sexta-feira, outubro 28, 2011

Usamos hoxe estas expresións? Recoñecémolas???

"Leva todo o día a comer no caldo"
"Non andes a regalar neles"
"Ela a ler no libro e a nós nin caso nos fixo".

29 comentários:

  1. Algunha lla teño escoitada á miña avoa, pero a verdade é que non, alomenos eu, e creo que os demáis tampouco as utilicen. Se se seguen a empregar, de seguro que é entre os maiores.
    Rebeca Suárez Jorge

    ResponderEliminar
  2. Teño que dicir que para min, estas expresión, son moi comúns na miña vida cotiá, eu persoalmente non as uso, eu diría: "ela lendo no libro e a nós nin caso nos fixo", eu son das que pertenzo o mundo do castrapo, pero estou rodeada de xente que sempre falou galego, algunha dela que non sabe falar castelán ou lles costa, outros que son neofalantes, outros por seren radicais e extremistas...en resumidas, eu recoñezo esta expresións grazas o mundo que me rodea.

    ResponderEliminar
  3. "Leva todo o día a comer no caldo"
    "Non andes a regalar neles"
    "Ela a ler no libro e a nós nin caso nos fixo".

    Nunca as dixen, a verdade e que nin me soan. Pero tamen e certo, que o galego que falo eu, e algo peculiar dado a zona da que son. A min a palabra "fixo" non a falo nunca, xa que digo "fizo".

    Polo demais, non me soan de nada, pero os que lle sonen, que expliquen, porque a verdade, non sei a que se refiren ou que significado teñen.

    Gabriel Domínguez Dos Santos

    ResponderEliminar
  4. A min por desgracia, non me sona nadiña...pero ei de enterarme. Agora estou moi intrigado!

    ResponderEliminar
  5. Eu, como dixo Alba, empregaría as expresións "leva todo o día comendo no caldo" ou "ela lendo no libro e a nos nin caso nos fixo".

    Nin ós meus pais, nin ós meus avós lles escoitei esas expresións.

    ResponderEliminar
  6. Eu si escoitei estas expresión( on estas exactamente, pero supoño que o que Goretti pretende e que nos fixemos nos tempos verbais e na estructura da frase) a amigos que falan galego como "primeira" lingua; pero eu non as utilizo normalmente

    ResponderEliminar
  7. Eu tamén as teño escoitado pero non as diría, a miña versión da terceira frase: sería "Ela anda/andivo a ler no libro e a nós nin caso nos fixo"

    ResponderEliminar
  8. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  9. A primeira e a terceira frase sí que as teño escoitado. A segunda non a escoitei na miña vida.De todos modos, penso que existen moitas frases de estructura similiar, e que estou case seguro de que todos as escoitamos algunha vez pero non reparamos nelas no momento. Tamén penso que ditas frases son máis comúns en persoas galegofalantes que en aqueles que non o son.

    ResponderEliminar
  10. As duas primeiras si me son familiares, sobretodo a segunda, a terceira non a escoitei nunca.
    No galego estase a perder certas conxugacións verbais.
    Miguel Fernández García

    ResponderEliminar
  11. Na miña opinión son frases moi pouco comúns polo menos no meu entorno, pero creo que perfectamente comprensibles na súa totalidade.

    De todas formas, para min o importante é utilizar aquelas expresión coas que nos sintamos cómodos, sen darlle tanta importancia ás correccións gramaticais ou ao modelo estándar.As linguas son moito máis do que cabe no diccionario.

    ResponderEliminar
  12. No meu entorno son frases moi habituais, de feito agora doume conta de que ata eu utilizo algunha delas.
    Nembargante, coido que a segunda expresión é coa que máis relación teño, pois meus pais sobre todo en consellos sempre me din :"non andes a.....porque senon...”. Un exemplo sería:"non andes a falar deses temas porque senon pódeste meter nun problema".

    ResponderEliminar
  13. Son expresións bastante achegadas ó meu entorno, sobre todo por parte dos meus avós, feito que fai que non me soen raras.

    Sería unha pena perder estes rasgos tan característicos da nosa lingua e coido que está sucedendo xa que nas xeracións máis novas non escoitei nunca esta clase de expresións.

    ResponderEliminar
  14. A verdade é que eu non escoitara nunca estas frases. Teño que dicir que no meu entorno habitual pouca xente fala galego, polo que esa supoño que será a razón. Ao mellor escoiteinas algunha vez no pobo pero non as interioricei.

    De todos modos estou co compañeiro Antón no feito de que as veces queremos ser estrictos gramaticalmente e non falamos tan soltos nen cómodos. Este penso que é un problema máis que temos con galego, xa que as veces os mestres corrísenche constantemente en cousas que para mín non son importantes.

    ResponderEliminar
  15. Eu tampouco as escoitei, e iso que o entorno que me rodea é de galegofalantes. A verdade, non me soan de nada...É un pouco estraño, xa que os que falan galeo ou teñen un entorno coma o meu sí que as coñecen.

    ResponderEliminar
  16. No meu caso estas expresións tamén son descoñecidas, entendo o seu significado, pero non as escoitei nunca. Eu tamén vivo nun entorno como o de Álvaro, onde o galego é falado por pouca xente.

    De todas formas penso que no caso do castelán (que é a lingua que se fala con máis frecuencia na miña familia) temos outras expresións das que tamén non teríamos coñecemento previo.

    Con isto pódese comprobar todo o que temos que aprender incluso da nosa propia lingua, recoñecendo así a riqueza cultural dos idiomas.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  17. A min sí que me soan estas expresión de escoitalas á xente do meu redor, pois sempre tratei con bastantes galegofalantes, aínda que recoñezo que eu non as uso.

    Alba Carregal Albella.

    ResponderEliminar
  18. As tres expresións teño escoitalas en galegofalantes en persoas maiores, aínda que non sexa amplamente utilizado. A mayoría das veces os avós usalos cando falan cos seus netos. Estou dacordo en que estas expresions non son moi cómodas, temos que usar as expresions coas que nos sintamos cómodos.

    ResponderEliminar
  19. eu estas estructuras nas frases tiñallas escoitado o meu bisavoo pois el solia usalas, pero dende un tempo atras non as escoito. Non llas escoito nin o meu avoo que vivían na mesma casa e non se expresa de esta maneira. Hoxe en dia a verdade e que estas expresions practicamente non se escoitan, ou polo menos no meu caso, e ven demostrando a perda de cultura que estamos a sufrir.

    ResponderEliminar
  20. A min non me soan. As poucas persoas que teño no meu entorno que son galegofalantes non lles escoitei nunca estas expresións. Nos núcleos urbanos a xente que fala galego non creo que use moito estas expresións, polo que din os meus compañeiros son máis típicas das persoas da terceira idade e penso que tamén do medio rural.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  21. A verdade e que non teño escoitado nunca estas expresións. Creo que débese en grande parte a que o meu entorno máis cercano non é galego-falante. Moitos compañeiros meus comentan que oírona por parte dos seus avós e eu por desgracia non teño avós galegos, polo que moitas das faladurías, costumes e tradicións galegas aseméllanse un pouco distantes para min...

    ResponderEliminar
  22. Para min non son expresións descoñecidas. Na miña familia todos falamos galego, e tratamos con moita xente da terceira idade, como poden ser os meus avós, ou os veciños do pobo, na que é moito máis habitual frases como as do exemplo.

    A verdade e que moitas veces chámame a atención expresións que dificilmente podemos intuir o seu significado. Paréceme moi importante non perder isa riqueza cultural.

    ResponderEliminar
  23. Teño que dicir que, si non recordo mal, estas expresións tal e como veñen escritas non as escoitei nunca. A pesar de que ca miña familia e con moitos dos meus amigos falo galego, estas expresións deben ser máis típicas de outra zona, ou a xente ca que eu me relaciono non as emprega a cotío.
    Por outra banda dicir que é unha pena que se perdan estas expresións típicas galegas, tan identificativas da nosa cultura, da nosa forma de ser. A min persoalmente gústame moito utilizar algunhas destas expresións, hai moitas moi simpáticas e outras tantas cheas de razón.

    ResponderEliminar
  24. A min sóanme ben todas agás a segunda. De feito as outras dúas téñollas escoitado moito, sobre todo a miña aboa.

    ResponderEliminar
  25. A verdade é que eu non escoitei nunca esas expresións nin no meu entorno familiar máis directo (pai, nai, irmá), nin nos meus avós que son os que máis empregan a lingua galega. Tampoco as escoitei en boca dos meus amigos, ainda que a maior parte deles falan castelán.

    Alberto Paleo Porto

    ResponderEliminar
  26. Pola miña parte a primeira expresión e a última si que as recoñezo e si que as teño escoitado, pero en outro contexto. Por exemplo: "Levo todo o día a estudar nos apuntes" ou "El a xogar na play e nin caso nos fixo"... Na última creo que o de enfatizar o "a nós" non se utiliza moito xa que se sobreentende a quen se refire, aínda que de seguro que se segue a utilizar.
    O que me sorprendeu, foi a palabra "regalar" na segunda frase, non me tiña sentido e busqueina no diccionario da xunta, e unha das acepcións, aparte da de dar un regalo ou agasallo, era a de abrir moito os ollos con atención, agudeza pero non con sorpresa...
    Pareceme que moitas palabras e significados están en desuso pola perda da costume ou simplemente pola sociedade bilingüista na que vivimos.
    Ángel González Hermida

    ResponderEliminar
  27. Penso que este tipo de frases e outras do estilo as escoito unicamente cando estou cerca de compañeiros/as galegofalantes todos de zonas rurais de Galicia, a pouca xente da cidade e ademais galego falante, escoitei que tivera expresións deste tipo, ou será que coñezo a pouca xente da cidade que fale galego???

    ResponderEliminar
  28. A min soanme as tres, nunca as dixen pero se o fixese sería como Alba e Javier. Posiblemente de escoitarllas ós meus avós, veciños... Onde nacín e me criei son moi comuns as expresións, pero nas persoas da 3º idade, xente moza ou incluso da xeración dos meus pais, non as empregan.

    Tania Pastrana Núñez

    ResponderEliminar
  29. A mi no me suenan de nada... Soy Asturiano! Y mira que ya he escuchado a gallegos durante varios años. pero ya he visto tantos acentos diferentes en Galicia, tantas formas de hablar diferentes y tantas expresiones diferentes dependiendo de donde te encuentres... jejejeje
    Estube varios años en el sur, en Pontevedra. Donde siempre decían. Voy a pasantía... hasta que supe lo que era la pasantía mi madre...
    Además comprobé que solo se utilizaba alli, ya que otros gallegos de otras zonas tampoco lo utilizaban por ejemplo asi ke... será una muestra de diversidad lingüística supongo....

    Diego Miguélez Dintén

    ResponderEliminar