García