Se tivese que outorgar un adxectivo a esta obra de Teresa Moure probablemente diría dela que é moi profunda. Profunda porque na miña opinión viaxa até a esencia da lingüística, até o fundamental, o que a fai semellar nalgúns fragmentos unha obra case filosófica. Con todo isto, teño que comentar que malia discrepar coa autora nalgunhas das opinións e dos razoamentos empregados me pareceu unha obra estupenda. Un libro que leva a unha gran reflexión sobre a importancia da lingüística, e que explora as sempre escuras relacións da linguaxe co poder ademais de transmitir unha visión máis reflexiva do mundo, e se cadra unha visión relativista da realidade en tanto que no la fai cuestionar. Entre os aspectos que máis me agradaron do libro están a relación tan estreita entre a linguaxe e a construción non só dos nosos pensamentos senón tamén da realidade, tal e como propuña a hipótese da relatividade lingüística que aínda que parece obsoleta resulta moi interesante. Tamén me resultou fermoso a riqueza en canto a cosmovisión que aportan as linguas, o que fai que teñamos que ter unha gran educación lingüística e unha gran capacidade para xerar coñecemento, para pensar en algo en que o noso idioma por mor da súa feitura non nos permite. Doutra banda, e en relación tamén co vídeo da profesora Ryan gustaríame sinalar a importancia da diversidade das linguas como ferramenta indispensable para a xeración de novas ideas ou a irrupción de novos pensadores no mundo, xa que hai linguas que por mor da súa constitución gramática impiden a xeración de ideas en certos temas. Ademais quero salientar as limitacións que suporía neste sentido a imposición dun idioma homoxeneizador coma o inglés, que por non seren a lingua materna de moitas persoas, impediría ás mesmas a xeración de novas e revolucionarias ideas tan só por unha limitación no dominio da lingua. O que suporía unha implicación directa en canto a limitación na linguaxe – limitación de ideas, o que me permite inducir que contra menor diversidade lingüística menor diversidade de ideas. Por todo isto, e deixando aspectos a salientar polos meus compañeiros considero importante a ecolingüistica na actualidade como defensora dunha maior diversidade lingüística que é precisamente neste tempo cando máis ataques esta a sufrir debido principalmente á globalización e ao imperialismo lingüístico que leva consigo.
Nesta obra Teresa Moure da mostra dunha realidade cada vez menos obxectiva e pura, onde ninguén valora o que está a ocorrer debido a ese descoñecemento xeral que nós caracteriza no referente á lingua.
A enorme dificultade para coñecer o termo lingüística, a absorción que se fai deste termo por parte doutras disciplinas, esa ligazón equívoca coa ensinanza e a historia das linguas son argumentos que non colaboran co progreso do idioma e, polo tanto, provoca que éste atópese nunha situación de risco.
O libro amosa exercicios que fan que teñamos que reflexionar moito sobre esa influencia do eurocentrismo que temos, ese pouco valor que lle damos a aquelas linguas que permiten que o noso mundo se caracterice pola súa diversidade, a importancia que ten a trasmisión xeracional do idioma, a relación entre lingua e realidade, o coñecemento de linguas para nós descoñecidas, a igualdade das linguas, a conexión da lingua co seu contorno...etc.
Gústanme moito as aportacións da autora respecto diversas linguas, permitíndonos coñecelas con actividades sinxelas, amosando paralelismos co galego para facilitar a súa aprendizaxe. Isto demostra o que Singala expresa no seu libro: cantas máis linguas saibamos, máis doado será aprender outras linguas.
Persoalmente chámame moito a atención a relación existente entre o inglés e o consumismo, non caera na conta dunha realidade tan clara e evidente, ou a verdadeira razón atópase en que estamos acostumados a aceptar o que temos, sen pensar no que se deixa atrás.
Considero esta obra moi profunda, reflexiva, un libro que invita ao debate entre o que interpretamos na realidade e o que realmente sucede na nosa ignorancia.
Obra interesante que trata a perspectiva ecoloxista aplicada á relación entre lingua e visión do mundo, o concepto de lingua, a unidade e a diversidade lingüística e a morte das linguas,… A lingüística, saber eurocéntrico, contribuíu a espallar moitos mitos sobre a linguaxe. Pois esta ciencia popularizou a idea da linguaxe como sistema de comunicación a costa doutros significados, como o que apunta ós mecanismos de poder. Interesante exemplo cando nos conta a historia da creación das linguas, a través do capítulo que se mostra na Biblia (a creación da Torre de Babel). Este mito ve a diversidade de linguas como unha maldición, cando debería ser o contrario. Fala do inglés como lingua que serve de medio de comunicación entre poboación de linguas diferentes, a coñecida, lingua vehicular. Pero sinala efectos adversos, como “a diminución dos estímulos para emprender a aprendizaxe, para coñecer a dondo o que se nos pon diante dos ollos”. Sinala a función principal do termo lingüista, “pretende estudar a idea de linguaxe humana, na historia da especie, unha facultade que se ocupa de todas as linguas, que as compara, que as mide, que pretende desenmascarar os seus xogos para tirar á luz un esqueleto en común”. Por outra banda, cóntanos como xurde a consolidación das linguas europeas a través do proceso de colonización . Critica á lingüística, dicindo que rematará limitándose a practicas de especialista, que actúa como se so puidera adquirir estatus científico a cambio de non intervir na realidade, de ser unha ocupación pouco comprometida, de non procurar a divulgación das teorías, de ser eurocéntrica. Aquí teño que comentar, que moitas das linguas que os amosa, non sabía nin que existían, ¿quen coñece o zulú, o batak?, ¿quen sabe situar nun mapa o wolof ou o fang?. Son exercicios que fan entrar a curiosidade, e con elo facer que aprendamos cousas novas. Outro capítulo do libro, trata do número de linguas do mundo, tema xa tratado nas nosas clases teóricas. Pero cabe resaltar o conflito entre lingua ou dialecto, como a problemática de contabilizar as linguas, ¿Como se actualiza ese dato?. Parece algo imposible de imaxinar. A morte das linguas, tamén o tratamos nunha parte do blog, cando comentabamos sobre a lingua bo. O libro semella o espello de todo o tratado nas leccións ou mediante o blog. Paréceme interesante resaltar que a escola é un dos axentes mais importantes da extinción masiva de linguas no mundo (Tove Skutnabb-Kangas,2000). Eu penso que se as linguas son importantes en razón do seu número de falantes, moitas persoas estarían estudando xa non só chinés, senón linguas que non somos capaces nin de situar no mapa como o xavanés -con 84,6 millóns de falantes, En Galicia, no lugar de pensar en que sería unha lingua que poida desaparecer, preferiuse acudir ó termo "diglosia", en referencia ó castelán como variedade alta e asociada ás funcións máis prestixiosas e clases sociais máis selectas, e ó galego como o idioma dos usos familiares nos ámbitos rurais e empobrecidos.
Existen dúbidas de se aínda estamos nunha situación diglósica. Pois a tendencia é que os falantes se aliñen ou co galego ou co castelán, e falen sempre un ou o outro, no canto de cambiar segundo o contexto. Por outra banda, sinala, que o galego si presenta indicios de perigo de morte como o descenso de uso nos falantes de menor idade; a inseguranza gramatical, léxica e narrativa; a ritualización dos usos:falalo nas manifestacións pero non no tempo de lecer ou nos institutos; e a incorporación de formas alleas de xeito masivo ou a mala calidade da lingua.
No caso do Plurilingüísimo, o que adoita pasar coas linguas que están en perigo de morrer é que primeiro o contorno social, político e económico exerceu unha presión para o cambio a un idioma de poder. Así os individuos acaban facéndose competentes nesa lingua, e deste xeito bilingües, ó principio sen perder o seu idioma de orixe. Despois deixan de transmitir este ós seus fillos, que acaban identificándose coa lingua de poder, ó considerala máis axeitada para satisfacer as súas necesidades. ¿Cantos de nos sabemos casos similares?, parece imposible, pero é a realidade. Recuperemos primeiro a dignidade da lingua, para que o numero de falantes aumente. E difícil concienciar a xente de que unha lingua non é máis importante por ter maior número de falantes, a xente busca o accesible, aprender unha lingua que lle permita moverse polo mundo. Eu penso que todas,e cada unha das linguas existentes son importantes. O tema da linguodiversidade pareceume moi interesante, teño que recoñecer que non situaba ó galego no posto 160. Linguaxe e cosmovisión foi unha parte do libro que me costeou máis entender. Cabe sinalar que “unha imaxe vale máis que mil palabras”, onde fai referencia a definición de linguaxe como instrumento de comunicación. Non todo e posible de describir con palabras. Sinálanos que en lingüística coexisten tres concepcións sobre a linguaxe, pero finalmente acabou por imporse a definición citada anteriormente. Nesta parte tamén nos fala da hipótese de relatividade lingüística, a cal sufriu algún conflito, tendo como final, o seu desuso. Para min, a critica a esta teoría sería sobre o universalismo semántico, creo que é o seu gran punto débil. A hipótese viuse rehabilitada dentro dunha perspectiva ecolingüística. Sen ela, a linguaxe simplemente reflectiría o mundo real. A hipótese alicerzara un novo punto de vista: dáballe a volta a obviedade de que as linguas reflicten o mundo. Nunca me parara a pensar porque os nenos pequenos din “rompido” ou “sabo”. Gustoume esta aclaración, e a definición de lingua (grazas a ecolingüística), como unha peneira de realidade. A nosas vidas están cheas de dilemas morais, como o exemplo da antropóloga. Pero quero dicir que estou en desacordo cando menciona que a vitoria dun bando supón a derrota doutro, facendo referencia os falantes do galego ou do español. Como ven di Simón, considero tamén a ecolingüística como defensora dunha maior diversidade lingüística. Penso que é unha obra moi directa e sincera. Como xa mencionei, os exercicios que nos propón o largo da lectura, fana máis amena e interesante.
Como puede verse a través de esta obra, Teresa ha estudiado profundamente el lenguaje, con su espíritu transformador defiende la diversidad lingüística y cree en el poder de las lenguas para abrir la mente de las personas. No es indiferente a lo que afecta a la lengua galega, en este libro abarca diversos temas lingüísticos, habla de las lenguas del mundo, de la diversidad lingüística, de la muerte de las lenguas, entre otros temas que comentare más adelante. Podría utilizar una frase de Teresa para resumir la esencia de este libro "el pesimismo tiene algo de reaccionario y tengo la idea optimista de que la humanidad siempre acaba reaccionando", precisamente las líneas de este libro nos invitan a reflexionar sobre el contexto lingüístico de la actualidad.
Nos habla de la lingüística en el conjunto del conocimiento, sobre las contradicciones a la hora de estudiar el lenguaje, de la falta de estudio de la teoría de la evolución biológica en los estudios universitarios y la falta de transmisión a la sociedad de los conocimientos acumulados por la ciencia del lenguaje. También hace mención a la ecolingüista como un enfoque actual de aproximación al estudio del lenguaje. En este mismo capítulo vemos el paradojo de la unidad y la diversidad a la hora de hablar de las lenguas “las lenguas son todas distintas”, cuando salimos de nuestro entorno tenemos que aprender otras formas de llamar las cosas o manejamos nuevas reglas para dar expresión a nuestro pensamiento, en el mismo castellano hay muchas palabras utilizadas de forma distinta dependiendo de la procedencia, en mi caso que nací en Colombia lo observo en numerosas ocasiones. La diversidad lingüística, como a diversidad biológica, cultural, de ideas, de sentimientos, es una manera de enriquecernos, me gustaría destacar algunas frases: “el ser humano al aprender nuevas lenguas pasa a habitar mundos distintos”, “las lenguas son mucho más que un diccionario”, “cuando nos familiarizamos con otras lenguas, abrimos nuestras mentes, ni todo el mundo piensa como nosotros, ni es obligatorio y único lo que antes nos parecería tan natural”.
Teresa Moure, nos habla de la importancia del multilingüismo, de la perdida de las lenguas, nos dice que la responsabilidad en políticas educativas no solo es de los gobiernos sino también de los profesores, como debatimos en clase, durante nuestra escolarización no abordamos el tema de las lenguas como lo estamos haciendo ahora, nosotros como futuros profesores tenemos en nuestras manos las herramientas y el poder para hacer reflexionar e influenciar a nuestros futuros alumnos, sobre la importancia de comprender y descubrir distintas lenguas y culturas, permitiéndonos ver el mundo con otros ojos, como expresa la autora en este libro. Este capítulo lo podemos relacionar con otro tema trabajado en clase, el artículo sobre la desaparición de la lengua bo, existen muchas causas para el empobrecimiento y desaparición de una lengua, la indiferencia al estudio del idioma, el uso indebido de las nuevas tecnologías (internet, móvil…), la violencia, las guerras, las invasiones, los colonizadores (fuerte influencia cultural), los desastres naturales… que lleva consigo la perdida de la cultura, identidad y valores de una sociedad.
Una obra muy interesante Teresa Moure con su espíritu transformador abarca muchos temas lingüísticos, ejercicios prácticos para invitarnos a reflexionar sobre la importancia de enriquecernos de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido.
Se tivese que outorgar un adxectivo a esta obra de Teresa Moure probablemente diría dela que é moi profunda. Profunda porque na miña opinión viaxa até a esencia da lingüística, até o fundamental, o que a fai semellar nalgúns fragmentos unha obra case filosófica.
ResponderEliminarCon todo isto, teño que comentar que malia discrepar coa autora nalgunhas das opinións e dos razoamentos empregados me pareceu unha obra estupenda. Un libro que leva a unha gran reflexión sobre a importancia da lingüística, e que explora as sempre escuras relacións da linguaxe co poder ademais de transmitir unha visión máis reflexiva do mundo, e se cadra unha visión relativista da realidade en tanto que no la fai cuestionar.
Entre os aspectos que máis me agradaron do libro están a relación tan estreita entre a linguaxe e a construción non só dos nosos pensamentos senón tamén da realidade, tal e como propuña a hipótese da relatividade lingüística que aínda que parece obsoleta resulta moi interesante. Tamén me resultou fermoso a riqueza en canto a cosmovisión que aportan as linguas, o que fai que teñamos que ter unha gran educación lingüística e unha gran capacidade para xerar coñecemento, para pensar en algo en que o noso idioma por mor da súa feitura non nos permite.
Doutra banda, e en relación tamén co vídeo da profesora Ryan gustaríame sinalar a importancia da diversidade das linguas como ferramenta indispensable para a xeración de novas ideas ou a irrupción de novos pensadores no mundo, xa que hai linguas que por mor da súa constitución gramática impiden a xeración de ideas en certos temas. Ademais quero salientar as limitacións que suporía neste sentido a imposición dun idioma homoxeneizador coma o inglés, que por non seren a lingua materna de moitas persoas, impediría ás mesmas a xeración de novas e revolucionarias ideas tan só por unha limitación no dominio da lingua. O que suporía unha implicación directa en canto a limitación na linguaxe – limitación de ideas, o que me permite inducir que contra menor diversidade lingüística menor diversidade de ideas.
Por todo isto, e deixando aspectos a salientar polos meus compañeiros considero importante a ecolingüistica na actualidade como defensora dunha maior diversidade lingüística que é precisamente neste tempo cando máis ataques esta a sufrir debido principalmente á globalización e ao imperialismo lingüístico que leva consigo.
Nesta obra Teresa Moure da mostra dunha realidade cada vez menos obxectiva e pura, onde ninguén valora o que está a ocorrer debido a ese descoñecemento xeral que nós caracteriza no referente á lingua.
ResponderEliminarA enorme dificultade para coñecer o termo lingüística, a absorción que se fai deste termo por parte doutras disciplinas, esa ligazón equívoca coa ensinanza e a historia das linguas son argumentos que non colaboran co progreso do idioma e, polo tanto, provoca que éste atópese nunha situación de risco.
O libro amosa exercicios que fan que teñamos que reflexionar moito sobre esa influencia do eurocentrismo que temos, ese pouco valor que lle damos a aquelas linguas que permiten que o noso mundo se caracterice pola súa diversidade, a importancia que ten a trasmisión xeracional do idioma, a relación entre lingua e realidade, o coñecemento de linguas para nós descoñecidas, a igualdade das linguas, a conexión da lingua co seu contorno...etc.
Gústanme moito as aportacións da autora respecto diversas linguas, permitíndonos coñecelas con actividades sinxelas, amosando paralelismos co galego para facilitar a súa aprendizaxe. Isto demostra o que Singala expresa no seu libro: cantas máis linguas saibamos, máis doado será aprender outras linguas.
Persoalmente chámame moito a atención a relación existente entre o inglés e o consumismo, non caera na conta dunha realidade tan clara e evidente, ou a verdadeira razón atópase en que estamos acostumados a aceptar o que temos, sen pensar no que se deixa atrás.
Considero esta obra moi profunda, reflexiva, un libro que invita ao debate entre o que interpretamos na realidade e o que realmente sucede na nosa ignorancia.
Eloy José Villaverde Caramés
Obra interesante que trata a perspectiva ecoloxista aplicada á relación entre lingua e visión do mundo, o concepto de lingua, a unidade e a diversidade lingüística e a morte das linguas,…
ResponderEliminarA lingüística, saber eurocéntrico, contribuíu a espallar moitos mitos sobre a linguaxe. Pois esta ciencia popularizou a idea da linguaxe como sistema de comunicación a costa doutros significados, como o que apunta ós mecanismos de poder.
Interesante exemplo cando nos conta a historia da creación das linguas, a través do capítulo que se mostra na Biblia (a creación da Torre de Babel). Este mito ve a diversidade de linguas como unha maldición, cando debería ser o contrario.
Fala do inglés como lingua que serve de medio de comunicación entre poboación de linguas diferentes, a coñecida, lingua vehicular. Pero sinala efectos adversos, como “a diminución dos estímulos para emprender a aprendizaxe, para coñecer a dondo o que se nos pon diante dos ollos”.
Sinala a función principal do termo lingüista, “pretende estudar a idea de linguaxe humana, na historia da especie, unha facultade que se ocupa de todas as linguas, que as compara, que as mide, que pretende desenmascarar os seus xogos para tirar á luz un esqueleto en común”.
Por outra banda, cóntanos como xurde a consolidación das linguas europeas a través do proceso de colonización . Critica á lingüística, dicindo que rematará limitándose a practicas de especialista, que actúa como se so puidera adquirir estatus científico a cambio de non intervir na realidade, de ser unha ocupación pouco comprometida, de non procurar a divulgación das teorías, de ser eurocéntrica. Aquí teño que comentar, que moitas das linguas que os amosa, non sabía nin que existían, ¿quen coñece o zulú, o batak?, ¿quen sabe situar nun mapa o wolof ou o fang?. Son exercicios que fan entrar a curiosidade, e con elo facer que aprendamos cousas novas.
Outro capítulo do libro, trata do número de linguas do mundo, tema xa tratado nas nosas clases teóricas. Pero cabe resaltar o conflito entre lingua ou dialecto, como a problemática de contabilizar as linguas, ¿Como se actualiza ese dato?. Parece algo imposible de imaxinar.
A morte das linguas, tamén o tratamos nunha parte do blog, cando comentabamos sobre a lingua bo. O libro semella o espello de todo o tratado nas leccións ou mediante o blog. Paréceme interesante resaltar que a escola é un dos axentes mais importantes da extinción masiva de linguas no mundo (Tove Skutnabb-Kangas,2000).
Eu penso que se as linguas son importantes en razón do seu número de falantes, moitas persoas estarían estudando xa non só chinés, senón linguas que non somos capaces nin de situar no mapa como o xavanés -con 84,6 millóns de falantes,
En Galicia, no lugar de pensar en que sería unha lingua que poida desaparecer, preferiuse acudir ó termo "diglosia", en referencia ó castelán como variedade alta e asociada ás funcións máis prestixiosas e clases sociais máis selectas, e ó galego como o idioma dos usos familiares nos ámbitos rurais e empobrecidos.
Existen dúbidas de se aínda estamos nunha situación diglósica. Pois a tendencia é que os falantes se aliñen ou co galego ou co castelán, e falen sempre un ou o outro, no canto de cambiar segundo o contexto. Por outra banda, sinala, que o galego si presenta indicios de perigo de morte como o descenso de uso nos falantes de menor idade; a inseguranza gramatical, léxica e narrativa; a ritualización dos usos:falalo nas manifestacións pero non no tempo de lecer ou nos institutos; e a incorporación de formas alleas de xeito masivo ou a mala calidade da lingua.
ResponderEliminarNo caso do Plurilingüísimo, o que adoita pasar coas linguas que están en perigo de morrer é que primeiro o contorno social, político e económico exerceu unha presión para o cambio a un idioma de poder. Así os individuos acaban facéndose competentes nesa lingua, e deste xeito bilingües, ó principio sen perder o seu idioma de orixe. Despois deixan de transmitir este ós seus fillos, que acaban identificándose coa lingua de poder, ó considerala máis axeitada para satisfacer as súas necesidades. ¿Cantos de nos sabemos casos similares?, parece imposible, pero é a realidade. Recuperemos primeiro a dignidade da lingua, para que o numero de falantes aumente.
E difícil concienciar a xente de que unha lingua non é máis importante por ter maior número de falantes, a xente busca o accesible, aprender unha lingua que lle permita moverse polo mundo. Eu penso que todas,e cada unha das linguas existentes son importantes.
O tema da linguodiversidade pareceume moi interesante, teño que recoñecer que non situaba ó galego no posto 160.
Linguaxe e cosmovisión foi unha parte do libro que me costeou máis entender. Cabe sinalar que “unha imaxe vale máis que mil palabras”, onde fai referencia a definición de linguaxe como instrumento de comunicación. Non todo e posible de describir con palabras.
Sinálanos que en lingüística coexisten tres concepcións sobre a linguaxe, pero finalmente acabou por imporse a definición citada anteriormente.
Nesta parte tamén nos fala da hipótese de relatividade lingüística, a cal sufriu algún conflito, tendo como final, o seu desuso. Para min, a critica a esta teoría sería sobre o universalismo semántico, creo que é o seu gran punto débil.
A hipótese viuse rehabilitada dentro dunha perspectiva ecolingüística. Sen ela, a linguaxe simplemente reflectiría o mundo real. A hipótese alicerzara un novo punto de vista: dáballe a volta a obviedade de que as linguas reflicten o mundo.
Nunca me parara a pensar porque os nenos pequenos din “rompido” ou “sabo”. Gustoume esta aclaración, e a definición de lingua (grazas a ecolingüística), como unha peneira de realidade.
A nosas vidas están cheas de dilemas morais, como o exemplo da antropóloga. Pero quero dicir que estou en desacordo cando menciona que a vitoria dun bando supón a derrota doutro, facendo referencia os falantes do galego ou do español.
Como ven di Simón, considero tamén a ecolingüística como defensora dunha maior diversidade lingüística. Penso que é unha obra moi directa e sincera. Como xa mencionei, os exercicios que nos propón o largo da lectura, fana máis amena e interesante.
Como puede verse a través de esta obra, Teresa ha estudiado profundamente el lenguaje, con su espíritu transformador defiende la diversidad lingüística y cree en el poder de las lenguas para abrir la mente de las personas. No es indiferente a lo que afecta a la lengua galega, en este libro abarca diversos temas lingüísticos, habla de las lenguas del mundo, de la diversidad lingüística, de la muerte de las lenguas, entre otros temas que comentare más adelante. Podría utilizar una frase de Teresa para resumir la esencia de este libro "el pesimismo tiene algo de reaccionario y tengo la idea optimista de que la humanidad siempre acaba reaccionando", precisamente las líneas de este libro nos invitan a reflexionar sobre el contexto lingüístico de la actualidad.
ResponderEliminarNos habla de la lingüística en el conjunto del conocimiento, sobre las contradicciones a la hora de estudiar el lenguaje, de la falta de estudio de la teoría de la evolución biológica en los estudios universitarios y la falta de transmisión a la sociedad de los conocimientos acumulados por la ciencia del lenguaje. También hace mención a la ecolingüista como un enfoque actual de aproximación al estudio del lenguaje. En este mismo capítulo vemos el paradojo de la unidad y la diversidad a la hora de hablar de las lenguas “las lenguas son todas distintas”, cuando salimos de nuestro entorno tenemos que aprender otras formas de llamar las cosas o manejamos nuevas reglas para dar expresión a nuestro pensamiento, en el mismo castellano hay muchas palabras utilizadas de forma distinta dependiendo de la procedencia, en mi caso que nací en Colombia lo observo en numerosas ocasiones.
La diversidad lingüística, como a diversidad biológica, cultural, de ideas, de sentimientos, es una manera de enriquecernos, me gustaría destacar algunas frases: “el ser humano al aprender nuevas lenguas pasa a habitar mundos distintos”, “las lenguas son mucho más que un diccionario”, “cuando nos familiarizamos con otras lenguas, abrimos nuestras mentes, ni todo el mundo piensa como nosotros, ni es obligatorio y único lo que antes nos parecería tan natural”.
Teresa Moure, nos habla de la importancia del multilingüismo, de la perdida de las lenguas, nos dice que la responsabilidad en políticas educativas no solo es de los gobiernos sino también de los profesores, como debatimos en clase, durante nuestra escolarización no abordamos el tema de las lenguas como lo estamos haciendo ahora, nosotros como futuros profesores tenemos en nuestras manos las herramientas y el poder para hacer reflexionar e influenciar a nuestros futuros alumnos, sobre la importancia de comprender y descubrir distintas lenguas y culturas, permitiéndonos ver el mundo con otros ojos, como expresa la autora en este libro. Este capítulo lo podemos relacionar con otro tema trabajado en clase, el artículo sobre la desaparición de la lengua bo, existen muchas causas para el empobrecimiento y desaparición de una lengua, la indiferencia al estudio del idioma, el uso indebido de las nuevas tecnologías (internet, móvil…), la violencia, las guerras, las invasiones, los colonizadores (fuerte influencia cultural), los desastres naturales… que lleva consigo la perdida de la cultura, identidad y valores de una sociedad.
Una obra muy interesante Teresa Moure con su espíritu transformador abarca muchos temas lingüísticos, ejercicios prácticos para invitarnos a reflexionar sobre la importancia de enriquecernos de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido.
Elkin Andrés Flórez Domínguez.