sexta-feira, outubro 14, 2011

Outras linguas en perigo

Que ligazóns e que diferenzas atopas co caso galego?

http://www.youtube.com/watch?v=qA0a62wmd1A

16 comentários:

  1. A curta fálanos das incongruencias lingüísticas que acontecen en certos lugares do mundo, neste caso na República de Irlanda, na cal pese a que o idioma oficial e propio sexa o irlandés, o idioma máis usado sexa o inglés, algo que o inmigrante chinés non pode chegar a comprender. Esta situación a podemos extrapolar ao contexto socio-lingüístico da Galiza, posto que na actualidade, respecto a fai 30 anos, estase a desprazar o galego como idioma vehicular dos seus habitantes en aras do español. Isto supón unha ameaza para a cultura galega, posto que como xa comentamos na aula, o idioma non só é unha ferramenta para comunicarnos, senón que é unha característica cultura de cada pobo. A curta é moi recomendable e moi doada de entender, e destaco ler os comentarios que moitos irlandeses fixeron do mesmo, apelando á vergonza que para eles supón non dominar ou coñecer o seu propio idioma ("shame on me").

    ResponderEliminar
  2. Pobre rapaz este Yu Ming, como ía imaxinar que o pobo ó que acababa de chegar non empregaba a súa propia ferramenta cultural, a súa lingua. Como di o meu compañeiro Carlos animo ós blogueiros a que olledes os comentarios que aparecen debaixo da entrada da curtametraxe, non teñen desperdicio..."...the horror of what happened in the country of her ancestors...",

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Carlos a verdade e que é un claro exemplo da obsorción de certas linguas sobre as linguas minoritarias("shame on me")

    ResponderEliminar
  4. Concordo con todo o dito polos meus compañeiros, como ben dí Carlos, esta curta pódenos facer reflexionar sobre a situación e a dirección a seguir en Galiza.

    Pero a maiores, quero engadir unha reflexión máis amplia. Como se dixo en clase, as linguas tamén son unha ferramenta de poder e déronse exemplos moi próximos como as palabras empregadas polos máis novos e que descoñecen os maiores. Pero alén diso quero dicir que ó longo da historia os idiomas en particular e a cultura en xeral foi empregada como unha ferramenta de poder polos imperios para someter ás súas colonias creando sentimentos de inferioridade, auto-odio, rexeito ou esquecemento das súas raíces. É o caso por exemplo, do imperio español en América do Sur, onde hoxe en día prácticamente se fala só español como resultado do xenocídio tanto racial como cultural que alí levou a cabo e que aínda hoxe seguen sufrindo os indíxinas, pois eses eran os habitantes nativos de America do Sur. O mesmo pasou en Irlanda pois estivo baixo dominio inglés ata relativamente fai pouco e incluso podemos levar isto á nosa terra co chamado "proceso de doma y castración" co que os Reis católicos someteron ós nosos ancestros.

    Pois iso, quería dar outra visión do uso da lingua como ferramenta de poder, revisando un pouco de historia, pois penso que tamén está presente nesta curta, polo caso irlandés.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que este video é interesante para poder darnos de conta cun exemplo real do que pode chegar a acontecer co galego se seguimos esta progresión. É dificil pensar que dentro dunhas decadas o galego podería desaparecer totalmente das grandes cidades da comunidade e só se empregará en zonas maís reconditas da Galicia, chegando a darse situacions coma a de Yu Ming, cando un galego ou galega marche e volva tras pasar unhas decadas no extranxeiro, non poida comunicarse coas novas xeracións do lugar no idioma propio da terra.
    Moi intereasantes como dixeron Carlos e Lara os comentarios deixados polos visitantes do video, recomendovos qu seigades o seu consello

    ResponderEliminar
  6. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  7. Iago tes toda a razón do mundo, o idioma como ferramenta de poder ó longo da historia, pero non fai falta ir moi lonxe, é o que está a pasar hoxe en día en Galicia. Onde se fala a maior parte do galego?? nos pobos. Nas cidades a maioría fala castelán igual ca na curtametraxe que a maioría fala inglés e so nuns poucos lugares o irlandés.
    Por desgraza cada vez menos xente valora o galego como parte da súa cultura, senón coma un idioma que lles mandan aprender na escola, e desta forma cada vez hai menos galego-falantes en Galicia (igual ca na curta).
    Falando do video en sí, é moi interesante ademáis do que falamos do idioma coa similitude co galego,tamén en como expresa todo o que sente e pensa Yu Ming sen falar.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  8. Gustanme moito as opinións dos meus compañeiros Iago e Carlos, apoiandoos, en que o Galego está menosprezado. Con respecto o video, eu creo que o idioma galego está mais reforzado.

    Sen mais, eu en mais de algunha ocasión, me sentín observado por falar galego aquí en A Coruña, non importándome en absoluto.

    Fun motivo de bromas e risas por falar un galego diferente,(síntome orgulloso de falar como falo) xa que eu crecín no único sitio de Galicia, donde convive o galego, o castelán e o portugués dunha forma diferente a outros lugares raianos. (Concello de A Mezquita, Ourense. Para os que descoñecen o dato, podedes ver que falamos diferente.)

    ResponderEliminar
  9. Seguindo o exposto por Gabi gustaríame resaltar que o verdadeiro problema que temos na sociedade actual é a falta de respeto ante o descoñecido ou ó que menos se emprega.

    No meu caso, estiven fóra de Galicia dous anos, noutra provincia, e os nenos se reían do meu acento cando lía algún texto na clase. O peor de todo era que o idioma que empregaba era o mesmo que eles (o castelán) e que só por cuestións de acento xa tiña alguén motivos para rirse.

    Esa ausencia de cooperación e respeto polos demais é un problema a solucionar. Ademais, nos casos coma o do vídeo, cando está Yu Ming no bar, amósamos un problema peor, o escaso coñecemento que temos moitos non só pola nosa lingua, senón tamén pola nosa cultura. Hai que valorar moito máis o que temos o noso arredor e non dar o lombo ó descoñecido.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  10. En canto ó contido da propia curtrametraxe non teño moito máis que engadir, estou totalmente dacordo co exposto por Carlos no primeiro comentario. Eu penso que o galego aínda ten un número importante de falantes e aínda que moitos non o falen, sí o entenden. Polo tanto, non vexo un perigo de desaparición tan inminente, pero a todo se chega como non poñamos un pouquiño máis da nosa parte.

    Por outra banda, gostaríame profundizar en algunhas opinións das que plasmastes nos vosos comentarios:

    Si que é certo que onde máis se fala galego é nos pobos, pero iso ven dado pola tradición (pódese ver no vídeo da escola hai 30 anos). O que non podemos seguir facendo, logo de tantos avances, tanto tempo, tantos cambios... seguir asociando o galego ás aldeas, pareceme ridículo. Estou totalmente dacordo en que cada un é libre de falar a lingua que queira, pero o que non me parece lóxico é que ti vaias pola rúa de calquera cidade, poñamos como exemplo A Coruña, e despois de falar con alguén descoñecido te miren "mal" ou simplemente escoites comentarios, polo simple feito de falar en galego.

    En canto ó comentario de Eloy, é certo que temos un acento característico, pero non debemos renunciar a él. Sabemos de onde vimos e deberíamos estar orgullosos das nosas raíces. Estou totalmente dacordo co peche do teu comentario: "Hai que valorar moito máis o que temos ó noso arredor e non dar o lombo ó descoñecido"

    ResponderEliminar
  11. Nada máis rematar o vídeo viñéronme á cabeza uns cantos paralelismos compartidos tanto no irlandés coma no galego. Aínda que ámbalas dúas linguas están recoñecidas de forma oficial nos seus Estados, son minoritarias.

    Chámame a atención que o único capaz de axudar ao protagonista sexa unha persoa maior. O mesmo sucede en Galicia, onde nesta franxa de idade aínda persiste unha porcentaxe importante de galegofalantes moito máis familiarizados polo contexto onde conviven.

    O mesmo tempo, o irlandés queda restrinxido a certas zonas máis rurais da costa occidental do país Británico. Nas nosa comunidade, coido que acontece algo similar. En grandes urbes como A Coruña ou Vigo, o uso do galego decrece considerablemente en relación ás pequenas vilas e concellos da nosa rexión, as cales tratan de manter vivo o noso idioma.

    Unha das grandes diferenzas que observo entre as dúas linguas, é que a gran maioría da xente se ben, non ten unha competencia activa para falar e escribir galego con seguranza, son capaces de comprendelo e lelo. Non é así no caso do irlandés, onde como se pode ver no vídeo (quizais o mostran dunha forma moi radical) un recepcionista ou incluso un camareiro non entende nin unha soa palabra. Parece un idioma realmente “morto”. TRISTE, PERO CERTO.

    ResponderEliminar
  12. Penso que son máis as ligazóns que as diferenzas con caso do galego. É certo que hoxe en día é moi difícil que alguén non entenda o galego como pasa no vídeo, pero tamén é certo que creo que imos camiño do que acontence na curtametraxe. Penso que todavía estamos a tempo de salvar o galego, pero non sei moi ben cómo. Dende logo avergonzándonos de él non creo.

    Por último gustaría destacar algo "gracioso" que acontece no video. O camareiro ofrécelle a Yu Ming unha cervexa orgulloso dela, como símbolo da sociedad irlandesa, pero dende logo non ten nin idea doutro símbolo, moito máis importante creo eu, como é a lingua dos seus antepasados.

    ResponderEliminar
  13. Non penso que poidamos comparar a situación do galego coa dos idiomas gaélicos, os cales son descoñecidos pola maior parte da súa poboación. Prácticamente todos os galegos comprendemos e podemos falar en galego, polo que conseguir que non se produza a mesma situación que no vídeo está nas nosas mans.

    ResponderEliminar
  14. Creo que a principal diferencia entre o video e a situación do Galego é o que Adrián acaba de comentar. Na curta a xente nova non comprende para nada o Gaélico, polo contrario en Galicia, todo o mundo polo menos, comprende o galego ainda que non o fale.
    Unha das semellanzas é que en Galicia prácticamente só se fala galego nos pobos e aldeas, pouca xente o fala nas cidades.

    ResponderEliminar
  15. Estou de acordo con varios dos meus compañeiros, os cales comentaron que é loxico ver absurda (ó igual que Yu Ming) a idea de que o irlandés a penas se fale hoxe en día polos seus habitantes, sendo a súa lingua oficial, pero que é un claro exemplo dunha realidade que se está a producir tamén noutros lugares do mundo e que pode chegar a ocorrer na nosa comunidade nun futuro có galego.

    ResponderEliminar
  16. Pouco que engadir ó significado deste vídeo, so dicirlle a Eloy que non te preocupes porque se riran de ti, a min fai pouco pasoume unha situación semellante, estabamos fora de España un grupo de persoas de diferentes puntos de España. Tres galegos (que nos dicían que falabamos "cantando"), catro andaluces, (que pasa quillo!!), un de Pamplona (que a todo lle poñía o "ico"), ...o fin e o cabo somos todos iguais...a todos nos enriquecen unhas características propias desencadeadas do noso lugar de orixe!

    ResponderEliminar