sexta-feira, outubro 14, 2011

A casa redonda

12 comentários:

  1. Conto moi divertido, sobre todo a canción, foi unha pena que ningún se animara a cantala. So quero engadir que para min reflexa como hai xente que nunca chega a conseguir o que quere, cando logra chegar a algo...resulta que xa se lle queda pequeno, como neste caso, a casiña! e o final ata o mundo lle queda pequeno, ¿será que somos moi avariciosos?,¿e canto máis temos máis queremos?si!!penso que si!!

    ResponderEliminar
  2. Eu non penso que se refira o de que se lle queda pequeno a ser avaricioso, senón máis ben as ganas de coñecemento, de seguir aprendendo máis, e ir rompendo barreiras como poderían ser os prexuízos para expandirse e formarse como persoa; como podería pasar cunha lingua, que vai expandíndose.
    Tamén quería comentar como no conto faise unha mención especial ó sexo feminino, por exemplo cando a axudan a facelas casas, nomea ós país e os animaliños principalmente femias, destacándoas moito máis ca os machos.
    É un conto bonito tanto para nenos coma para persoas non tan pequenas.

    Alba Rumbo Rigal

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén penso que o conto non quere falar da avaricia, senón das ganas que debíamos ter todos por crecer e madurar. Creo que desexar algo e traballar por conseguilo é moi importante na vida, pero que non debemos cumprir o obxectivo e agardar, senón que temos que marcarnos novos obxectivos día a día para non estancarnos soamente en conseguir nun. Dun obxectivo inicial, como dunha pequena casa redonda, poden surdir outros moitos máis, que nos van a enriquecer no camiño da vida.

    ResponderEliminar
  4. Na miña opinión o tema principal do conto é o interés continuo que ten o ser humano por aprender máis e, por tanto, ampliar cada vez máis os seus límites na súa búsqueda por mellorar.

    Eu penso que, nunha sociedade tan competitiva coma na que nos atopamos, ese desexo por ser mellor que os demais pode chegar a traducirse na avaricia comentada por Alba Regos, sempre e cando pretendamos pasar por encima dos demais sen ter en conta as consecuencias negativas das nosas accións.

    Está ben ter ganas de aprender cada vez máis, pero respetando que cada persoa pode progresar máis o menos rápido ca nós. Se non somos capaces de ter en conta isto nunca estaremos satisfeitos cos nosos avances. Temos que valorar o propio e o dos demais para así mellorar en conxunto.

    Eloy José Villaverde Caramés

    ResponderEliminar
  5. Concordo cos meus compañeiros Alba e Álvaro, mais tamén quero comentar o espirito aventureiro e libre da rapaza Wapiti, ó que non se lle podían poñer barreiras e que necesitaba coñecer máis e máis co paso de tempo para rematar sendo cidadá do mundo ou do universo incluso. Non lle gustaba estancarse moito tempo no mesmo lugar, e extrapolando o súa forma de ser ao estudo da lingua seguro que Wapiti gustaría de aprender unha lingua nova cada día, para enriquecerse día tras día que coido que é o que buscaba e o que concorda coa súa personalidade.

    ResponderEliminar
  6. Non podo estar mais de acordo contigo Simón, creo que o desexo de coñecemento nunca se esgota en ningunha persoa, pero para poder abrirse camiño neste mundo sempre fai falta o apoio dos que un ten ó seu redor.

    ResponderEliminar
  7. Creo que non podo comentar moitas cousas novas, xa que parece que está todo dito polos meus compañeiros. Dende o meu punto de vista o conto ten dúas ideas fundamentais: a primeira é a ansia de coñecer, de aprender, de evolucionar que queda reflexado en que a Wapiti acaba por quedarlle pequeno o mundo (cada día apréndese algo novo) , nunca pode conformase un co que cree que sabe, sempre haberá cousas novas e interesantes esperando a ser coñecidas ;e para min a segunda cuestión é o papel que xogan as persoas achegadas de cada un neste desenvolvemento integral da persoa (neste caso os pais de wapiti, as focas, os osos...), xa que este apoio case sempre é fundamental durante a formación de cada individuo

    ResponderEliminar
  8. Sen dúbida un conto ideal para que os máis pequenos e os que xa non o somos tanto, nos demos conta do que realmente temos e do que queremos acadar. Non podemos ser conformistas e acomodarnos nunha serie de coñecementos adquiridos nunha determinada etapa da nósa vida. Cada día que pasa estamos aprendendo cousas novas e iso precisamente é o que lle pasa a Wapiti.

    En canto ó pequeno debate que se creou entre si era cuestión de avaricia ou non, eu considero que se é unha avaricia por coñecer cada día máis, benvida sexa. Temos que procurar saber máis cada día e non poñer límites ó saber.

    ResponderEliminar
  9. Eu estou totalmente dacordo con Alba, sobre todo na idea de darlle importancia o sexo feminino.
    Tamén resaltaría a importancia do traballo en equipo xa que cada vez que a nena pide axuda todos os seus veciños amosan felicidade por prestárllela.
    Parécenos evidente que a nena busca aumentar os seus coñecementos para así saber maís e mellorar; mais penso que ten unha pequena parte negativa,¿que facerá con todos isos coñecementos? ¿Estará sempre en busca de algo que non poderá compartir con ninguen? ¿De que lle vale tanto saber?
    Na miña opinión sempre estamos a buscar o que non temos e esquecémonos da importancia das cosas máis sinxelas da vida, por exemplo as amizades (a nena nunca queda nun lugar e sempre vai soa)

    María Rey

    ResponderEliminar
  10. bos reflexión María, estou dacordo contigo. as veces queremos probar de toda para realmente saber o que nos gusta, porque nin nos mesmos nos coñecemos realmente.

    ResponderEliminar
  11. Penso coma moitos dos meus compañeiros que o tema principal do conto é transmitir ese ánimo por continuar aprendendo, non estancarse e non ter medo de madurar e crecer abríndose un pouco máis ó mundo. Non creo que sexa necesario ó andarmos buscando outros significados como por exemplo se Wapiti é unha avariciosa solitaria e demáis.

    ResponderEliminar
  12. El cuento refleja el deseo de aprender, como dicen Alba y Álvaro las ganas de conocer, crecer y madurar. Creo que como entrenadores, profesores… una de las cosas más importantes que debemos y podemos transmitir a nuestros jugadores, alumnos… es el deseo de aprender, de mejorar, de despertar en ellos la ganas de conocer, transformar, descubrir, de vivir la vida como una aventura y siempre, como afirma Eloi, respetando a los demás. Sin duda uno de los instrumentos que podemos utilizar para conseguirlo es la lengua, que nos llevara a comprender mundos diferentes.

    Elkin Andrés Flórez Domínguez

    ResponderEliminar