segunda-feira, outubro 24, 2011

Unha curta ben simpática...

... sobre Sarmiento, a escola, a aprendizaxe do galego..., e non só


http://www.youtube.com/watch?v=2-HfttcTuRw

19 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Fermosa curta que non deixa a un indiferente. Paréceme moi interesante como en só 11 minutos te leva a esa época e che fai entender as contradiccións existentes, os mestres que tan influenciados pola igrexa superpoñían o castelán ante as outras linguas, neste caso comparando o galego coa lingua das bestas (cando eran eles os que peor falaban). E parece ser que algunha destas ideas aínda sigue vixente xa que as veces atopámonos con xente que menospreza o galego reducindoo a unha lingua bruta, sen elegancia...Pareceme incrible que aínda a día de hoxe siga ocorrendo isto. Por suposto non se pode comparar con aqueles tempos. Martín Sarmiento,que cría necesario coñecer, recuperar e salvaguardar as tradicións e a cultura popular, foi un dos grandes que loitaron contra a ignorancia e as supersticións da época e defendeu a lingua e a cultura propia, neste caso a Galega.
    Gustame como a través da súa interacción co rapaz se deixa ver como era el, o seu gusto polas letras, pola botánica, e como a través dun método máis naturista, máis flexible é capaz de lle aprender ao rapaz mentres na escola seguen a repetir e a repetir sen ningun resultado nin aprendizaxe que sea significativo.

    Gostei!!

    ResponderEliminar
  3. Concordo con todo o que comentou Ángel. Esta curtametraxe é unha forma de demostrar que a famosa frase "a letra con sangue entra" non levaba a ningures.

    É unha historia levada ó mundo animado, que vexo moi adecuada non só para nenos, senón para todo tipo de públicos, xa que relfexa unha realidade que, aínda que non se presenta hoxe en día, segue habendo algún caso (sen ser levado a eses extremos).

    Cabe salientar a figura do mestre, quen pretende que os seus alumnos falen un castelán que él mesmo non sabe falar correctamente.

    Por outra banda, Frei Martín Sarmiento mostra como achegándose ós intereses do rapaz, é posible aprenderlle aquilo que "por obriga" non é posible.

    Sen dúbida, unha curta moi recomendable e interesante.

    ResponderEliminar
  4. Moi boa a curta e moi graciosa. Ademáis de todo o que dixeron os meus compañeiros, coido que tamén pode ser unha reinvindicación sobre o galego empregado como lingua para o coñecemento. No caso de Sarmiento víao preciso para coñecer todo o saber que lle aportaba o entorno e os montes galegos.

    Lémbrame a meu avo, con quen se pode dar un paseo pola aldea e saber o nome de calquera árbore, planta e animal, a pesar de non coñecer o latín. Un exemplo máis de que a perda dunha língua vai máis alá e leva implícita tamén a pérdida de coñecemento.

    Por outra banda é triste ver como era e é desprestixiado o galego cando entre os séculos XIII e XV foi unha das linguas con máis prestixio, sobre todo para a expresión lírica.

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente nesta curta pódense observar os prexuízos que comentamos na clase de hoxe, neste caso referentes o uso do galego na escola, considerándoa esa lingua de bestas que comenta Ángel.

    Outra cousa que chamoume a atención nesta película foi cómo empregamos ese cambio de lingua cando a nosa intención é enfatizar algo negativo; neste caso o mestre solta un taco en galego cando él fala en castelán.

    O que non se pode facer é menospreciar a lingua desa maneira, porque o único que logramos é deteriorar o galego perdendo toda a riqueza que aporta o noso colectivo, así como o coñecemento e cultura que menciona Iago no anterior comentario.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  6. Unha curtametraxe moi graciosa e educativa, que nos ensina con certa sorna galega como era o proceso de ensinanza ata hai moi pouco, onde o galego era desprestixiado, chengando a comparar coa lingua de animais.

    Por outro lado, estou dacordo con Iago, no que é triste ver como unha lingua que chegou a ser a lingua vehicular da creación poética trovadoresca da península ibérica, estea na actualidade en verdadeiro deterioro e perda do seu uso.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  7. Queda reflexado con esta curtametraxe que Martín Sarmiento foi un mestre cun método educativo "innovador" para a súa época do cal se conservan moitas liñas de actuación hoxe en día. No seguinte enlace déixovos algo interesante:
    http://www.edu.xunta.es/portal/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&accion=verRecurso&rID=12159d25-4532174a-01fdeb00-4c59aa0c&trID=8921cb80-453431ca-001803fb-54f18d4a&lID=gl&troID=89165fda-453431ca-001803fb-7166bfe9&ui=WAI&roID=4abbf7b7-4532174e-00b8
    é unha escolma de frases de Sarmiento.
    O rematar de ver este vídeo, lémbrome de dúas frases mencionadas polo profesor de Alfonsiño:
    - "como no aprendas bien el castellano vas ser un parvo toda la vida"...
    - "el castellano es la lengua de la cultura, el gallego solo sirve para hablar a las vestias"...
    Como ben dicía anteriormente Eloy, mostran claramente os prexuízos falados na sesión de onte, creo que isto sucedía cando nosos pais e avós ían a escola, quero pensar que non existen docentes hoxe en dia con esta mentalidades mediocre!!
    creo que é un vídeo axeitado para ensinar nas escolas, posto que é de carácter educativo, por outra banda,serve para que moitos rapaces que falan o galego, e que se poidan sentir menos que os seus compañeiros, vexan que non é así, que o galego é outra lingua, non solo o castelán é a lingua da cultura.

    ResponderEliminar
  8. Unha curta expectacular!! Dende unha perspectiva animada, expresanos como en realidade hai e houbo un maltrato a nosa lingua dende sempre.
    Unha ixustiza apoiada en maior parte polas forzas de goberno, e tamen polos sectores mais influíntes (clero, mestrado, comercio...)
    Concordo con Iago, en que hai coñecemento que non está na escrita, e está presente na cabeza dos maiores. Ese coñecemento vai unido a unha cultura, e non se pode perder.

    Gabriel Domínguez Dos Santos

    ResponderEliminar
  9. Moi boa a curta e moi educativa para poñela nos centros de ensino. Coñecer como era a educación non fai tantos anos e sobre todo o desprestixio do galego. Como no sistema educativo e por tanto a administración pública usaban só o castelán (de forma incorrecta, como xa destacou a miña compañeira Alba anteriormente) e menospreciaban de esa forma o galego. Cabe destacar de isto, cómo nesa época houbo xente como Martín Sarmiento que empregou o galego como a lingua para transmitir o coñecemento e non como un idioma que emprégase no privado e de forma oral.
    Se dende aqueles tempos cambiouse o sistema educativo ata como o coñecemos nós, debería a seguir mellorando e fomentando máis a lingua galega para que non remate co tempo a desaparecer. Iso é unha función e un deber que temos todos.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  10. Interesante curtametraxe que reflexa dunha maneira clara as historias que me contaba meu pai cando el ia á escola...os coscorróns na cachola cando non se sabía algo e o profesor "estudiado" que falaba a "lingua da cultura", máis non conseguían chegar e conectar co alumno para que éste fose capaz de aprender.

    Con respeto a ésto comentar a riqueza que ten unha lingua, que non é si non unha maneira de explicar o mundo, o que vemos, o que sentimos. De ahí a importancia de mantela con vida, para seguir mantendo vivo o noso mundo e que as xeracións que veñen poidan disfrutar tamén deso.

    É tarefa de todos nos e máis aínda na nosa futura posición como docentes, para ser capaces de chegar e conectar cos nosos alumnos e transmitirlles ese coñecemento.

    Iván Souto Díaz.

    ResponderEliminar
  11. Na miña opinión, pareceume unha curtametraxe moi interesante e didáctica. A forma humorística en é tratada a vida de Martín Sarmiento e de como é capaz de ensinar a un rapaz a leer e a acoplarse o seus gustos para conseguir un seu obxectivo nun tempo inimaxinable.

    Estou dacordo con todos os comentarios asinados polos meus compañeiros. Por exemplo, como o profesor que é capaz de non falar correctamente o castelán é o empregado de ensinar latín. A forma de como era maltrata a nosa lingua, que tantas cousas nos aporta.

    No meu caso lembro cando vivían os meus avós, recordos incontables. Ó igual co meu compañeiro que comenta, como o mestre para expresar unha palabra malsoante emprega o galego, cando o que fala é castelán.

    Penso que son moitos os rapaces que hoxe en día non falan a nosa lingua, supoño que por motivos como o descoñecemento da mesma. Refírome o galego falado nos pobos e aldeas galegas, fronte o galego, quizá máis normativizado empregado nas urbes.

    Descoñezco a forma correcta na que a nosa lingua perdure no tempo, pero o que sí farei, é falar o galego para seguir errando e aprender día a día máis da lingua da miña terra.

    Pablo Otero Puga

    ResponderEliminar
  12. Creo que esta curta pretende reflexarnos a situación que viveu a lingua galega nas escolas, nunha época na que a igrexa tiña un importante peso na sociedade.
    Faime bastante gracia xa que se aproxima moito a realidade de aquel tempo, ademais ten detalles como o mestre que defende o castelán como a lingua da cultura e non ten nin idea de falalo, ou frases como "o galego é a lingua das bestas"; o comportamento do rapaz, natural, despistado, pensando nas suas cousas quizás porque o mestre non é capaz de captala sua atención. A maneira de ensinar do mestre, arcaica, sin pés nin cabeza, pretendendo ensinar latin cando nin el mesmo sabe falar o castelán.
    Tamen quero destacar que me parece moi idóneo o xeito de reflexarnos como Martín Sarmiento afronta as suas leccións co rapaz, saindo da rutina e levandoo a lugares como a praia ou o bosque, que axudan a crear un clima novo de aprendizaxe e favorecen considerablemente o progreso do alumno.
    En conclusión unha curtametraxe moi boa. Tanto para os alumnos polo feito de facerlles ver a importancia da lingua galega, e que non a vexan como un "dialecto empregado pola xente do campo"; como para os mesmos mestres, xa que pode servirnos para reflexionar e cuestionar os nosos métodos de ensino, mais nos amosa como non comportarse como mestre no caso do castrapo-falante.
    Daniel Barros Martínez

    ResponderEliminar
  13. Creo que nos encontramos de súpeto cun flash-back, onde o galego era esa lingua inservible que so se daba nos contextos coloquiais ou privados. Para que serve o galego? - pensaba o mestre.

    Reflexa con tino os prexuízos, a imposición do castelán, a importancia da escola como medio transmisor da cultura ao servizo do poder ou papel dun adiantado para o seu tempo: Frei Martín Sarmiento.

    Gustaríame engadir, a todo o aportado, a forma na que o neno aprende a ler e escribir, xa non só por ser na súa lingua nai, O GALEGO, senón a metodoloxía coa que o fai. Garda unha especial relación cos numerosos nenos e nenas desmotivados e hiperactivos que vemos nas aulas hoxe en día, sen gaña ningunha de aprender ou esforzarse. Foi ese cambio na forma de proceder, evolucionando desde unha metodoloxía totalmente directiva e impositiva, a unha aprendizaxe máis significativa, o que fixo descubrir de súpeto ao neno o verme e o desexo de coñecer.

    Polo tanto, coido que é unha maneira de facernos ver, a importancia que teñen os docentes no coidado da lingua a utilizar, no método de ensinanza ou no trato cos alumnos como influencian en gran medida a súa aprendizaxe.

    ResponderEliminar
  14. Moi divertida a curta na que se pode ver a situación á que se via sometida o galego antano,considerandoa unha lingua desprezada e como di o mestre "que só valía pa falar cas bestas",tamén como apuntou Antón chamoume a atención a maneira coa que o rapaz aprende galego pero sen divida intrigame o simbolo que escribiu o fraile na area e co que dicia que con el se pofia escribir todas as consoantes.
    Igual que outro tanto dos meus compañeiros considero a curta educativa xa que amosa a importancia do ensino do galego nas escolas como unha lingua importante util e culta xa que o pai do rapaz que é doutor falaba e lia en galego.

    ResponderEliminar
  15. Despois de ver o final da curta, destaco o uso do galego como aprendizaxe da natureza. Este coñecemento estase a perder e é unha pena que non se fomente na escola os nomes das prantas, animais, accidentes xeográficos, etc.

    Deixo unha ligazón dun blog con relación a este tema: http://naturezagalega.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  16. A verdade é que estamos a ver moitos vídeos interesantes, e este dende logo que tamén o é. Todos eles poderíanse usar para ensinar dunha maneria máis clara e divertida aos nenos e xóvenes (e non tan cativos...) como é a realidade do galego, o seu pasado e traballar en construir un bó futuro para o idioma galego.

    Como vemos no vídeo as cousas non sempre teñen porque ser brancas o negras. Por un acto de resposabilidade os mestres e futuros mestres nunca deben deitarse pensando que todo esta ben tal como esta. Hai que esforzarse día a día para aquelas cousas que están mal tentar erradicalas, e as que están ben tentar melloralas. Se ninguén fora capaz de ter unha mente crítica co entorno todavía hoxe estaría o mestre dándonos co pao cada vez que non superamos algo ou cada vez que alguén falase galego. Non debemos utilizar a indiferencia ou o rexitamente como pao contra o galego.

    ResponderEliminar
  17. Moi interesante curta e moi interesantes comentarios os que se están a escribir.
    Na curta trátanse dous temas moi importantes para nos coma futuros mestres, e son a educación e a lingua. E digo a lingua porque ainda que sexamos profesionais da educaión física, é moi importante a comunicación verbal e como nos achegamos ós nosos alumnos.
    Por outro lado é moi interesante para mín ver tantos comentarios de xente falando da discriminación da lingua aquí en Galicia. Eu o moi cego fun ou no pobo onde eu crecín non había ninguna discriminación ó galego, todo o contrario, se algunha discriminación había, era hacia aqueles que sendo de aquí falaban castelán.
    Volvendo á materia, é unha curta interesante que como xa dixen trata máis de un tema e máis deixa ver que non hai só un camino para ensinar.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  18. Curtametraxe interesante, a cal nos ensina dunha maneira entrenenida os distintos puntos de vista da sociedade daquela época, respresentados en cada un dos protagonistas:
    - O rapaz que recorda a tantos galegofalantes que comezaron a coñecer o castelán de nenos na escola, e que foron obrigados a falalo.
    - O mestre que considera o galego como unha lingua "de bestas", sendo para él o castelán a lingua de pretixio, e que fala o mesmo comentendo moitos erros, influencia do galego (coma tantos outros naquela época).
    - O médico e pai do rapaz, que o único que quere é o mellor para seu fillo, que estude e aprenda, sen pararse moito a analizar e cuestionar os métodos que empregan para aprenderlle.
    - O fraile Sarmiento, o cal representa unha parte moi importante da sociedade galega, a cal defende a lingua e a cultura propias.

    ResponderEliminar
  19. Unha curta que debemos ter en conta para un futuro xa que considero que pouco a pouco estamos volvendo a esa epoca en que consederaban o galego a lingua das bestas. Unha lingua que pouco a pouco estase a quedar no pobo, nas aldeas xa que nos grandes nucleos urbanos estase a perder de forma alarmante os galegofalantes.

    Nesta curta demostrase que o galego e cultura, e que con ela podemos chegar a onde nos propoñamos, que non e preciso deixala a un lado para poder chegar a ampliar coñecementos.

    Por outra parte comentar o metodo naturista que emprega Sarmiento no que emprega unha aprendizaxe no que o importante e o alumno, buscando os seus intereses, coma na parte en que lle empeza a ler o libro e deixa de lerllo cando mais interesante se poñía. Esto provocou que alfonso quixera lelo para acabar o conto e darse conta de que necesitaba aprender a ler.
    Isto provoca un maior interese de Alfonso que se ve reflectido nos seus resultados

    Pablo Domínguez García

    ResponderEliminar