-Creo que case unha utopía que o ser humano poda chegar a coñecer e rexistrar tódalas linguas ou dialectos do mundo, aínda que sexa nunha base de datos. -Paréceme bastante útil que haxa unha lingua “universal” que permita comunicarnos e intercambiar información entre os cidadáns de diferentes nacións. -Sorprendeume coñecer a situación das tres linguas minoritarias do estado español (catalán, euskera e galego) no contexto mundial, xa que neste contexto podémolas considerar linguas maioritarias. -Para min a principal función das linguas é comunicarse cos demais, de todas formas penso que é algo enriquecedor saber falar máis dunha lingua.
Gustoume bastante o artigo e concordo prácticamente en todo con el. Dende o meu punto de vista, este tipo de globalización que estamos a vivir, de caracter sobre todo económico é irrespetuosa ca diversidade e como estamos vendo agora tan só nos levou cara crise económica, ecolóxica, social e cultural (aquí entran as linguas). O gran problema das linguas pódese entender da mesma maneira que os outros grandes problemas, o diñeiro manda e todo o que non o xenere ou sexa un estorbo para xeralo perde importancia. A xerarquización das linguas e as necesidades que nos crean para aprender este tipo de linguas autodenominadas "dominantes" é unha maneira máis de impoñernos esta nova forma de vida. A meus pais non lle foi necesario aprender inglés para gañarse a vida (por exemplo) e hoxe en día é case unha obriga.
Contestando ó compañeiro Lois: - Non me atrevo a dicir que unha lingua "universal" sexa útil ou non, pero quero pensar que o ser humano é algo máis complexo, que é capaz de admirar e respetar a súa cultura e a dos demais dende a igualdade e non creo que isto sexa un inconveniente para comunicarse.Iso si o esperanto parece que non foi adiante. - En cánto á situación do galego,engado que a autora cita na última parte que a UNESCO inclúe ó galego dende 2002 como lingua moribunda. Polo tanto a saúde dunha lingua creo que non se mira sinxelamente polo seu presente, se non tamén polo seu futuro. - Concordo na opinión de que é enriquecedor saber falar máis dunha lingua, así como coñecer máis culturas distintas en xeral, pois todos temos para aprender uns de outros e de aquí a importancia da diversidade lingüistica (e cultural en xeral).
A globalización sería positiva e respetuosa se facilitase o acceso ás demáis culturas tal e como son, pero hoxe en día consiste na imposición de culturas dominantes debido a intereses sobre todo económicos.
Despois de ler os comentarios de Lois e Iago, cabe salientar algún dato máis do propio artigo que pasaron por alto:
Das vinte linguas máis faladas do mundo, sete son europeas e trece repártense polo resto do mundo. Este dato é importante, xa que moitas veces non vemos máis alá de Europa e Norteamérica (gran influencia política). A min persoalmente sorprendeume o ver que o Bengalí, por exemplo, teña o mesmo número de falantes que o ruso, máis que o Portugués ou o Alemán e incuso o dobre que o Francés. Con todo isto quero dicir que deberiamos dar a coñecer máis as linguas do mundo e non cerrarnos ó que temos máis preto ou o que nos ven imposto.
Na liña do anterior, destacar o parágrafo no que di que entre o 75 e o 90 % das 6000 linguas actuais desaparecerán no ano 2100 a causa do impacto que ocasiona o imperialismo occidental. Canto menos paréceme un dato sobre o cal reflexionar.
Para rematar, gostaríame resaltar o seguinte: os verbos, adxectivos, oracións... tómanse como universais, pero como o número de linguas investigadas é insignificante sobre o total de linguas no mundo, esta teoría poderia derrubarse. Polo tanto, necesítase un cambio nas prioridades da investigación sobre a linguaxe e creo que por desgracia, isto non vai suceder.
Aos que lemos a novela de George Orwell, "1984", nos é moi achegada a idea dunha lingua dominante no mundo e do poder e a influencia que poden exercer nas persoas. Niso concordo totalmente co artigo. Existen milleiros de linguas que se atopan en perigo de desaparición polo seu "aparheid", facendo un símil co caso sudafricano que cita a autora. De feito, no contexto socio-lingüístico de Galiza e das linguas malamente chamadas minoritarias do Estado Español, penso que é necesaria unha discriminación positiva para asegurar o seu futuro, o cal como xa se mencionou polo compañeiro Iago están moi ameazado. Mais con todo, e entendendo que o inglés é o idioma dominante porque é a lingua do Estado dominante (militar e economicamente) creo que se nos fai necesario un idioma co que comunicarse globalmente. Non foi o esperanto, obviamente por intereses do propio inglés e dos seus usuarios. Pero acho que se fai necesario un idioma común, mágoa do inglés, co que non exista ningunha fronteira lingüística á hora de poder moverme polo mundo e, no caso de que, por exemplo, viaxe aos Balcanes, non teña que coñecer o serbio, o croata, o montenegrino, o macedonio, o bosnio, o esloveno, o búlgaro e o albano para poder moverme libremente. Tampouco podemos quedarnos co idioma único, canto menos sería de ser ignorantes. Os idiomas enriquecen en todos os sentidos, e ante isto vaga a pena desprendernos dos nosos prexuízos.
Esta semana la ONU daba la bienvenida al habitante 7.000 millones y el secretario general de la organización mundial, Ban Ki-moon, animaba a mejorar el mundo y a reducir las grandes desigualdades… Como vimos en clase en el mundo hay alrededor de 7000 mil lenguas, como dice Teresa en su artículo ¿no sería lógico contemplar al menos los nombres de las 20 más habladas?, ¿En la escuela es suficiente trabajar contenidos de unas pocas lenguas?, ¿Es importante abordar otras lenguas?, ¿Que poder tienen algunas lenguas para que solo se trabaje en ellas?
El chino mandarín con más de 850 millones de hablantes es una lengua menos fuerte que el inglés, con 328 millones de hablantes que se hallan distribuidos en 57 países, y que el español con 329 millones de hablantes repartidos en 37 países. El inglés domina el terreno de los intercambios internacionales, el mercado editorial, la publicidad, la edición y las publicaciones científicas, al igual que su distribución. En internet (2009) el número de usuarios rondaba los 1.600 millones, 464 millones de internautas lo hacían en inglés, 321 millones eran chinos y 131 millones españoles. ¿Los países se centran más en el poder económico para establecer las políticas educativas que llevan a cabo?
Teresa Moure, en su artículo sobre el multilingüismo, habla de la importancia que tiene la escuela y de los contenidos que allí se imparten en el desarrollo del mismo, sin duda estos contenidos y las políticas educativas llevadas a cabo son decisivas para disminuir, como menciona Carlos, el "aparheid" en el que se encuentran las lenguas. Pero no solo los gobiernos son responsables de estas políticas educativas sino también lo son los profesores, yo durante mi escolarización nunca aborde el tema de las lenguas como lo estoy haciendo ahora, nosotros como futuros profesores tenemos en nuestras manos las herramientas y el poder para hacer reflexionar e influenciar a nuestros futuros alumnos, sobre la importancia de abordar y descubrir distintas lenguas y culturas, permitiéndonos ver el mundo con otros ojos, como expresa la autora en este artículo.
¿Las lenguas tienen poder?, si, pero no debemos centrarnos solo en el carácter económico que prima en la actualidad, sino enriquecernos de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido. Por último quiero compartir esta frase del libro Ecolingüística “La diversidad lingüística, como a diversidad biológica, cultural, de ideas, de sentimientos, e una bendición”
Considero que é factible que no ano 2100 desaparezan tantas linguas como se di no artigo. A globalización cultural a favor dos países hexemónicos está creando unha conciencia errónea de linguas “útiles” fronte “inútiles”, a hora de aprender unha nova lingua ou incluso dando lugar a casos de modificacións da lingua habitual. Esta idea provocará nun futuro inmediato unha perda cultural irreparable, posto que a desaparición dunha lingua trae consigo unha perda de palabras e significados asociados que non existen noutra lingua, ademais da propia identidade cultural.
Estou de acordó con que é na escola onde se pode cambiar esta situación, promovendo o estudo das linguas en perigo de desaparición. Por exemplo, como se propón no artigo, nunha comunidade na que hai emigrantes dun mesmo estado, ofertar na escola as súas linguas propias para todo o alumnado.
Por outra banda, non pensó que a promoción do estudo dunha lingua hexemónica como o inglés, teña que ser un factor determinante para a desaparición de outras linguas, senón unha ventaxa adicional, xa que o importante é cambiar a mentalidade dende a escola, e crer na riqueza do multilingüismo. Porque teño claro que o inglés facilita a comunicación e nalgúns casos as oportunidades de traballo, pero non por elo debemos abandoar o estudo de outras linguas, e máis aínda as da nose propia identidade cultural.
A verdade que estou moi dacordo con Iago no que un poder politico e económico nos impón unha forma de vida e con ela unha nova lingua e fainos desprezar as que sería nativas. en canto a unha lingua universal creo que non é necesario pola miña experiencia persoal, non sei falar inglés (si francés) e estiven por europa incluido londres e fun capaz de comunicarme e saber facer entender a xente o que quería, co cal o problema non e a lingua na que fales senón querer comprender a pesoa ainda que non fale a túa lingua. Eu non confío nunha lingua universal pero si na riqueza do multilingüismo,sempre que o tratamento que lle demos sea igualitario. Miguel Fernández García
Persoalmente penso que este artigo ten que facernos reflexionar sobre a situación tan negativa que están a sufrir a maior parte das linguas do noso mundo e, polo tanto, a heteroxeneidade que debíanos caracterizar.
Páreceme sorprendente a cantidade de barreiras que existen na actualidade para o correcto desenvolvemento das diferentes linguas que compoñen o noso mundo: a escola como axente dunha homoxeneidade completamente irreal, a actitude colonialista daquelas linguas que teñen mellor saúde na sociedade, o pésimo traballo da lingüística nos seus intentos por mirar e valorar a maior parte das linguas do mundo, a gramática "universal" adoptada, ...etc.
Teresa Moure reflicte unha realidade que moitos descoñecemos ou que non lle damos o valor que realmente se merece. As solucións a estes problemas teñen que ser rápidas, porque o tempo xoga na nosa contra. Como ben dice Adrián a escola ten que servir de ferramenta, pero non é o único medio posible. O esforzo ten que ser a tódolos niveis para garantir melloras sustanciais.
Eu creo que o verdadeiro problema reside nese descoñecemento da realidade existente. Medios tan empregados como a televisión teñen que colaborar para que esta clase de problemas sexan non só as dificultades duns poucos, senón as de moitos, porque perderemos parte da nosa diversidade cultural.
Como dín moitos dos meus compañeiros, os estados con poder políticos e económicos, impoñen as súas normas e costumbres, de feito ata os lingüistas especialistas foron influenciados, xa que se descoñecen moitiiiisimas linguas. Así que, como dí o artigo e resalta Javier Sordo Ferreiro, a estructura das frases e oracións sule ser universal, sintoma de globalización... que non debería ser asi.
Baixo o meu punto de vista non me gustaría pensar nun mundo no que todos sexamos iguais... tendencia eurocentrista globalizadora... Hay que defender a diversidade cultural e a diversidad de linguas... Todos podemos aprender de todos!!! Vivimos nun mundo no que cada un mira polo seu cu non?? e é ben certo que cando é outra lingua a que desaparece pois non se ve cos mesmos ollos. Pois abrá que facer algo para que non nos pase a nos, non podemos perder a nosa seña de identidade (O GALEGO). E depois de ler o Decreto de 2010 buffff!!! en fin... imos para atrás!!
Comentar algo diferente, a estas alturas, e pouco novidoso. Concordo plenamente con Iago, na maneira de analizar a situación.
A min gustaríame engadir, que si que é certo, como vemos no artigo, un análise de datos. Cifras que nos reflexan a situación das linguas no mundo. Ben certo que todo está influenciado por temas políticos, pero paréceme ilóxico, que o político arrastre a tanta xente. Donde está a personalidade de cada un, o poder de decisión de non abandonar a súa lingua nai. (Vale de exemplo tamén polos poucos que falamos galego as 24 horas do día.) Dependendo do contexto donde me mova, pois hai que respetar ós demais, pero ese respeto, pódese gañar falando na lingua que un ama e defende, sin a necesidade de reinvindicacións sen fundamento, e si loitando coa única arma infalible dunha lingua, que é o seu uso. Négome en absoluto a seguir un patrón de monolinguísmo, pero non me nego a aprender outros idiomas.
Por certo, o tema de aprender un idioma universal, vexoo factible no caso de exemplo que mostra Carlos no seu comentario, pero tamen engado que pode ser negativo se ese uso serve para a eliminación do que hai detrás.
Pouco queda por dicir que non dixesen meus compañeiros. Eu se cadra me centraría máis nas relacións entre linguaxe e poder xa que me parecen un tema salientable. Penso que a principal ferramenta que teñen os estados e demais medios de poder para nos poderen controlar é a linguaxe, xa que eliminando palabras é posibles eliminar conceptos, é dicir, realidades “incomodas” para o poder. Como ben di meu compañeiro Carlos (unha vez máis con comentarios de gran interese) vese de xeito preciso esta relación na obra de Orwell a través do que se da en chamar a neolingua, que non ben sendo máis que unha forma de facer xerminar na poboación unha conciencia subxugada ao poder, pois facendo desaparecer palabras fanse desaparecer ideas e por tanto a capacidade de razoar.
Separándome un pouco da temática do artigo xa que está moi tratada polos meus compañeiros, dicir que non me gustou moito a forma na que Teresa Moure quere achegarnos á importancia que teñen tódalas linguas pois penso que coa súa "posición extremista" onde deixa un pouco en mal lugar ás linguas maioritarias, perde moito o seu argumento. Tacha moitas linguas para darlle importancia a outras (na miña opinión), por exemplo, O inglés está moi quemado polos linguistas mais ¿de quen e a culpa de que se fale tanto ingles?
Por outro lado eu sí que apoido como algúns dos meus compañeiros que existan certas linguas que coñezamos máis para poder desenvolvermos en calquera lugar (como dí moi ben un dos nososos compañeiros, teremos que saber falar cada lingua de cada pobo para poder comunicarnos?)Iso non quere dicir que teñamos que abandoar as linguas propias do noso pobo ou cominidade. Penso que poden convivir xuntas.
Apoio a crítica que Teresa lle fai a escola, mais... ¿pensades de verdade que a escola e a solución?, Eu penso que xa fai dabondo con (por exemplo en galicia) ensinarnos Castelá, Galego, Inglés, Francés, Grego ou Latín... ademáis doutros centro edudativos que temos como a escola de idiomas na que tes un gran diversidade de linguas.
O texto escrito por Teresa Moure gustoume bastante pola multitude de exemplos que propoñía, facendo comparacións para que resultara máis sinxelo o que quería dicir.
Foron moitos os datos que me sorprenderon e me fixeron reflexionar: - Cando fala do monolingüismo como "unha realidade que non é normal, desexable, inevitable ou suficiente". Se non te paras a pensar nos conflictos linguísticos, poderiamos pensar que o uso dunha única lingua no mundo sería algo ideal, pero reflexionando un intre decátaste que é algo terrible. Eu non sei se, como dí a autora, isto é algo promovido polas organizacións políticas, pero o que eu teño claro é que cantas máis linguas existan máis riqueza cultural teremos cada un dos pobos, ninguén quere ser igual có veciño, porqué sí no idioma? Supoño que nun mundo globalizado e capitalista como no que vivimos, pensamos que todo o que facemos é o correcto e o único, sen darnos conta que existe moito máis fora do "noso mundo". - Algo que ten que ver con anterior é o do asasinato das linguas. De aquí a menos de cen anos poderían desaparecer o 90% das linguas. É un dato que non nos da moitas esperanzas. O multilingüismo tal e como o entendemos hoxe desaparecería. Non me podo imaxinar, nen quero, un mundo onde soamente existan un centenar de idiomas. - Máis adiante fala, non moi ben, dos lingüistas. Eu particularmente non podo ter unha opinión sólida ó repecto, xa que non coñezo a súa labor como profesionais, pero si penso que deben ser eles os primeiros en alarmase pola situación que vivimos e debería de haber pola súa parte algo máis de presión para que a sociedade empezara a valorar e a coñecer a realidade da lingua no mundo, empezando polo idioma de cada comunidade (no noso caso, o galego). Algúns anos atras ninguén sabía nada da reciclaxe, pero hoxe a maioría da sociedade ten moita maior sensibilidade por este aspecto, porqué non pode pasar algo semellante cas linguas? Existen algunhas organizacións (Fundación para as linguas ameazadas, Terralingua, Instituto Max Plane de Psicolingüística, Porxecto Rosetta, Linguistic typology, axudas Volkswagen ou Ford...) que traballan en iniciativas lingüísticas, pero visto o visto, non é suficiente. - Algo que me sorprendeu moito foi o feito de que a perda de idiomas supón a perda, entre outras cousas, de categorías como verbo, acción, adxectivo, oración, etc. As veces pensamos que uns idiomas son iguais ós outros, que todo ten traduccións. Pero non é certo, sempre temos matizes diferenciadores, que nos fan únicos. - A última idea que eu destaco do texto é a importancia que ten a educación e a escola na sensibilización da sociedade. É algo básico que como futuros docentes coñezamos a nosa entorna e valoremos a nosa cultura, tendo unha visión crítica que nos faga decidir de maneira persoal qué ensinar e cómo ensinalo.
Penso que hai que botar unha man e apoiar as linguas minoritarias, pero non por iso podemos olvidarnos de linguas que teñen moitas falantes como o español e o inglés. Para min, o obxetivo dun idioma e o poder comunicarnos cos demáis, e creo moi importante, e máis en xente xoven coma nós, que supoño que a gran maioría nos gusta viaxar, dominar un idioma coma o inglés que nos permita comunicarnos con case todo o mundo. Non por iso temos que olvidarnos no noso caso do galego, pero creo que a convivencia de varias linguas é algo posible.
Pouco se pode comentar do texto que non estea mencionado polos meus compañeiros anteriormente. Limitareime a dicir que estou dacordo con todo o exposto e que o que máis me impactou foron os exemplos concretos de paises donde estou seguro de que case ninguén de nós coñecía a situación lingüistica (caso do estado indio de Nagaland)e a previsión de que no 2100 morrerían entre o 70 e o 90% das 6000 linguas existentes no mundo. Outro tema a destacar pola miña parte seria a enorme perda cultural que se leva a cabo cando unha lingua desaparece e todo o que nos perderíamos na ipotética situación de que xurdise unha lingua tratada coma universal.
Antes de comezar coa miña reflexión, teño que dicir, que me pareceu un artigo moi interesante, que me aportou moitas cousas novas e totalmente descoñecidas para min.
Forma parte da natureza de todo ser vivo chegar á morte, desintegrándose a súa materia orgánica no entorno, ¿é este o caso tamén da natureza das linguas?
“As linguas, que corren perigo de morrer como todo ser vivo que son, teñen na literatura a súa salvación”, palabras de Manuel Rivas. Mais cando se expresa "en unha lingua que leva séculos empuxada ata a liña fronteiriza entre a vida e a morte".
Na actualidade existen arredor de 6.000 linguas, todas en constante evolución e cambio, e algunhas condenadas á extinción. Non podemos evitar que un ser vivo desapareza, ¿teñen as linguas o mesmo destino? Isto leva a pensar porqué desaparecen as linguas. O latín, por exemplo, é unha lingua morta da que derivaron todas as linguas románicas.
No caso de Europa, a supervivencia das linguas minoritarias está amparada polo apoio institucional (http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/textcharter/default_en.asp), onde vemos que a política europea segue unha liña clara de apoio as linguas minoritarias como parte de la política de consenso para conformar una Europa unida na diversidade. O documento foi aprobado en 1992; pero a pesar diso, a maioría dos gobernos seguen, a día de hoxe, facendo caso omiso de seu contido.
Manuel Rivas menciona que o galego corre o risco de converterse nun “parque temático”; esta afirmación a interpretamos como la posibilidade de que se poida converter en un souvenir cultural.
Una vez mais non todas as linguas teñen o mesmo estatus. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto una irresponsabilidade individual, social como institucional a valoración e preservación das linguas. Desafortunadamente o futuro das linguas depende demasiado dos gobernos. Una lingua pode morrer por causa de moitas circunstancias: polo dominio imperturbable doutra cultura ou doutra lingua, polos ataques sistemáticos que sufra, pola vontade da sociedade que a ten para protexela e falala (no caso de Galicia, xa debatemos este tema en outras entradas, e xa sabemos a situación), pola presión económica, por motivos políticos,…a verdade son moitas as causas. Do galego ou outra lingua como “linguas mortas nun futuro”??quen sabe, pode ser que si, ou pode ser que non…iso depende da poboación, da conciencia e vontade dos seus falantes en protexer a súa lingua. Unha lingua ou cultura morre canda o último alento, o ultimo latexo e última verba do derradeiro falante. Non deixemos morrer o noso símbolo máis valioso, como se cita neste poema, “a fala dos avós que temos mortos”:
Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro: Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruís e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os valeiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, dóce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño... No Atlas das linguas en perigo no mundo da UNESCO, 2009, considerase que unha lingua está en perigo cando os nenos xa non a aprenden nas súas familias como lingua materna, senón que se converten en bilingües pasivos, e dicir, enténdena, mais non a falan. O informe establece catro niveis de vitalidade: VULNERABLE, os nenos falan pero se reserva ó ámbito familiar; EN PERIGO e SERIAMENTE EN PERIGO, cando a utilizan as persoas de maior idade; e en SITUACIÓN CRÍTICA, xa que soamente a empregan anciáns e con escasa frecuencia. Como conclusión, debemos entender todas as linguas como pontes culturais e xamais como barreiras. Así, cantas máis linguas circulen máis facilidades teremos á hora de comunicarnos, contactar con outras culturas, en definitiva, pertencer a unha sociedade máis aberta, produtiva e enriquecedora para todos.
Ainda así, gostaríame levarlles a contraria a algúns dos meus compañeiros, que dixeron que no texto, Teresa Moure "critica" as linguas con maior número de falantes como o inglés ou o castelán. Creo que se hai que axudar a unha lingua, ésta é o galego,porque como creo recordar que dicía Singala no libro En galego por qué non? o Castelán e o Inglés xa teñen axuda de abondo.
Para comenzar gustaríame decir que este texto me fixo abrir os ollos un pouco máis, facendome ver máis alá do que habitualmente me rodea. Percatándome da gran cantidade de linguas existentes no mundo e o que esto conleva. Destacaría o feito da imposición de certas linguas, como é na actualidade o caso do inglés, por ser a lingua falada no Estado dominante. Este feito que leva pasando dende hai moitos anos, penso que marcou e marcará a historia de moitas nacións e culturas que sufriron a invasión doutra dominante que acaba impoñendo as suas tradicións e costumes, facendo desaparecer as propias e típicas dese territorio, entre elas a lingua. Ademais da gran cantidade de datos que nos aporta o texto, gustame as referencias que se fai ós dereitos humanos, como cando di: "A lingua é, por excelencia, o dominio da democracia e a liberdade, e polo tanto, permitir como espectardores pasivos que alguén sexa incitado a cambiar de lingua é exercer unha violencia simbólica atroz, porque é colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo". Ou cando se cuestiona "¿con que dereito pretende un ser humano impor aos outros a súa lingua?" Estas citas dan moito que pensar. Para rematar quero destacar o último parrafo que comeza así:"A escola pode rescatar a importancia da diversidade..." Penso que aquí se pretende aclarar unha das principais mensaxes da autora deste texto, que sería o importante papel que xoga a escola á hora de transmitir e inculcar os coñecementos ós máis novos, o favorable que sería si eses coñecementos non se limitan a un certo sector da poboación e pola contra, aglutinan á maioría da poboación mundial. Daniel Barros Martínez
O meu pensamento concorda totalmente co anteriormente citado polos meus compañeiros. Non cabe dúbida que o poder político é un arma que ameaza en todo momento ás minorías que representan a diversidade cultural que existe no noso planeta. O seu poder e tal que, tal e como cita Teresa Moure, chegou a influenciar nos lingüistas especializados para "esquecer" certas linguas. A hexemonía marca tendencias, e gustaríame suliñar datos tan relevantes coma o que se facilita no artigo:
"A diversidade lingüística e cultural das tribos humanas está desaparecendo a gran velocidade. Se non modificamos os factores que provocan este proceso, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100".
Paréceme un dato rotundo, suficiente para nos preocupar e temer polo futuro de miles de culturas diferentes. O eurocentrismo e a globalización "mata", canta razón.
Outro aspecto que me parece moi importante é a presenza nos medios xa que é moi certo iso de "todo o que non sae na TV non existe".
Lo primero de todo decir, sin faltar el respeto a nada ni a nadie y con el menor interés posible de ofender, que este texto de Teresa Moure, en términos generales no me ha gustado mucho,pero que esto es simplemente mi humilde opinión. Digo esto porque a mi me ha resultado un poco pesado de leer debido a la redundancia de algunas ideas de la autora, pero sobre todo porque a pesar de que estoy de acuerdo con muchas de las aportaciones que realiza tanto ella como mis compañeros, creo que a veces la autora se ha dejado llevar demasiado por sus sentimientos y que en algunas de sus opiniones respecto al tema de las lenguas, ha sido un poco extremista y radical. Sin embargo, decir que en todo lo mencionado respecto a la Globalización estoy totalmente de acuerdo con la autora, ya que es cierto que hoy en día cada vez nos están intentando guiar hacia un sistema cada vez más global (Desde las monedas y el dinero hasta los idiomas y lenguas), pero no creo que sea tan radical en cuanto a éstas, como para hablar a veces casi de "asesinato de las lenguas". Es cierto que hoy en día cada vez quieren que todo lo más parecido posible a nivel mundial, no se si por facilitar las cosas o por controlarnos o porqué, pero no creo que el tema se trate de exterminar lenguas, más bien creo que como detrás de todo en esta vida, hay un interés económico. Es verdad que muchas se están perdiendo, y que hay que luchar por lo nuestro. Porque son cosas que no nos tienen porque quitar, porque son cosas que representan nuestras raíces y a nuestros antepasados y por muchisimas más razones, ahí no tengo nada que decir y estoy totalmente de acuerdo con la autora y con mis compañeros pero sobre todo con una,con Emma. Creo que a la par que tenemos que defender lo nuestro y nuestra lengua, también tenemos que adaptarnos a Sistema Global al menos en lo que a lenguas se refiere. Nos guste o no pero ese cambio se está produciendo y tenemos que evolucionar. Me refiero con esto por ejemplo al caso del Inglés. Nos guste más o menos, pero creo que hoy en día se está haciendo cada vez más importante e imprescindible conocerlo y dominarlo, ya sea porque nos abre ofertas en el mundo laboral y en el mercado, porque nos abre alternativas en nuestros estudios, porque cada vez lo tienen más en cuenta a la hora de pedirte un currículum, porque nos sirve para comunicarnos con mucha gente extranjera, y porque nos guste o no es una forma de poder entenderte con gran parte de la población del planeta. Quién dice el Inglés,dice cualquier otra lengua extranjera que disponga de bastantes hablantes y que te sea útil, pero me refiero con esto que creo que debe y que puede ser posible mantener una relación equitativa en nuestras lenguas. Ni desechar y dejar morir nuestra propia lengua y nuestras raíces, ni quedarnos solo ahí. Creo que es muy interesante que defendamos lo nuestro nuestra lengua y que luchemos por mantenerlo vivo, pero también considero muy importante hacer lo posible por aprender y conocer otros idiomas. Además creo que es posible hacer ambas cosas a la vez sin tener que rechazar a ninguna de ellas. Por otro lado decir que si que me han gustado mucho algunos datos sueltos que desconocía como por ejemplo la existencia de unas 6.000 lenguas en el planeta (no sabía que hubiera tantas),o que no me ha gustado nada el dato de que de esas 6000 lenguas entre un 75 y un 90% habrán dejado de hablarse en el año 2100. Eso si que es una verdadero pena y una lástima. En mi opinión me parece que no tenemos porque renunciar a nuestros orígenes o tener que renunciar al nuevo conocimiento. ¿O una cosa o la otra? Creo y me gusta creer que ambas cosas son posibles simultaneamente y que no tiene porque ser asi.
Boa lectura onde se nos mostra unha gran crítica o sistema educatuivo como ferramenta manipuladora da sociedade, sempre o servicio duns cantos poderosos que manexan a ignorancia a seu favor, e na que se fai una firme porposta a ainti-globalización, centrada sobre todo no descoñecemento que temos a mayoría da situación das linguas fora das que se falan en europa. Recoñezo que descoñecía moitos dos idiomas mencionados nesta lectura, e ignoraba que tivesen tantos falantes coma pa estar entre as 20 linguas máis faladas do mundo. Ainda que, como dí o texto, a maior parte das linguas que se falan no mondo (o redor de 6000) son descoñecidas, e das que temos constancia fora do contexto europeo , non coñecemos apenas nada delas (nin historia, a fonética, a gramática, etc). Esto danos pé a comparativa entre aquelas linguas que gozan de “boa saude”, promovidas polas organización políticas, que posuen escrita e tardición literaria, e usanse tanto en grandes eventos e coma a cotío en calquer lugar; con aquelas outras linguas que sobreviven a duras penas sen presencia nos medios de comunicación, sen poder acceder os modelos de prestixio, e apenas existencia escrita. Por sorte o galego non está nesta situación (e cada vez menos), xa que a sua presenza na rede é cada vez maior, e polo tanto a súa divulgación e acceso a rexistros de prestixio e máis sinxela; ainda que tampouko se encontra nun estado de “plena saude”; poderíamos definilo coa típica expresión que moitos decimos: “vai tirando”; ainda que coma se señala, esta na lista da ONESCO de linguas en perigo de desaparecer, debido a que a pesar do mencionado anteriormente, a sua transmisión a futuras xeración non está sendo moir efectiva. Impactoume o dato de que en paneas 90 anos das 6000 linguas só quedaran o redor do 10-25%, debido a celeridade coa que a globalización lle gaña terreo a diversidade lingüística, e polo número de falantes do galego, dubido que esté entre estas 600 linguas sobrevivintes. Paro máis lonxe de centrar esta situación no caso do galego, é preocupante a perda que conleva esta masacre linguisteica, a gran perda de coñecemento e cultura que esto conleva afectaría a sociedade futura de maneira inimaxinable, tal como expresa Teresa Moure. Para rematar, sinalar como o fai a autora a importancia que ten a figura da escola neste proceso; xa que dela deben partir as iniciativas para o rescate da diversidade e invertir este declive lingüístico.
Xa dende o iniciodo artigo poñome de parte da autora no seu argumento de que o sistema educativo no é imparcial e que os contidos que na escola se ensinan ou non están “escollidos” segundo a bontade dos que teñen o poder para guiarnos hacia onde mellor lles convén a eles, que non a nós, e asi afastarnos de ideas ou pensamentos que lles podan resultar problematicos e restarlle importancia a temas que quizás na realidade si o teñan, pero nunha sociedade globalizadora e por que non dicilo, egoísta na que o único pronome que parecemos coñecer e o de primeira persoa xa que non pensamos en ninguen mais podemos intentar cambialo todo cando nin sequera da cambiado un mesmo, e asi o que en realidade importa será o que mais lle conveña a cada quen, sen preocuparse de saber cales son ascousas que si son importantes, porque deso xa se encarga o que manda. Cocretando no caso das linguas doume de conta de que hay contidos que pensando fríamente e comparandoo con outros, existe una desigualdade en canto a profundidade destes, porque pode que alguns dos que se imparten teñan menos relevancia logo na vida cotia que os que se deixan por saber,evidentemente non podemos saber todo sobre todo, pero quizais haberia que reflexionar sobre a importancia e aplicación dos coñecementos. Pero tampouco se poden comparar certos elementos ou materias xa qu como di a autora no texto, no caso da lingüística o coñecemnto require un esforzó maior posto que e máis compricado facer investigacions polo que as novidades nese campo son tardias ou non tanfiables como una investigación científica, o cal pode perxudicar a sua difusión. Unha das partes que mais me impactou foi na que se conta que entreo 75 e o 90 por cento das linguas faladas na actualidade xa non existirán dentro de 90 anos, e dicir, que unas 5000 linguas desaparecerán grazas a tendencia globalizadora da sociedadeou como di no artigo “a McDonaldizión” Tamén no artigo dase pe a discrimización lingüística por razoóns ideloxicas como menciona no exemplo dos xitanos, e estes tópicos e prexuizose ideas trabucadas aumentan a velocidade coa que as linguas, na que se inclue o galego tenden a esvaecerse co paso do tempo. Como moralexa coido sinalar que para min é que a lingua e una arma moi poderosa, quizais a que mais porque e das poucas cousas que non se lle pode quitar a ninguén pola forza e con ela pódense gañar moitas guerras, ideloxicas por suposto; pero e preciso que aquel que a emprega teña una concienciación plena do seu uso e a importancia que esta ten
Artigo moi interesante o da situación actual das linguas, e quizais o que máis me sorprendeu foi ler que entre o 75 e o 90% das linguas desapareceran no 2100, causa probable do imperialismo occidental que temos. É un dato ben preocupante, pero síntoma do "poder" que exercen unhas linguas sobre outras, querendo chegar a "universalizar" unha, pero, ¿cal delas sería? Se perdemos a nosa lingua, perderemos as nosas orixes, a nosa historia, e... ¿estamos dispostos a perdelas?
Sen dúbida, artigo duro, que require de ser lido con tento... e tamén ledo, ao no estaren especializado na temática ni posuir un interés intrínseco pola temática. Mais, ao conseguir avanzar polas liñas daste conta da necesaria contexualización que a autora fai para comprenderes mellor o que ven de seguido.
A importancia da escola e a cumpabilidade atribuida a mesma a os governos que ditan o famoso currículo, que din qué é o relevante... que en definitiva... pintan os ollos dos que entran no sistema... e no sistema entramos todos.
Esa escola é un instrumento magnifico para o novo "imperialismo democrático da información" no que nos mergullamos cada día máis.
O importe da noción de linguaxe, o que reside no fondo das línguas, o que é realmente a clave da comunicación básica entre os seres humanos, sí que e apaixoante. E revela a importancia dos lingüistas, e non o número de veces que aparece tal o cal palabra o longo do tempo, que non deixa de ser un termo meramente anecdótico...
Entre as iniciativas plantexadas para reviviren as linguas do mundo, non poden pasar só polo estatismo de recoller as súas formas, súa fonética, os séus trazos-... senon por introducila de novo no "mercado" da comunicación achengando deste xeito novos falantes.
A importancia dunha lingua como identificador dun pobo, dunha cosmoloxía propia, do que significan as cousas para un pobo e para outro (coma o caso da gaivota ou do termo "maktub" que podería ser en galego "xa cho dixen..." cun aire místico de predestinación propio do mundo árabe). Eses matices son o que lle dan relevancia as línguas. Non se pode pasar por riba que unha lingua leva una tonalidade propia que, por exemplo, no caso da música compre coñecer e saber utilizar)
Na diversidade está o gusto... o gusto de teres a posibilidade de coñecer e comprender aos pobos do mundo á vez que fica e trascende no teu ser unha parte do espírito da cultura nova coñecida.
Este artigo enfróntanos cunha realidad moi presente nos nosos días: a idea da globalización e as consecuencias que poder ter para as linguas.
Se ben hai autores que defenden a ultranza a globalización, a homoxeniezación e a centralización, que neste caso, referente á lingüística, se traduciría na supremacía dunhas poucas linguas sobre o resto, Terese Moure ofrécenos outro punto de vista.
Realmente é natural a globalización? Podemos enter así a realidade que nos rodea?
Partindo da idea de que a maioría dos individuos do mundo son multilingües, pódese chegar á clonclusión de que a realidade é complexa e non é, nin moito menos, homoxénea. Temos ó redor dunhas seis mil linguas, unhas cun maior número de falantes, con maior presenza nos medios de comunicación ou en arte e literatura; pero todas, absolutamente todas, cumplen o obxectivo fundamental dunha lingua: comunicar, entender, explicar o mundo e relacionarse con el.
Desde esta perpectiva, ningunha lingua é superior nin máis válida ca outra. Son aspectos políticos ou económicos os que nos fan chegar a esta conclusión.
Por isto non me resulta extrano ler a expresión de Teresa Moure "a globalización mata"; pois as linguas máis fortes que esteñan amparadas polo poder político-económico "comerannse " ó resto.
Non se trata dun tema de extremismo ou sentimentalismo, se non de, simplemente, entender que a diversidade existe e ten unha grande importancia.
Interesante artigo sobre a situación das linguas a nivel mundial. É certo o que di no comezo do artigo acerca de que a maioría non saberíamos dar o nome das vinte linguas máis faladas do mundo, xa que creo que todos diríamos inglés, español,etc. pero non se nos pasaría pola cabeza o telegú ou o punxabí entre outros xa que a moitos non nos soan ni tan sequera. Isto indica como dí a autora que temos un pensamento euro-centrista, e desta forma estamos a perder unha grande riqueza cultural por mor do pouco coñecemento que temos dos demáis continentes como Asia ou África. Outro aspecto moi chocante é o que di acerca de que a diversidade lingüística e cultural está desaparecendo a gran velocidade como moi ben di a miña compañeira Rebeca, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe tenderán a desaparecer no ano 2100. Isto é unha grande traxedia é culpa de todos nós. De feito, se custa coida-la nosa propia lingua (o galego) xa que temos un pensamento moi castelanizado, hai que imaxinarse que a nivel mundial, con moitas linguas pasa o mesmo, por iso mesmo é culpa de todos e do pensamento occidentalizado. Por todo o que di no artigo, o que nós como futuros docentes podemos intervir non só de maneira individual, é na educación na escola, en non permitir ese pensamento de euro-centrismo, que coñezan máis aló do que sae na televisión, de que valoren tódalas linguas, que ningunha é millor que outra e en definitiva, que loiten polo que é noso, que non só existe o castelán senón que o galego é a nosa lingua e a usen e loiten polos seus dereitos. De todas maneiras os meus compañeiros xa foron comentando o artigo e creo que todos nós concordamos, e iso da que pensar, xa que todos dámonos conta do grande problema que xurde e que plantea a autora.
Retomando o derradeiro comentario da miña compañeira Alba, máis ou menos todos coincidimos coas mesmas ideas. Así, eu penso que a intervención educativa dos docentes en canto á importacia das Linguas é un traballo fundamental e noso. Tamén é obvio que as linguas maioritarias están gañandolle posicións ás menos fortes, ó igual que todo nesta vida, desgraciadamente o poder manda...as persoas pobres iránse convertendo en persoas máis e máis pobres, os que temos diñeiro pra vivir seguiremos ahí loitando, buscando traballos debaixo do chan e criticando o sistema e os ricos (como o "Don Veciño" Amancio Ortega) iránse facendo moitísimo máis ricos. Isto aplicable a países, linguas ou xerarquías. O poder das linguas é moi dicícil de controlar, pero o que non debemos facer é olvidalo por iso, por ser complicado. Como deportistas que somos, todo é posible con esforzo, nunca con pasividade. Así que vos animo como docentes a facerlles ver ós nosos alumnos (que non só están na escola, senón agora na casa están os pais, nunha cena cós amigos...) o que realmente vemos todos, o perigo da nosa lingua. Non lle deixemos chegar a perigo de extinción. En canto ó texto, pareceume difícil de ler pero é moi obxectivo e consegue crear no lector unha boa imaxe global das linguas e da globalización que se está producindo en tódolos ámbitos. Unha das partes que máis me gustou foi onde fala que os filósofos da linguaxe presupoñen, sen coñecer tódalas linguas, que en todas existen estructuras de validez universal (verbo, predicado,oración...). ¿Qué pensades? Se non coñecemos as primeiras 20 linguas das 7.000 que se falan no mundo, cómo o imos saber!!
Creo que se nos olvida un dato importante que ademáis, a varios nos chamou a atención no texto de "En galego, por que non?", na que comentaban a seguinte afirmación: " a lingua útil é a usamos coa comunidade máis cercana", polo tanto, está ben e tamén penso que hai que conservar cada lingua, por moi poucos falantes que teña, de todas formas, non podemos discutir sobre a necesidade de aprender unha "lingua universal" xa que supoño que a todos nos gusta viaxar, e creo que por moitas linguas que existan, sabendo español e o inglés pódeste comunicar con case todo o mundo, ou polo menos na nosa realidade máis cercana. Obviamente non estou desprestixiando ningunha outra, nin creo que nos temos que contentar con coñecer só esas dúas.
A idea da globalización e as consecuencias que traerían para a nosa comunidade creo que son inimaxinables. De todas formas, non sei como o autor do texto pretende facernos empatizar con linguas de tribus africanas cando nin coñcemos, nin defendemos o noso.
Penso que temos que ser optimistas e pensar que a cada un de nosoutros conta, non deixarnos influenciar polas maiorías e loitar polo que cada un de nosoutros cree.
Que importantes son os resultados! Os números achégannos un pouco á verdade. Pero máis importante aínda que os números por si mesmos, son as moitas preguntas que traen da súa man.
A raíz do problema, despois de reflexionar un pouco, semella ser unha elección entre camiños: A conservación da diversidade ou o avance cara a globalización. Mais, se profundizamos un anaco: o problema está no individuo.
Cando nace un individuo, trae consigo unha serie de necesidades que se xerarquizan de xeito natural e co paso da vida, pasan ó nivel dos valores e principios, moi condicionados polo fenotipo.
Aínda que non aportei nada novo no anterior párrafo, si que me serve para introducir a idea de que o fundamental é comunicarse como necesidade básica. Da igual o xeito. Fálalle de diversidade a unha persoa muda.
Cando esa necesidade está cuberta, logo ven o desenvolvemento do pensamento e a ruiqueza que aportan outras linguas.
En prol desta idea, está a utilidade das linguas, que volve a obedecer ás necesidades de supervivencia dos homes, xa que aínda que o bengalí teña máis falantes co alemán; seguramente sexa máis seguro para mellorar economicamente ir a Alemania.
Xa que o problema (e a solución) está no individuo, aquí é donde entra o importante papel que ten a educación.
Se ésta se centrase en traballar e mellorar a capacidade de crítica (observación, reflexión, contraste de ideas, xeración de interrogantes, autocoñecemento...)a capacidade de decisión do individuo veríase notablemente incrementada. Así, un individuo que pensa por si mesmo "pouco" lle importará a influencia política do goberno na información e nas linguas. Se aumentamos a consciencia dos individuos, vacunámolos contra os fíos do sistema.
Entón, non existe esa opción entre camiños, pódense dar os dous o mesmo tempo. Unha lingua con utilidade universal y varias á elección das persoas.
Sei que é triste que algunas linguas se extingan porque morren moitos aspectos ligados a elas, máis este feito ten un por qué e tampouco temos que convertilo nunha catástrofe. É parte do ciclo orgánico da vida: nacer, crecer, relacionarse e morrer. A vida por si mesma é dinámica, poucas cousas perduran eternamente.
Para rematar, gustaríamos diferencias entre a boa e a mala diversidade. Moitas veces ó longo da historia o home tomou da diversidade, algo que consideraba seu, só para distinguirse ou impoñerse ós demáis: unhas veces era a cor da súa pel, outras a relixión e tamén a súa linguaxe. A diversidade para a diferenza, non ten sentido. A diversidade para a riqueza é o que temos que preservar. O feito de dar, de aportar é o nivel superior das linguas. Pasan de instrumentos da comunicación a ferramentas cargadas de ideas que sería bo compartir universalmente.
Quero salientar nada máis comezar o meu comentario, que non tiña nin absoluta idea de que entre as 20 primeiras linguas máis faladas do mundo atopábanse tales coma o tamil o telegú ou o punxabí, entre outras cantas máis que quedan, sen dúbida moi lonxe de nos e que de súpeto nunca escoitara con anteiroridade. Outra parte do texto que me fixo pensar e divagar un bo rato, foi o que fai referencia a crenza de que unha lingua é un dialécto con exército, un exército que representan as institucións. Pareceume unha forma de resumir o que esta acontecer ca maioria das linguas no mundo enteiro, porque non so acontece no caso do galego. Como ben dice no artigo, a diversidade lingüística e cultural das tribus humanas está desaparecendo a gran velocidade e isto implica no só a perda dunha lingua se non tamén a perda de marcas culturais, de concepcións e de vivencias singulares que nos implican a todos nos. Os culpables de estas perdas son as propias institucións que dunha ou outra maneira non superon impoñer o idioma ou nos fixeron crer cousas que non eran, por exemplo pensar que a lingua que se fala en Italia e italiano, en Francia o francés,etc, empobrecendo as propias culturas e linguas dos países e obviando información rica e imprescindible ;así coma os medios de comunicación con especial acentuación na televisión, principal "comecocos" da humanidade hoxe en día. Quisera facer referencia tamén a lingua Kivunxo, nixer-kordofana da rama bantú falada en Tanzania,que xa non quero nin pensar cantas como esta ou parecidas existirán no mundo, das que non sabemos nada e as que o máis seguro e que non sobrevivan moito máis tempo, e nunca poderemos descubrir. Para rematar quixera dicir que eu de maneira persoal non estou dacordo cos "supostamente ben informados" (os do texto) ca idea de que "o inglés é a lingua mellor dotada para a expresión científica internacional, ou que as linguas con casos, son máis difíciles de aprender,..." e creo que se a xente do mundo en xeral pensa desta forma non vamos a ningures, así morrerán todalas nosas linguas e nos con elas, porque perderemos tradicións, conceptos e vivenzas que xamais poderemos recuperar. Gustoume moito a idea que promoveu unha escola para facer que perdure unha lingua moribunda, e poderíase aconsellar coma un plan de dinamización dunha lingua, e podería facerse con calquera das tantísimas que TODAVÍA existen.
“Os estudantes universitarios son incapaces de dar o nome das vinte linguas máis faladas do mundo”. Tras ler esta afirmación non estou moi segura de rir ou quedarme coas ganas de chorar, pois case pasaron 20 anos dende que comecei o parvulario e xa non é que me quede en branco se me fan a pregunta, senón que me din a resposta e moitas das linguas nin me soan. Pero, claro está, que esta vergonzosa realidade non se pode divulgar, pois podería chegar a parecer que a maioría do mundo non fala inglés. Velaquí o poder do capitalismo “ prefiro vivir na ignorancia”.
Desta forma, como di o artigo, é moi sinxelo crer que para o 2100 entre un 75 e un 90% das linguas que hoxe se falan, terán desaparecido. Trátase pois, dunha catástrofe a nivel mundial da que, coido tristemente, que ten difícil solución, posto que o capitalismo se acaba impoñendo en todo aquel lugar que ten a súa propia cultura, e ante este feito, esa ignorancia da realidade e a idea de que o que o poder presenta é a verdade, termina por facer que o mundo se renda aos seus pés.
Nembargante, falar diso e coma de falar de linguas utilizados por tribus que nin sequera coñecemos, parece doernos, pero tampouco tanto… e pensar que no ano 2002 o libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas incluíu o galego, fai que reflexionemos un pouco máis sobre a realidade que se está a inventar o poder. Mais, para frear este “asasinato” aínda estamos a tempo e a escola ten un dos papeis máis fundamentais para conseguilo: rescatando a importancia da diversidade lingüística e promocionando a nosa lingua.
O artigo propón unha reflexión ao futuro mais inmediato, sobre a perdida de idiomas, que esta moito relacionado coa a sociedade na que vivimos e tamén depende dos gobernos que están lexislando, e penso que é necesario botar unha man e apoiar as linguas minoritarias, é certo que o idioma inglés teñe moita relevancia internacional, pero se viaxas a Amazonas por exemplo se non sabes o idioma desa zona estás perdido e todo o esforzo que fíxeste para estudalo será inútil. Outro apartado importante é a lingua e a escola , é un referente para a continuación do estudio das linguas e seu conservación. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto una responsabilidade de toda a comunidade educativa,é algo básico como futuros docentes coñezamos a noso entorno e valoremos a nosa cultura, para saber cómo ensinalo. Por outro lado, temos o aspecto da globalización, que invitamos a coñecer moitos lugares diferente do planeta,aínda perdemos as culturas que hai en eles, entón cando viaxemos se perdera o interés por saber outras culturas, linguas minoritarias, polo tanto creo necesario que siga existindo linguas, aínda no sexan moi coñecidas, pero que todas elas enriquecen o mundo. Por último dicir que as linguas son un instrumento cultural polas que circulan anos e anos do estudio desa lingua e polo tanto non se pode romper o hilo conductor con noso pasado
Se entendéramos a globalización como un proceso no que se busque a mellora da comunicación entre países e culturas, todo sería diferente. As cousas cambian cando empregamos o termo "globalización" con fin de superpoñer un estilo, unha lingua, unha cultura e un largo "etc..." ao multiculturalismo existente no noso planeta.
Unha lingua universal (a pesar da dificultade da súa creación) a min paréceme unha boa idea, eu son dos que pensan que a comunicación é fundamental, e con canta máis xente se poida facer, pois mellor. O que non se pode deixar de lado é a propia lingua, a que non deixa de ser unha marca propia, unha marca de identidade e cultura que nos diferencia do resto.
Un dos problemas reside en que os "encargados" que levan a cabo (ou pretenden mellor dito) un proceso de globalización, son precisamente os de mente máis pechada, pretendendo deixando de lado hasta o punto da desaparición desa marca de identideda da que falaba antes. Nosoutros, os Galegos, así como Cataláns e Vascos, temos unha grande vantaxe sobre os resto. Temos dous idiomas nativos; dise que cantos máis idiomas coñezas, máis sinxelo será aprender outros novos; aprender outros novos sería aumentar as posibilidades de comunicación entre máis persoas e, en definitiva... tamén outra vía de globalización entendida como un achegamento ao resto do planeta, a outras culturas diferentes xa que a lingua... e o punto de partida...
“Babel pode ser máis que un castigo bíblico, unha bendición que hoxe nos fai rebeldes á uniformidade”. Con esta frase remata Teresa Moure outro artigo que leva como título. “O desafío da diversidade lingüística”. Son palabras que simbolizan a loita dos que aínda pensamos como a autora que cambiar a lingua dunha persoa supón colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo que é tanto como cambiar o mundo mesmo. A diversidade lingüística, dende esta perspectiva, implica unha multiplicidade de discursos, de perspectivas, de formas de vida e todas son igualmente válidas, eficaces e ricas, polo que ningunha delas debe considerarse con dereito á impoñerse por riba das demáis.
Encántame o primeiro parágrafo que María escribiu. Creo que as escolas teñen moito poder decisivo sobre o futuro das linguas. Eu cursei moitas asignaturas en galego mais, nunca se nos fomentou o seu uso fora do colexio, ou dentro del! A miña familia é galegofalante e estou segura de que dende pequeniña falaria galego de non ser polo que se me ensinou na escola. Non quero pensar que isto é algo xeneralizado, pero supoñendo que si...de qué serve que nos obriguen a falar en galego na escola en tres ou catro materias se non nos falan da importancia que ten falalo para o mantemento da lingua nun futuro? Volvendo ó tema...Non estou de acordo co que dixeron noutros comentarios sobre que unha lingua "universal" sería mellor para comunicarnos entre nós, acaso agora temos problemas de comunicación? Nunca estivemos tan globalizados coma hoxe en día e segue habendo 7000 linguas diferentes. O que pasa é que a xente é moi vaga e non pon da súa parte para aprender outros idiomas. Ben sabido é que cantos máis idiomas saiba unha persoa máis posibilidades ten de atopar traballo polo mundo adiante. Moito nos gusta que un estranxeiro de Polonia saiba chapurrear Galego en dous meses, ainda que só saiba dicir "Carallo"...por que non podemos facer o mesmo nós? Tratar de aprender idiomas é, á parte de enriquecedor, unha maneira de comprender a cultura dos paises.
Xa hay tempo que lin o artículo máis non había comentado ata o de agora, e sin embargo hay un parte de aritgo que non olvidei; o comezo. Foi algo que me chamou moito a atención. Das 20 primeiras linguas en numero de falantes, case a metade delas encontranse dentro dun mesmo país e son descoñecidas pola gran maioria da poboación; como é o caso das linguas indias. ¿Por que?. Eu penso que basicamente por un tema de poder Político. India non e unha potencia mundia e a difusion e aprendizaxe das suas linguas, por moi maioritarias que sexan, non nos leva a ningures. Sen embargo, sí que as linguas de potencias mundiais coma o ingles ou o chines estan sendo moi demandadas na actualidade.
O mesmo esta a pasar co Galego. E unha lingua maioritaria que os propios galegos estamos a desprestixiar en favor doutras. Estamos a deixar a unha marxe a nosa propia cultura e riqueza en favor dunha extranxeira en vez de facer que ambas linguas e culturas poidan convivir por igual dentro de nos.
Lectura que aporta cousas interesantes ainda que o final se me fixo algo pesada. Parece mentira que no mundo no que nos atopamos aínda nos queden centos de linguas das que apenas temos coñecemento xa que son linguas minoritarias. Por outro lado destaco que o galego esta nun posto alto en canto a sua situación con respecto as linguas do mundo atopase en perigo debido a que as novas xeracions estan a desprezar o galego a favor doutras linguas. Non sabia da formulación da Declaración Universal dos Dereitos lingüisticos pero según indica no texto centrase en axudar os poderosos, como decir a occidente olvidandose doutros lugares que teñen moitos problemas para manter unha lingua, ainda que entendo que salvar todalas linguas será unha tarefa complicadísicma.
Esta autora fíxome reflexionar bastante sobre a frase “a homoxeneidade do mundo”, pois penso que ten razón cando fala de que o sistema educativo a favorece, ademáis de outros factores como a falta de investigación lingüística en moitos lugares do mundo. E penso que Teresa Moure fai referencia ás linguas ó falar de esta homoxeneidade porque son un importantísimo sinal de identidade dun pobo, da súa cultura, polo que ignoralas e perdelas pouco a pouco provoca que o mundo se vaia facendo máis igual (diversidade=riqueza cultural, polo tanto plurilingüismo=máis cultura). O peor é cando nesta globalización participan factores políticos, xa que a lingua é un sinal de poder, pois como di a autora “as persoas que se senten seguras das linguas que falan expoñen mellor as súas ideas, son máis convincente e expresivas”. Os datos do artigo son claros, e se continuamos nesta liña, en cen anos terán desaparecido a maioría das linguas existentes hoxe en día, polo tanto, está en mans de todos nós o evitalo defendendo o noso, e no caso dos galegos, que non podemos facer moito máis que evitar que iso suceda coa nosa lingua, debemos poñer remedio, porque está ben aprender outras linguas e usalas pero sempre sen esquecernos da nosa.
Concordo con algún dos meus compañeiros en sinalar que a min, ó rematar a lectura, tamén se me fixo un pouco pesada aínda aportando cousas moi interesantes. A estas alturas da película é difícil aportar ideas novas sobre o texto, pero si vexo importante continuar recalcando algunhas das que os meus compañeiros falan. No texto fálase de globalidade, de globalización. Na miña opinión agora mesmo todo tende á globalización, en case todos os ámbitos da vida depéndese de algo ou alguén máis poderoso ca ti. Por facer un símil sería como escalar no organigrama dunha empresa, onde os pequenos, ó final, terán que adaptarse ós grandes para poder subsistir. A outra opción sería a de revelarse (cousa pouco probable e que pode acarrear consecuencias fatales). No caso das linguas a rebelión serían todas esas políticas ligüísticas pouco afortunadas a mayoría, por tanto, unha rebelión que non chega a calar na sociedade. En relación co anterior, resaltar a riqueza da diversidade. Eu síntome orgulloso do meu, por ser meu e sentirme con ese sentimento de afecto cara algo co que me identifico, sen desprezar o do lado, pois non é ese o caso. A diversidade permítenos conservar e danos cultura, e a cultura apórtanos riqueza. Con esta última palabra sería coa que eu pensó que habería que asociar a de diversidade, riqueza en tódolos ámbito (non facendo mención ó económico neste caso). Vénseme á cabeza un dito do mundo do deporte que me gusta bastante: Respetar e comprender as diferencias é o que nos vai facer mellores. Poderíamos aplícalo á vida normal, e intentar convencer de que na variedade está o gusto. Remato comentando algúns datos que aporta Teresa Moure e que son ben interesantes pois a mayoría de nós semellaba non coñecelos antes de cursar esta asignatura: -No 2100 terán desaparecido entre o 75 e o 90% das linguas. -O listado das 20 linguas máis faladas é ben curioso, pois de varias delas nin oíramos falar.
A verdad e que non sei por onde comezar despois de todas as boas reflexions dos meus compañeiros. Estou dacordo con moitos deles, no caso de Iago (globalización sí pero con respeto as outras linguas) non debe cerrarse a entrada a outras culturas que son enriquecedoras. Carlos (cando viaxamos non será necesario falar todas as linguas, se temos unha con que moitos millons de persoas non entendemos) neste caso seguiería a falar polo respeto das linguas nativas, en concreto expresar o meu malestar poloque acontece en zonas turisticas de España onde non se respeta a cultura e lingua nativa... en canto a Javier en que debemos v mais alá como no texto de Signala, o fondo tamén e importante. Non só está presente o Ingles e Castelán, existen outras linguas como o Chino (mandarín) o Bengalí ect... que teñen mitos mais falantes que esas linguas fortes, e que a unica diferencia son os países nos que está presentes.
Polo tanto na miña opinión os datos amosados neste texto son moi significativos, a presenza de linguas como galego, euskera e catalán, sorprendeme a sua situacion, outros datos como as linguas en Internet onde o Chinés e un claro vencedor. Pero o que maís me chama a atención coma outras compañeiros e a predicion de que o 75-90% de linguas minoritarias desaparecerán en breve tempo. Neste punto penso que sí tal e como esta o mundo debido a esta sociedad pechada, sumamente política e con intereses monetarios, pero penso que estas linguas deben morrer LOITANDO, e sería unha boa forma impulsando estas linguas nos medios de comunicación tan importantes na actualidade, xornais, TV e radio.
La lectura de este texto nos presenta un problema muy presente hoy en día que es el de la globalización y la uniformidad. En un principio puede parecer bueno para la sociedad que todos hablemos la misma lengua, sigamos las mismas tendencias o estudiemos las mismas cosas, todo se nos haría más asequible. El término McDonaldización que usa T. Moure viene a resumir lo que está pasando y muchos queremos que pase. Algunos hemos tardado en darnos cuenta que en este afán de uniformidad, muchas de las lenguas llamadas minoritarias corren el riesgo de desaparecer y con ellas su riqueza cultural. El texto también nos habla de la función del lingüista y del enfoque europacentrista con el que a veces analizamos el resto de las lenguas. No es culpa nuestra, así nos educaron desde pequeños, pero no es tarde para cambiar nuestro enfoque y darnos cuenta de que nuestra lengua es sólo una más dentro del amplio abanico que hay en el mundo y son muchas las características que pueden definir una lengua.
-Creo que case unha utopía que o ser humano poda chegar a coñecer e rexistrar tódalas linguas ou dialectos do mundo, aínda que sexa nunha base de datos.
ResponderEliminar-Paréceme bastante útil que haxa unha lingua “universal” que permita comunicarnos e intercambiar información entre os cidadáns de diferentes nacións.
-Sorprendeume coñecer a situación das tres linguas minoritarias do estado español (catalán, euskera e galego) no contexto mundial, xa que neste contexto podémolas considerar linguas maioritarias.
-Para min a principal función das linguas é comunicarse cos demais, de todas formas penso que é algo enriquecedor saber falar máis dunha lingua.
Gustoume bastante o artigo e concordo prácticamente en todo con el. Dende o meu punto de vista, este tipo de globalización que estamos a vivir, de caracter sobre todo económico é irrespetuosa ca diversidade e como estamos vendo agora tan só nos levou cara crise económica, ecolóxica, social e cultural (aquí entran as linguas). O gran problema das linguas pódese entender da mesma maneira que os outros grandes problemas, o diñeiro manda e todo o que non o xenere ou sexa un estorbo para xeralo perde importancia. A xerarquización das linguas e as necesidades que nos crean para aprender este tipo de linguas autodenominadas "dominantes" é unha maneira máis de impoñernos esta nova forma de vida. A meus pais non lle foi necesario aprender inglés para gañarse a vida (por exemplo) e hoxe en día é case unha obriga.
ResponderEliminarContestando ó compañeiro Lois:
- Non me atrevo a dicir que unha lingua "universal" sexa útil ou non, pero quero pensar que o ser humano é algo máis complexo, que é capaz de admirar e respetar a súa cultura e a dos demais dende a igualdade e non creo que isto sexa un inconveniente para comunicarse.Iso si o esperanto parece que non foi adiante.
- En cánto á situación do galego,engado que a autora cita na última parte que a UNESCO inclúe ó galego dende 2002 como lingua moribunda. Polo tanto a saúde dunha lingua creo que non se mira sinxelamente polo seu presente, se non tamén polo seu futuro.
- Concordo na opinión de que é enriquecedor saber falar máis dunha lingua, así como coñecer máis culturas distintas en xeral, pois todos temos para aprender uns de outros e de aquí a importancia da diversidade lingüistica (e cultural en xeral).
A globalización sería positiva e respetuosa se facilitase o acceso ás demáis culturas tal e como son, pero hoxe en día consiste na imposición de culturas dominantes debido a intereses sobre todo económicos.
Despois de ler os comentarios de Lois e Iago, cabe salientar algún dato máis do propio artigo que pasaron por alto:
ResponderEliminarDas vinte linguas máis faladas do mundo, sete son europeas e trece repártense polo resto do mundo. Este dato é importante, xa que moitas veces non vemos máis alá de Europa e Norteamérica (gran influencia política). A min persoalmente sorprendeume o ver que o Bengalí, por exemplo, teña o mesmo número de falantes que o ruso, máis que o Portugués ou o Alemán e incuso o dobre que o Francés. Con todo isto quero dicir que deberiamos dar a coñecer máis as linguas do mundo e non cerrarnos ó que temos máis preto ou o que nos ven imposto.
Na liña do anterior, destacar o parágrafo no que di que entre o 75 e o 90 % das 6000 linguas actuais desaparecerán no ano 2100 a causa do impacto que ocasiona o imperialismo occidental. Canto menos paréceme un dato sobre o cal reflexionar.
Para rematar, gostaríame resaltar o seguinte: os verbos, adxectivos, oracións... tómanse como universais, pero como o número de linguas investigadas é insignificante sobre o total de linguas no mundo, esta teoría poderia derrubarse. Polo tanto, necesítase un cambio nas prioridades da investigación sobre a linguaxe e creo que por desgracia, isto non vai suceder.
Aos que lemos a novela de George Orwell, "1984", nos é moi achegada a idea dunha lingua dominante no mundo e do poder e a influencia que poden exercer nas persoas. Niso concordo totalmente co artigo. Existen milleiros de linguas que se atopan en perigo de desaparición polo seu "aparheid", facendo un símil co caso sudafricano que cita a autora. De feito, no contexto socio-lingüístico de Galiza e das linguas malamente chamadas minoritarias do Estado Español, penso que é necesaria unha discriminación positiva para asegurar o seu futuro, o cal como xa se mencionou polo compañeiro Iago están moi ameazado.
ResponderEliminarMais con todo, e entendendo que o inglés é o idioma dominante porque é a lingua do Estado dominante (militar e economicamente) creo que se nos fai necesario un idioma co que comunicarse globalmente. Non foi o esperanto, obviamente por intereses do propio inglés e dos seus usuarios. Pero acho que se fai necesario un idioma común, mágoa do inglés, co que non exista ningunha fronteira lingüística á hora de poder moverme polo mundo e, no caso de que, por exemplo, viaxe aos Balcanes, non teña que coñecer o serbio, o croata, o montenegrino, o macedonio, o bosnio, o esloveno, o búlgaro e o albano para poder moverme libremente. Tampouco podemos quedarnos co idioma único, canto menos sería de ser ignorantes. Os idiomas enriquecen en todos os sentidos, e ante isto vaga a pena desprendernos dos nosos prexuízos.
Esta semana la ONU daba la bienvenida al habitante 7.000 millones y el secretario general de la organización mundial, Ban Ki-moon, animaba a mejorar el mundo y a reducir las grandes desigualdades… Como vimos en clase en el mundo hay alrededor de 7000 mil lenguas, como dice Teresa en su artículo ¿no sería lógico contemplar al menos los nombres de las 20 más habladas?, ¿En la escuela es suficiente trabajar contenidos de unas pocas lenguas?, ¿Es importante abordar otras lenguas?, ¿Que poder tienen algunas lenguas para que solo se trabaje en ellas?
ResponderEliminarEl chino mandarín con más de 850 millones de hablantes es una lengua menos fuerte que el inglés, con 328 millones de hablantes que se hallan distribuidos en 57 países, y que el español con 329 millones de hablantes repartidos en 37 países. El inglés domina el terreno de los intercambios internacionales, el mercado editorial, la publicidad, la edición y las publicaciones científicas, al igual que su distribución. En internet (2009) el número de usuarios rondaba los 1.600 millones, 464 millones de internautas lo hacían en inglés, 321 millones eran chinos y 131 millones españoles. ¿Los países se centran más en el poder económico para establecer las políticas educativas que llevan a cabo?
Teresa Moure, en su artículo sobre el multilingüismo, habla de la importancia que tiene la escuela y de los contenidos que allí se imparten en el desarrollo del mismo, sin duda estos contenidos y las políticas educativas llevadas a cabo son decisivas para disminuir, como menciona Carlos, el "aparheid" en el que se encuentran las lenguas. Pero no solo los gobiernos son responsables de estas políticas educativas sino también lo son los profesores, yo durante mi escolarización nunca aborde el tema de las lenguas como lo estoy haciendo ahora, nosotros como futuros profesores tenemos en nuestras manos las herramientas y el poder para hacer reflexionar e influenciar a nuestros futuros alumnos, sobre la importancia de abordar y descubrir distintas lenguas y culturas, permitiéndonos ver el mundo con otros ojos, como expresa la autora en este artículo.
¿Las lenguas tienen poder?, si, pero no debemos centrarnos solo en el carácter económico que prima en la actualidad, sino enriquecernos de esa variedad cultural que llevan las lenguas, de ahí la importancia de conservarlas y no dejarlas en el olvido. Por último quiero compartir esta frase del libro Ecolingüística “La diversidad lingüística, como a diversidad biológica, cultural, de ideas, de sentimientos, e una bendición”
Considero que é factible que no ano 2100 desaparezan tantas linguas como se di no artigo. A globalización cultural a favor dos países hexemónicos está creando unha conciencia errónea de linguas “útiles” fronte “inútiles”, a hora de aprender unha nova lingua ou incluso dando lugar a casos de modificacións da lingua habitual. Esta idea provocará nun futuro inmediato unha perda cultural irreparable, posto que a desaparición dunha lingua trae consigo unha perda de palabras e significados asociados que non existen noutra lingua, ademais da propia identidade cultural.
ResponderEliminarEstou de acordó con que é na escola onde se pode cambiar esta situación, promovendo o estudo das linguas en perigo de desaparición. Por exemplo, como se propón no artigo, nunha comunidade na que hai emigrantes dun mesmo estado, ofertar na escola as súas linguas propias para todo o alumnado.
Por outra banda, non pensó que a promoción do estudo dunha lingua hexemónica como o inglés, teña que ser un factor determinante para a desaparición de outras linguas, senón unha ventaxa adicional, xa que o importante é cambiar a mentalidade dende a escola, e crer na riqueza do multilingüismo. Porque teño claro que o inglés facilita a comunicación e nalgúns casos as oportunidades de traballo, pero non por elo debemos abandoar o estudo de outras linguas, e máis aínda as da nose propia identidade cultural.
Adrián Levoso Fernández
A verdade que estou moi dacordo con Iago no que un poder politico e económico nos impón unha forma de vida e con ela unha nova lingua e fainos desprezar as que sería nativas. en canto a unha lingua universal creo que non é necesario pola miña experiencia persoal, non sei falar inglés (si francés) e estiven por europa incluido londres e fun capaz de comunicarme e saber facer entender a xente o que quería, co cal o problema non e a lingua na que fales senón querer comprender a pesoa ainda que non fale a túa lingua. Eu non confío nunha lingua universal pero si na riqueza do multilingüismo,sempre que o tratamento que lle demos sea igualitario.
ResponderEliminarMiguel Fernández García
Persoalmente penso que este artigo ten que facernos reflexionar sobre a situación tan negativa que están a sufrir a maior parte das linguas do noso mundo e, polo tanto, a heteroxeneidade que debíanos caracterizar.
ResponderEliminarPáreceme sorprendente a cantidade de barreiras que existen na actualidade para o correcto desenvolvemento das diferentes linguas que compoñen o noso mundo: a escola como axente dunha homoxeneidade completamente irreal, a actitude colonialista daquelas linguas que teñen mellor saúde na sociedade, o pésimo traballo da lingüística nos seus intentos por mirar e valorar a maior parte das linguas do mundo, a gramática "universal" adoptada, ...etc.
Teresa Moure reflicte unha realidade que moitos descoñecemos ou que non lle damos o valor que realmente se merece. As solucións a estes problemas teñen que ser rápidas, porque o tempo xoga na nosa contra. Como ben dice Adrián a escola ten que servir de ferramenta, pero non é o único medio posible. O esforzo ten que ser a tódolos niveis para garantir melloras sustanciais.
Eu creo que o verdadeiro problema reside nese descoñecemento da realidade existente. Medios tan empregados como a televisión teñen que colaborar para que esta clase de problemas sexan non só as dificultades duns poucos, senón as de moitos, porque perderemos parte da nosa diversidade cultural.
Eloy José Villaverde Caramés
Como dín moitos dos meus compañeiros, os estados con poder políticos e económicos, impoñen as súas normas e costumbres, de feito ata os lingüistas especialistas foron influenciados, xa que se descoñecen moitiiiisimas linguas. Así que, como dí o artigo e resalta Javier Sordo Ferreiro, a estructura das frases e oracións sule ser universal, sintoma de globalización... que non debería ser asi.
ResponderEliminarBaixo o meu punto de vista non me gustaría pensar nun mundo no que todos sexamos iguais... tendencia eurocentrista globalizadora... Hay que defender a diversidade cultural e a diversidad de linguas... Todos podemos aprender de todos!!!
Vivimos nun mundo no que cada un mira polo seu cu non?? e é ben certo que cando é outra lingua a que desaparece pois non se ve cos mesmos ollos. Pois abrá que facer algo para que non nos pase a nos, non podemos perder a nosa seña de identidade (O GALEGO). E depois de ler o Decreto de 2010 buffff!!! en fin... imos para atrás!!
Ángel González Hermida
Comentar algo diferente, a estas alturas, e pouco novidoso. Concordo plenamente con Iago, na maneira de analizar a situación.
ResponderEliminarA min gustaríame engadir, que si que é certo, como vemos no artigo, un análise de datos. Cifras que nos reflexan a situación das linguas no mundo. Ben certo que todo está influenciado por temas políticos, pero paréceme ilóxico, que o político arrastre a tanta xente.
Donde está a personalidade de cada un, o poder de decisión de non abandonar a súa lingua nai. (Vale de exemplo tamén polos poucos que falamos galego as 24 horas do día.)
Dependendo do contexto donde me mova, pois hai que respetar ós demais, pero ese respeto, pódese gañar falando na lingua que un ama e defende, sin a necesidade de reinvindicacións sen fundamento, e si loitando coa única arma infalible dunha lingua, que é o seu uso.
Négome en absoluto a seguir un patrón de monolinguísmo, pero non me nego a aprender outros idiomas.
Por certo, o tema de aprender un idioma universal, vexoo factible no caso de exemplo que mostra Carlos no seu comentario, pero tamen engado que pode ser negativo se ese uso serve para a eliminación do que hai detrás.
Pouco queda por dicir que non dixesen meus compañeiros. Eu se cadra me centraría máis nas relacións entre linguaxe e poder xa que me parecen un tema salientable. Penso que a principal ferramenta que teñen os estados e demais medios de poder para nos poderen controlar é a linguaxe, xa que eliminando palabras é posibles eliminar conceptos, é dicir, realidades “incomodas” para o poder. Como ben di meu compañeiro Carlos (unha vez máis con comentarios de gran interese) vese de xeito preciso esta relación na obra de Orwell a través do que se da en chamar a neolingua, que non ben sendo máis que unha forma de facer xerminar na poboación unha conciencia subxugada ao poder, pois facendo desaparecer palabras fanse desaparecer ideas e por tanto a capacidade de razoar.
ResponderEliminarSeparándome un pouco da temática do artigo xa que está moi tratada polos meus compañeiros, dicir que non me gustou moito a forma na que Teresa Moure quere achegarnos á importancia que teñen tódalas linguas pois penso que coa súa "posición extremista" onde deixa un pouco en mal lugar ás linguas maioritarias, perde moito o seu argumento. Tacha moitas linguas para darlle importancia a outras (na miña opinión), por exemplo, O inglés está moi quemado polos linguistas mais ¿de quen e a culpa de que se fale tanto ingles?
ResponderEliminarPor outro lado eu sí que apoido como algúns dos meus compañeiros que existan certas linguas que coñezamos máis para poder desenvolvermos en calquera lugar (como dí moi ben un dos nososos compañeiros, teremos que saber falar cada lingua de cada pobo para poder comunicarnos?)Iso non quere dicir que teñamos que abandoar as linguas propias do noso pobo ou cominidade. Penso que poden convivir xuntas.
Apoio a crítica que Teresa lle fai a escola, mais... ¿pensades de verdade que a escola e a solución?, Eu penso que xa fai dabondo con (por exemplo en galicia) ensinarnos Castelá, Galego, Inglés, Francés, Grego ou Latín... ademáis doutros centro edudativos que temos como a escola de idiomas na que tes un gran diversidade de linguas.
María Rey Vila
O texto escrito por Teresa Moure gustoume bastante pola multitude de exemplos que propoñía, facendo comparacións para que resultara máis sinxelo o que quería dicir.
ResponderEliminarForon moitos os datos que me sorprenderon e me fixeron reflexionar:
- Cando fala do monolingüismo como "unha realidade que non é normal, desexable, inevitable ou suficiente". Se non te paras a pensar nos conflictos linguísticos, poderiamos pensar que o uso dunha única lingua no mundo sería algo ideal, pero reflexionando un intre decátaste que é algo terrible. Eu non sei se, como dí a autora, isto é algo promovido polas organizacións políticas, pero o que eu teño claro é que cantas máis linguas existan máis riqueza cultural teremos cada un dos pobos, ninguén quere ser igual có veciño, porqué sí no idioma? Supoño que nun mundo globalizado e capitalista como no que vivimos, pensamos que todo o que facemos é o correcto e o único, sen darnos conta que existe moito máis fora do "noso mundo".
- Algo que ten que ver con anterior é o do asasinato das linguas. De aquí a menos de cen anos poderían desaparecer o 90% das linguas. É un dato que non nos da moitas esperanzas. O multilingüismo tal e como o entendemos hoxe desaparecería. Non me podo imaxinar, nen quero, un mundo onde soamente existan un centenar de idiomas.
- Máis adiante fala, non moi ben, dos lingüistas. Eu particularmente non podo ter unha opinión sólida ó repecto, xa que non coñezo a súa labor como profesionais, pero si penso que deben ser eles os primeiros en alarmase pola situación que vivimos e debería de haber pola súa parte algo máis de presión para que a sociedade empezara a valorar e a coñecer a realidade da lingua no mundo, empezando polo idioma de cada comunidade (no noso caso, o galego). Algúns anos atras ninguén sabía nada da reciclaxe, pero hoxe a maioría da sociedade ten moita maior sensibilidade por este aspecto, porqué non pode pasar algo semellante cas linguas? Existen algunhas organizacións (Fundación para as linguas ameazadas, Terralingua, Instituto Max Plane de Psicolingüística, Porxecto Rosetta, Linguistic typology, axudas Volkswagen ou Ford...) que traballan en iniciativas lingüísticas, pero visto o visto, non é suficiente.
- Algo que me sorprendeu moito foi o feito de que a perda de idiomas supón a perda, entre outras cousas, de categorías como verbo, acción, adxectivo, oración, etc. As veces pensamos que uns idiomas son iguais ós outros, que todo ten traduccións. Pero non é certo, sempre temos matizes diferenciadores, que nos fan únicos.
- A última idea que eu destaco do texto é a importancia que ten a educación e a escola na sensibilización da sociedade. É algo básico que como futuros docentes coñezamos a nosa entorna e valoremos a nosa cultura, tendo unha visión crítica que nos faga decidir de maneira persoal qué ensinar e cómo ensinalo.
Quería comentar exactamente o mesmo que María.
ResponderEliminarPenso que hai que botar unha man e apoiar as linguas minoritarias, pero non por iso podemos olvidarnos de linguas que teñen moitas falantes como o español e o inglés.
Para min, o obxetivo dun idioma e o poder comunicarnos cos demáis, e creo moi importante, e máis en xente xoven coma nós, que supoño que a gran maioría nos gusta viaxar, dominar un idioma coma o inglés que nos permita comunicarnos con case todo o mundo. Non por iso temos que olvidarnos no noso caso do galego, pero creo que a convivencia de varias linguas é algo posible.
Pouco se pode comentar do texto que non estea mencionado polos meus compañeiros anteriormente. Limitareime a dicir que estou dacordo con todo o exposto e que o que máis me impactou foron os exemplos concretos de paises donde estou seguro de que case ninguén de nós coñecía a situación lingüistica (caso do estado indio de Nagaland)e a previsión de que no 2100 morrerían entre o 70 e o 90% das 6000 linguas existentes no mundo.
ResponderEliminarOutro tema a destacar pola miña parte seria a enorme perda cultural que se leva a cabo cando unha lingua desaparece e todo o que nos perderíamos na ipotética situación de que xurdise unha lingua tratada coma universal.
Antes de comezar coa miña reflexión, teño que dicir, que me pareceu un artigo moi interesante, que me aportou moitas cousas novas e totalmente descoñecidas para min.
ResponderEliminarForma parte da natureza de todo ser vivo chegar á morte, desintegrándose a súa materia orgánica no entorno, ¿é este o caso tamén da natureza das linguas?
“As linguas, que corren perigo de morrer como todo ser vivo que son, teñen na literatura a súa salvación”, palabras de Manuel Rivas. Mais cando se expresa "en unha lingua que leva séculos empuxada ata a liña fronteiriza entre a vida e a morte".
Na actualidade existen arredor de 6.000 linguas, todas en constante evolución e cambio, e algunhas condenadas á extinción. Non podemos evitar que un ser vivo desapareza, ¿teñen as linguas o mesmo destino? Isto leva a pensar porqué desaparecen as linguas. O latín, por exemplo, é unha lingua morta da que derivaron todas as linguas románicas.
No caso de Europa, a supervivencia das linguas minoritarias está amparada polo apoio institucional (http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/textcharter/default_en.asp), onde vemos que a política europea segue unha liña clara de apoio as linguas minoritarias como parte de la política de consenso para conformar una Europa unida na diversidade. O documento foi aprobado en 1992; pero a pesar diso, a maioría dos gobernos seguen, a día de hoxe, facendo caso omiso de seu contido.
Manuel Rivas menciona que o galego corre o risco de converterse nun “parque temático”; esta afirmación a interpretamos como la posibilidade de que se poida converter en un souvenir cultural.
Una vez mais non todas as linguas teñen o mesmo estatus. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto una irresponsabilidade individual, social como institucional a valoración e preservación das linguas. Desafortunadamente o futuro das linguas depende demasiado dos gobernos.
Una lingua pode morrer por causa de moitas circunstancias: polo dominio imperturbable doutra cultura ou doutra lingua, polos ataques sistemáticos que sufra, pola vontade da sociedade que a ten para protexela e falala (no caso de Galicia, xa debatemos este tema en outras entradas, e xa sabemos a situación), pola presión económica, por motivos políticos,…a verdade son moitas as causas. Do galego ou outra lingua como “linguas mortas nun futuro”??quen sabe, pode ser que si, ou pode ser que non…iso depende da poboación, da conciencia e vontade dos seus falantes en protexer a súa lingua.
Unha lingua ou cultura morre canda o último alento, o ultimo latexo e última verba do derradeiro falante. Non deixemos morrer o noso símbolo máis valioso, como se cita neste poema, “a fala dos avós que temos mortos”:
Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro:
ResponderEliminarLingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gaña;
porque me sai de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
No Atlas das linguas en perigo no mundo da UNESCO, 2009, considerase que unha lingua está en perigo cando os nenos xa non a aprenden nas súas familias como lingua materna, senón que se converten en bilingües pasivos, e dicir, enténdena, mais non a falan. O informe establece catro niveis de vitalidade: VULNERABLE, os nenos falan pero se reserva ó ámbito familiar; EN PERIGO e SERIAMENTE EN PERIGO, cando a utilizan as persoas de maior idade; e en SITUACIÓN CRÍTICA, xa que soamente a empregan anciáns e con escasa frecuencia.
Como conclusión, debemos entender todas as linguas como pontes culturais e xamais como barreiras. Así, cantas máis linguas circulen máis facilidades teremos á hora de comunicarnos, contactar con outras culturas, en definitiva, pertencer a unha sociedade máis aberta, produtiva e enriquecedora para todos.
Bueno, vexo que nesta entrada está todo dito!!
ResponderEliminarAinda así, gostaríame levarlles a contraria a algúns dos meus compañeiros, que dixeron que no texto, Teresa Moure "critica" as linguas con maior número de falantes como o inglés ou o castelán. Creo que se hai que axudar a unha lingua, ésta é o galego,porque como creo recordar que dicía Singala no libro En galego por qué non? o Castelán e o Inglés xa teñen axuda de abondo.
Antonio Márquez Blanco
Para comenzar gustaríame decir que este texto me fixo abrir os ollos un pouco máis, facendome ver máis alá do que habitualmente me rodea. Percatándome da gran cantidade de linguas existentes no mundo e o que esto conleva. Destacaría o feito da imposición de certas linguas, como é na actualidade o caso do inglés, por ser a lingua falada no Estado dominante. Este feito que leva pasando dende hai moitos anos, penso que marcou e marcará a historia de moitas nacións e culturas que sufriron a invasión doutra dominante que acaba impoñendo as suas tradicións e costumes, facendo desaparecer as propias e típicas dese territorio, entre elas a lingua.
ResponderEliminarAdemais da gran cantidade de datos que nos aporta o texto, gustame as referencias que se fai ós dereitos humanos, como cando di: "A lingua é, por excelencia, o dominio da democracia e a liberdade, e polo tanto, permitir como espectardores pasivos que alguén sexa incitado a cambiar de lingua é exercer unha violencia simbólica atroz, porque é colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo". Ou cando se cuestiona "¿con que dereito pretende un ser humano impor aos outros a súa lingua?" Estas citas dan moito que pensar.
Para rematar quero destacar o último parrafo que comeza así:"A escola pode rescatar a importancia da diversidade..." Penso que aquí se pretende aclarar unha das principais mensaxes da autora deste texto, que sería o importante papel que xoga a escola á hora de transmitir e inculcar os coñecementos ós máis novos, o favorable que sería si eses coñecementos non se limitan a un certo sector da poboación e pola contra, aglutinan á maioría da poboación mundial.
Daniel Barros Martínez
O meu pensamento concorda totalmente co anteriormente citado polos meus compañeiros. Non cabe dúbida que o poder político é un arma que ameaza en todo momento ás minorías que representan a diversidade cultural que existe no noso planeta. O seu poder e tal que, tal e como cita Teresa Moure, chegou a influenciar nos lingüistas especializados para "esquecer" certas linguas. A hexemonía marca tendencias, e gustaríame suliñar datos tan relevantes coma o que se facilita no artigo:
ResponderEliminar"A diversidade lingüística e cultural das tribos humanas está desaparecendo a gran velocidade. Se non modificamos os factores que provocan este proceso, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100".
Paréceme un dato rotundo, suficiente para nos preocupar e temer polo futuro de miles de culturas diferentes. O eurocentrismo e a globalización "mata", canta razón.
Outro aspecto que me parece moi importante é a presenza nos medios xa que é moi certo iso de "todo o que non sae na TV non existe".
Saúdos
Lo primero de todo decir, sin faltar el respeto a nada ni a nadie y con el menor interés posible de ofender, que este texto de Teresa Moure, en términos generales no me ha gustado mucho,pero que esto es simplemente mi humilde opinión. Digo esto porque a mi me ha resultado un poco pesado de leer debido a la redundancia de algunas ideas de la autora, pero sobre todo porque a pesar de que estoy de acuerdo con muchas de las aportaciones que realiza tanto ella como mis compañeros, creo que a veces la autora se ha dejado llevar demasiado por sus sentimientos y que en algunas de sus opiniones respecto al tema de las lenguas, ha sido un poco extremista y radical.
ResponderEliminarSin embargo, decir que en todo lo mencionado respecto a la Globalización estoy totalmente de acuerdo con la autora, ya que es cierto que hoy en día cada vez nos están intentando guiar hacia un sistema cada vez más global (Desde las monedas y el dinero hasta los idiomas y lenguas), pero no creo que sea tan radical en cuanto a éstas, como para hablar a veces casi de "asesinato de las lenguas".
Es cierto que hoy en día cada vez quieren que todo lo más parecido posible a nivel mundial, no se si por facilitar las cosas o por controlarnos o porqué, pero no creo que el tema se trate de exterminar lenguas, más bien creo que como detrás de todo en esta vida, hay un interés económico. Es verdad que muchas se están perdiendo, y que hay que luchar por lo nuestro. Porque son cosas que no nos tienen porque quitar, porque son cosas que representan nuestras raíces y a nuestros antepasados y por muchisimas más razones, ahí no tengo nada que decir y estoy totalmente de acuerdo con la autora y con mis compañeros pero sobre todo con una,con Emma. Creo que a la par que tenemos que defender lo nuestro y nuestra lengua, también tenemos que adaptarnos a Sistema Global al menos en lo que a lenguas se refiere. Nos guste o no pero ese cambio se está produciendo y tenemos que evolucionar. Me refiero con esto por ejemplo al caso del Inglés. Nos guste más o menos, pero creo que hoy en día se está haciendo cada vez más importante e imprescindible conocerlo y dominarlo, ya sea porque nos abre ofertas en el mundo laboral y en el mercado, porque nos abre alternativas en nuestros estudios, porque cada vez lo tienen más en cuenta a la hora de pedirte un currículum, porque nos sirve para comunicarnos con mucha gente extranjera, y porque nos guste o no es una forma de poder entenderte con gran parte de la población del planeta. Quién dice el Inglés,dice cualquier otra lengua extranjera que disponga de bastantes hablantes y que te sea útil, pero me refiero con esto que creo que debe y que puede ser posible mantener una relación equitativa en nuestras lenguas. Ni desechar y dejar morir nuestra propia lengua y nuestras raíces, ni quedarnos solo ahí. Creo que es muy interesante que defendamos lo nuestro nuestra lengua y que luchemos por mantenerlo vivo, pero también considero muy importante hacer lo posible por aprender y conocer otros idiomas. Además creo que es posible hacer ambas cosas a la vez sin tener que rechazar a ninguna de ellas.
Por otro lado decir que si que me han gustado mucho algunos datos sueltos que desconocía como por ejemplo la existencia de unas 6.000 lenguas en el planeta (no sabía que hubiera tantas),o que no me ha gustado nada el dato de que de esas 6000 lenguas entre un 75 y un 90% habrán dejado de hablarse en el año 2100. Eso si que es una verdadero pena y una lástima.
En mi opinión me parece que no tenemos porque renunciar a nuestros orígenes o tener que renunciar al nuevo conocimiento. ¿O una cosa o la otra? Creo y me gusta creer que ambas cosas son posibles simultaneamente y que no tiene porque ser asi.
Diego Miguélez Dintén
Boa lectura onde se nos mostra unha gran crítica o sistema educatuivo como ferramenta manipuladora da sociedade, sempre o servicio duns cantos poderosos que manexan a ignorancia a seu favor, e na que se fai una firme porposta a ainti-globalización, centrada sobre todo no descoñecemento que temos a mayoría da situación das linguas fora das que se falan en europa. Recoñezo que descoñecía moitos dos idiomas mencionados nesta lectura, e ignoraba que tivesen tantos falantes coma pa estar entre as 20 linguas máis faladas do mundo. Ainda que, como dí o texto, a maior parte das linguas que se falan no mondo (o redor de 6000) son descoñecidas, e das que temos constancia fora do contexto europeo , non coñecemos apenas nada delas (nin historia, a fonética, a gramática, etc).
ResponderEliminarEsto danos pé a comparativa entre aquelas linguas que gozan de “boa saude”, promovidas polas organización políticas, que posuen escrita e tardición literaria, e usanse tanto en grandes eventos e coma a cotío en calquer lugar; con aquelas outras linguas que sobreviven a duras penas sen presencia nos medios de comunicación, sen poder acceder os modelos de prestixio, e apenas existencia escrita. Por sorte o galego non está nesta situación (e cada vez menos), xa que a sua presenza na rede é cada vez maior, e polo tanto a súa divulgación e acceso a rexistros de prestixio e máis sinxela; ainda que tampouko se encontra nun estado de “plena saude”; poderíamos definilo coa típica expresión que moitos decimos: “vai tirando”; ainda que coma se señala, esta na lista da ONESCO de linguas en perigo de desaparecer, debido a que a pesar do mencionado anteriormente, a sua transmisión a futuras xeración non está sendo moir efectiva.
Impactoume o dato de que en paneas 90 anos das 6000 linguas só quedaran o redor do 10-25%, debido a celeridade coa que a globalización lle gaña terreo a diversidade lingüística, e polo número de falantes do galego, dubido que esté entre estas 600 linguas sobrevivintes.
Paro máis lonxe de centrar esta situación no caso do galego, é preocupante a perda que conleva esta masacre linguisteica, a gran perda de coñecemento e cultura que esto conleva afectaría a sociedade futura de maneira inimaxinable, tal como expresa Teresa Moure.
Para rematar, sinalar como o fai a autora a importancia que ten a figura da escola neste proceso; xa que dela deben partir as iniciativas para o rescate da diversidade e invertir este declive lingüístico.
Xa dende o iniciodo artigo poñome de parte da autora no seu argumento de que o sistema educativo no é imparcial e que os contidos que na escola se ensinan ou non están “escollidos” segundo a bontade dos que teñen o poder para guiarnos hacia onde mellor lles convén a eles, que non a nós, e asi afastarnos de ideas ou pensamentos que lles podan resultar problematicos e restarlle importancia a temas que quizás na realidade si o teñan, pero nunha sociedade globalizadora e por que non dicilo, egoísta na que o único pronome que parecemos coñecer e o de primeira persoa xa que non pensamos en ninguen mais podemos intentar cambialo todo cando nin sequera da cambiado un mesmo, e asi o que en realidade importa será o que mais lle conveña a cada quen, sen preocuparse de saber cales son ascousas que si son importantes, porque deso xa se encarga o que manda.
ResponderEliminarCocretando no caso das linguas doume de conta de que hay contidos que pensando fríamente e comparandoo con outros, existe una desigualdade en canto a profundidade destes, porque pode que alguns dos que se imparten teñan menos relevancia logo na vida cotia que os que se deixan por saber,evidentemente non podemos saber todo sobre todo, pero quizais haberia que reflexionar sobre a importancia e aplicación dos coñecementos.
Pero tampouco se poden comparar certos elementos ou materias xa qu como di a autora no texto, no caso da lingüística o coñecemnto require un esforzó maior posto que e máis compricado facer investigacions polo que as novidades nese campo son tardias ou non tanfiables como una investigación científica, o cal pode perxudicar a sua difusión.
Unha das partes que mais me impactou foi na que se conta que entreo 75 e o 90 por cento das linguas faladas na actualidade xa non existirán dentro de 90 anos, e dicir, que unas 5000 linguas desaparecerán grazas a tendencia globalizadora da sociedadeou como di no artigo “a McDonaldizión”
Tamén no artigo dase pe a discrimización lingüística por razoóns ideloxicas como menciona no exemplo dos xitanos, e estes tópicos e prexuizose ideas trabucadas aumentan a velocidade coa que as linguas, na que se inclue o galego tenden a esvaecerse co paso do tempo.
Como moralexa coido sinalar que para min é que a lingua e una arma moi poderosa, quizais a que mais porque e das poucas cousas que non se lle pode quitar a ninguén pola forza e con ela pódense gañar moitas guerras, ideloxicas por suposto; pero e preciso que aquel que a emprega teña una concienciación plena do seu uso e a importancia que esta ten
Artigo moi interesante o da situación actual das linguas, e quizais o que máis me sorprendeu foi ler que entre o 75 e o 90% das linguas desapareceran no 2100, causa probable do imperialismo occidental que temos. É un dato ben preocupante, pero síntoma do "poder" que exercen unhas linguas sobre outras, querendo chegar a "universalizar" unha, pero, ¿cal delas sería?
ResponderEliminarSe perdemos a nosa lingua, perderemos as nosas orixes, a nosa historia, e... ¿estamos dispostos a perdelas?
Rebeca Suárez Jorge
Sen dúbida, artigo duro, que require de ser lido con tento... e tamén ledo, ao no estaren especializado na temática ni posuir un interés intrínseco pola temática. Mais, ao conseguir avanzar polas liñas daste conta da necesaria contexualización que a autora fai para comprenderes mellor o que ven de seguido.
ResponderEliminarA importancia da escola e a cumpabilidade atribuida a mesma a os governos que ditan o famoso currículo, que din qué é o relevante... que en definitiva... pintan os ollos dos que entran no sistema... e no sistema entramos todos.
Esa escola é un instrumento magnifico para o novo "imperialismo democrático da información" no que nos mergullamos cada día máis.
O importe da noción de linguaxe, o que reside no fondo das línguas, o que é realmente a clave da comunicación básica entre os seres humanos, sí que e apaixoante. E revela a importancia dos lingüistas, e non o número de veces que aparece tal o cal palabra o longo do tempo, que non deixa de ser un termo meramente anecdótico...
Entre as iniciativas plantexadas para reviviren as linguas do mundo, non poden pasar só polo estatismo de recoller as súas formas, súa fonética, os séus trazos-... senon por introducila de novo no "mercado" da comunicación achengando deste xeito novos falantes.
A importancia dunha lingua como identificador dun pobo, dunha cosmoloxía propia, do que significan as cousas para un pobo e para outro (coma o caso da gaivota ou do termo "maktub" que podería ser en galego "xa cho dixen..." cun aire místico de predestinación propio do mundo árabe). Eses matices son o que lle dan relevancia as línguas. Non se pode pasar por riba que unha lingua leva una tonalidade propia que, por exemplo, no caso da música compre coñecer e saber utilizar)
Na diversidade está o gusto... o gusto de teres a posibilidade de coñecer e comprender aos pobos do mundo á vez que fica e trascende no teu ser unha parte do espírito da cultura nova coñecida.
Este artigo enfróntanos cunha realidad moi presente nos nosos días: a idea da globalización e as consecuencias que poder ter para as linguas.
ResponderEliminarSe ben hai autores que defenden a ultranza a globalización, a homoxeniezación e a centralización, que neste caso, referente á lingüística, se traduciría na supremacía dunhas poucas linguas sobre o resto, Terese Moure ofrécenos outro punto de vista.
Realmente é natural a globalización? Podemos enter así a realidade que nos rodea?
Partindo da idea de que a maioría dos individuos do mundo son multilingües, pódese chegar á clonclusión de que a realidade é complexa e non é, nin moito menos, homoxénea. Temos ó redor dunhas seis mil linguas, unhas cun maior número de falantes, con maior presenza nos medios de comunicación ou en arte e literatura; pero todas, absolutamente todas, cumplen o obxectivo fundamental dunha lingua: comunicar, entender, explicar o mundo e relacionarse con el.
Desde esta perpectiva, ningunha lingua é superior nin máis válida ca outra. Son aspectos políticos ou económicos os que nos fan chegar a esta conclusión.
Por isto non me resulta extrano ler a expresión de Teresa Moure "a globalización mata"; pois as linguas máis fortes que esteñan amparadas polo poder político-económico "comerannse " ó resto.
Non se trata dun tema de extremismo ou sentimentalismo, se non de, simplemente, entender que a diversidade existe e ten unha grande importancia.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarInteresante artigo sobre a situación das linguas a nivel mundial. É certo o que di no comezo do artigo acerca de que a maioría non saberíamos dar o nome das vinte linguas máis faladas do mundo, xa que creo que todos diríamos inglés, español,etc. pero non se nos pasaría pola cabeza o telegú ou o punxabí entre outros xa que a moitos non nos soan ni tan sequera. Isto indica como dí a autora que temos un pensamento euro-centrista, e desta forma estamos a perder unha grande riqueza cultural por mor do pouco coñecemento que temos dos demáis continentes como Asia ou África.
ResponderEliminarOutro aspecto moi chocante é o que di acerca de que a diversidade lingüística e cultural está desaparecendo a gran velocidade como moi ben di a miña compañeira Rebeca, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe tenderán a desaparecer no ano 2100. Isto é unha grande traxedia é culpa de todos nós. De feito, se custa coida-la nosa propia lingua (o galego) xa que temos un pensamento moi castelanizado, hai que imaxinarse que a nivel mundial, con moitas linguas pasa o mesmo, por iso mesmo é culpa de todos e do pensamento occidentalizado.
Por todo o que di no artigo, o que nós como futuros docentes podemos intervir non só de maneira individual, é na educación na escola, en non permitir ese pensamento de euro-centrismo, que coñezan máis aló do que sae na televisión, de que valoren tódalas linguas, que ningunha é millor que outra e en definitiva, que loiten polo que é noso, que non só existe o castelán senón que o galego é a nosa lingua e a usen e loiten polos seus dereitos.
De todas maneiras os meus compañeiros xa foron comentando o artigo e creo que todos nós concordamos, e iso da que pensar, xa que todos dámonos conta do grande problema que xurde e que plantea a autora.
Alba Rumbo Rigal
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarRetomando o derradeiro comentario da miña compañeira Alba, máis ou menos todos coincidimos coas mesmas ideas. Así, eu penso que a intervención educativa dos docentes en canto á importacia das Linguas é un traballo fundamental e noso. Tamén é obvio que as linguas maioritarias están gañandolle posicións ás menos fortes, ó igual que todo nesta vida, desgraciadamente o poder manda...as persoas pobres iránse convertendo en persoas máis e máis pobres, os que temos diñeiro pra vivir seguiremos ahí loitando, buscando traballos debaixo do chan e criticando o sistema e os ricos (como o "Don Veciño" Amancio Ortega) iránse facendo moitísimo máis ricos. Isto aplicable a países, linguas ou xerarquías.
ResponderEliminarO poder das linguas é moi dicícil de controlar, pero o que non debemos facer é olvidalo por iso, por ser complicado. Como deportistas que somos, todo é posible con esforzo, nunca con pasividade. Así que vos animo como docentes a facerlles ver ós nosos alumnos (que non só están na escola, senón agora na casa están os pais, nunha cena cós amigos...) o que realmente vemos todos, o perigo da nosa lingua. Non lle deixemos chegar a perigo de extinción.
En canto ó texto, pareceume difícil de ler pero é moi obxectivo e consegue crear no lector unha boa imaxe global das linguas e da globalización que se está producindo en tódolos ámbitos.
Unha das partes que máis me gustou foi onde fala que os filósofos da linguaxe presupoñen, sen coñecer tódalas linguas, que en todas existen estructuras de validez universal (verbo, predicado,oración...). ¿Qué pensades? Se non coñecemos as primeiras 20 linguas das 7.000 que se falan no mundo, cómo o imos saber!!
David Pérez Martínez
Creo que se nos olvida un dato importante que ademáis, a varios nos chamou a atención no texto de "En galego, por que non?", na que comentaban a seguinte afirmación: " a lingua útil é a usamos coa comunidade máis cercana", polo tanto, está ben e tamén penso que hai que conservar cada lingua, por moi poucos falantes que teña, de todas formas, non podemos discutir sobre a necesidade de aprender unha "lingua universal" xa que supoño que a todos nos gusta viaxar, e creo que por moitas linguas que existan, sabendo español e o inglés pódeste comunicar con case todo o mundo, ou polo menos na nosa realidade máis cercana. Obviamente non estou desprestixiando ningunha outra, nin creo que nos temos que contentar con coñecer só esas dúas.
ResponderEliminarA idea da globalización e as consecuencias que traerían para a nosa comunidade creo que son inimaxinables. De todas formas, non sei como o autor do texto pretende facernos empatizar con linguas de tribus africanas cando nin coñcemos, nin defendemos o noso.
Penso que temos que ser optimistas e pensar que a cada un de nosoutros conta, non deixarnos influenciar polas maiorías e loitar polo que cada un de nosoutros cree.
Que importantes son os resultados! Os números achégannos un pouco á verdade. Pero máis importante aínda que os números por si mesmos, son as moitas preguntas que traen da súa man.
ResponderEliminarA raíz do problema, despois de reflexionar un pouco, semella ser unha elección entre camiños: A conservación da diversidade ou o avance cara a globalización. Mais, se profundizamos un anaco: o problema está no individuo.
Cando nace un individuo, trae consigo unha serie de necesidades que se xerarquizan de xeito natural e co paso da vida, pasan ó nivel dos valores e principios, moi condicionados polo fenotipo.
Aínda que non aportei nada novo no anterior párrafo, si que me serve para introducir a idea de que o fundamental é comunicarse como necesidade básica. Da igual o xeito. Fálalle de diversidade a unha persoa muda.
Cando esa necesidade está cuberta, logo ven o desenvolvemento do pensamento e a ruiqueza que aportan outras linguas.
En prol desta idea, está a utilidade das linguas, que volve a obedecer ás necesidades de supervivencia dos homes, xa que aínda que o bengalí teña máis falantes co alemán; seguramente sexa máis seguro para mellorar economicamente ir a Alemania.
Xa que o problema (e a solución) está no individuo, aquí é donde entra o importante papel que ten a educación.
Se ésta se centrase en traballar e mellorar a capacidade de crítica (observación, reflexión, contraste de ideas, xeración de interrogantes, autocoñecemento...)a capacidade de decisión do individuo veríase notablemente incrementada. Así, un individuo que pensa por si mesmo "pouco" lle importará a influencia política do goberno na información e nas linguas. Se aumentamos a consciencia dos individuos, vacunámolos contra os fíos do sistema.
Entón, non existe esa opción entre camiños, pódense dar os dous o mesmo tempo. Unha lingua con utilidade universal y varias á elección das persoas.
Sei que é triste que algunas linguas se extingan porque morren moitos aspectos ligados a elas, máis este feito ten un por qué e tampouco temos que convertilo nunha catástrofe. É parte do ciclo orgánico da vida: nacer, crecer, relacionarse e morrer. A vida por si mesma é dinámica, poucas cousas perduran eternamente.
Para rematar, gustaríamos diferencias entre a boa e a mala diversidade. Moitas veces ó longo da historia o home tomou da diversidade, algo que consideraba seu, só para distinguirse ou impoñerse ós demáis: unhas veces era a cor da súa pel, outras a relixión e tamén a súa linguaxe. A diversidade para a diferenza, non ten sentido. A diversidade para a riqueza é o que temos que preservar. O feito de dar, de aportar é o nivel superior das linguas. Pasan de instrumentos da comunicación a ferramentas cargadas de ideas que sería bo compartir universalmente.
Quero salientar nada máis comezar o meu comentario, que non tiña nin absoluta idea de que entre as 20 primeiras linguas máis faladas do mundo atopábanse tales coma o tamil o telegú ou o punxabí, entre outras cantas máis que quedan, sen dúbida moi lonxe de nos e que de súpeto nunca escoitara con anteiroridade.
ResponderEliminarOutra parte do texto que me fixo pensar e divagar un bo rato, foi o que fai referencia a crenza de que unha lingua é un dialécto con exército, un exército que representan as institucións. Pareceume unha forma de resumir o que esta acontecer ca maioria das linguas no mundo enteiro, porque non so acontece no caso do galego. Como ben dice no artigo, a diversidade lingüística e cultural das tribus humanas está desaparecendo a gran velocidade e isto implica no só a perda dunha lingua se non tamén a perda de marcas culturais, de concepcións e de vivencias singulares que nos implican a todos nos. Os culpables de estas perdas son as propias institucións que dunha ou outra maneira non superon impoñer o idioma ou nos fixeron crer cousas que non eran, por exemplo pensar que a lingua que se fala en Italia e italiano, en Francia o francés,etc, empobrecendo as propias culturas e linguas dos países e obviando información rica e imprescindible ;así coma os medios de comunicación con especial acentuación na televisión, principal "comecocos" da humanidade hoxe en día.
Quisera facer referencia tamén a lingua Kivunxo, nixer-kordofana da rama bantú falada en Tanzania,que xa non quero nin pensar cantas como esta ou parecidas existirán no mundo, das que non sabemos nada e as que o máis seguro e que non sobrevivan moito máis tempo, e nunca poderemos descubrir.
Para rematar quixera dicir que eu de maneira persoal non estou dacordo cos "supostamente ben informados" (os do texto) ca idea de que "o inglés é a lingua mellor dotada para a expresión científica internacional, ou que as linguas con casos, son máis difíciles de aprender,..." e creo que se a xente do mundo en xeral pensa desta forma non vamos a ningures, así morrerán todalas nosas linguas e nos con elas, porque perderemos tradicións, conceptos e vivenzas que xamais poderemos recuperar.
Gustoume moito a idea que promoveu unha escola para facer que perdure unha lingua moribunda, e poderíase aconsellar coma un plan de dinamización dunha lingua, e podería facerse con calquera das tantísimas que TODAVÍA existen.
“Os estudantes universitarios son incapaces de dar o nome das vinte linguas máis faladas do mundo”. Tras ler esta afirmación non estou moi segura de rir ou quedarme coas ganas de chorar, pois case pasaron 20 anos dende que comecei o parvulario e xa non é que me quede en branco se me fan a pregunta, senón que me din a resposta e moitas das linguas nin me soan. Pero, claro está, que esta vergonzosa realidade non se pode divulgar, pois podería chegar a parecer que a maioría do mundo non fala inglés. Velaquí o poder do capitalismo “ prefiro vivir na ignorancia”.
ResponderEliminarDesta forma, como di o artigo, é moi sinxelo crer que para o 2100 entre un 75 e un 90% das linguas que hoxe se falan, terán desaparecido. Trátase pois, dunha catástrofe a nivel mundial da que, coido tristemente, que ten difícil solución, posto que o capitalismo se acaba impoñendo en todo aquel lugar que ten a súa propia cultura, e ante este feito, esa ignorancia da realidade e a idea de que o que o poder presenta é a verdade, termina por facer que o mundo se renda aos seus pés.
Nembargante, falar diso e coma de falar de linguas utilizados por tribus que nin sequera coñecemos, parece doernos, pero tampouco tanto… e pensar que no ano 2002 o libro vermello da UNESCO sobre as linguas moribundas incluíu o galego, fai que reflexionemos un pouco máis sobre a realidade que se está a inventar o poder. Mais, para frear este “asasinato” aínda estamos a tempo e a escola ten un dos papeis máis fundamentais para conseguilo: rescatando a importancia da diversidade lingüística e promocionando a nosa lingua.
O artigo propón unha reflexión ao futuro mais inmediato, sobre a perdida de idiomas, que esta moito relacionado coa a sociedade na que vivimos e tamén depende dos gobernos que están lexislando, e penso que é necesario botar unha man e apoiar as linguas minoritarias, é certo que o idioma inglés teñe moita relevancia internacional, pero se viaxas a Amazonas por exemplo se non sabes o idioma desa zona estás perdido e todo o esforzo que fíxeste para estudalo será inútil. Outro apartado importante é a lingua e a escola , é un referente para a continuación do estudio das linguas e seu conservación. As linguas mantéñense vivas soamente porque a xente as fala. É tanto una responsabilidade de toda a comunidade educativa,é algo básico como futuros docentes coñezamos a noso entorno e valoremos a nosa cultura, para saber cómo ensinalo. Por outro lado, temos o aspecto da globalización, que invitamos a coñecer moitos lugares diferente do planeta,aínda perdemos as culturas que hai en eles, entón cando viaxemos se perdera o interés por saber outras culturas, linguas minoritarias, polo tanto creo necesario que siga existindo linguas, aínda no sexan moi coñecidas, pero que todas elas enriquecen o mundo. Por último dicir que as linguas son un instrumento cultural polas que circulan anos e anos do estudio desa lingua e polo tanto non se pode romper o hilo conductor con noso pasado
ResponderEliminarSe entendéramos a globalización como un proceso no que se busque a mellora da comunicación entre países e culturas, todo sería diferente. As cousas cambian cando empregamos o termo "globalización" con fin de superpoñer un estilo, unha lingua, unha cultura e un largo "etc..." ao multiculturalismo existente no noso planeta.
ResponderEliminarUnha lingua universal (a pesar da dificultade da súa creación) a min paréceme unha boa idea, eu son dos que pensan que a comunicación é fundamental, e con canta máis xente se poida facer, pois mellor. O que non se pode deixar de lado é a propia lingua, a que non deixa de ser unha marca propia, unha marca de identidade e cultura que nos diferencia do resto.
Un dos problemas reside en que os "encargados" que levan a cabo (ou pretenden mellor dito) un proceso de globalización, son precisamente os de mente máis pechada, pretendendo deixando de lado hasta o punto da desaparición desa marca de identideda da que falaba antes. Nosoutros, os Galegos, así como Cataláns e Vascos, temos unha grande vantaxe sobre os resto. Temos dous idiomas nativos; dise que cantos máis idiomas coñezas, máis sinxelo será aprender outros novos; aprender outros novos sería aumentar as posibilidades de comunicación entre máis persoas e, en definitiva... tamén outra vía de globalización entendida como un achegamento ao resto do planeta, a outras culturas diferentes xa que a lingua... e o punto de partida...
“Babel pode ser máis que un castigo bíblico, unha bendición que hoxe nos fai rebeldes á uniformidade”. Con esta frase remata Teresa Moure outro artigo que leva como título. “O desafío da diversidade lingüística”. Son palabras que simbolizan a loita dos que aínda pensamos como a autora que cambiar a lingua dunha persoa supón colaborar para que ese individuo cambie a súa relación co mundo que é tanto como cambiar o mundo mesmo. A diversidade lingüística, dende esta perspectiva, implica unha multiplicidade de discursos, de perspectivas, de formas de vida e todas son igualmente válidas, eficaces e ricas, polo que ningunha delas debe considerarse con dereito á impoñerse por riba das demáis.
ResponderEliminarEncántame o primeiro parágrafo que María escribiu. Creo que as escolas teñen moito poder decisivo sobre o futuro das linguas. Eu cursei moitas asignaturas en galego mais, nunca se nos fomentou o seu uso fora do colexio, ou dentro del! A miña familia é galegofalante e estou segura de que dende pequeniña falaria galego de non ser polo que se me ensinou na escola.
ResponderEliminarNon quero pensar que isto é algo xeneralizado, pero supoñendo que si...de qué serve que nos obriguen a falar en galego na escola en tres ou catro materias se non nos falan da importancia que ten falalo para o mantemento da lingua nun futuro?
Volvendo ó tema...Non estou de acordo co que dixeron noutros comentarios sobre que unha lingua "universal" sería mellor para comunicarnos entre nós, acaso agora temos problemas de comunicación? Nunca estivemos tan globalizados coma hoxe en día e segue habendo 7000 linguas diferentes. O que pasa é que a xente é moi vaga e non pon da súa parte para aprender outros idiomas. Ben sabido é que cantos máis idiomas saiba unha persoa máis posibilidades ten de atopar traballo polo mundo adiante. Moito nos gusta que un estranxeiro de Polonia saiba chapurrear Galego en dous meses, ainda que só saiba dicir "Carallo"...por que non podemos facer o mesmo nós?
Tratar de aprender idiomas é, á parte de enriquecedor, unha maneira de comprender a cultura dos paises.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarXa hay tempo que lin o artículo máis non había comentado ata o de agora, e sin embargo hay un parte de aritgo que non olvidei; o comezo. Foi algo que me chamou moito a atención. Das 20 primeiras linguas en numero de falantes, case a metade delas encontranse dentro dun mesmo país e son descoñecidas pola gran maioria da poboación; como é o caso das linguas indias. ¿Por que?. Eu penso que basicamente por un tema de poder Político. India non e unha potencia mundia e a difusion e aprendizaxe das suas linguas, por moi maioritarias que sexan, non nos leva a ningures. Sen embargo, sí que as linguas de potencias mundiais coma o ingles ou o chines estan sendo moi demandadas na actualidade.
ResponderEliminarO mesmo esta a pasar co Galego. E unha lingua maioritaria que os propios galegos estamos a desprestixiar en favor doutras. Estamos a deixar a unha marxe a nosa propia cultura e riqueza en favor dunha extranxeira en vez de facer que ambas linguas e culturas poidan convivir por igual dentro de nos.
Lectura que aporta cousas interesantes ainda que o final se me fixo algo pesada.
ResponderEliminarParece mentira que no mundo no que nos atopamos aínda nos queden centos de linguas das que apenas temos coñecemento xa que son linguas minoritarias.
Por outro lado destaco que o galego esta nun posto alto en canto a sua situación con respecto as linguas do mundo atopase en perigo debido a que as novas xeracions estan a desprezar o galego a favor doutras linguas.
Non sabia da formulación da Declaración Universal dos Dereitos lingüisticos pero según indica no texto centrase en axudar os poderosos, como decir a occidente olvidandose doutros lugares que teñen moitos problemas para manter unha lingua, ainda que entendo que salvar todalas linguas será unha tarefa complicadísicma.
Pablo Domínguez García
Esta autora fíxome reflexionar bastante sobre a frase “a homoxeneidade do mundo”, pois penso que ten razón cando fala de que o sistema educativo a favorece, ademáis de outros factores como a falta de investigación lingüística en moitos lugares do mundo. E penso que Teresa Moure fai referencia ás linguas ó falar de esta homoxeneidade porque son un importantísimo sinal de identidade dun pobo, da súa cultura, polo que ignoralas e perdelas pouco a pouco provoca que o mundo se vaia facendo máis igual (diversidade=riqueza cultural, polo tanto plurilingüismo=máis cultura).
ResponderEliminarO peor é cando nesta globalización participan factores políticos, xa que a lingua é un sinal de poder, pois como di a autora “as persoas que se senten seguras das linguas que falan expoñen mellor as súas ideas, son máis convincente e expresivas”.
Os datos do artigo son claros, e se continuamos nesta liña, en cen anos terán desaparecido a maioría das linguas existentes hoxe en día, polo tanto, está en mans de todos nós o evitalo defendendo o noso, e no caso dos galegos, que non podemos facer moito máis que evitar que iso suceda coa nosa lingua, debemos poñer remedio, porque está ben aprender outras linguas e usalas pero sempre sen esquecernos da nosa.
Concordo con algún dos meus compañeiros en sinalar que a min, ó rematar a lectura, tamén se me fixo un pouco pesada aínda aportando cousas moi interesantes. A estas alturas da película é difícil aportar ideas novas sobre o texto, pero si vexo importante continuar recalcando algunhas das que os meus compañeiros falan.
ResponderEliminarNo texto fálase de globalidade, de globalización. Na miña opinión agora mesmo todo tende á globalización, en case todos os ámbitos da vida depéndese de algo ou alguén máis poderoso ca ti. Por facer un símil sería como escalar no organigrama dunha empresa, onde os pequenos, ó final, terán que adaptarse ós grandes para poder subsistir. A outra opción sería a de revelarse (cousa pouco probable e que pode acarrear consecuencias fatales). No caso das linguas a rebelión serían todas esas políticas ligüísticas pouco afortunadas a mayoría, por tanto, unha rebelión que non chega a calar na sociedade.
En relación co anterior, resaltar a riqueza da diversidade. Eu síntome orgulloso do meu, por ser meu e sentirme con ese sentimento de afecto cara algo co que me identifico, sen desprezar o do lado, pois non é ese o caso. A diversidade permítenos conservar e danos cultura, e a cultura apórtanos riqueza. Con esta última palabra sería coa que eu pensó que habería que asociar a de diversidade, riqueza en tódolos ámbito (non facendo mención ó económico neste caso). Vénseme á cabeza un dito do mundo do deporte que me gusta bastante: Respetar e comprender as diferencias é o que nos vai facer mellores. Poderíamos aplícalo á vida normal, e intentar convencer de que na variedade está o gusto.
Remato comentando algúns datos que aporta Teresa Moure e que son ben interesantes pois a mayoría de nós semellaba non coñecelos antes de cursar esta asignatura:
-No 2100 terán desaparecido entre o 75 e o 90% das linguas.
-O listado das 20 linguas máis faladas é ben curioso, pois de varias delas nin oíramos falar.
Adrián Boo Rivas
A verdad e que non sei por onde comezar despois de todas as boas reflexions dos meus compañeiros. Estou dacordo con moitos deles, no caso de Iago (globalización sí pero con respeto as outras linguas) non debe cerrarse a entrada a outras culturas que son enriquecedoras. Carlos (cando viaxamos non será necesario falar todas as linguas, se temos unha con que moitos millons de persoas non entendemos) neste caso seguiería a falar polo respeto das linguas nativas, en concreto expresar o meu malestar poloque acontece en zonas turisticas de España onde non se respeta a cultura e lingua nativa... en canto a Javier en que debemos v mais alá como no texto de Signala, o fondo tamén e importante. Non só está presente o Ingles e Castelán, existen outras linguas como o Chino (mandarín) o Bengalí ect... que teñen mitos mais falantes que esas linguas fortes, e que a unica diferencia son os países nos que está presentes.
ResponderEliminarPolo tanto na miña opinión os datos amosados neste texto son moi significativos, a presenza de linguas como galego, euskera e catalán, sorprendeme a sua situacion, outros datos como as linguas en Internet onde o Chinés e un claro vencedor. Pero o que maís me chama a atención coma outras compañeiros e a predicion de que o 75-90% de linguas minoritarias desaparecerán en breve tempo. Neste punto penso que sí tal e como esta o mundo debido a esta sociedad pechada, sumamente política e con intereses monetarios, pero penso que estas linguas deben morrer LOITANDO, e sería unha boa forma impulsando estas linguas nos medios de comunicación tan importantes na actualidade, xornais, TV e radio.
Pablo Otero Puga
La lectura de este texto nos presenta un problema muy presente hoy en día que es el de la globalización y la uniformidad. En un principio puede parecer bueno para la sociedad que todos hablemos la misma lengua, sigamos las mismas tendencias o estudiemos las mismas cosas, todo se nos haría más asequible. El término McDonaldización que usa T. Moure viene a resumir lo que está pasando y muchos queremos que pase. Algunos hemos tardado en darnos cuenta que en este afán de uniformidad, muchas de las lenguas llamadas minoritarias corren el riesgo de desaparecer y con ellas su riqueza cultural.
ResponderEliminarEl texto también nos habla de la función del lingüista y del enfoque europacentrista con el que a veces analizamos el resto de las lenguas. No es culpa nuestra, así nos educaron desde pequeños, pero no es tarde para cambiar nuestro enfoque y darnos cuenta de que nuestra lengua es sólo una más dentro del amplio abanico que hay en el mundo y son muchas las características que pueden definir una lengua.
m: Xavier Benenaula Reibán