Velaí tedes diferentes propostas imaxinativas para crear conciencia sobre a necesidade de usarmos o galego. Imaxinades o efecto de que emitisen pola televisión estes (e outros) vídeos???
Por certo, xa mudei a ligazón do Ditame do Consello da Cultura Galega sobre o Decreto de plurilingüismo, que estaba mal.
Realmente, creo que se emiten nos espazos de publicidade na TV, tería unha forza maior, que as reivindicacións que existen no momento, pero tamén engado que mellor e facelo, e deixalo nun lugar de acceso público, e poder escoller de ver ou non, que non promover ningunha acción a prol disto. En resumo, mellor facer algo por pequeno que sexa, que non facer nada.
ResponderEliminarPolo que respeita a saúde do galego como lingua, eu creo que ainda está lexos de que se perda, xa que a mocidade, consciente ou inconscientemente usa o galego como primeiro idioma. Eu son un deles, e na aula hai mais xente tamén. O importante e seguir así, e aumentar os falantes, pero tamén creo que hai que deixar tamén escoller e respetar os que non o falan. Evidentemente, a perda cultural e moi importante, e eu persoalmente, non me gustaría que ocorrese. (mentras viva non vai ocorrer, porque no caso, sería eu o último galego falante, e na aula, e na miña aldea, hai moitos mais coma min).
Quédome cas frases no video de As memorias da lingua: "identificar o uso lingua como abrir portas" e "a defensa da terra é inseparable da defensa da lingua". Fan reflexionar en cada momento que se fai unha lectura.
Gabriel Domínguez Dos Santos
Interesantes explicacións as que aporta meu compañeiro Gabi.
ResponderEliminarConsidero que a difusión destes documentos na televisión sería un elemento moi importante que estimularía a concienciación co noso idioma.
Considero tamén fundamental que nestes arquivos se tente transmitir unha responsabilidade individual que pode ter consecuencias aos comportamentos de cada persoa, xa sexa co uso da lingua ou con outros casos, xa que deste modo evítanse argumentos falaces bastante cotiáns como o de facer recaer a responsabilidade dos problemas na sociedade como elemento abstracto, e traslada a cada persoa o compromiso necesario para cambiar a situación.
Tamén valoro positivamente a opinión de canta xente intervén no derradeiro documento audiovisual, sobre o que me gustaría comentar a importancia da lingua como elemento característico de cada sociedade, e sen a cal quedaríamos en certo modo desnaturalizados por perder o principal elemento diferenciador. En relación ao tráiler a memoria da lingua tamén me gustaría sinalar o transfondo social que ten o feito de que tradicionalmente se asociase o galego a xente plebea ou de pobo, considerando que isto non debería de ser un elemento que nos apartase do uso do galego, xa que o pobo somos clase maioritaria, e deberiamos de facer unha virtude e un orgullo o feito de ser plebeos así coma de empregar o galego como lingua vinculada á nosa historia rural e labrega.
Como din os meus compañeiros Gabi e Simón e como nos propon Goretti, sería moi interesante que estos videos se emitisen na televisión. A maioría da campañas que se fan para estimular o uso do galego levanse as escolas e outros centros de ensinanza e limitanse a repartir trípticos ou a posters nas paredes do centro. Ben é certo que este é o sector o que deben ir dirixidos estas campañas, as novas xeracións, para gañar adeptos o uso da lingua galega; pero tamén penso que unha campaña pola televisión con calquera destes videos (ou todos xuntos) podería ter unha maior repercusión na sociedade en xeral, e por descontado na mocidade, que por desgracia son os que máis uso fan do televisor. Penso que estes videos son unha fonte motivante para usar o galego como marca de cultura carácterística da nosa terra e da nosa sociedade, e deberíamos levala con orgullo.
ResponderEliminarA verdade e que ningún dos enlaces ten desperdicio. "Liberdade", "Contaxio" e "Responsabilidade" poderían encaixar perfectamente, como ben dixeron Gabi, Simón e Iván, neses intres publicitarios da televisión que tante xente ve. Pero habería que valorar o seguinte: ¿En que cadeas de televisión se emitirían eses anuncios? Por lóxica sería na TVG. E agora vólvome a preguntar. ¿A xente que ve a canle da nosa terra ten algún tipo de rexeitamento cara o galego, ou case o 100% dos que a seguen ben de forma regular ou puntualmente falan galego a cotío? Estas serían cuestións a valorar previamente e penso, como ben dixo Gabi, que a xente debe poder escoller se velo ou non, pero tense que amosar como algo normal, que se vexa que falar galego non ten ningún tipo de consecuencia negativa senón todo o contrario.
ResponderEliminarPor outra banda, en canto ó trailer "A memoria da lingua" gostaríame engadir ó dito polos meus compañeiros, cos que estou plenamente dacordo, que como ben dí a segunda señora que fala: antigamente o "gallego" era a linga da plebe e queriamos chegar a ter o prestixio dos que falaban "castellano". Isto por desgraza segue a suceder en algúns casos e eu teño un ben preto. Uns tíos meus que viven nunha pequena aldea e toda a vida falaron galego, fálanlle ó seu fillo de 6 anos en castelán, algo que demostra os prexuízos que aínda hoxe en día existen nalgúns casos. Dame moita pena que o rapaz o día de mañá, non domine o galego, vivindo nun entorno de galegofalantes dende que naceu.
Persoalmente estou dacordo cos meus compañeiros no que respecta a influencia positiva que tería o emprego destes vídeos na publicidade dos nosos días. O ideal sería que existira a posibilidade, a maiores, de aproveitar estes vídeos para promocionar a existencia de páxinas webs coma "Orgullosos do noso orgullo do galego" e así amosar o verdadero interese que temos todos por defender a nosa lingua e cultura.
ResponderEliminarTamén páreceme moi interesante a cuestión que plantea Javier: "A xente que ve a canle da nosa terra ten algún tipo de rexeitamento cara o galego, ou case o 100% dos que a seguen ben de forma regular ou puntualmente falan galego a cotío?"
As persoas que teñan rexeitamento cara o galego dende un principio vai ser moi dificil que cambien a súa actitude ante a presenza de novos vídeos defensores da lingua. O que si temos que intentar e que aquelas persoas que o falen puntualmente vean con bos ollos falalo de forma máis regular e, de esa forma, transmitir esa tendencia ás posteriores xeracións, creando interese xa desde un principio pola lingua.
Eloy José Villaverde Caramés
Teño un razoamento moi parecido o dos meus compañeiros neste tema, reflexionando sobre o que dixo Javier Sordo coido que un dos mellores espazos para promover estes anuncios quizais sexa a TV, o mais normal é que aparecesen na TVG,pero tamen podemos ter mais opcions,como que se emita en outras cadeas que se vexan en Galicia pero que non falen galego tan frecuentemente, como pode ser a television da voz de galicia,Localia...
ResponderEliminartamen na rede, nas paxinas webs de periódicos autonomicos poderiamos introducir estes anuncios como publicidade e xa de paso dar un pouquiño de exemplo e ter como primeira opción para lelo a de galego e non ter que cambiar a versión;parecenme cousas que ainda que en principio soen a parvada coido que poden axudar a potenciar un pouco máis o seu uso ainda que non nos demos de conta.
Con respecto a frase de Javier "A xente que ve a canle da nosa terra ten algún tipo de rexeitamento cara o galego, ou case o 100% dos que a seguen ben de forma regular ou puntualmente falan galego a cotío?" e que foi comentada por Eloy coincido con él en que o importante e incitar que as persoas que o coñecen e que o falan puntualmente a que o usen con maior regularidade en distintos ambitos
Desvieime un pouco do tema principal pero a verdade e que non
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarComparto cos meus compañeiros a magnífica idea que resultaría dar cobertura nos medios de comunicación anuncios que animen ou impulsen a lingua galega.
ResponderEliminarPorén, gustaríame ser neste caso máis escéptico ao pensar: “cantas veces vemos na televisión o importante que é poñer o cinto de seguridade ou deixar o tabaco e que pouco caso lle facemos”.
Coido que é necesario ir máis alá. Tanto os accidentes de tráfico como o tabaquismo diminuíron cando se aplicaron medidas efectivas (prohibición de fumar en espazos públicos, carné por puntos, máis control policial…) por parte de administración.
Non creo nin moito menos que se haxa que impoñer o galego, pero si continuar o seu impulso no conxunto da poboación a través das propias familias, o sistema educativo, as novas tecnoloxías ou os distintos instrumentos de socialización ligados ao lecer.
Eu estou dacordo cos meus compañeiros en que a emisión destos videos sería unha boa idea, para min sería importante poñelos nos centros educativos tanto a nenos como a non tan nenos.
ResponderEliminarEu creo que debería ser obrigatorio o uso do galego polos cargos públicos (conselleiros, escanos do parlamento galego e presidente da xunta), porque actualmente vese como pasan por encima do galego, e creo que unha imposición axudaría mais.
Con respecto ao que se di da TVG, a maioria que ve esta canle, fala galego a cotío, eso e claro porque senón sería unha incogruencia, pero todo e posíbel.
Miguel fernández García
Penso coma os meus compañeiros que habería que ir máis alá que simplemente emitir este tipo de vídeos na tv, xa que é certo que poderían ter efectos positivos de cara ó aumento do uso do galego, pois a tv é un medio moi poderoso, pero tamén creo que isto sería a curto prazo, xa que os castelanofalantes nos que tivera algún efecto (estes son os principais destinatarios dos vídeos) có tempo probablemente volverían falar o castelán, pois penso que é difícil cambiar a lingua coa que un pensa e está acostumado a falar.
ResponderEliminarE ahí e onde eu creo que radica o principal problema. Coñezo moita xente que está a favor de que se fale o galego, e que se promova o seu uso con medidas coma a de que se estude na maioría das asignaturas do colexio en esta lingua, pero ¿qué pasa? que moita desta xente é castelanofalante, pensan en castelán porque así lles falaron a maioría do tempo na casa e na escola de pequenos e non poden remediar falalo na maioría dos contextos nos que desenrolan o seu día a día. É máis, coñezo casos de xente que sempre falou castelán e de súpeto un día comezaron a falar soamente en galego e por ese motivo foron criticados, polo que así aínda é máis complicado que a xente que non o fala habitualmente se anime a facelo. ¿E por qué ocorre isto? porque aínda que moitos digan que xa case non existen prexuízos sobre o galego, é evidente que sí, e vémolo en actitudes coma esta, por ese motivo tamén penso que hai que concienciar á xente doutras formas.
Unha das cuestións que nos presenta un dos enlaces anteriores ("Liberdade") é que si somos quen de imaxinar unha Galicia na que ninguén fale galego. Eu non o son, non a imaxino, e dóeme a min que son galegofalante. Entón, penso que se isto o ven galegos que non o son, lles causará maior ferida, ou que terán, polo menos; un mínimo remordemento de conciencia.
ResponderEliminarPorén, penso que por suposto sería interesante que se emitisen estes vídeos por televisión, anque como ben os meus compañeiros reflexan sería unha utopía pensar que con esta soa medida se lograra conseguir a metade dos nosos desexos. Así , do mesmo xeito opino que actuación da administración como exemplo sería unha medida crucial.
Nembargante, estes videos recordanme aos de "Vivamos como galegos", e anque sei que eles por si sos non van a conseguir un gran número de neofalantes, si observei que escépticos do uso da lingua galega, lonxe de avergonzarse coas imaxes, se ven reflexados nelas, polo que iso pode converterse nun inicio máis que suficiente de concienciación do que somos e o que temos.
primeiro dicir: "que son digna de ser cateta de pueblo"...
ResponderEliminarrespondendo a pregunta que expón Javi, dicir que eu, se estivera nas miñas mans, poñeríao nun descanso do Salvame, ou de granjero busca esposa...toda esa telebasura que vemos todos!iso si que ía ser un gran impacto, e ía facer reflexionar a todos os galegos, e a toda España, que non son conscientes do que nos pasa ca nosa lingua.
dicir tamén, sobre os tres cortos de Responsabilidades, Contaxia e Liberdade, que "lo bueno si es breve, dos veces bueno"...
está claro que o futuro do galego depende de todos nos, pero para iso teñen que desaparecer todos os prexuízos existentes. Por ultimo, engadir que intentei imaxinar o que nos propón no vídeo de "liberdade" pero creo que é imposible de imaxinar, e máis imposible que iso suceda, esperemos!!!
O poder da publicidade e inimaxinable. Todo o que se faga non será suficiente, pero será menos ca nada.
ResponderEliminarTodo o que se faga pode axudar á difusión do galego, pero segue sendo una cuestión íntima entre o propio individuo.
ResponderEliminarAnalizando a miña realidade, doume conta dun feito: Eu no falo galego, respondo en galego.
É dicir, se o entorno o impón eu contesto. Se unha persona me fala en galego eu contesto ou ben, como semella agora, que as institución son galegofalantes, se teño que por una queixa, escríboa en galego porque penso que así vai ser mellor recibida.
Supoño que a miña realidad acontécelle a moita xente, polo tanto, sempre que o entorno o impoña, o galego conservarase. Aínde que esto supón unha obriga externa, que normalmente no acostuma a ser ben recoñecida polos seres humanos. Cando algo se nos impón, facemos o contrario, creando esa especie de rexeitamento...
Para min, o entorno marca a lingua. A conciencia humana penso que se traballa coma un hábito, hai que reparar na idea tódolos días e non aisladamente nun anuncio televisivo (aínda que isto axude) só debe ser un xesto máis.
"Pode ser por min", "Eu conto", "Eu contaxio", "Responsabilidade", "A supervivencia do galego é decisión persoal"...
ResponderEliminarCreo que son frases coas que teríamos que reflexionar.
Considero que si lle preguntas a nivel individual a cada un de nós, naide quere que desapareza a lingua, de todas formas, se preguntas cántos de nós usamos con normalidade ista lingua, xa disminúe moito a porcentaxe.
Creo que temos que ser conscientes da responsabilidade individual que temos cada un de nós, e xa que confío e espero que todos estamos unidos nista causa, pois que non só o pensemos, se non que fagamos algo para cambiar o futuro.
Os tres primeiros vídeos son moi interesantes porque fan reflexionar sobre a responsabilidade individual do emprego da lingua. Estou seguro que estos anuncios na televisión axudarían a aparición de neofalantes, que como se di no libro "En galego, por que non?" de Nuñez Singala, poden crear unha nova rede nas súas amizades de novos falantes en galego.
ResponderEliminarCo respecto ao que dixo Javier sobre que a xente que ve a TVG non necesita esta clase de anuncios, vou a dar un dato: a semifinal da Liga de Campións do 2011 entre Real Madrid e Barcelona foi vista na TVG por 1.261.000 galegos. ¿Pensades que todos eles falan a cotío galego? Eu penso que nos partidos de fútbol a emisión desta clase de anuncios na nosa canle pública terían un efecto moi positivo para a impulsión do idioma.
Adrián Levoso Fernández
Eu estou de acordo coa maioria dos meus compañeiros de poder promocionar este tipo de video na tv, pero non so quedandose neste aspecto de promocion.
ResponderEliminarConsidero que como tradicionalmete o galego e o idioma dos brutos, da aldea... deberíase conseguir cambiar esta mentalidade pero non simplemente dicindolle a xente que fale galego, senon que esa xente observe o pontencial do galego, introducindoo na universidade con asignaturas e bloques impartidos nesta lingua, introducindo en maior medida o galego nos xornais en maior medida....
Estes videos están mui ben e conseguirán chamar a atención da xente pero sigo crendo que debese aportar algo mais
Pablo Domínguez García