segunda-feira, outubro 24, 2011

Sobre semifalantes e o proceso de perda dunha lingua

Reflexiona sobre fenómenos onde poidamos detectar a existencia hoxe de numerosos semifalantes de galego a partir do seguinte texto:

                Como comeza primeiramente o cambio de lingua? Comeza coa decisión da comunidade de deixar de transmitir a súa lingua aos seus descendentes. O resultado é unha interrupción na transmisión da lingua. Por interrupción da transmisión entendo o paso directo dunha lingua dunha xeración á seguinte. O seu correlato pragmático son as estratexias de transmisión lingüística que, segundo nos revelan os máis recentes estudos interculturais sobre a adquisición de linguas, parecen ser parcialmente intuitivos e parcialmente específicos de cada comunidade (tradicionais). En todo caso, sempre implican un modo específico en que as nais (ou outros adultos transmisores) falan aos seus fillos -isto é o chamado "maternalés" polos especialistas en linguaxe infantil- así como repeticións, xogos exercitadores, correccións e outros tipos de meta-comunicación, especialmente discusións sobre a orde de palabras e unha forte tendencia a asistir e dar coraxe aos nenos e nenas nos seus esforzos por probaren a ferramenta lingüística. As estratexias de transmisión lingüística desempeñan un papel tremendamente importante na adquisición da lingua, cuxo impacto na morte de linguas será evidente na discusión posterior.
                Parece apropiado agora dicir unhas poucas palabras sobre as razóns para interromper a transmisión dunha lingua. Aínda que os motivos para unha tal decisión poidan variar dun caso a outro, especialmente nos seus detalles históricos (política lingüística restritiva nun caso, razóns económicas noutro), os estudos sobre as situacións de morte lingüística apuntan sempre a un elemento común: a existencia de fenómenos de presión socio-económica ou socio-psicolóxica que moven os membros dunha comunidade de fala economicamente máis débil ou minoritaria a abandonaren a súa lingua. Isto acontece -non sempre, mais decote- a través do desenvolvemento dunha actitude negativa, que culmina en dúbidas colectivas sobre a utilidade da lealdade lingüística. A actitude cara a lingua A non é enteiramente negativa; pode ser esquizofrénica, de xeito que a conservación da lingua se valora positivamente por unha razón e negativamente por outra. Por exemplo, de acordo coa miña experiencia co arvanitika e o arumano en Grecia, hai casos en que a xente aínda conserva unha actitude positiva cara a súa lingua en tanto que sinal da identidade de grupo mais negativa noutros aspectos: dise que a lingua debe ser abandonada "porque é fea e pouco útil". Debe asumirse que esta constelación caracteriza situacións en que hai unha política lingüística agresiva por parte da comunidade de lingua dominante que consciente e deliberadamente elabora criterios para a valoración negativa da lingua recesiva ou minoritaria.
                Pode ser de axuda interromper aquí por un intre para debuxar un esquema máis preciso das relacións implicativas de envoltura externa, conduta e consecuencias estruturais neste punto. Poñamos unha comunidade multilingüe, que -por razóns de tipo histórico- mostra unha distribución de linguas desnivelada. Por razóns políticas e/ou económicas este desequelibrio convértese na fonte de presión social que pode crear unha actitude negativa cara a lingua do grupo recesivo e levar á decisión de abandonar a lingua. A distribución desigual de linguas nunha comunidade bi- ou multi-lingüe sempre dá lugar a unha distribución complementaria de dominios, que consecuentemente leva á perda léxica ou a un desenvolvemento léxico defectivo nos dominios que favorecen á lingua dominante. Debido á restrición de dominios, o bilingüismo aumenta porque os falantes se ven forzados a aprenderen a lingua dominante para usala en dominios onde a lingua recesiva non pode usarse. Isto acrecenta a interferencia e a simplificación  (p. ex. a perda de sistemas morfo-fonémicos) mais a lingua A aínda pode permanecer como unha lingua funcionalmente intacta. No entanto, unha vez que se toma a decisión de abandonar A e a transmisión lingüística se ve interrompida, a situación cambia radicalmente. A lingua antes primaria A faise secundaria e comeza a mostrar serios signos de imperfección. Debido á falta de estratexias de transmisión lingüística, a única fonte de datos de A para o neno/a nena é o que ocasionalmente escoita no seu contorno. Porén a simple exposición a unha lingua non abonda, obviamente, para desenvolver un nivel de soltura normal. Ademais nunha situación en que case todos os dominios foron conquistados para a lingua T, A simplemente non será usada nun número importante de estilos (narrativo, formal, etc.). Desde a perspectiva sociolingüística, o uso restrinxido de A ten un efecto de retroalimentación na actitude negativa cara a A.
                É nese punto cando entramos na seguinte fase -quizais a crucial- no proceso de morte da lingua. Este período caracterízase por un fenómeno chamado decaemento lingüístico e que pode definirse como a desintegración lingüística que é típica da fala dos semi-falantes, isto é, a xeración falante que resulta da interrupción da transmisión. Cando un considerábel número de nenos e nenas nunha comunidade de fala bilingüe se suxeitan regularmente a estratexias de transmisión só nunha das linguas (e quizais  aínda se ven abertamente desaniman a adquiriren a outra) a consecuencia trivial é unha adquisición imperfecta da lingua cuxa transmisión se suprimiu. Os semifalantes caracterízanse por un imperfecto coñecemento de A. A súa morfoloxía é extremadamente defectiva e a perda de categorías importantes (tempo, aspecto, modalidade), aínda que esas categorías estean presentes en T. A súa fala adoito mostra unha simplificación sintáctica semellante aos pidgins e unha forte inseguranza no conxunto de formas e funcións. Dificilmente son capaces de dominar as distincións fonolóxicas de A e mostran estremas variacións na pronuncia.
Sasse, Hans-Jürgen (1992): "Theory of language death" in M. Brenzinger, Language Death. Factual and theoretical explorations with special reference to East Africa, Berlin-New York, Mouton-De Gruyter 1992, 7-30.


12 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. É evidente que para que unha lingua sobreviva ten que ser transmitida de xeración en xeración. Principalmente dos pais os fillos, pero esta transmisión non só se da no contexto familiar, senón no resto da vida social das persoas (escola, amigos, medios de comunicación...).
    Por iso dende o meu punto de vista as políticas lingüísticas a prol ou en contra dunha lingua xogan un papel determinante na supervivencia das mesmas. Sobre todo se son prolongadas no tempo como sucedeu en Galicia.
    Quizais unha posible solución o problema estaría en igualar o papel que xogan as dúas linguas na educación desde os primeiros anos de vida dos rapaces.

    Lois Rodríguez Lorenzo

    ResponderEliminar
  3. Como dí Lois, para que unha lingua sobrevia ten que ser trasmitida da forma máis completa posible e sen delimitala a uns rexistros concretos para que esta conserva toda a sua riqueza.
    Gustaríame ademáis sinalar algo que quedou patente na clase; seguraemnte se a maioríade nos nos pedisen que conxugasemos verbos en castelán e en galego fariámolo mellor en castelán (quizais porque na nosa ensinanza esto o practicamos máis en lincua castelá e literatura, e o/a noso mestre/a daballe máis importancia a outras cousas)
    De igual modo que os verbos pasa cos rexistros nos que se emprega unicamente o castelán; e neste punto é onde me dei conta do gran cambio que aconteceu en 30 anos. Como vimos no video "a escola fai 30 anos" antes os rapaces costaballes moito expresarse en castelán, facendoo con moita maior facilidade en galego, tornandose na actualidade esta situación como exemplifiquei anteriormente.
    Penso que esto débese a educación restrictiva con galego que recibiron os nosos pais e que se nos transmitiu dalgunha forma conservando esos prexuizos

    ResponderEliminar
  4. Penso que se están a facer algúns esforzos (quizás se poderían facer máis) dende determinados ámbitos para que o galego non morra. Ou sexa que por esa banda "oficial" hai un inicio para que non se perda o idioma.

    O problema creo que o temos todos nós, a sociedade galega en xeral. De maneria inconsciente o galego non é utilizado. Hai moitos porqués su`poño, pero nun mundo globalizado como no que vivimos, é moi dificil manter a mesma altura dous idiomas (castelán-galego). É normal que un saia peor parado.

    Penso que o importante é ser conscientes delo e non deixar cun idioma morra, actuando en consecuencia. Se están a dar os pasos adecuados penso eu, para que o galego non morra, pero quizáis sí debemos deixar que sega a súa evolución como idioma vivo.

    A última idea que quero comentar é algo que se dí no texto sobre o abandono da lingua por "fea e pouco útil". No caso do galego non creo que haxa un motivo consciente para o abandono, senón que vai máis polo que dicía antes do mundo global que estamos a vivir, onde dous idiomas non poden convivir en igualdade de condicións.

    ResponderEliminar
  5. Por suposto estou dacordo cos meu compañeiros en que unha lingua transmítese de xeración en xeración, dado que se un neno/a escoita falar galego na casa, sempre ten máis posibilidades de levalo fóra desta. Aínda con isto, penso que a maior influencia para falar unha lingua ou outra son as amizades, xa que coñezo bastantes casos nos que a pesares de falar galego os pais na casa, fóra non se leva a cabo.

    Persoalmente, eu levo falando galego dende ben pequeniño. Meus pais falan galego, meus avós falan galego e no meu grupo de amigos, todos falamos en galego entre nós. Pola contra, non teño ningún problema por falar en castelán con ninguén (lonxe dese nacionalismo extremo do que falaba Marta a de GH no video que se pode ver nunha das entradas).

    Por outra banda, comentar respecto ó que dixo Iván das conxugacións verbais, que simplemente non se coñecen (ou máis ben non se recordan, porque eu estudeinas igual que en castelán), polo simple feito de que tendemos a acomodarnos e se podemos dicir algo de 3 formas distintas e todas son válidas, afianzámonos con unha e deixamos de lado as outras. Isto lévanos a esquecernos delas e polo tanto a que a lingua perda riqueza pouco a pouco.

    ResponderEliminar
  6. A presenza de numerosos semifalantes aínda é moi evidente nos contextos plenamente formais. Non é raro ver unha persoa co galego como a súa lingua habitual, que troca o seu idioma cando acude ao médico, ao concello ou a calquera institución pública.

    Tal é como apuntan os meus compañeiros, cantos de nós coñecemos amigos que na casa falan galego e utilizan o castelán. A resposta coido que ben dada, por mera copia do seu entorno máis privado tal e como apunta o texto, na que as nais preferiblemente de portas para dentro falan dunha forma e portas para fóra falan doutra.

    Por outra banda, creo plenamente nese grupo de persoas chamadas neofalantes, que a pesar de non ter o galego como lingua inicial, implícanse e esfórzanse por usalo e aprendelo, a pesar dos numerosos erros que poidan cometer a nivel fonético ou na morfosintaxe. Con tempo e tesón poden chegar a dominar o idioma á perfección.

    ResponderEliminar
  7. Seguindo cos argumentos expostos polos meus compañeiros gustaríame recalcar a enorme influencia que exerce o contexto no que interactuamos, é o que determina que empreguemos máis unha lingua que outra.

    Ese contexto depende da situación político lingüística da sociedade, razóns económicas, das modas que reflicten os cambios,...etc. É o modelo que a maioría imita para non sentirse "retrasado" con respecto ós avances da sociedade (unha visión equivocada da realidade que comparten moitas persoas e que familias transmiten a posteiores xeracións).

    Non temos que intentar deixar unha lingua por outra porque a primeira non esté tan empregada ou actualizada no contexto actual. As diferentes linguas nun mesmo territorio favorecerán a que ese contexto sexa máis rico e diverso culturalmente, tendo a oportunidade de elixir o idioma que máis nos interese sen importar o que pensen os demais.

    Comparto con Antón a opinión que ten sobre os neofalantes. Eles son un modelo a imitar por mostrar ese interese hacia unha lingua co único obxectivo de aprender máis e ampliar o seu coñecemnto por novas culturas. Non somos mellores por empregar a lingua dominante, é unha máis das moitas existentes do noso mundo.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  8. Se nos damos conta, sempre vimos a falar do mesmo, da ignorancia que temos da nosa lingua, da escaseza de falantes, dos prexuízos que a perseguen,...creo que todos a estas alturas somos conscientes do problema que existe e que cada un terá a súas opinións...ven diferentes seguro!
    Engadir que espero que sigan aparecendo máis neofalantes para contaxiar a lingua que case non se oe pola rúa.
    Referente os verbos...pois dicir que penso o mesmo que Javi, non somos sacos sen fondo...e entre verbos en galego, castelán, inglés...o importante na educación é a formación, non a Información. Sabemos mellor os que máis oímos e dicimos.

    ResponderEliminar
  9. Para que unha lingua sobrevivan ten que ter persoas que transmitan la lingua de xeración en xeración, o importante para os falantes dunha lingua es como se transmita esa lingua , de pais a fillos, de avós a netos, tamén cómo transmítese es dicir, a nivel morfosintáctico, o léxico que se use nos distintos contextos onde vaia a desenrolar esa lingua: na escola, na casa, a familia.
    Pode haber moitos cambios gramaticais, políticas lingüísticas na lingua a lo largo dos anos aínda sempre falase a lingua que enseáronnos cando eramos pequerechos nosas nais o entorno familiar , esa es à lingua que vai a permanecer en nos durante anos. O punto de partida foi como estudamos estas linguas galego o castelán, cal tiña máis relevancia para os profesores das etapas infantil e primaria.
    Unha posible solución estaría en igualar o papel que xogan as dúas linguas na educación desde os primeiros anos de vida dos rapaces, para que eles teñan en conta que ambas linguas son importantes, é o mismo que pasa agora con o inglés noso sistema de ensinanza.

    ResponderEliminar
  10. La familia es fundamental en el proceso de crecimiento personal así como en el cambio social. Estoy de acuerdo con mis compañeros, para que una lengua sobreviva además de la familia, también tiene un papel muy importante la escuela, los medios de comunicación y las amistades.

    Cuando se habla del bilingüismo se suele hacer referencia a la ‘lengua materna’, hay algunos estudios que se han centrado en la influencia de la madre en la transmisión de las lenguas, particularmente cuando su lengua o su variedad es diferente de la del padre y/o la del medio que los rodea. Por ejemplo, en EE.UU “Kamada (1997) encontró que en los matrimonios bilingües solo se transmitía la lengua minoritaria a los niños cuando se trataba de la lengua materna. Cuando la lengua minoritaria era la del padre, los niños no la adquirían. Roberts (1997) demostró que los niños habían adquirido en mayor grado los cambios fonológicos de la madre y otros miembros femeninos de la comunidad de habla, que la de los padres, lo cual según la autora constituye suficiente evidencia para apoyar la sugerencia de Labov (1973) de que las mujeres encabezan los cambios lingüísticos debido a las asimetrías en el cuidado de niños”.

    Por otro lado está claro que están siempre presentes las interferencias lingüísticas, ya que al hablar dos, tres o más lenguas o dialectos, es difícil no utilizar palabras de una en otra. En mi caso, dentro del mismo castellano, al venir de Colombia a la Coruña descubrí muchas palabras que no conocía o que no se conocían aquí, o que no se utilizaban de la misma manera, al igual el no empleo de la diversidad de sinónimos que tienen la mayoría de palabras de la lengua castellana, esto no solamente comparado con la Coruña, sino también con el resto de las comunidades españolas, es decir entre ellas mismas hay una utilización diferente de expresiones y palabras ante la misma idea que se pretende decir.

    Por último, como dice Carmen creo que es importante prestar atención a las estrategias que se utilizan y que se deben de utilizar, sobre todo en los primero años de vida, para asegurar, en el caso del gallego, su correcto uso y que se valoren las dos lenguas por igual.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar
  11. Escribo para mostrarme de acordo con cada un dos comentarios que están a escribir os meus compañeiros, de todas formas, gustaríame destacar a reflexión que fixo Alba.

    Penso o mesmo, sempre acabamos falando da ignorancia que envolve ó galego, os prexuicios que existen... é unha actitude que temos que loitar todos por cambiar, creo que tería que quedar moi atrás isa mentalidade de pensar que o galego é retraso, que a lingua "de culto" é o castelán.

    A educación é o primeiro paso.

    ResponderEliminar
  12. Teño a teoría de que na actualidade, o idioma empregado na familia ten moita menos influencia que o que os nenos empregan no clexio cos profesores e cos seus compañeiros. E poño dous exemplos que se dan no meu caso, pero que penso que se producen en moitos fogares:

    - Os meus irmáns pequenos, galegofalantes na casa, empregan o castelán co resto, incluso con persoas descoñecidas como primeiro contacto.

    - Uns familiares de Euskadi que inicialmente falaban cos seus fillos en castelán, pasaron a falar con eles en éuscaro meses despois de que comezasen a Ikastola (escolas que imparten integralmente en vasco).

    Polo tanto, penso que un ensino maioritariamente en galego, provocaría un aumento de neofalantes e un mantemento dos que xa falaban en galego.

    ResponderEliminar