sexta-feira, outubro 28, 2011

Máis vídeos

Ola!!! Hai persoas que me envían outros vídeos de interese sobre os temas que andamos a tratar. Entre eles, xa que lemos na clase algo del, está o de Séchu Sende (http://www.youtube.com/watch?v=W7PzMxD0H9g). Un dos vídeos máis interesantes (algo longo, si, mais pode verse fragmentado) sobre o tema das actitudes sobre o galego entre a xente nova é Linguas cruzadas, que se emitiu na TVG o 17 de maio de 2007. Quizais algunhas persoas xa o vistes. Velaí vai a ligazón: http://video.google.com/videoplay?docid=-7399630610169788180#

11 comentários:

  1. Interesante ver esas rapazas que andaban a facer botellón na "mítica" praza do humor que comentan que falan castelán porque é a moda...discrepo!. Creo que hoxe en día, un non é do monte por falar o galego cerrado, ou que sexa do bloque por falar galego...en definitiva, que a presión social sobre o galego non é a mesma que antes, hoxe en día iso está a cambiar, afortunadamente!Con excepcións, paréceme moi triste dicir que me gustaría falar galego pero non o falo porque "en la coru neno" non é a moda, ela mesma se delata, e demostra eses prexuízos e amezas que apuntan a nosa lingua.

    ResponderEliminar
  2. Situación canto menos curiosa a de cómo Sechu Sende (naquela época José Luis) se decide a falar galego.

    Pareceume un discurso realmente interesante, con toques de humor (por exemplo, cando dí que a súa filla é neofalante) pero seguindo sempre unha liña.

    Outro punto importante onde me gostaría facer fincapé, é no momento que se pon na situación de que un rapaz di o seguinte: "Si viene un señor mallor y me habla gallego, yo le hablo gallego". Iso demostra a falta de conciencia por parte dun sector da xente nova cara o uso do galego como lingua habitual. Nesa frase pódese ver como ese rapaz non tería problema en falar galego cun señor maior que llo falara previamente, pero a miña dúbida é, ¿se fóra un rapaz ou rapaza da súa mesma idade quen se dirixe a el?

    ResponderEliminar
  3. Interesante e divertida anecdota a de Sechu Sende e Castelao.Comparto a oponión de Alba, creo que o que din as rapazas no humor é unha parvada, igual non era o mellor momento para preguntarlles sobre o tema...
    É certo que cada quen acostuma a expresarme no idioma o que esta acostumado polo seu entorno familiar, xa que a maior influencia néste aspecto son os pais. Persoalmente o idioma que se fala na miña casa é o castelán e é o idioma que emprego normalmente, pero non porque pense que é o idioma de moda...
    contestando a Javier, na miña situación persoal cando un amigo falame en galego contestolle en galego, e se m fala en castelaán falolle en castelán; quizais ese rapaz non fixera o mesmo, e constetarialle en castelán, simplemente porque asocia o castelán a xente da idade dos seus amigos cos que fala en castelán; penso que a uso que él lle dá o galego ten que ver moito coas asociacions que se fai do idioma o sector social (xovenes-castelán; xente maior-galego).

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola a todos!
    Despois de ver todo o video "Linguas Cruzadas", cheguei a conclusión de que nunha sociedade na que conviven dúas linguas sempre vai a existir conflicto, o importante é ser conscientes de onde vivimos, de onde somos e como somos.
    Ó ver o video escoites cousas, como di Alba, no caso das rapazar, que valoran a xente que fala galego, decindo Ole!!pero non o fan porque a moda e falar castelán, ou o caso dun estudiante de Santiago de Compostela que decía que unha persoa que fale só castelán pode vivir sen problema falando só castelán, pero unha persoa que só fale galego non o podería facer. Non estou dacordo en absoluto, xa que penso que falando galego EN GALICIA vaiche entender todo o mundo.
    Vendo o video pregunteille a miña nai que estaba ó meu lado ¿Por qué non me educaches en galego?, a contestación da miña nai foi: Por que estaba prohibido, comentándome que ela no colexio si unha monxa ou porfesor lle escoitaba falar galego, estaba asegurado o castigo, mentres que na casa lle falaban en galego os meus avóos.
    Creo que hai que ter respeto e que cada quen fale o que lle pete, pero defendendo a nosa lingua xa que non se pode perder.
    Un Saudo
    Ángel González Hermida

    ResponderEliminar
  5. En primeiro lugar, dicir que concordo plenamente cos tres elementos esenciais propostos por Sechu Sende para que alguén se achegue a unha lingua:

    1. A motivación: ter actitudes positivas cara esa lingua.
    2. O coñecemento da propia lingua que queremos usar (gramática,vocabulario…)
    3. O uso práctico que facemos desa lingua de forma oral ou escrita.

    É moi interesante ver a diferenza entre o galegofalante, aquel que desde pequeno aprende a dominar o idioma e o neofalante, persoa que por razóns diversas decide nun momento dado comezar a utilizalo.

    Persoalmente, identifícome co perfil de neofalante proveniente do Instituto, ao falar un galego moi formal, con poucos castelanismos ou variacións dialectais. Un galego para moita xente artificial, pero para os que estamos acostumados a un contexto cheo de castelán é a maneira coa que nos familiarizamos con el no sistema educativo.

    Centrándome no documental, mostra moi claramente a realidade que se ven mantendo hoxe en día nos adolescentes: a diverxencia entre o rural cunha gran cidade como A Coruña, moi mediatizada polo castelán.

    Chamoume a atención a dificultade das persoas neofalantes en dar o paso para utilizar o galego. Ven sexa polas amizades (“Sete persoas falando castelán contra unha en galego, sempre te empapas do idioma dominante”) ou pola familia (“os meus país fálanme en castelán desde que nacín”) é moi complicado adaptarse, mais considéroo realmente valorable.

    Xa hai tempo que non escoitaba discriminación algunha por falar galego nos centros de traballo. Cría que estaba a extinguirse, pero nin moito menos. Pareceume moi triste que che poidan chegar a despedir ou advertir por falar o teu idioma no teu posto de traballo cos propios compañeiros ou clientes.

    Finalmente foi moi relevante ver como estudantes de fóra da nosa comunidade interésanse pola nosa lingua, esfórzanse por aprendela e valórana máis que moitos de nós. Tal é como afirma paradóxicamente unha estudante madrileña, o problema básico é sentir o idioma na rúa; resulta moito máis difícil engancharte a el, sen ese sentimento colectivo.

    ResponderEliminar
  6. un gran documental o de linguas cruzadas, demostra como esta acutalmente o uso do galego, así como prexuízos que ten a xente sobre o galego, e en especial a xente moza. O que mais me chamou a atención foi a moza koreana que dixo viñen a galicia e como aquí falan o galego eu debo aprendelo para entrar nesta comunidade, para min esto é unha loubanza, e despois cansome de escoitar a xente que falar galego e de gañáns,pero esa xente non se da conta que está perdendo unha oportunidade para coñecer outra lingua e empaparse de coñecemento propio do lugar onde vive.

    En canto aos neofalantes creo si están moi ligados aos movementos nacionalistas, que eu admiro por cambiar de lingua, e así darlle unha oportunidade ao galego que lle foi arrebatada polos sistema educativo que non é máis que un sistema para adoctrinar según as ideas do poder, neste caso en galicia, case sempre estivemos gobernados por persoas que non lles importaba o galego, e para min é unha razón do seu deterioramento.

    ResponderEliminar
  7. Quero engadir, facendo referencia ó comentario de Ángel, que incluso fora de Galicia se nos entende, non esquezas que somos unha "peste", e estamos en todos lados. ¿Cantas veces vas por aí adiante e vas falando en galego, porque vas con un amigo,alguén te escoita e che di algo?, a min pasoume moitas veces, e iso é moi satisfactorio. Por outra banda, dicir a Antón que comparto a túa opinión (como rima e todo eh!), o gran problema é que non se escoita o galego, vas a Catalunya e non pasa iso, entre todos debemos cambialo, e non pensar que por estar na Coruña temos que falar en castelán, moita xente pensa iso.

    ResponderEliminar
  8. Tras ver os dous vídeos gustaríame destacar a enorme importancia que ten un dos tres elementos esenciais propostos por Sechu Sende na súa exposición, comentado xa por Antón con anterioridade: a motivación.

    Penso que é o pilar fundamental sobre o que nos temos que asentar para descubrir a lingua, reducir as barreiras que limitan o seu achegamento e romper coa tendencia do que está máis de moda e o que non na sociedade actual.

    No segundo vídeo, se facemos unha comparativa entre as rapazas que se atopan na praza do humor e aqueles rapaces que son neofalantes, eu penso que a principal diferencia radica no interese, nese esforzo por coñecer unha nova cultura (no caso dos neofalantes) sen importar a cantidade de falantes que teña ou o prestixio acadado polo idioma na actualidade. As rapazas non creen que poidan facer nada para cambiar o modelo actual e prefiren adaptarse á situación existente.

    O gran problema que temos é que pensamos que non somos capaces de cambiar as cousas e, se todos temos esa mesma creencia, é imposible darlle a volta a situación do galego en cidades como Coruña, onde o castelán é a lingua predominante.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  9. Despois de ver o vídeo de "Linguas cruzadas" quero comentar varias cousas que me pareceron curiosas.

    1. O propio vídeo é o que diferenza en galego-medio rural, e castelán-medio urbán. Estou segura que en xeneral é así, pero na miña maneira de ver sería interesante que en reportaxes así se deixara claro que tamén hai unha multitude de xente na cidade que fala galego e está orgullosa de iso.

    2. "Temos a sorte de ter unha lingua propia". Non entendo como somos capaces de non valorar algo que nos fai tan especiais. Temos a nosa cultura, a nosa lingua, e mentres hai xente extranxeira que o valora, somos nosoutros, os propios galegos, os que nos avergoñamos da nosa identidade.

    3. "Falan castelán por darse a máis", "Moda". Baixo o meu punto de vista, hai unha idade para ises tipos de razoamento, pero calquer persoa un pouco madura, considero imposible que teña ese pensamento. De ahí que no meu caso, vexa moita xente que quizá no instituto intenteu adaptarse e falar castelán, pero que tempo en diante, volveu a usar maioritariamente o galego.

    4. Por último facer unha reflexión sobre unha frase que comentou un rapaz "As xeracións dos nosos país tivo reparo en enseñarnos galego pola situación que eles viviron". Creo que é algo entendible. Moitos dos nosos país cando falabon galego os profesores pegábanlles, castigábanos... pero agora estamos por encima de todo iso. As nosas xeracións, que vivimos nunha época no que todo é aprender linguas e máis linguas, como nos podemos esquecer da nosa???

    ResponderEliminar
  10. Estou totalmente de acordo cós argumentos aportados pola miña compañeira Alba.
    É triste pensar que eses tópicos ou opinións siguen tendo vixencia na sociedade actual. Porque aínda que pregunten na praza do Humor (nun botellón), penso que esas opinións son extendibles a gran parte da xunventude galega.

    ResponderEliminar
  11. Si si é verdade Alba... Eu mesmo fun a Madrid, Barcelona, Ibiza... cos meus amigos, e sempre falamos galego. E sempre hay alguén que che entende, ou mesmo galegos... E sempre gusta escoitar falar galego fora Galicia...
    A min pasoume que entando por Valencia, fun mercar unha barra de pan, e non lle entendín nada á dependienta, cousa que non me gustou. Eu traballo nunha tenda de roupa e este verán atendín a moitos clientes de MAdrid, Suiza, Alemania... e sempre o meu rexistro o dirixisme a xente é en galego, o que pasa é que se non me entenden cambio automáticamente o castelán... Creo que hay que ser respetuoso!!!
    Ángel González Hermida

    ResponderEliminar